Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Introdución á lingua de signos española Código 652G04041
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Bao Fente, María Concepción
Correo electrónico
maria.bao@udc.es
Profesorado
Bao Fente, María Concepción
Correo electrónico
maria.bao@udc.es
Web
Descrición xeral A materia introduce un coñecemento básico na variedade estándar das linguas de signos españolas (LSE), tanto a nivel teórico como práctico. De acordo o Marco Común Europeo de Referencia (MCER), o nivel mínimo de competencia adquirido na LSE tras superar esta asignatura é equivalente a un A1.1. En todo caso, os contidos teóricos e prácticos propostos oriéntanse á practica profesional polo que, de non existir un coñecemento previo da LSE, a asistencia ás sesións interactivas resulta fundamental para a superación da materia.
As sesións expositivas presentaránse en galego ou castelán, mentres que as sesións interactivas desenvolveránse en LSE para facilitar un primeiro contacto con esta lingua.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Mantéñense todos os contidos programados

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Análise de fontes documentais, prácticas a través das TIC e portafolio do alumnado.

*Metodoloxías docentes que se modifican:
De non ser posible manter a aprendizaxe colaborativa, en pequeno grupo ou por parellas, as tarefas e actividades programadas deste xeito serán sustituidas por prácticas individuais a través das TIC.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Moodle e TEAMS. As titorías realizaránse preferiblemente a través dos medios telemáticos habilitados desde a UDC.

