Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Psicoloxía Clínica Código 653491008
Titulación
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Lorenzo López, Laura
Correo electrónico
laura.lorenzo.lopez@udc.es
Profesorado
Buján Mera, Ana
Lorenzo López, Laura
Correo electrónico
ana.bujan@udc.es
laura.lorenzo.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecer os cambios a nivel cognitivo e comportamental que se producen ao longo do ciclo vital e esencialmente durante o avellentamento. Coñecer os patróns de desarrollo normal e patolóxico do avellentamento. Familiarizarse coas probas obxectivas de avaliación máis comunmente aplicadas na avaliación de alteracións psicopatolóxicas e do comportamento. Iniciarse na intervención psicolóxica con persoas maiores. Favorecer a adquisición daqueles coñecementos máis relevantes aportados pola investigación sobre o desarrollo adulto e avellentamento.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Saber valorar de xeito integral ás persoas maiores así como utilizar os resultados da valoración para intervir de acordo ao diagnóstico preestablecido.
A2 Saber diagnosticar a patoloxía máis prevalente nas persoas maiores así como establecer as pautas terapéuticas máis indicadas, tanto desde o punto de vista farmacolóxico como non farmacolóxico.
B1 Estar en disposición de integrarse en equipos de Saúde, centros xerontolóxicos e entidades que prestan servizos dirixidos as persoas maiores.
B3 Ter o coñecemento para denominarse especialista en Xerontoloxía Clínica de acordo á especialidade desenvolvida.
B5 Ser capaz de aplicar o método científico.
B7 Estar en disposición de realizar actividades asistenciais e investigadoras de xeito integral nos campos social, sanitario e sociosanitario.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir habilidades que permitan transferir o coñecemento teórico adquirido ás diferentes situacións reais provenientes dos ámbitos específicos da intervención psicolóxica. AP1
AP2
BP1
CM3
CM4
Aprender a manexar os distintos métodos de avaliación diagnóstica e tratamento psicolóxicos no ámbito aplicado da psicoloxía do avellentamento. AP1
AP2
BM1
Ser capaz de valorar, interpretar e sintetizar adecuadamente a información procedente de técnicas de avaliación e diagnóstico psicolóxico. AP1
AP2
Manexar e desarrollar metodoloxías de intervención específica para a poboación de persoas maiores. BP1
BP3
BI1
Desarrollar habilidades de comunicación terapéuticas aplicables a contextos sociosanitarios con persoas maiores BP1
CM1
CM2
CM3
CM4

Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1. Psicoloxía clínica e avellentamento Tema 1. Introdución á psicoloxía clínica do avellentamento
1.1. Conceptos xerais
1.2. Principais teorías

Tema 2. Metodoloxía en psicoloxía do avellentamento
2.1. Avaliación e diagnóstico psicolóxico
2.2. Intervención e tratamento psicolóxico
2.3. Investigación en psicoloxía clínica
Bloque 2. Cognición e avellentamento Tema 3. Orientación e percepción
3.1. Concepto e neuropsicoloxía da orientación e percepción
3.2. Cambios no avellentamento
3.3. Avaliación
3.4. Intervención

Tema 4. Atención e funcións executivas
4.1. Concepto e neuropsicoloxía da atención e funcións executivas
4.2. Cambios no avellentamento
4.3. Avaliación
4.4. Intervención

Tema 5. Memoria e aprendizaxe
5.1. Concepto e neuropsicoloxía da memoria e aprendizaxe
5.2. Cambios no avellentamento
5.3. Avaliación
5.4. Intervención

Tema 6. Linguaxe e comunicación
6.1. Concepto e neuropsicoloxía da linguaxe e comunicación
6.2. Cambios no avellentamento
6.3. Avaliación
6.4. Intervención
Bloque 3. Psicopatoloxía no avellentamento Tema 7. Trastornos afectivos: ansiedade e depresión
7.1. Concepto
7.2. Epidemioloxía
7.3. Proceso diagnóstico. Principais instrumentos de avaliación
7.4. Tratamento
7.5. Factores de risco de suicidio

Tema 8. Trastornos psicóticos e delirium
8.1. Concepto
8.2. Epidemioloxía
8.3. Proceso diagnóstico. Principais instrumentos de avaliación
8.4. Tratamento

Tema 9. Demencias, deterioro cognitivo e trastornos da conduta
9.1. Concepto/Tipos
9.2. Trastornos psicolóxicos e de conduta
9.3. Tratamento
9.4. Atención psicolóxica ao coidador principal
Bloque 4. Personalidade, adaptación e cambio no avellentamento Tema 10. Personalidade e avellentamento
10.1. Trazos de personalidade
10.2. Teorías das etapas e desenvolvemento persoal
10.3. Trastornos de personalidade

Tema 11. Relacións sociais e sexualidade no avellentamento
11.1. O apoio social no avellentamento
11.2. Relación familiar e cambio de roles
11.3. Mitos e estereotipos sobre sexualidade no avellentamento
11.4. Intervención

Tema 12. Xubilación, morte e dó
12.1. Xubilación: planificación e tempo libre
12.2. Afrontamento da morte
12.3. Etapas do dó
12.4. Apoio psicolóxico en coidados paliativos

Tema 13. Promoción da saúde e avellentamento activo
13.1. Percepción da saúde
13.2. Promoción da saúde e prevención da enfermidade
13.3. Programas de promoción do avellentamento activo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 B1 B3 B7 28 56 84
Obradoiro A2 A1 B1 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C4 10 6 16
Traballos tutelados B7 B5 C1 C2 C3 C4 4 22 26
Proba de resposta múltiple A1 A2 B1 B3 B5 B7 C4 2 20 22
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte das profesoras da materia, guiada por medios audiovisuais para transmitir coñecementos xerais sobre o temario. Terán lugar os mércores de 16:00 a 18:00.
Obradoiro O alumnado desenvolverá tarefas eminentemente prácticas (tanto na clase como na casa) sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado: Estudo de casos clínicos, debate e discusión de contidos específicos da materia, revisión e análise de artigos científicos seleccionados polas profesoras e relacionados co temario.
Traballos tutelados O alumno realizará un traballo (experimental ou teórico) relacionado co temario baixo a tutela das profesoras. Independentemente do tipo de traballo seleccionado (experimental ou teórico) sempre implicará a revisión de artigos científicos (en español e inglés) sobre o tema, e unha valoración crítica dos mesmos. Ademais os traballos deberán expoñerse na clase co apoio de medios audiovisuais.
Proba de resposta múltiple Proba cuatrimestral escrita que constará de 40 preguntas con 4 opcións de resposta.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
A titorización de traballos tutelados e exercicios requeridos nos obradoiros poderase realizar nos horarios de titorías ou mediante correo electrónico: laura.lorenzo.lopez@udc.es, ana.bujan@udc.es.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B7 B5 C1 C2 C3 C4 Avaliarase a capacidade de síntese e valoración crítica do tema estudado, ademais do contido e formato do traballo, e a súa exposición oral. A cualificación do traballo tutelado contribuirá ao 50% da cualificación total da materia. 50
Proba de resposta múltiple A1 A2 B1 B3 B5 B7 C4 Exame tipo test composto por 40 preguntas con 4 opcións de resposta sendo unicamente unha resposta correcta. As preguntas mal contestadas restarán 0,33 puntos sobre as correctas, non restando as non contestadas. Exemplo: 30 ben, 4 mal e 6 non contestadas, a puntuación unha vez restadas as incorrectas será 30-(4*0,33)=28,68; Puntuación final=(28,68*10)/40=7,17. Esta cualificación contribuirá ao 30% da cualificación total da materia. 30
Obradoiro A2 A1 B1 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C4 Avaliarase a participación activa e con aproveitamento, a capacidade de resolución de casos e a capacidade de traballo en equipo. Esta cualificación contribuirá ao 20% da cualificación total da materia. 20
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Belsky, J.K. (2001). Psicología del Envejecimeinto. Paraninfo. Madrid.

Fernandez-Ballesteros, R. (2007). GeroPsychology. European Perspectives for an Aging World. Hogrefe. Washington.

Fernandez-Ballesteros, R. (2009). Psicología de la vejez. Una psicogerontología aplicada. Pirámide. Madrid.

Fernández Liria, A., Rodríguez Vega, B. (2006). Habilidades de entrevista para psicoterapeutas. Desclée. Bilbao.

Izal, M., Montorio, I. (1999). Gerontología Conductual. Bases para la intervención y ámbitos de aplicación. Editorial Síntesis. Madrid.

Montorio, I., Izal, M. (2000). Intervención psicológica en la vejez. Aplicaciones en el ámbito clínico y de la salud. Sintesis. Madrid.

Muñoz Tortosa., J. (2002). Psicología del envejecimiento. Pirámide. Madrid.

Triadó, C., Villar, F. (2006). Psicología de la vejez. Alianza Editorial. Madrid.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías