Identifying Data 2020/21
Subject (*) Master Final Project Code 653491014
Study programme
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
Second Obligatory 15
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Psicoloxía
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinador
E-mail
Lecturers
Balo García, Aránzazu
Castro Iglesias, Maria Angeles
González-Abraldes Iglesias, Isabel
Lodeiro Fernández, Leire
Lorenzo López, Laura
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Millan Calenti, Jose Carlos
Pérez Fontán, Miguel
Rodriguez-Villamil Fernandez, Jose Luis
E-mail
aranzazu.balo@udc.es
angeles.castro.iglesias@udc.es
i.gonzalez-abraldes@udc.es
leire.lodeiro@udc.es
laura.lorenzo.lopez@udc.es
ana.maseda@udc.es
jose.millan.calenti@udc.es
miguel.perez.fontan@udc.es
jose.luis.rodriguez-villamil@udc.es
Web http://http://gerontologia.udc.es
General description Mediante o Traballo Fin de Mestrado o alumno tratará de acreditar as competencias adquiridas durante a realización do postgrao oficial.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Study programme competencies
Code Study programme competences
A5 Saber realizar procuras en bases de datos científicas, así como aplicar os resultados das mesmas na consecución de proxectos de investigación.
A6 Adquirir as competencias necesarias para aplicar o método científico no desenvolvemento de proxectos.
A7 Ter os coñecementos suficientes para incorporarse como investigador en actividades de I+D+i.
A8 Coñecer as diferentes convocatorias públicas e privadas para a consecución de financiamento e estar en condicións de elaborar un proxecto.
A9 Incorporarse como xestor de proxectos a entidades de I+D+i.
A10 Saber analizar os resultados obtidos na actividade profesional a fin de poder integralos en liñas de investigación e dentro delas, en proxectos do eido da Xerontoloxía e a Xeriatría.
A11 Saber difundir os resultados obtidos na actividade asistencial a través das diferentes fontes de información xerontolóxicas e xeriátricas.
B5 Ser capaz de aplicar o método científico.
B6 Ser capaz de incorporarse a calquera equipo de I+D+i.
B7 Estar en disposición de realizar actividades asistenciais e investigadoras de xeito integral nos campos social, sanitario e sociosanitario.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Que o alumno sexa capaz de aplicar os seus coñecementos teóricos e referidos á investigación na realización dun traballo, que aplicando o método científico, aporte indicios de calidade ao saber xerontolóxico AR1
AR2
AR3
AR4
AR5
AC1
AC2
BR1
BR2
BC1
CC1
CC2
CC3
CC4
CC5
CC6
CC7
CC8
Coñecer o método para a presentación de traballos orais ante tribunais AC2
BR1
CC1
CC2
CC4
CC5
CC7
Coñecer a metodoloxía para a elaboración de presentacións multimedia para a presentación de traballos científicos AC1
AC2
BR1
CC1
CC2
CC3
CC6
CC8

Contents
Topic Sub-topic
Traballo Fin do Mestrado Elaboración de acordo ás normas publicadas pola Facultade de Ciencias da Saúde e o propio MIX sobre memorias Fin de Mestrado.
Contidos O Traballo consistirá na elaboración e presentación pública dunha investigación levada a cabo polo estudante na que se fará especial fincapé na aplicación de devandita investigación ao campo da xerontoloxía e a xeriatría. A comisión avaliadora prestará especial consideración á presentación e á exposición do informe final de investigación.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Document analysis A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 12 120 132
Oral presentation A11 C1 C2 1 10 11
Supervised projects A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 C1 C2 10 200 210
 
