Identifying Data 2020/21
Subject (*) Social Gerontology I Code 653491002
Study programme
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinador
Maseda Rodríguez, Ana Belén
E-mail
ana.maseda@udc.es
Lecturers
Lorenzo López, Laura
Maseda Rodríguez, Ana Belén
E-mail
laura.lorenzo.lopez@udc.es
ana.maseda@udc.es
Web
General description Obxectivos:
* Coñecemento do fenómeno sociodemográfico do envellecemento.
* Comprender a ancianidade e o proceso de envellecemento dentro do contexto social global.
* Entender o envellecemento poboacional. Procesos e factores.
* Coñecer as metáforas da vellez e a súa imaxe social.
* Distinguir entre vellez clínica e vellez social. Acordos e desacordos.
* Valorar axeitadamente o fenómeno da xubilación e os recursos de preparación para esta.
* Coñecer e comprender as relacións familiares e interxeracionais no ámbito da vellez.
* Afondar nas etapas da vellez e o posible incremento das carencias cos seus procesos de adaptación. Illamento e soidade.
* Entender o estado da cuestión do binomio dependencia/autonomía.
* Afondar nas políticas sociais dirixidas ás persoas maiores. Diferentes modelos.
* Coñecer os servizos sociais en Xerontoloxía. Servizos primarios e especializados.
* Estudo da planificación social na Xerontoloxía e o estudo de necesidades e demandas. Coñecer os modelos de programación, xestión e avaliación.
* Afondar no estudo dun lecer activo cun tratamento especial do turismo social.
* Coñecer os procesos da saúde e a calidade de vida co desenvolvemento de hábitos saudables e programas preventivos.
*Estudo da problemática social e familiar dos maiores dependentes.
* Estudo da ética e lexislación no benestar social das persoas maiores.
* Análise dos métodos e técnicas da ciencia sociolóxica para o desenvolvemento de proxectos de investigación sobre a vellez e a ancianidade.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Seminario
- Proba obxectiva
*Metodoloxías docentes que se modifican
As clases maxistrais e os seminarios pasarán a darse de forma virtual a través da plataforma de Microsoft Teams. A proba obxectiva pasaría a realizarse empregando Moodle. A atención personalizada para a resolución de dúbidas farase mediante Microsoft Teams, Moodle e por correo electrónico.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos temas” da materia, para formular as consultas necesarias.
– Teams: 1 sesión semanal en grupo para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
- En caso de que o alumnado teña problemas de conexión a internet poderase utilizar a vía telefónica.

4. Modificacións na avaliación
Mantéñense as porcentaxes da avaliación, especificadas na guía docente, realizando o exame de forma virtual mediante a ferramenta Moodle.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que se realizarán respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial e a partir de aí considerarase a asistencia ás clases virtuais no horario establecido previamente co alumnado.
- En caso de ser preciso, a oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a 1ª oportunidade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Saber valorar de xeito integral ás persoas maiores así como utilizar os resultados da valoración para intervir de acordo ao diagnóstico preestablecido.
A2 Saber diagnosticar a patoloxía máis prevalente nas persoas maiores así como establecer as pautas terapéuticas máis indicadas, tanto desde o punto de vista farmacolóxico como non farmacolóxico.
A3 Saber diagnosticar os problemas sociais e/o sociosanitarios que inciden na persoa maior e poñer en marcha as medidas axeitadas a fin de conseguir o maior estado de benestar para el e o seu entorno.
A4 Estar en condicións de dirixir calquera recurso xerontolóxico.
A5 Saber realizar procuras en bases de datos científicas, así como aplicar os resultados das mesmas na consecución de proxectos de investigación.
A6 Adquirir as competencias necesarias para aplicar o método científico no desenvolvemento de proxectos.
A8 Coñecer as diferentes convocatorias públicas e privadas para a consecución de financiamento e estar en condicións de elaborar un proxecto.
A9 Incorporarse como xestor de proxectos a entidades de I+D+i.
A10 Saber analizar os resultados obtidos na actividade profesional a fin de poder integralos en liñas de investigación e dentro delas, en proxectos do eido da Xerontoloxía e a Xeriatría.
A11 Saber difundir os resultados obtidos na actividade asistencial a través das diferentes fontes de información xerontolóxicas e xeriátricas.
B1 Estar en disposición de integrarse en equipos de Saúde, centros xerontolóxicos e entidades que prestan servizos dirixidos as persoas maiores.
B2 Estar en disposición de incorporarse como profesional aos equipos de valoración e intervención creados no marco da denominada “Lei da dependencia”.
B4 Ter o coñecemento para denominarse especialista en Xerontoloxía Social de acordo á especialidade desenvolvida.
B5 Ser capaz de aplicar o método científico.
B7 Estar en disposición de realizar actividades asistenciais e investigadoras de xeito integral nos campos social, sanitario e sociosanitario.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Trátase de que os/as alumnos/as, ao superar a materia, adquirisen as competencias axeitadas para: * Situar a problemática das persoas maiores no contexto social que as orixina. * Investigar os factores sociais que afectan aos procesos de envellecemento, ao tempo que permitan establecer as necesidades e demandas dos maiores. * Planificar e xerar programas, proxectos, actividades e servizos, dentro de modelos dinámicos que permitan un posterior desenvolvemento de estratexias de intervención sociosanitaria. * Dirección de equipos multidisciplinares dentro dunhas políticas sociais que formulen o deseño duns proxectos que utilicen como eixes vertebradores a prevención, a interacción e a integración. * Dirixir e coordinar programas de preparación para a xubilación e adaptación á vellez. * Participación na orientación e mediación familiar en familias con persoas maiores. * Introducir procesos de concienciación da problemática da ancianidade nos medios familiares, así como o establecemento de directrices para a comunicación interxeracional. * Deseñar programas para xerar procesos de ocio activo dentro dunha contextualización global, así como establecer e impulsar modelos científicos e rigorosos de turismo social. * Asesorar aos responsables das administracións públicas na formación dos programas de benestar social dirixidos aos maiores. * Levar a cabo a función de coordinadores dos programas multidisciplinares de intervención pública para os maiores. * Asesorar as entidades privadas (fundaciones, asociacións, ONGs, etc.) na formulación e xestión de proxectos para os maiores. * Introducir procesos de asociacionismo nas persoas maiores. AJ1
AJ2
AJ3
AJ4
AR1
AR2
AR4
AR5
AC1
AC2
BJ1
BJ2
BJ4
BR1
BC1
CC1
CC3
CC6
CC7
CC8