4. Modificacións na avaliación.
Mantense o sistema de avaliación.

*Observacións de avaliación:
Tal e como se establece na guía docente, a avaliación será continua.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non é preciso realizar modificacións. As fontes documentais obxecto de análise estarán a disposición do alumnado a través de Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Coñecer e integrar os fundamentos psicolóxicos da Logopedia: o desenvolvemento da linguaxe, o desenvolvemento psicolóxico, a Neuropsicoloxía da linguaxe, os procesos básicos e a Psicolingüística.
A3 Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística.
A4 Coñecer e integrar os fundamentos educativos da Logopedia: Procesos de ensino e aprendizaxe.
A5 Coñecer e integrar os fundamentos metodolóxicos para a investigación en Logopedia.
A6 Coñecer a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da comunicación, a linguaxe, a fala, a voz e a audición e as funcións orais non verbais.
A7 Coñecer, recoñecer e discriminar entre a variedade das alteracións: os trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe, trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas.
A10 Realizar a avaliación das alteracións da linguaxe nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas.
A14 Coñecer as funcións da Intervención logopédica: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento.
A17 Coñecer e realizar a intervención logopédica nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas.
A20 Coñecer e implementar as axudas técnicas á comunicación.
A23 Coñecer, aplicar e valorar criticamente as técnicas pedagóxicas, así como os recursos metodolóxicos e didácticos para o ensino da linguaxe.
A26 Adquirir un coñecemento práctico para a avaliación logopédica.
A28 Adquirir un coñecemento práctico en intervención logopédica (formación práctica en ámbitos escolares, clínico-sanitarios e asistenciais).
A29 Adquirir a formación práctica para o traballo individual, grupal, cooperativo e de mediación con facilitador.
A30 Coñecer a actuación profesional e os contornos onde se desenvolve a práctica.
A31 Adquirir o desenvolvemento os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións.
A32 Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación.
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B3 Apreciar as distintas manifestacións da diversidade.
B4 Aprender a aprender.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B13 Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información.
B14 Destreza e empatía nas relacións interpersoais.
B23 Traballar de forma colaborativa.
B24 Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Iniciar a expresión, comprensión e interacción na variedade estándar da lingua de signos en Galicia. C2
Apreciar as distintas manifestacións da diversidade lingüística e cultural B3
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, que lle permita asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. B2
B4
C7
Coñecer e integrar os fundamentos psicolóxicos, lingüísticos, educativos e metodolóxicos da Logopedia. A2
A3
A4
A5
Coñecer, aplicar e valorar criticamente as técnicas pedagóxicas, así como os recursos metodolóxicos e didácticos para o ensino da linguaxe. A23
Coñecer a actuación profesional e os entornos onde se desenvolve a práctica, para adquirir os recursos personais para a intervención en cada caso. A30
A31
Adquirir un coñecemento práctico para a avaliación logopédica, concretamente para realizar a avaliación das alteracións da linguaxe nos trastornos específicos do desenvolvemento, nos trastornos da comunicación ou nos asociados a déficits auditivos ou visuais. A6
A7
A10
A26
Adquirir un coñecemento práctico en intervención logopédica: coñecer como intervenir nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe ou da comunicación asociados a déficits auditivos ou visuais. A14
A17
A28
Coñecer e implementar as axudas técnicas á comunicación. Adquirir a formación práctica para o traballo individual, grupal, cooperativo e de mediación con facilitador. A20
A29
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. A32
B13
C3
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. Traballar en equipo B12
B14
B23
B24
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Aspectos sociolingüísticos das linguas de signos: a lingua de signos española (LSE) 1.1. Linguas naturais
1.2. Linguas minoritarias e minorizadas
1.3. Linguas ágrafas
1.4. As comunidades de signantes: a comunidade xorda e xordocega
1.5. A normalización lingüística da LSE: a Ley 27/2007.
2. Aspectos gramaticais das linguas de signos: particularidades da LSE 2.1. A fonoloxía: parámetros formativos
2.2. O uso do espacio sígnico
2.3. Compoñentes non manuais (CNM)
2.4. Os clasificadores e a cuantificación
2.5. A orde de constituíntes
3. A expresión en LSE 3.1. Presentámonos: dar información persoal e familiar
3.2. As miñas rutinas: empregar léxico cotiá en LSE para expresar accións habituais do eido universitario e profesional
3.3. Os meus gustos e preferencias: formular peticións e desexos relacionados có ámbito de actuación
4. A comprensión en LSE 3.1. Presentámonos: comprender información persoal e familiar
3.2. As nosas rutinas: recoñecer léxico cotiá en LSE para comprender accións habituais do eido universitario e profesional
3.3. Os nosos gustos e preferencias: responder axeitadamente a peticións e desexos relacionados có ámbito de actuación
5. A interacción en LSE 3.1. Presentámonos: dialogar sobre información persoal e familiar
