Identifying Data 2023/24
Subject (*) Galician Language Code 652G04036
Study programme
Grao en Logopedia
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Optional 4.5
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
López Viñas, Xoán
E-mail
xoan.lopezv@udc.es
Lecturers
López Viñas, Xoán
E-mail
xoan.lopezv@udc.es
Web
General description Introdución xeral á lingua galega: fonética e fonoloxía, morfosintaxe e léxico.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A3 Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística.
A17 Coñecer e realizar a intervención logopédica nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas.
A31 Adquirir o desenvolvemento os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións.
A32 Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación.
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B3 Apreciar as distintas manifestacións da diversidade.
B4 Aprender a aprender.
B5 Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada.
B7 Capacidade de análise e síntese.
B8 Capacidade de observar e de escoitar de forma activa.
B9 Capacidade de organizar e planificar.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B13 Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información.
B17 Saber expresarse en público.
B22 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B23 Traballar de forma colaborativa.
B24 Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Producir en lingua galega textos orais e escritos con cohesión, coherencia e adecuación, demostrando un profundo coñecemento da lingua estándar. A3
A31
B2
B4
B5
B7
B9
B17
C1
C7
Recoñecer os problemas na produción e/ou interpretación de sons propios da lingua galega e as interferencias fonéticas. A3
A17
A32
B2
B4
B5
B7
B8
B9
B12
B13
B22
B23
B24
C1
C3
C4
C6
C7
Coñecer o estándar da lingua galega (fonético, morfosintáctico, lexical), así como as variedades sociais e xeográficas. A17
A32
B2
B3
B4
B5
B8
B9
B13
B17
B22
C1
C3
C4
C6
Mudar de rexistro dentro da lingua galega segundo as situacións. A3
A31
B2
B3
B4
B5
B8
B12
B17
B23
B24
C1
C4

Contents
Topic Sub-topic
1. Módulo de Fonética e Fonoloxía 1.1. Vocalismo e consonantismo
1.2. Fonética sintáctica, acento e entoación
2. Módulo de Ortografía 2.1. Usos das letras
2.2. Acentuación, maiúsculas, abreviacións e constituíntes xuntos/separados
2.3. Puntuación
3. Módulo de Morfosintaxe 3.1. Categorías gramaticais: substantivo, adxectivo, pronome, verbo, adverbio, preposición e conxunción
3.2. Estrutura sintáctica da oración
4. Módulo de Léxico-Semántica 4.1. Léxico xeral e léxico especializado. O léxico da Logopedia
4.2. Relacións semánticas e precisión léxico-semántica.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Workshop A17 A31 B2 B3 B4 B7 B8 B12 B17 B22 B23 C1 C6 31.5 38 69.5
Problem solving A32 B2 B4 B5 B9 B13 B24 C1 C3 C4 C7 0 30 30
Mixed objective/subjective test A3 B7 C1 0 10 10
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Workshop Nas sesións de docencia expositiva (maxistrais), levara a cabo a presentación teórico-práctica dos contidos fundamentais para comprender a materia e para poder realizar as diversas actividades propostas nas prácticas.
Nas sesións de docencia interactiva, o alumnado realizará ACTIVIDADES PRÁCTICAS de diferente tipoloxía (exercicios de completar, corrección de textos, análise e elaboración de textos, lectura e entoación de textos, exposicións, debates etc.) destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Problem solving Como complemento ás sesións maxistrais e ás actividades prácticas presenciais, o alumnado deberá realizar (fóra da aula) unha serie de ACTIVIDADES PRÁCTICAS sobre os contidos traballados nas aulas presenciais que deberá entregar a través do Campus Virtual da Universidade da Coruña nas datas marcadas.
Mixed objective/subjective test Exame práctico escrito en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos.

Personalized attention
Methodologies
Problem solving
Workshop
Description
Para alén do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización das prácticas presenciais e non presenciais.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Problem solving A32 B2 B4 B5 B9 B13 B24 C1 C3 C4 C7 As ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais suporán un 40 % sobre a cualificación final. Nestas prácticas de ampliación avaliarase o correcto desenvolvemento das instrucións indicadas, a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a corrección na análise e na expresión escrita. Entregaranse en papel nos prazos marcados.
Para aprobar é preciso ter unha puntuación de 5 sobre 10 en cada actividade.
40
Mixed objective/subjective test A3 B7 C1 Na PROBA ESCRITA avaliarase a asimilación dos contidos aprendidos. As actividades do exame serán similares ás formuladas nas aulas.
Para superar esta proba, que se realizará na data hora e lugar marcados nos horarios oficiais de exames do centro, a cualificación deberá ser de 5 puntos sobre 10.
30
Workshop A17 A31 B2 B3 B4 B7 B8 B12 B17 B22 B23 C1 C6 As ACTIVIDADES PRÁCTICAS (exercicios de completar, corrección de textos, análise e elaboración de textos, lectura e entoación de textos, exposicións, debates etc.) realizadas ao longo do curso, xunto coa asistencia e participación, serán obxecto de avaliación nun 30 % sobre a cualificación total.
Nestas actividades valorarase a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a capacidade de análise, a claridade e corrección na expresión oral e escrita, así como o traballo individual e en grupo.
30
 
Assessment comments

1. A CUALIFICACIÓN FINAL na 2.ª OPORTUNIDADE rexerase polas seguintes normas:

1.1. Quen suspender a materia na 1.ª oportunidade por non obter 5 puntos, poderá recuperar na 2.ª oportunidade todas as partes avaliábeis. No caso da PROBA MIXTA ESCRITA, deberá facer un novo exame escrito das mesmas características que o da 1.ª oportunidade. No tocante ás ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais (de "Solución de problemas") que tiveren unha cualificación inferior a 5 puntos, poderá presentalas novamente, mentres que as ACTIVIDADES PRÁCTICAS presenciais que se realizaron na aula serán recuperadas con outras actividades substitutivas de características semellantes; neste último caso, as actividades suporán o 70 % da cualificación final. O número de actividades, xunto coas datas de entrega, indicarase tras finalizar o 2.º cuadrimestre.

2. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA
ACADÉMICA

2.1. O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio de curso para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes).

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO

3.1. En cada oportunidade de avaliación o/a alumno/a recibirá a cualificación de NON PRESENTADO (NP) se non se presentar á proba escrita e, ademais, se o número de actividades avaliábeis for inferior ao 50 %.


4. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO
4.1. O alumnado que se presentar á convocatoria adiantada de decembro terá que contactar previamente co docente da materia e, para superala, deberá realizar unha "Proba mixta" (5 puntos) e unhas "Actividades prácticas" (5 puntos) que lle foren encomendadas.

5. OUTRAS OBSERVACIÓNS
5.1. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia será incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase -na medida do posíbel- bibliografía de persoas de diferentes identidades de xénero, propiciarase a intervención de alumnos e de alumnas na aula... Alén disto, serán fomentados os valores do respecto e da igualdade, e non serán aceptadas nin a reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Finalmente, se foren identificadas situaciones de discriminación por razón de xénero, serán propostas acciones e medidas concretas para corrixilas.

5.2. Calquera falta de honradez académica (copia, plaxio, utilización de material non orixinal ou ideas doutras autorías sen indicación expresa da súa procedencia etc.), tanto na realización de traballos como na proba mixta, será penalizada de acordo co estipulado nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" e no "Regulamento disciplinar do estudantado da Universidade da Coruña". Así, o/a estudante será cualificado/a con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se producir na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, modificarase a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se for necesario. Para detectar o plaxio ou o uso de intelixencia artificial nas actividades poderán empregarse aplicacións informáticas como Turnitin.

5.3. Para o resto de casos non contemplados nestas "Observacións" seguirase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.


Sources of information
Basic

Carballeira Anllo, Xosé M.ª (coord.) (2009): Gran dicionario Xerais da lingua (Vigo: Xerais).

Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2006 [2001]): Manual de Gramática galega (Vigo: A Nosa Terra).

Garayzábal, Elena (2006): Lingüística clínica y logopedia (Madrid: Machado Libros).

González Rei, Begoña (2004): Ortografía da lingua galega (A Coruña: Galinova).

Hermida Gulías, Carme (2004): Gramática práctica (Morfosintaxe) (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco).

López Viñas, Xoán / Lourenço Módia, Cilha / Moreda Leirado, Marisa (2011 [2010]): Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión (A Coruña: Baía Edicións).

Martínez Celdrán, Eugenio (2002): Introdución á fonética. O son na comunicación humana (Vigo: Galaxia).

Muñoz Saá, Begoña / Sarmiento Macías, María Xesús / Alonso Pintos, Serafín (2004): Claro e seguido 1. Comprensión oral (Vigo: Xerais).

Muñoz Saá, Begoña / Sarmiento Macías, María Xesús / Alonso Pintos, Serafín (2004): Claro e seguido 2. Expresión oral (Vigo: Xerais).

Muñoz Saá, Begoña / Sarmiento Macías, María Xesús / Alonso Pintos, Serafín (2004): Claro e seguido 3. Comprensión escrita (Vigo: Xerais).

Muñoz Saá, Begoña / Sarmiento Macías, María Xesús / Alonso Pintos, Serafín (2004): Claro e seguido 4. Expresión escrita (Vigo: Xerais).

Navaza Blanco, Gonzalo (coord.) (2007): Dicionario Xerais castelán-galego de usos frases e expresións (Vigo: Xerais).

Pena, Xosé Ramón (coord.) (2005): Gran dicionario século XXI da lingua galega (Vigo: Galaxia / Edicións do Cumio).

Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega (2005): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. 20.ª edición (A Coruña: RAG / Santiago de Compostela: ILG). Tamén dispoñíbel en: http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/19499da0-6a97-4d15-aa91-fa7a36f5f2bd [Consulta: 01/07/2013].

Regueira, Xosé Luís (2010): Dicionario de pronuncia da lingua galega (A Coruña: Real Academia Galega). Tamén dispoñíbel en: http://ilg.usc.es/pronuncia/ [Consulta: 01/07/2013].

Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega (2012-): Dicionario da Real Academia Galega. Edición electrónica dispoñíbel en: http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do [Consulta: 01/07/2013]. Cfr. APP para Android e iOS.

Sanmartín Rei, Goretti (coord.) (2012) [2006]: Sobre a calidade da nosa lingua. 3.ª edición (A Coruña: Universidade da Coruña). Tamén dispoñíbel en: http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Calidade_Lingua.pdf [Consulta: 01/07/2013].

Sanmartín Rei, Goretti (coord.) (2012) [2006]: Criterios para o uso da lingua. 3.ª edición (A Coruña: Universidade da Coruña). Tamén dispoñíbel en: http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf [Consulta: 01/07/2013].

Serrano Serrano, Joaquín (2002): Guía práctica de redacción (Madrid: Anaya).

Complementary

Proporcionarase bibliografía complementaria e específica por temas.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Sociolinguistics/652G04044

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.