Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua española Código 652G04037
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Cordoba Rodriguez, Felix
Correo electrónico
felix.cordoba@udc.es
Profesorado
Cordoba Rodriguez, Felix
Correo electrónico
felix.cordoba@udc.es
Web
Descrición xeral Farase unha revisión dos componentes da lingua española orientada a complementar a formación lingüística dos logopedas, seleccionando os aspectos máis relacionados cos trastornos logopédicos, coa súa evaluación e intervención.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen


*Metodoloxías docentes que se modifican

Actividades iniciais: Faranse mediante Moodle e Teams.

Sesión maxistral: Substituiranse por sesións a través de Teams e apuntamentos autoexplicativos

Obradoiro: Realizarase mediante Moodle e Teams.


3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Mediante correo electrónico e foro de Moodle. Ademais, en horas de titoría ou previo acordo, mediante chamada, videochamada ou chat en Teams.

4. Modificacións na avaliación

Obradoiro: Consistirá en actividades realizadas a través de Moodle co apoio de Teams.

*Observacións de avaliación:

Mantense as indicadas no apartado "Avaliación". A titorización das actividades farase mediante correo electrónico, Moodle ou Teams.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Limitarase ao material dispoñible en liña e en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística.
A31 Adquirir o desenvolvemento os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións.
B1 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada.
B7 Capacidade de análise e síntese.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B17 Saber expresarse en público.
B22 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B23 Traballar de forma colaborativa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: fonética e fonoloxía, morfosintaxis, semántica, pragmática, sociolingüística. A3
Adquirir ou desenvolver habilidades comunicativas para a intervención. A31
Comunicarse de xeito efectivo nun entorno de traballo. B2
B12
B17
C1
Saber expresarse en público. B12
B17
Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional. B1
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. B2
Capacidade de análise e síntese. B2
B7
Aprender autónomamente, e motivarse para facelo de forma continuada. B5
B22
B23
Traballar de forma autónoma con iniciativa. B22
Traballar de forma colaborativa. B23
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1

Contidos
Temas Subtemas
I. Compoñente fonético e fonolóxico do español
II. Compoñente gramatical do español
III. Compoñente léxico-semántico do español
IV. Compoñente pragmático do español

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 15.5 37 52.5
Obradoiro A31 B1 B2 B5 B7 B12 B17 B22 B23 C1 16 40 56
Actividades iniciais B17 B22 B23 0.5 0 0.5
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición teórico-práctica. Agárdase que o alumnado se implique nestas sesións de forma participativa.
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías e probas (exposicións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas sobre un tema específico co apoio e supervisión do profesorado.
Actividades iniciais Exame dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obteer información relevante que permita articular unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Sesión maxistral
Descrición
As prácticas dos obradoiros realizaranse cun seguimento personalizado por parte do profesor.

Espérase que se faga uso das titorías para resolver dúbidas relacionadas cos materiais empregados ou coas actividades, información ou conceptos desenvolvidos nas aulas.

Enténdese que a avaliación forma parte do proceso de aprendizaxe e, por tanto, recoméndase que nas titorías se revisen os exercicios e o exame final.

As titorías poderán ser individuais ou en grupo. Poderanse levar a cabo persoalmente, mediante correo electrónico, foros de Moodle, chamadas, videochamadas ou chat de Teams.

A atención a estudantes con necesidades especiais abordarase desde esta perspectiva de atención individual, ben en titorías, ben na aula. Se é conveniente, adaptaranse as metodoloxías e deseñaranse actividades especiais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A31 B1 B2 B5 B7 B12 B17 B22 B23 C1 Durante o curso realizaranse actividades variadas relacionadas cos contidos do temario e a súa aplicación práctica. Estas actividades serán obxecto de avaliación.
Valoraranse a capacidade de análise, a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a precisión terminolóxica e a claridade e correción da explicación e argumentación.
100
 
Observacións avaliación

As actividades entregaranse na plataforma Moodle nos prazos fixados. O/a estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.


Só se aceptarán traballos, actividades etc. que se entreguen no prazo e forma establecidos.

Os traballos, actividades e exame deben cumprir as esixencias de correción lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado etc.).

O plaxio, incluso parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descalificación automática da actividade. As actividades e traballos poderán ser sometidas a unha revisión mediante aplicacións informáticas de detección de plaxio. Estas aplicacións poden recoñecer traballos presentados noutras materias.

- Calificarase como non presentado a quen entregue 3 ou menos actividades.

- Na segunda edición de actas poderanse recuperar todas as
actividades coa mesma ponderación que na primeira edición. As
actividades serán substituídas por tarefas que se publicarán e
entregarán a través da plataforma Moodle.

- En convocatoria adiantada emplearanse os mesmos instrumentos de avaliación coa mesma ponderación. As actividades do obradoiro serán substituídas por tarefas que se publicarán na plataforma Moodle. O alumnado afectado debe contactar co profesor.

- Estudantes a tempo parcial con dispensa académica de asistencia ás clases recoñecida: realizarán alternativas aos obradoiros, previo acuerdo co profesor, ademais da prueba mixta final.

- Alumnado que precise medidas de apoio á diversidade ou con modalidades específicas de aprendizaxe: aplicarase o mesmo sistema de avaliación, coas adaptacións e flexibilidade que requira cada caso.

- Alumnado erasmus e de intercambio: recoméndase un nivel de español equivalente a B1 ou superior para cursar esta materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Martínez Celdrán, Eugenio (1996). El sonido en la comunicación humana. Introducción a la fonética. Barcelona: Octaedro
Martínez Celdrán, Eugenio (1989). Fonología general y española. Barcelona: Teide
Hidalgo Navarro, Antonio y Mercedes Quilis Merín (2012). La voz del lenguaje: Fonética y fonología del español. Valencia: Tirant
Garayzábal, Elena (2006). Lingüística clínica y logopedia. Madrid: Machado Libros
Moreno-Torres Sánchez, Ignacio (2004). Lingüística para logopedas. Málaga: Ediciones Aljibe
Gallardo Paúls, Beatriz y Veyrat Rigal, Montserrat (eds.) (2004). Lingüística y patología. Valencia : Universitat de València
Martínez Celdrán, Eugenio y Fernández Planas, Ana María (2007). Manual de fonética española. Articulaciones y sonidos del español. Barcelona: Ariel
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2011). Nueva gramática de la lengua española. Fonética y fonología. Barcelona: Espasa
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2010). Nueva gramática de la lengua española. Manual. Madrid: Espasa Calpe
Quilis, Antonio (1997). Principios de fonología y fonética españolas. Madrid: Arco Libros

Na plataforma Moodle da UDC inserirase material necesario para o axeitado seguimento da materia.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
<p>Adaptación</p><p>A materia poderase adaptar a estudantes con discapacidades, que non teñan un nivel de español similar ao do nativo ou que por calquera motivo necesiten alguna modificación en calquera dos aspectos reflectidos nesta guía docente. Prégase aos interesados que se poñan en contacto co profesor ou co seu titor.</p>


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías