Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) O proxecto de investigación en Xerontoloxía Código 653491016
Titulación
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Correo electrónico
ana.maseda@udc.es
Profesorado
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Correo electrónico
ana.maseda@udc.es
Web http://http://gerontologia.udc.es
Descrición xeral Esta materia abordará a metodoloxía necesaria para desenvolver proxectos de I+D+i para a procura de financiamento público e/ou privado a nivel rexional, estatal ou internacional para a realización de investigación. Farase fincapé nos termos a coñecer para a petición de axudas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Saber realizar procuras en bases de datos científicas, así como aplicar os resultados das mesmas na consecución de proxectos de investigación.
A6 Adquirir as competencias necesarias para aplicar o método científico no desenvolvemento de proxectos.
A7 Ter os coñecementos suficientes para incorporarse como investigador en actividades de I+D+i.
A8 Coñecer as diferentes convocatorias públicas e privadas para a consecución de financiamento e estar en condicións de elaborar un proxecto.
A9 Incorporarse como xestor de proxectos a entidades de I+D+i.
A10 Saber analizar os resultados obtidos na actividade profesional a fin de poder integralos en liñas de investigación e dentro delas, en proxectos do eido da Xerontoloxía e a Xeriatría.
B5 Ser capaz de aplicar o método científico.
B6 Ser capaz de incorporarse a calquera equipo de I+D+i.
B7 Estar en disposición de realizar actividades asistenciais e investigadoras de xeito integral nos campos social, sanitario e sociosanitario.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento do deseño dos proxectos de investigación AI1
AI2
AI3
AI4
AI5
BI1
BI2
Coñecemento das diferentes institucións avaliadoras e fontes de financiamento AI4
AI5
BI2
Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos á práctica AI3
AI4
AI5
AM1
BI1
BI2
BM1
Desenvolver habilidades de aprendizaxe para emprender estudos e investigacións na área da xerontoloxía, con capacidade para deseñar e estruturar un proxecto de investigación. AI1
AI3
AI5
AM1
BI2
BM1

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. I+D+i. Proxectos e financiamento 1.1. Proxectos
1.2. Financiamento e institucións avaliadoras
1.3. Definición de termos básicos
TEMA 2. Identificación do problema e/ou necesidade nun proxecto de I+D+i 2.1 Título do proxecto
2.2 Formulación do problema
2.3 Xustificación da investigación
2.4 Obxectivos da investigación
TEMA 3. Marco de referencia 3.1 Estado da arte. Antecedentes do problema
3.2 Elaboración de hipóteses
3.3 Identificación de variables
TEMA 4. Metodoloxía 4.1. Aspectos metodolóxicos
TEMA 5. Redacción de tarefas. Cronograma 5.1. Redacción de tarefas
5.2. Cronograma
TEMA 6. Recursos materiais e humanos 6.1. Recursos materiais
6.2. Recursos humanos
TEMA 7. Elaboración do orzamento 7.1. Orzamentos
TEMA 8. Transferencia do coñecemento 1.1. O proceso de transferencia de coñecemento
1.2. OTRI
1.3. Spin off

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A6 A7 A8 A9 A10 B5 B6 B7 16 4 20
Presentación oral A5 A6 A7 A8 A9 A10 B5 B6 B7 4 17 21
Traballos tutelados A5 A6 A7 A8 A9 A10 B5 B6 B7 2 30 32
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensinanza-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a prendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensinanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-tutor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
Axuda na solución de problemas formulados polas distintas actividades, aclaración da comprensión da temática da materia...

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A5 A6 A7 A8 A9 A10 B5 B6 B7 Valorarase a organización e información, pronunciación e entonación, vocabulario, dominio do tema e claridade de ideas durante a presentación da temática proposta. Defenderase un proxecto de investigación en grupo. 45
Traballos tutelados A5 A6 A7 A8 A9 A10 B5 B6 B7 O alumno deberá facer un proxecto de investigación que será avaliado polo profesor. 50
Sesión maxistral A5 A6 A7 A8 A9 A10 B5 B6 B7 O alumno deberá asistir ás clases maxistrais. 5
 
Observacións avaliación

TRABALLOS TUTELADOS: Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada(0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. Encaso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua doalumno do Mestrado cursado.


Fontes de información
Bibliografía básica

• Booth, W.C., Coloma, G.G. & Williams, J.M. (2001) Cómo convertirse en un hábil investigador. Barcelona: Ed. Gedisa.

• Burgos Rodríguez, R. (1998) Metodología de investigación y escritura científica en clínica. Granada: Escuela Andaluza de Salud Pública.

• García Roldán, J.L. (1995) Cómo elaborar un proyecto de investigación. Alicante: Universidad de Alicante.

• Orna, E. & Graham, S. (2001) Cómo usar la información en trabajos de investigación. Barcelona: Gedisa.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía/653491004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Manexo de Bases de datos.

Coñecemento do idioma Inglés para poder ler textos científicos para a realización do estado da arte.

- Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a) Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b) De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías