Identifying Data 2020/21
Subject (*) Research Methodology in Gerontology Code 653491004
Study programme
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinador
Maseda Rodríguez, Ana Belén
E-mail
ana.maseda@udc.es
Lecturers
Maseda Rodríguez, Ana Belén
E-mail
ana.maseda@udc.es
Web http://http://gerontologia.udc.es
General description Esta materia abordará a metodoloxía da investigación aplicada á xerontoloxía para poder resolver problemas do campo, obtendo resultados válidos e fiables. Preténdese introducir ao alumno nas bases metodolóxicas para realizar e publicar traballos científicos. Comprenderá 2 partes principais, a investigación (metodoloxía e manexo de instrumentos, técnicas, deseño, etc.) e a documentación (artigos, presentación e redacción de traballos, citas bibliográficas, etc.).
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Discusión dirixida
- Presentación oral
- Seminario
- Solución de problemas
- Proba de resposta múltiple
- Prácticas a través de TIC
- Traballos tutelados
- Proba obxectiva
- Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
As clases maxistrais e os seminarios pasarán a darse de forma virtual a través da plataforma de Microsoft Teams. As presentacións orais por parte dos alumnos faranse tamén a través de Teams. A proba obxectiva pasaría a realizarse empregando Moodle. A atención personalizada para a titorización dos traballos tutelados farase mediante Microsoft Teams, Moodle e por correo electrónico.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos temas” da materia, para formular as consultas necesarias.
– Teams: 1 sesión semanal en grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. 1 sesión mensual (ou mais segundo o demande o alumnado), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
- En caso de que o alumnado teña problemas de conexión a internet poderase utilizar a vía telefónica.

4. Modificacións na avaliación
Mantéñense as porcentaxes da avaliación, especificadas na guía docente, realizando o exame de forma virtual mediante a ferramenta Moodle e a presentación oral do traballo tutelado por parte do alumnado mediante Microsoft Teams.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que se realizarán respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial e a partir de aí considerarase a asistencia ás clases virtuais no horario establecido previamente co alumnado.
- En caso de ser preciso, a oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a 1ª oportunidade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A5 Saber realizar procuras en bases de datos científicas, así como aplicar os resultados das mesmas na consecución de proxectos de investigación.
A6 Adquirir as competencias necesarias para aplicar o método científico no desenvolvemento de proxectos.
A7 Ter os coñecementos suficientes para incorporarse como investigador en actividades de I+D+i.
A8 Coñecer as diferentes convocatorias públicas e privadas para a consecución de financiamento e estar en condicións de elaborar un proxecto.
A9 Incorporarse como xestor de proxectos a entidades de I+D+i.
A10 Saber analizar os resultados obtidos na actividade profesional a fin de poder integralos en liñas de investigación e dentro delas, en proxectos do eido da Xerontoloxía e a Xeriatría.
A11 Saber difundir os resultados obtidos na actividade asistencial a través das diferentes fontes de información xerontolóxicas e xeriátricas.
B5 Ser capaz de aplicar o método científico.
B6 Ser capaz de incorporarse a calquera equipo de I+D+i.
B7 Estar en disposición de realizar actividades asistenciais e investigadoras de xeito integral nos campos social, sanitario e sociosanitario.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Comprender os aspectos metodolóxicos a seguir na formulación e desenvolvemento da investigación en xerontoloxía. AR3
BR1
Aplicar dito coñecemento na investigación en xerontoloxía, utilización de técnicas estatísticas, deseño de experimentos, etc. AR1
AR2
BR1
Razonar científicamente traballos da área de xerontoloxía, sendo capaces de discutir a información, interactuar e sacar conclusións, presentando informes e traballos concluíntes. AR2
AR3
BR1
BR2
Comunicar de forma científica, coñecementos da área de xerontoloxía en todos os eidos (docentes, sociais, de investigación), de forma escrita, oral ou visual en artigos científicos, seminarios, congresos, relatorios, clases maxistrais. AR1
AR2
AR3
AC1
AC2
BR1
BR2
Desenvolver habilidades de aprendizaxe para emprender estudos e investigacións na área da xerontoloxía, con capacidade para deseñar e estruturar un traballo de investigación. AR3
AR4
AR5
BC1

Contents
Topic Sub-topic
PARTE I. Documentación en Xerontoloxía. Formas de comunicación científica TEMA 1. O artigo científico
1.1 Como escribir un artigo científico
1.2 Estilo Vancouver/APA
1.3 Recomendacións xerais para a publicación de orixinais
1.4 Requisitos comúns das revistas biomédicas
1.5 Referencias bibliográficas
1.6 Citas electrónicas
TEMA 2. Documentación científica
2.1 Tipos de documentación científica
2.2 Factor de impacto y otros índices de calidad de publicaciones y autores
2.3 Bases de datos e revistas electrónicas
2.4 Internet
TEMA 3. Outras formas de diseminación da investigación
3.1 Presentación de resultados: relatorios e pósteres en eventos científicos.
3.2 Técnicas e habilidades de presentación de resultados
PARTE II. A investigación en Xerontoloxía TEMA 4. A INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA
4.1 Conceptos e fundamentos
4.2 Informes propios: Caracterización e soportes. Caderno de laboratorio. Informes. Rexistro de material
4.3 Metodoloxía científica
4.4 Epidemioloxía
4.5 Tipos de investigación
4.6 Técnicas para a recollida de datos
4.7 Tamaño da mostra
TEMA 5. Deseño da investigación
5.1 Etapas do traballo científico: Identificación do problema, formulación de hipóteses
5.2 Variables e probas estatísticas para a análise dunha investigación
5.3 Determinación de factores de risco da enfermidade
5.4 A investigación en Xerontoloxía
5.5 O doutoramento
5.6 Financiamento de proxectos

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B5 B6 B7 28 32.0012 60.0012
Directed discussion A10 B5 1 2 3
Oral presentation A6 A7 A11 B5 B6 4 12 16
Seminar A5 A8 5 0.2 5.2
Problem solving A5 A11 0 3 3
Multiple-choice questions A5 A6 A7 A10 B5 0 4.8 4.8
ICT practicals A5 0 5 5
Supervised projects A5 A6 A7 A10 A11 B5 B6 B7 4 29 33
Objective test A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B5 B6 B7 2 16 18
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Directed discussion Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda cando poden estar coordinados por un moderador.
Oral presentation Intervención inherente aos procesos de ensinanza-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Seminar Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Problem solving Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Multiple-choice questions Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que soamente unha delas é válida.
ICT practicals Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Objective test Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigurosamente, que permite avaliar coñecementos,
capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construir cun so tipo de algunha destas preguntas.