Personalized attention 22 0 22
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Document analysis Selección bibliográfica relativa ao tema de estudo. Polo menos o 80% dos traballos que xustifiquen o interese da súa investigación han de ser de calidade científica, en inglés e incluídos en bases de datos bibliográficas como Medline.
Oral presentation O traballo deberá de expoñerse e defenderse ante un tribunal que será nomeado pola Comisión Académica do Máster. Devandito tribunal estará formado por tres profesores/doutores do equipo docente do título. Para a avaliación do Traballo terase en conta o informe presentado, a presentación pública e as respostas ás preguntas do tribunal. Valorarase especialmente o rigor científico, a consistencia do proceso desenvolvido e as súas achegas orixinais. O acto de lectura e defensa terá lugar en sesión pública durante o período lectivo do curso académico e será convocado polo/a presidente/a do tribunal e feito público nos taboleiros do Centro. Terminada a defensa do Traballo cada membro do tribunal formulará por escrito unha valoración sobre o mesmo, de acordo ás competencias alcanzadas e definidas, tanto xenéricas como transversais, no título.
De acordo co artigo 5 do RD 1125/2003, o tribunal outorgará unha cualificación cuantitativa e outra cualitativa que recollerán a cualificación de "suspenso" (de 0 a 4,9), "aprobado" (de 5 a 6,9), "notable" (de 7 a 8,9) ou "sobresaínte" (de 9 a 10).
O tribunal poderá outorgar a cualificación de "matrícula de honor" se a cualificación global é de sobresaínte e emitise, en tal sentido, o voto favorable de todos os seus membros, tendo en conta a normativa de cada Universidade neste sentido.
Supervised projects O Traballo consistirá na elaboración e presentación pública dunha investigación levada a cabo polo estudante na que se fará especial fincapé na aplicación de devandita investigación ao campo da xerontoloxía e a xeriatría. A comisión avaliadora prestará especial consideración á presentación e a exposición do informe final de investigación.
Para que unha proposta se considere aceptada e o estudante poida proceder ao seu desenvolvemento e elaboración, o estudante deberá presentar, antes da finalización do segundo cuatrimestre, ante a Comisión Académica do Máster e a través do rexistro do centro, unha proposta do Traballo que pretende desenvolver, incluíndo os seguintes elementos:
- Resumo, máximo mil palabras, do contido do proxecto (antecedentes, obxectivos e hipótese da investigación, metodoloxía a empregar no Traballo).
- Esquema ou índice xeral (posible estrutura en capítulos e principais epígrafes do Traballo que se vaia a realizar).
- Selección bibliográfica relativa ao tema de estudo. Polo menos o 80% dos traballos que xustifiquen o interese da súa investigación han de ser de calidade científica, en inglés e incluídos en bases de datos bibliográficas como Medline.
- Firma do profesor titor e do estudante.
Unha vez dado o visto bo por parte da Comisión e do titor da proposta presentada, o alumno procederá ao desenvolvemento do Traballo final. Unha vez finalizado e de acordo aos prazos establecidos, o alumno deberá enviar unha copia en formato dixital a través da plataforma Moodle ao coordinador do Máster ou á dirección do correo electrónico admongig@udc.es, neste caso con acuse de recibo. Poderase entregar (optativo) unha copia do traballo en formato impreso na secretaría da Facultade de Ciencias da Saúde. Ambas copias deberán levar o visto bo do director do traballo. Os Traballos Fin de Máster poderán ser dirixidos por varios profesores. Neste caso o informe deberá ir avalado por todos eles.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Document analysis
Oral presentation
Description
O Traballo Fin de Máster (15 ECTS) ten como finalidade a acreditación de que o estudante adquiriu os coñecementos e competencias asociados ao título de Mestrado Universitario en Xerontoloxía. Aínda que a súa orixe virá determinado desde a materia de Metodoloxía da Investigación, será realizado polo estudante ao longo do terceiro cuatrimestre baixo a dirección dun profesor titor-Doutor que se asignará en función da coincidencia de intereses de investigación.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 C1 C2 Para a avaliación do Traballo terase en conta o informe presentado, a presentación pública e as respostas ás preguntas do tribunal. Valorarase especialmente o rigor científico, a consistencia do proceso desenvolvido e as súas achegas orixinais. O acto de lectura e defensa terá lugar en sesión pública durante o período lectivo do curso académico e será convocado polo/a presidente/a do tribunal e feito público nos taboleiros do Centro. Terminada a defensa do Traballo cada membro do tribunal formulará por escrito unha valoración sobre o mesmo, de acordo ás competencias alcanzadas e definidas, tanto genéricas como transversales, no título.
De acordo co artigo 5 do RD 1125/2003, o tribunal outorgará unha cualificación cuantitativa e outra cualitativa que recollerán a cualificación de "suspenso" (de 0 a 4,9), "aprobado" (de 5 a 6,9), "notable" (de 7 a 8,9) ou "sobresaínte" (de 9 a 10).
O tribunal poderá outorgar a cualificación de "matrícula de honor" se a cualificación global é de sobresaínte e emitise, en tal sentido, o voto favorable de todos os seus membros, tendo en conta a normativa de cada Universidade neste sentido.
50
Document analysis A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Para a avaliación do Traballo terase en conta o informe presentado en formato escrito. Valorarase especialmente o rigor científico, a consistencia do proceso desenvolvido e as súas achegas orixinais. 25
Oral presentation A11 C1 C2 O estudante deberá expoñer o Traballo e defendelo ante un tribunal que será nomeado pola Comisión Académica do Mestrado. Devandito tribunal estará formado por tres profesores/doutores do equipo docente do título 25
 
Assessment comments

TRABALLOS TUTELADOS: Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do alumno do Mestrado cursado.


Sources of information
Basic
As propias do tipo de traballo realizado e as recomendadas polos Doutores-Titores
Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Research Methodology in Gerontology/653491004
The research project in Gerontology/653491016

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
TRABALLO FIN DE MESTRADO: Para defender o TFM o alumno deberá ter previamente superados 75 ECTS que inclúan todas as materias obligatorias. Lectura e comprensión idioma inglés en traballos científicos. Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción dotraballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidadenunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do/a alumno/a do título cursado. GREEN CAMPUS: Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)" os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.