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1: Introdución á Xerontoloxía Social 1. Introdución
2. Breve apunte histórico
2.1 Precursores
2.2 Antecedentes científicos
2.3 Consolidación
3. Concepto de Xerontoloxía Social
3.1 A Xerontoloxía e as súas ramas
3.2 A Xerontoloxía e a Xeriatría
3.3 A multidisciplinariedade como característica básica da Xerontoloxía Social
4. Teorías do avellentamento
4.1 Teorías biolóxicas
4.2 Teorías psicolóxicas
4.3 Teorías sociolóxicas
5. Construción social do concepto de avellentamento
5.1 O concepto do avellentamento segundo distintos criterios
5.2 Clasificación do avellentamento: distintas denominacións
5.3 Falsas concepcións sobre o avellentamento: mitos e estereotipos
5.4 Efectos macroeconómicos. Mercadotecnia para un segmento social emerxente: efectos macroeconómicos e sobre as empresas
6. Características socio-demográficas das persoas maiores
6.1 O avellentamento da poboación nas sociedades desenvolvidas
6.2 Fenómenos demográficos: natalidade, nupcialidade, mortalidade. Índice de envellecemento. Esperanza de vida. Coeficientes de avellentamento e de renovación.
6.3 A relación demográfica entre os sexos: a feminización do avellentamento
Tema 2: Relacións familiares no marco do avellentamento 1. Avellentamento e familia na actualidade. Necesidades da persoa maior na familia:
1.1 Fisiolóxicas
1.2 Económicas
1.3 Psíquicas
1.4 Sociais
2. Estrutura
2.1 Roles familiares
2.2 Familia e modernización
2.3 Cambio na estrutura familiar: xeracións e roles asociados
3. Avellentamento e dependencia
3.1 Quen debe facerse cargo da dependencia
3.1.1 Contexto lexislativo: a Constitución española e a Lei de dependencia
3.1.2 Como asumir a dependencia: manter no domicilio a persoas maiores con dependencia
3.2 Perspectivas de coordinación
3.3 A achega da persoa maior na familia
Tema 3: A xubilación 1. Estrutura
1.1 O traballo moderno. A discriminación laboral por idade
1.2 Tendencias laborais e novas modalidades
1.3 Aptitude: mitos e feitos. Idade cronolóxica
2. Xubilación
2.1 Marco da xubilación: teorías
2.1.1 Cambio de vida, cambios de roles
2.1.2 A actitude ante a xubilación como elemento determinante
2.1.3 A decisión de xubilarse e a calidade de vida
2.2 O impacto da xubilación
2.2.1 Na área psicolóxica
2.2.2 Na área cognitiva
2.2.3 Na área do comportamento
2.2.4 Na área psicoafectiva
2.2.5 Impacto nas relacións sociais
3. Preparación para a xubilación
3.1 Programas de preparación para a xubilación (PPJ)
3.2 Preparación para a xubilación en Europa
4. Muller maior e xubilación
4.1 O traballo do fogar
4.2 Traballo fora do fogar
4.3 Carreiras laborais femininas
4.4 A xubilación feminina
Tema 4: Malos tratos na persoa maior: outra forma de violencia 1. Introdución
2. Conceptos básicos
2.1 Abusos físicos
2.2 Abusos psicolóxicos
2.3 Abusos económicos
2.4 Neglixencia
3. Epidemioloxía
4. Factores de risco. Factores de risco en residencias
5. Identificación e valoración da persoa maior maltratada
5.1 Persoas maiores que deben ser valoradas
5.2 Forma de levar a efecto a valoración da persoa maior maltratada
5.3 Lugar de realización da valoración da persoa maior maltratada
5.4 Sospeita de risco vital para a persoa maior maltratada
6. Atención multidisciplinar á persoa maior maltratada
7. Prevención e solucións
Tema 5: Problemas deontolóxicos nas residencias de persoas maiores 1. O papel dos coidados residenciais no marco da asistencia xeriátrica
2. Deontoloxía e residencias de persoas maiores. Principais factores condicionantes
2.1 Garantías de calidade asistencial
2.2 Organigrama e equipos
2.3 Características arquitectónicas e ambientais
2.4 Existencia de programas específicos de intervención
2.5 Responsabilidades do equipo médico
3. A toma de decisións: procedemento e instrucións
4. Principais problemas éticos en Xerontoloxía. Comités de ética asistencial
Tema 6: Políticas sociais e atención socio-sanitaria 1. Desenvolvemento das políticas sociais dirixidas ás persoas maiores: planes de acción para as persoas maiores
2. Os modelo europeos, español e galego
3. O espazo socio-sanitario:
3.1 Características
3.2 Concertación e acreditación de centros socio-sanitarios
3.3 Coordinación e unidades socio-sanitarias

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Objective test A1 A2 A3 A4 A9 A10 A11 B1 B2 B4 B5 B7 C1 C3 C6 C7 C8 2 25 27
Seminar A3 A11 B4 B7 C6 C8 14 21 35
Guest lecture / keynote speech A3 A4 A5 A6 A8 B2 B4 C7 28 56 84
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Objective test Os temas expostos en clase, nas sesións de docencia expositiva haberán de superarse mediante un exame escrito.
Seminar Vinculado con cada un dos temas expositivos, desenvolveranse actividades co alumno.
Guest lecture / keynote speech É a explicación por parte da profesora dos contidos da materia na aula na denominada docencia expositiva. Ocasionalmente apoiarase en soporte visual. As clases son para entender os conceptos e as teorías e formular posibles dúbidas sobre estes. Incluiranse aquí as prácticas realizadas dentro da aula (comentarios, vídeos, lecturas de noticias de actualidade...).

Personalized attention
Methodologies
Objective test
Guest lecture / keynote speech
Description
Prestarase apoio aos/ás alumnos/as para a selección dos textos e facilitaráselles asesoramento en caso de dúbida para levar a cabo a recensión.
As lecturas serán comentadas cos/oas propios/as alumnos/as.

Prestarase apoio e asesoramento aos/ás alumnos/as para a realización de cada unha das prácticas ou traballos tutelados propostos. Durante a execución dos devanditos traballos, o profesorado levará a cabo un seguimento destes e, unha vez finalizados e corrixidos, tratarase co/oa alumno/a sobre o seu contido para determinar os resultados e valoralos co obxectivo de desempeñar estas tarefas de asesoramento.


Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A1 A2 A3 A4 A9 A10 A11 B1 B2 B4 B5 B7 C1 C3 C6 C7 C8 Os temas expostos en clase, nas sesións de docencia expositiva haberán de superarse mediante un exame escrito. 70
Guest lecture / keynote speech A3 A4 A5 A6 A8 B2 B4 C7 É a explicación por parte do profesor dos contidos da materia na aula na denominada docencia expositiva. Ocasionalmente apoiarase en soporte visual.
As clases son para entender os conceptos e as teorías e formular posibles dúbidas sobre os mesmos.
Incluiranse aquí as prácticas realizadas dentro da aula (comentarios, vídeos, lecturas de noticias de actualidade…).
30
 
Assessment comments
Para superar a materia é necesario ter superada proba obxectiva

Sources of information
Basic Mayán Santos JM (ed.) (2000). Gerontología Social. Santiago de Compostela: Sega Ediciones
Millán Calenti JC (comp) (2006). Principios de Geriatría y Gerontología. Madrid: Mc-Graw Hill Interamericana
Hernández Rodríguez G et al. (2006). Sociología de la Vejez (pp. 43-112). En Millán Calenti JC. (comp.) Principios de Geriatría y Gerontología. Madrid: Mc-Graw Hill Interamericana

Complementary Amor Pan JR (2010). Bioética y Dependencia. A Coruña: Obra Social Caixa Galicia
Hernández Rodríguez G, Millán Calenti JC (2000). Ancianidad, Familia y Enfermedad de Alzheimer. A Coruña: Universidad de A Coruña
Hernández Rodríguez G (2000). Aportación de los mayores en la familia (pp. 69-97). En: Mayores Solidarios. Madrid: Cáritas Española
Campo Ladero MJ (2000). Apoyo informal a las personas mayores y el papel de la mujer cuidadora. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas
Amor Pan JR (2010). Bioética y Dependencia, Capítulo VI (pp. 271-339). A Coruña: Obra Social Caixa Galicia
López Azpitarte E (2006). Ética en Geriatría (pp. 351-364). En Millán Calenti JC. (comp.) Principios de Geriatría y Gerontología. Madrid: Mc-Graw Hill Interamericana
Hernández Rodríguez G (2001). Familia y Ancianos. Rev Educ. 325: 129-142
Moragas Moragas R (1991). Gerontología social. Barcelona: Herder
Meil Landwerlin G (2000). Imágenes de la solidaridad familiar. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas
Rodríguez Castedo A (dir.) (2005). Libro Blanco. Atención a las Personas en situación de Dependencia en España. Madrid: IMSERSO
Sánchez Vera P, Bote Díaz M (2007). Los mayores y el amor. Una perspectiva sociológica. Valencia: Nau Libres
Casado D (2002). Manual de Servicios Sociales. Madrid: Polibea, Biblioteca de Intervención y Política Social
Adroher Biosca S. (coord.). (2000). Mayores y Familia. Madrid: Universidad P. Comillas y Mº Trabajo y Asuntos Sociales-IMSERSO
Santamarina C et al. (2002). Percepciones sociales sobre las personas mayores. Madrid: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales (IMSERSO)
Fernández García T, Ares Parra A. (coords.) (2002). Servicios Sociales: Dirección Gestión y Planificación. Madrid: Alianza Editorial

Libros recomendados para “Lecturas”

  • de Beavoir S (2001). La vejez. Madrid: De Bolsillo
  • Delibes M (2010). Cartas de amor a un sexagenario voluptuoso. Madrid: Destino.
  • Delibes M (2010). Diario de un jubilado. Madrid: Destino.
  • Delibes M (1978). El disputado voto del señor Cayo. Madrid: Destino.
  • Delibes M (1979). La hoja roja. Barcelona: Argos Vergara.
  • Friedan B (1994). La fuente de la edad. Madrid: Planeta.
  • Hemingway E (2012). El viejo y el mar. Madrid: De Bolsillo.
  • Missinne LE (2004). Reflexiones sobre la vejez. Madrid: CCS

Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Assessment and intervention in Gerontology/653491001
Gerontological economy/653491021
Pedagogical intervention in Gerontology/653491027

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Research Methodology in Gerontology/653491004
The research project in Gerontology/653491016
Free time in Gerontology/653491025

Subjects that continue the syllabus
Social Gerontology II/653491009
Sociosanitary attention/653491010
Old age demography/653491012
Psychobiology of aging/653491022

Other comments

- Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumprir cos  obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.