3.2. As nosas rutinas: conversar sobre accións habituais do eido universitario e profesional
3.3. Os nosos gustos e preferencias: intercambiar información persoal e profesional relacionada có ámbito de actuación
6. As linguas de signos no ensino da poboación infantil con xordeira 6.1. Privación lingüística, semilingüismo e xordeira
6.2. Beneficios da adquisición temperá como L1/L2
6.3. Linguas de signos e prótesis auditivas
6.4. Linguas de signos e sistemas alternativos/complementarios a comunicación (SAAC)
6.5. Sistemas de escritura das LS: signoescritura e SEA (LSE)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa B12 B14 B23 B24 C2 25 25 50
Prácticas a través de TIC A32 B12 B13 B14 B23 C2 C3 2.5 20 22.5
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 A3 A6 A23 A30 C7 5 0 5
Portafolios do alumno A26 A28 A29 A31 B2 B3 B4 C4 C6 C7 2 8 10
Análise de fontes documentais A30 A23 A20 A17 A14 A10 A7 A6 A5 A4 A3 A2 C3 5 15 20
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa O ensino e aprendizaxe da LSE desenvolverase nas sesións interactivas a partir do traballo en grupo e da interacción en LSE tanto cos compañeiros como coa docente responsable da materia. Proporánse diferentes tarefas e actividades desde un enfoque principalmente comunicativo (contextos de uso, dramatizacións, diálogos, xogos de rol, etc.) para poñer en práctica os contidos funcionais programados: dar ou pedir información persoal ou profesional, expresar estados de ánimos e preferencias.
Prácticas a través de TIC A través das TIC realizaránse diferentes tarefas e actividades para facilitar o ensino, aprendizaxe e avaliación dos contidos programados, tanto a nivel teórico como práctico: cuestionarios, vídeos e xogos interactivos.
Eventos científicos e/ou divulgativos Na medida do posible, facilitarase a participación do alumnado en eventos científicos ou divulgativos sobre este eido de coñecemento. De non ser posible a asistencia, ben en persoa ou de xeito virtual, facilitarase o acceso as grabacións dispoñibles de eventos similares organizados desde outras institucións académicas.
Portafolios do alumno A elaboración dunha carpeta ou dossier individualizado debidamente organizado e estructurado facilta a reflexión sobre o proceso formativo, ademáis de servir como rexistro dos contidos traballados. A través do seu portafolio o alumnado realizará unha autoavaliación do proceso formativo polo que incorporará os materiais que considere oportunos entre todos os produtos finais das tarefas e actividades realizadas: prácticas, lecturas, revisións, etc. Entre o material seleccionado poderá incorporar os comentarios ou avaliacións oportunas realizadas por parte do profesorado ou compañeiros.
Análise de fontes documentais As sesións expositivas desenvolveranse a partir da análise tanto de lecturas como de fontes documentais que complementan os contidos tratados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Prácticas a través de TIC
Portafolios do alumno
Descrición
A atención personalizada estará directamente relacionada có ritmo de aprendizaxe de cada aprendiz con respecto o grupo-clase.
A expresión, comprensión e interacción nas linguas de sinais realízanse por medio dunha canle visoxestual polo que require dunhas habilidades comunicativas e lingüïsticas que precisan ser consideradas: destrezas manuais, memoria espacial e visual, expresión facial e corporal, etc.
Por iso, a atención personalizada dependerá fundamentalmente da autoavaliación que debe realizar cada aprendiz a partir das tarefas, actividades e recursos propostos para o ensino, aprendizaxe a avaliación da LSE.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A32 B12 B13 B14 B23 C2 C3 As tarefas e actividades propostas permitirán a avaliación continua dos progresos de cada aprendiz na consecución tanto dos contidos teóricos como prácticos programados. Concretamente, no que respecta aos contidos traballados nas sesións interactivas, o alumnado debe realizar prácticas diferenciadas de acordo ás tres destrezas traballadas: expresión, comprensión e interacción. As destrezas de expresión e comprensión serán avaliadas cun 20%, respectivamente, e a de interación cun 15%. A entrega en prazo e forma oportunas de todas as prácticas suporá un 5% da cualificación total da materia. 60
Portafolios do alumno A26 A28 A29 A31 B2 B3 B4 C4 C6 C7 A carpeta ou dossier individualizado do alumnado servirá como mostra ou evidencia das aprendizaxes acadadas na materia. De acordo as indicacións efectuadas na rúbrica de avaliación que será entregada ao inicio da materia, o portafolio que realizará cada aprendiz facilitará a avaliación continua do proceso de ensino e aprendizaxe, é dicir, que permitirá tanto a autoavaliación por parte do alumnado como a avaliación formativa por parte do profesorado. O feito de ter que presentar o portafolio ao remate da materia non implica, polo tanto, que a sua finalidade se limite a avaliación sumativa ou final (30%). 30
Análise de fontes documentais A30 A23 A20 A17 A14 A10 A7 A6 A5 A4 A3 A2 C3 A revisión e análise das lecturas e fontes documentais propostas como introdución ou complemento ás sesións expositivas avaliaranse a través das reflexións e evidencias presentadas no portafolio do alumnado. A entrega en prazo e forma oportunas de todos os comentarios, informes, actividades, etc. que se realicen sobre as fontes documentais suporá un 10% da cualificación total da materia. 10
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A: Alumnado con dedicación completa (asistencia/participación nas actividades lectivas igual ou superior ao 85%)

