Identifying Data 2019/20
Subject (*) New Information and Communication Technologies Applied to Language Therapy Code 652G04032
Study programme
Grao en Logopedia
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Optional 4.5
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Lorenzo Castiñeiras, Juan J.
E-mail
j.lorenzo.castineiras@udc.es
Lecturers
Lorenzo Castiñeiras, Juan J.
E-mail
j.lorenzo.castineiras@udc.es
Web
General description A materia de novas tecnoloxías fará fincapé sobre o coñecemento e aplicación das ferramentas das tecnoloxías da información e a comunicación para o deseño, desenvolvemento e avaliación de propostas educativas na intervención logopédica.

Pretende que o alumando desenvolva capacidades na selección de recursos TIC e o manexo de software para crear propostas de intervención enfocadas tanto á prevención coma o tratamento das dificultades de aprendizaxe relacionadas co desenvolvemento da linguaxe.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A20 Coñecer e implementar as axudas técnicas á comunicación.
A23 Coñecer, aplicar e valorar criticamente as técnicas pedagóxicas, así como os recursos metodolóxicos e didácticos para o ensino da linguaxe.
A32 Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación.
B1 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
B13 Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información.
B23 Traballar de forma colaborativa.
B24 Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e analizar de forma crítica o papel das TIC na sociedade da información e na educación en particular, como recurso para o desenvolvemento das capacidades lingüísticas e o acceso a aprendizaxe. A20
A23
A32
B1
B13
B23
C6
C8
Atender á diversidade na selección, produción e aplicación dos recursos tecnolóxicos para a intervención nos procesos de adquisición e desenvolvemento da linguaxe. A20
A23
A32
B1
B13
B23
B24
C6
C8
Coñecer diferentes ferramentas de software para a produción de materiais multimedia como recursos na prevención e intervención dos diferentes trastornos da linguaxe. A20
A23
A32
B1
B13
B23
B24
C3
C6
C8
Seleccionar e avaliar recursos TIC educativos para a prevención e intervención dos diferentes trastornos da linguaxe e a comunicación no desenvolvemento das habilidades lingüísticas. A20
A23
A32
B1
B13
B23
B24
C3
C6
C8
Adaptar os recursos tecnolóxicos atendendo as características individuais na intervención dos procesos de adquisición e desenvolvemento da linguaxe e a comunicación. A20
A23
A32
B1
B13
B23
B24
C3
C6
C8
Deseñar e producir recursos multimedia para a intervención nos procesos de adquisición e desenvolvemento da linguaxe. A20
A23
A32
B1
B13
B23
B24
C3
C6
C8
Coñecer ferramentas de traballo colaborativo para a produción de recursos educativos multimedia e proxectos que permitan favorecer a adquisición e desenvolvemento da linguaxe. A20
A23
A32
B1
B13
B23
B24
C3
C6
C8
Desenvolver dinámicas de traballo colaborativo a través da rede no deseño e produción de materiais educativos para favorecer o desenvolvemento da linguaxe con tecnoloxías da información e a comunicación. A20
A23
A32
B1
B13
B23
B24
C3
C6
C8

Contents
Topic Sub-topic
MÓDULO I: Novas tecnoloxías e atención a diversidade. 1. Novas tecnoloxías e sociedade da información.
2. Enfoques educativos no uso das TIC.
3. Novas tecnoloxías e accesibilidade.
4. Atención a diversidade con medios tecnolóxico-didácticos.
MÓDULO II: Creación de contidos e elaboración de recursos multimedia para a avaliación e intervención logopédica. 1. Selección e avaliación de recursos multimedia para a intervención logopédica.
2. Programas de software libre, gratuíto e comercial para a elaboración de recursos multimedia.
3. Creación de contidos multimedia para a atención á diversidade e o tratamento das dificultade e alteracións da linguaxe.
MÓDULO III: Recursos e ferramentas na rede para a intervención logopédica. 1. Recursos e redes sociais para compartir produtos multimedia para a avaliación e intervención nos procesos de adquisición da linguaxe.
2. Ferramentas para a xestión, creación e publicación de contidos.
3. Cooperación e colaboración na rede entre profesionais da logopedia.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A20 A23 A32 B13 6 12 18
Directed discussion A20 A23 A32 B1 C6 C8 1 2 3
ICT practicals A20 A23 A32 B1 B13 B23 B24 C3 26 58 84
Speaking test A20 A23 A32 B1 B13 B23 B24 C3 1 4.5 5.5
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Directed discussion Mediante esta dinámica abordaranse diversas temáticas orientadas a que o alumnado reflexione sobre a importancia das TIC na sociedade e na intervención logopédica en particular. Analizaranse os distintos factores que inciden na súa integración para desenvolvemento da intervención profesional, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de abordar o traballo coas TIC nos seus diferentes ámbitos de intervención como logopedas.
ICT practicals En torno aos diferentes temas proporase a realización de pequenos traballos de grupo baseados en prácticas a través de TIC. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.

Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Basearanse no traballo con distintos recursos na rede, programas de software libre, gratuíto e comercial, de ferramentas de autor e da pizarra dixital, para a creación de recursos multimedia e ferramentas na rede. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Speaking test A proba oral constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá realizar a presentación dos traballos realizados a través das sesións de prácticas TIC facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados en torno ás diferentes dinámicas de traballo.

Personalized attention
Methodologies
ICT practicals
Description
A atención personalizada que se describe para estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado por cada grupo. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

---------------------------------------------------

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212 Este alumnado desenvolverá a súa actividade coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen nos apartados de “Metodoloxías” e “Atención personalizada” descrita para as “Prácticas a través de TIC”, a través dos grupos de traballo que se conformen na materia. A actividade farase atendendo ás observacións da avaliación sobre a flexibilidade de asistencia-participación e os requisitos para superar a materia.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Speaking test A20 A23 A32 B1 B13 B23 B24 C3 Esta proba centrarase na presentación oral dos traballos desenvolvidos en torno aos traballos realizados nas prácticas TIC. Valorarase:
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
30
ICT practicals A20 A23 A32 B1 B13 B23 B24 C3 En relación ás Prácticas TIC valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas educativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A organización e presentación.
70
 
Assessment comments

1. SITUACIÓNS:

A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
   a) Elaboración dos traballos (Prácticas TIC) en pequeno grupo (70%).
   b) Presentación oral das prácticas de grupo (30%).

B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
    a) Elaboración dos traballos (Prácticas TIC) en pequeno grupo (70%).
    b) Presentación oral das prácticas de grupo (30%).


2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

  1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.

  2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (Prácticas TIC e Proba oral).

  3. Entregar e expoñer as prácticas na data que se indique.

  4. A convocatoria de xullo e extraordinaria estarán sometidas aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño.


Sources of information
Basic

Alcantud Marín, F. y Soto Pérez, J. (coords.) (2003). Tecnologías de ayuda en personas con trastornos de comunicación. Valencia: Nau Llibres.

Area Moreira, M. (2004). Los medios y las tecnologías en la educación. Madrid. Pirámide.

Chacón Medina, A. (2007). La atención a la diversidad con medios tecnológico-didácticos. En Nuevas Tecnologías para la educación en la era digital. Ortega.

Iza Mikeleiz, M (2002). Recursos tecnológicos en logopedia. Archidona: Ediciones Aljibe.

Nova Escola Galega (2007). Competencia dixital e ferramantas TIC. Revista Galega de Eduacación, nº 38.

Sánchez Montoya, R (2002). Ordenador y discapacidad. Guía práctica de apoyo a las personas con necesidades educativas especiales. Madrid: CEPE.

Toledo Morales, P. (2002 ). Accesibilidad en la red. Diseños de web para todos. Archidona:Ediciones Aljibe.

Toledo, Morales P. (2001). Accesibilidad, informática y discapacidad. Sevilla. Mergablum.

Complementary

http://www.logopediadigital.org/

http://www.logopediadigital.org/revista/

http://www.espaciologopedico.com/

http://w3.cnice.mec.es/recursos2/atencion_diversidad/02_00.htm

http://recursostic.educacion.es/observatorio/web/

http://www.discapnet.es/Discapnet/CAstellano/default.htm

http://www.sidar.org

http://personal2.redestb.es/jamosa/lengua.htm

http://www.parasordos.com

http://www.ucv.ve/tartamudez.htm

http://blog.educastur.es/ticynee/category/logopedia/

http://www.uv.es/bellochc/pdf/pwlogo1.pdf


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
  1. Asistir ás sesións presenciais.
  2. Realizar o traballo de forma continua ao longo de todo o curso.
  3. Levar a cabo un adecuado traballo en equipo e cooperativo.
  4. Asistir a titorías sempre que se teñan dúbidas.
  5. Traballar de forma individual e en grupo con todos os documentos, artigos, presentacións e demais recursos de cada bloque.
  6. Preparar de forma adecuada as presentacións orais.
  7. Realizar algún curso de manexo de ferramentas informáticas que ofrece a AFI se for preciso.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.