Identifying Data 2019/20
Subject (*) Sociolinguistics Code 652G04044
Study programme
Grao en Logopedia
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Optional 4.5
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Lourido Hermida, Isaac
E-mail
isaac.lourido@udc.es
Lecturers
Lourido Hermida, Isaac
E-mail
isaac.lourido@udc.es
Web
General description Estudo e análise da situación sociolingüística da lingua galega.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A3 Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística.
A20 Coñecer e implementar as axudas técnicas á comunicación.
B5 Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada.
B10 Capacidade para motivarse e procurar a calidade na actuación profesional.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B17 Saber expresarse en público.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e aplicar os fundamentos lingüísticos da Logopedia. A3
Coñecer técnicas de comunicación. A20
Aprender autonomamente e aprender a aprender. B5
Procurar a calidade na actividade profesional. B10
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. B11
Saber expresarse en público B17
Expresarse correctamente en galego, tanto de forma oral como escrita. C1
Desenvolver o espírito crítico e comprometerse coas realidades lingüísticas dominadas. C4
Valorar a importancia que ten a investigación e a innovación no avance cultural da sociedade. C8

Contents
Topic Sub-topic
1. Concepto de Sociolingüística. A sociolingüística sobre o galego.
1.1. Linguaxe,cultura e pensamento.
1.2. Historia da reflexión sociolingüística sobre o galego.
2. Marco teórico e conceptos chave. 2.2. Monolingüismo, bilingüismo, plurilingüismo.
2.3. Diglosia e conflito lingüístico. Os procesos de substitución lingüística.
2.4. Actitudes e preconceptos sobre as linguas. O caso galego.
3. Planificación e dinamización lingüística. 3.1. A planificación como proceso.
3.2. A planificación do corpus.
3.3. A planificación do status.
4. Lingua, poder e comunicación. 4.1. As linguas como poder.
4.2. Construíndonos na lingua.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Workbook B5 C4 C8 2 6 8
Oral presentation A3 A20 B10 B17 C1 4 24 28
Case study A3 A20 B5 B10 C1 C4 4 24 28
Directed discussion A3 B17 C1 C4 4 32 36
Guest lecture / keynote speech A3 A20 B5 B10 B11 B17 C1 C4 8 0 8
Introductory activities C1 C4 2.5 0 2.5
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Workbook Lectura crítica de textos relacionados coa materia obxecto de estudo e realización de traballos e actividades de diferentes tipo a partir deles.
Oral presentation Exposición na aula dun dos aspectos do temario, fundamentada en lecturas previas e nunha preparación coordinada coa persoa docente.
Case study Solución a casos simulados relacionados coas exposicións das sesións maxistrais e integrados na pescuda de innovacións que procuren a saída aos conflitos.
Directed discussion Debate sobre temas de actualidade relacionados coa materia con exposicións razoadas e argumentadas.
Guest lecture / keynote speech Presentación dos conceptos fundamentais para comprender a materia e deseño de guías orientativas para unha aprendizaxe autónoma.
Introductory activities Coñecemento, a través dunha enquisa anónima, do nivel de coñecementos e do grao de espírito crítico do alumnado.

Personalized attention
Methodologies
Oral presentation
Description
O alumnado terá que realizar as lecturas propostas como obrigatorias e as actividades vinculadas a elas.
Cada estudante exporá na aula un dos aspectos que integran o temario, nunha actividade que será previamente orientada e supervisada polo docente.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workbook B5 C4 C8 Para cada lectura obrigatoria será proposta a realización dunha actividade asociada (recensión, traballo breve, preparación de debate, entre outras), na cal será valorada especialmente a reflexión crítica sobre os contidos e sobre a aprendizaxe persoal. 30
Oral presentation A3 A20 B10 B17 C1 Cada estudante realizará unha exposición na aula sobre un aspecto do programa previamente acordado coa persoa docente, que apoiará e supervisará a o proceso de preparación. Para alén da clareza expositiva e da reflexión crítica, será valorada a calidade lingüística e a adecuación ao contexto comunicativo. 35
Case study A3 A20 B5 B10 C1 C4 Tras as explicacións da persoa docente presentaranse problemas para seren solucionados, quer oralmente quer por escrito, razoando as respostas xustificadamente e con criterios rigorosos. 35
 
Assessment comments

Os traballos vinculados ás lecturas e a presentación oral teñen carácter obrigatorio. Considerarase non presentado na materia quen non entregar todos os traballos obrigatorios. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final dos traballos se estes foren entregados fóra de prazo sen causa xustificada.

Na segunda convocatoria (xullo) será aplicado o mesmo sistema de avaliación da primeira convocatoria. Os/as estudantes que non tivesen superado a materia terán que entregar os traballos que non foron entregados na convocatoria anterior ou que non obtivesen unha cualificación do 40% da nota máxima de cada traballo. O prazo de entrega dos traballos concluirá na data oficial do exame da materia estabelecida pola facultade.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica será avaliado da seguinte maneira: lecturas (40%) e traballo tutelado (60%). O traballo tutelado versará sobre os mesmos temas e terá unha estrutura análoga á da presentación oral do sistema de avaliación da primeira convocatoria.

O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro será avaliado co mesmo sistema previsto para o estudantado a tempo parcial e con dispensa académica.


Sources of information
Basic LORENZO SUÁREZ, A. (2005). "Planificación lingüística de baixa intensidade: o caso galego". Cadernos de Lingua, 27: 37-59.
BASTARDAS I BOADA, A. (1996). "Política y planificación lingüísticas". Martín Vide, C. (ed.), Elementos de lingüística, 341-360. Barcelona: Octaedro
GARCÍA NEGRO, M. P. (2009). De fala a lingua: un proceso inacabado. Brión: Laiovento
NÚÑEZ SINGALA, M. (2009). En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega . Vigo: Galaxia
IGLESIAS ÁLVAREZ, A. (2002). Falar galego: "no veo por qué". Aproximación cualitativa á situación sociolingüística de Galicia. Vigo: Xerais
SANMARTÍN REI, G. (2010). Lingua e futuro. Ames: Laiovento
REAL ACADEMIA GALEGA (2016). Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013. A Coruña: Real Academia Galega
FREIXEIRO MATO, X.R. (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago: Laiovento
GARCIA NEGRO, M. P (1991). O galego e as leis. Aproximación sociolingüística . Vilaboa, Po: O Cumio
VV.AA (2002). O proceso de normalización do galego. 1980-2000. Volumes I, II e III. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA (2014). Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego. Anos 2003, 2008 e 2013, www.ige.eu/enquisas

Complementary RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, F. (1991). Conflicto lingüístico e ideoloxia en Galicia. Santiago: Laiovento
CONSTENLA BERGUEIRO, G. (1997). Ensaio sociolingüístico. Antoloxía. Vol. 44 da Historia da Literatura Galega . Vigo: A Nosa Terra
VILLARES NAVEIRA, L. (2010). Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo. Ames: Laiovento
SÁNCHEZ VIDAL, P. (2010). O debate normativo da lingua galega (1980-2000). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
FAGIM, V. (2015). O galego (im)possível. Ainda mais. Compostela: Através Editora
GARCÍA NEGRO, M. P. (1993). Sempre en galego . Santiago: Laiovento
GARCÍA NEGRO, M.P. (2009). Sobre o racismo lingüístico. Ames: Laiovento


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.