a) Sesións interactivas (presenciais): Elaboración e presentación das prácticas a través das TIC (60%).

b) Sesións expositivas (non presenciais): Revisión e análise de fontes documentais (10%)

c) Titorias individuais/grupais: Elaboración e presentación dun portafolio (30%), 

OPCIÓN B: Alumnado con dispensa académica (recoñecemento da condición de estudante a tempo parcial, previa solicitude ó Decanato) 

Tal como se establece na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016), o alumnado que ten recoñecida a condición de estudante a tempo parcial terá que asistir ás titorías que así se estipulen de acordo a súa dispoñibilidade para concretar a metodoloxía de avaliación e os porcentaxes correspondentes, fundamentalmente no que respecta a destreza de interacción en LSE. En todo caso, malia que o traballo se realice dun xeito individual, deberá realizar as mesmas tarefas que os compañeiros (prácticas, portafolio e análise documental). 

ESPECIFICACIÓNS ADICIONAIS:

1.Para superar a materia debe obterse unha cualificación positiva en cada unha das metodoloxías propostas: é necesario obter unha puntuación do 50% en cada unha das partes obxecto de avaliación. 

a) Prácticas a través das TIC (mín. 30%). Do mesmo xeito é preciso obter unha cualificación mínima do 50% en cada unha das destrezas comunicativas: puntuación mínima do 10% en expresión e comprensión de LSE, respectivamente, e do 7.5% na interación en LSE.

b) Portafolio (mín. 15%)

2. A data límite de entrega das tarefas e actividades propostas tanto para as prácticas a través das TIC como para a análise das fontes documentais será o ultimo día lectivo (1C para a convocatoria ordinaria e 2C para a extraordinaria). É obrigatorio entregalas todas e a súa cualificación será proporcional á data de entrega. 

3. A data límite de entrega do portafolio será a data oficial do exame, tanto na convocatoria ordinaria como extraordinaria. 

4. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro. 

5. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou 

b) non entregue o portafolio nin as prácticas a través das TIC. 


Fontes de información
Bibliografía básica
Báez Montero, Inmaculada C. (coord.), Cabeza Pereiro, Carmen, Eijo Santos, Francisco y Fernández Soneira, Ana (2008) . Defiéndete en LSE. Madrid: Grupo Anaya

Báez Montero, Inmaculada C. y Otero Doval, Herminda (eds.) (2015). Buscando respuestas en LSE. Lugo: Axac. col. EnSeñas, vol 1. 

Bao Fente, María C. y Báez Montero, Inmaculada C. (2020). Mi Primer Portfolio. Guía didáctica (versión multimodal). Madrid: MECD - Secretaría General Técnica, Subdirección General de Documentación y Publicaciones.

Council of Europe (2001):Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Strasbourg: Council for Cultural Cooperation Education Committee Language Policy Division. En Secretaría General del MECD - Subdirección General de Información y Publicaciones y Grupo ANAYA, S.A. (eds.,) (2002):Marco Común Europeo de Referencia para las Lenguas: aprendizaje, enseñanza, evaluación. Instituto Cervantes para la traducción en español (2002).Edición electrónica en: [http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/cvc_mer.pdf]

Fernández Soneira, Ana (2008). La cantidad a manos llenas. La expresión de la cuantificación en la lengua de signos española. Madrid: Fundación CNSE. 

Fundación CNSE (2010a): Propuesta curricular de la lengua de signos española: Nivel usuario básico A1-A2. Madrid: Fundación CNSE.

Fundación CNSE (2010b):Vamos a signar: Material de apoyo para el aprendizaje de la lengua de signos española para educación primaria. Madrid: Fundación CNSE

Fundación CNSE (2012) Signar A1: Material para la enseñanza y aprendizaje de la lengua de signos española adaptado al MCER (Marco Común Europeo de Referencia de las lenguas)

Fundación CNSE (2013)Signar A2 Material para la enseñanza y aprendizaje de la lengua de signos española adaptado al MCER (Marco Común Europeo de Referencia de las lenguas)

Gutiérrez Sigut, Eva y Carreiras Valiño, Manuel (2009). El papel de los parámetros fonológicos en el procesamiento de los signos de la lengua de signos española. Madrid. Fundación CNSE

Herrero Blanco, Ángel (2009): Gramática didáctica de la lengua de signos española (LSE). Madrid: Fundación CNSE y Ediciones SM.

Laborit, Enmanuelle (2003). El grito de la gaviota (5ªed.). Barcelona: Seix Barral. 