Personalized attention
Methodologies
Directed discussion
Problem solving
Guest lecture / keynote speech
ICT practicals
Supervised projects
Description
Dado que é unha materia eminentemente práctica, na cal a superación da mesma está ligada ao uso correcto da información recibida na presentación de traballos de investigación, o traballo persoal do/a alumno/alumna é unha parte fundamental da avaliación da mesma, supoñendo un número de horas (mínimo) similar ás horas presenciais no aula. A atención persoalizada ao alumno/a axudará a completar de forma individualizada a súa formación, principalmente na utilización das bases de datos científicas necesarias para a realización dos traballos tutelados, a realización e discusión das probas propostas durante o curso, así como do exame e dos comentarios de texto a presentar. No caso dos traballos tutelados esta atención cobra especial relevancia para que o/a alumno/a poda entregar un traballo apto para superar a materia.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation A6 A7 A11 B5 B6 O alumno deberá realizar unha presentación oral dun traballo de investigación en formato póster. Terá un valor do 15% sobre a nota final total, avaliando a organización e información, pronunciación e entonación, vocabulario, dominio do tema e claridade de ideas. 15
Multiple-choice questions A5 A6 A7 A10 B5 O alumno deberá realizar obrigatoriamente exercicios relacionados coa docencia impartida no curso. 10
Objective test A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B5 B6 B7 Farase un exame global da materia. 30
Guest lecture / keynote speech A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B5 B6 B7 O alumno deberá asistir ás clases e seminarios propostos. En caso de que o alumno teña máis de 3 faltas, deberá facer un traballo de investigación máis extenso: < 3 faltas- 20 citas; 4- 6 faltas: 40-citas; 7-9 faltas: 60 citas; >10 faltas: 80 citas. Darase un 5% da nota final a aqueles alumnos con 3 ou menos faltas. 5
Supervised projects A5 A6 A7 A10 A11 B5 B6 B7 O alumno, ao finalizar o curso deberá entregar un traballo de investigación ou de revisión bibliográfica de alta calidade, avaliándose a estrutura e forma do mesmo, o uso de traballos científicos relevantes (mínimo de 20 referencias bibliográficas, das cales ao menos o 80% serán en inglés) e a calidade e innovación do tema proposto. Este traballo terá un valor do 40% sobre a nota final total (10% presentación oral e 30% calidade do traballo).
40
 
Assessment comments

Para superar a materia deberá superarse tanto a proba obxectiva como o traballo tutelado.

O traballo tutelado, é dicir, o 30% da nota total da materia, poderá convalidarse no caso de que o/a alumno/a preparara un artigo científico para publicar nunha revista de prestixio ou ben xa o teña publicado, sobre o que deberá facer unha presentación oral (10%).

TRABALLOS TUTELADOS: Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do alumno do Mestrado cursado.


Sources of information
Basic Mira, J.J., Gómez, J., Aranaz, J. & Pérez, E. (1998). Auditoría de historias clínicas: ¿cuál es el tamaño adecuado de la muestra?. Todo Hospital, 140: 58-64.
Rius, F. & Barón, F.J. (2005). Bioestadística. Madrid: Thomson
García Roldán, J.L. (1995). Cómo elaborar un proyecto de investigación. Alicante: Universidad de Alicante
Hulley, S.B. & Cummings, S.R. (1993). Diseño de la investigación clínica-un enfoque epidemiológico. Barcelona: Doyma
Carrasco, J.L. (1995). El método estadístico en la investigación médica. Madrid: Ciencia 3
Sentís, J., Pardell, H., Cobo, E. & Canela, J. (2003). Manual de bioestadística (3ª ed.). Barcelona: Masson
American Psychological Association (2011). Manual de publicaciones de la APA. México: El Manual Moderno
Lodeiros Seijo, C. (2002). Manual práctico para la redacción y crítica de un artículo científico. Venezuela: Ediciones UDO / Fundacite Anzoategui
Burgos Rodríguez, R. (1998). Metodología de investigación y escritura científica en clínica. Granada: Escuela Andaluza de Salud Pública.
Pita, S. (2015). Metodología de la investigación. Disponible en: http://www.fisterra.com/mbe/investiga/index.asp
Domenech, J.M. (1999). Métodos estadísticos en ciencias de la salud. Barcelona: Signo
Millán Calenti, J.C. (2006). Principios de Gerontología y Geriatría. Madrid: McGraw-Hill Interamericana
Fernández Ríos, L. & Buela-Casal, G. (2009). Standards for the preparation and writing of Psychology review articles. International Journal of Clinical and Health Psychology, 9(2), 29-344.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Master Final Project/653491014
The research project in Gerontology/653491016

Other comments

Libros e manuais adaptados á materia e outras Referencias bibliográficas, medios informáticos e medios audiovisuais

É recomendable o coñecemento de inglés técnico debido a que se precisará ler artigos e traballos científicos en inglés.

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:&nbsp;
a) Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.&nbsp;
b) De realizarse en papel:&nbsp;
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.&nbsp;
- Empregarase papel reciclado.&nbsp;
- Evitarase a realización de borradores.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.