Ley 27/2007, de 23 de octubre, por la que se reconocen las lenguas de signos españolas y se regulan los medios de apoyo a la comunicación oral de las personas sordas, con discapacidad auditiva y sordociegas. BOE nº 355. Miércoles, 24 de octubre de 2007.

Martínez Sánchez, F. et al. (2000). Apuntes de lingüística de la lengua de signos española. Madrid. CNSE. 

Minguet Soto, A. (coord.) (2001): Signolingüística. Introducción a la lingüística de la L.S.E. Valencia. Fundación FESORD, C.V

Moriyón Mojica, Carlos; Ruiz Méndez, Carlos José Y González Martínez, Noemí (2004). La negación en la Lengua de Signos Española. Madrid: Fundación CNSE

Sacks, Oliver (1996). Veo una voz. Viaje al mundo de los sordos (3ªed.). Madrid: Anaya & Mario Muchnick. 

Schaller, Susan (1993). Un hombre sin palabras. Madrid: Anaya & Mario Muchnick. 

Bibliografía complementaria
BÁEZ MONTERO, Inmaculada C. (2015). “¿De cuántos signantes estamos hablando?”. En E-AESLA, 1. ?http://cvc.cervantes.es/lengua/eaesla/pdf/01/48.pdf>
 
COSTELLO, Brendan, Javier FERNÁNDEZ, Saúl VILLAMERIEL, y Marta MOSELLA (2012). “Una lengua sin nativos: consecuencias para la normalización”. En CNSE y Fundación CNSE (eds.). Estudios sobre la lengua de signos española. Las lenguas visogestuales, lenguas naturales para todos 477 Hacia la normalización de un derecho lingüístico y cultural (Actas del III Congreso Nacional de Lengua de Signos Española). Madrid: UNED, pp. 371- 399.

LIÑARES BARBEITO, Luis (2003). “Apuntes para una sociología de la comunidad sorda”. En Revista Educación y Bibliotecas. Dosier bibliotecas públicas y comunidad sorda, 138, pp. 49-61. ?http://bit.ly/2iM1oUG> [Consulta: enero 2014]. 

MINEIRO, Ana, María V. NUNES, Mara MOITA, Sonia SILVA y Alexandre CASTROCALDAS (2014b). “Bilingualism and Bimodal Bilingualism in Deaf People: A neurolinguistic approach”. En M. Marschark, G. Tang y H. Knoors (eds.). Bilingualism and bilingual deaf education. New York: Oxford University Press, pp. 187-210.

MORALES LÓPEZ, Esperanza. (2019): Bilingüismo intermodal (lengua de signos / lengua oral). En E. Morales López y M. J. Jarque (eds.), Aspectos lingüísticos y de adquisición de las lenguas de signos. Revista de Estudios de Lenguas de Signos REVLES (1), 40- 265.

MORENO CABRERA, Juan Carlos (2013). “¿Cómo realizan las lenguas señadas la facultad del lenguaje?”. En J.C. Moreno. Cuestiones clave de la Lingüística. Madrid: Síntesis, pp. 127-160

SALAZAR GARCÍA, Ventura (2010). “Rasgos de diseño del lenguaje y lingüística de las lenguas de signos: retos y alternativas”. En M. Querol (ed.) (2010). El futuro de las Humanidades. II volumen de artículos en homenaje al profesor D. Ángel López García. Valencia: Servei de Publicacions de la Universitat de València. pp. 198-213. 

SWANWICK, Ruth (2016). “Deaf children's bimodal bilingualism and education”. En Language Teaching, 49 (01), pp. 1-34. ?DOI: 10.1017/S0261444815000348>. 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Non é preciso ter coñecementos previos da lingua de signos española (LSE). 

Dado o carácter práctico da materia, é aconsellable a asistencia e participación nas sesións interactivas. 

Os contidos e actividades serán accesibles para todo o alumnado. No caso do alumnado con diversidade funcional ou NEAE facilitarase a adquisición das competencias da materia dun xeito inclusivo, de acordo as recomendacións e axustes razoables propostos pola Unidade de Atención á Diversidade (ADI). 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías