Identifying Data 2020/21
Subject (*) The research project in Gerontology Code 653491016
Study programme
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optional 3
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinador
Maseda Rodríguez, Ana Belén
E-mail
ana.maseda@udc.es
Lecturers
Maseda Rodríguez, Ana Belén
E-mail
ana.maseda@udc.es
Web http://http://gerontologia.udc.es
General description Esta materia abordará a metodoloxía necesaria para desenvolver proxectos de I+D+i para a procura de financiamento público e/ou privado a nivel rexional, estatal ou internacional para a realización de investigación. Farase fincapé nos termos a coñecer para a petición de axudas.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Presentación oral
- Traballos tutelados
*Metodoloxías docentes que se modifican
As clases maxistrais pasarán a darse de forma virtual a través da plataforma de Microsoft Teams. As presentacións orais por parte dos alumnos faranse tamén a través de Teams. A atención personalizada para a titorización dos traballos tutelados farase mediante Microsoft Teams, Moodle e por correo electrónico.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos temas” da materia, para formular as consultas necesarias.
– Teams: 1 sesión semanal en grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. 1 sesión mensual (ou mais segundo o demande o alumnado), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
- En caso de que o alumnado teña problemas de conexión a internet poderase utilizar a vía telefónica.

4. Modificacións na avaliación
Mantéñense as porcentaxes da avaliación, especificadas na guía docente, realizando a presentación oral do traballo tutelado por parte do alumnado mediante Microsoft Teams.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que se realizarán respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial e a partir de aí considerarase a asistencia ás clases virtuais no horario establecido previamente co alumnado.
- En caso de ser preciso, a oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a 1ª oportunidade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A5 Saber realizar procuras en bases de datos científicas, así como aplicar os resultados das mesmas na consecución de proxectos de investigación.
A6 Adquirir as competencias necesarias para aplicar o método científico no desenvolvemento de proxectos.
A7 Ter os coñecementos suficientes para incorporarse como investigador en actividades de I+D+i.
A8 Coñecer as diferentes convocatorias públicas e privadas para a consecución de financiamento e estar en condicións de elaborar un proxecto.
A9 Incorporarse como xestor de proxectos a entidades de I+D+i.
A10 Saber analizar os resultados obtidos na actividade profesional a fin de poder integralos en liñas de investigación e dentro delas, en proxectos do eido da Xerontoloxía e a Xeriatría.
B5 Ser capaz de aplicar o método científico.
B6 Ser capaz de incorporarse a calquera equipo de I+D+i.
B7 Estar en disposición de realizar actividades asistenciais e investigadoras de xeito integral nos campos social, sanitario e sociosanitario.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecemento do deseño dos proxectos de investigación AR1
AR2
AR3
AR4
AR5
BR1
BR2
Coñecemento das diferentes institucións avaliadoras e fontes de financiamento AR4
AR5
BR2
Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos á práctica AR3
AR4
AR5
AC1
BR1
BR2
BC1
Desenvolver habilidades de aprendizaxe para emprender estudos e investigacións na área da xerontoloxía, con capacidade para deseñar e estruturar un proxecto de investigación. AR1
AR3
AR5
AC1
BR2
BC1

Contents
Topic Sub-topic
TEMA 1. I+D+i. Proxectos e financiamento 1.1. Proxectos
1.2. Financiamento e institucións avaliadoras
1.3. Definición de termos básicos
TEMA 2. Identificación do problema e/ou necesidade nun proxecto de I+D+i 2.1 Título do proxecto
2.2 Formulación do problema
2.3 Xustificación da investigación
2.4 Obxectivos da investigación
TEMA 3. Marco de referencia 3.1 Estado da arte. Antecedentes do problema
3.2 Elaboración de hipóteses
3.3 Identificación de variables
TEMA 4. Metodoloxía 4.1. Aspectos metodolóxicos
TEMA 5. Redacción de tarefas. Cronograma 5.1. Redacción de tarefas
5.2. Cronograma
TEMA 6. Recursos materiais e humanos 6.1. Recursos materiais
6.2. Recursos humanos
TEMA 7. Elaboración do orzamento 7.1. Orzamentos
TEMA 8. Transferencia do coñecemento 1.1. O proceso de transferencia de coñecemento
1.2. OTRI
1.3. Spin off

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A5 A6 A7 A8 A9 A10 B5 B6 B7 16 4 20
Oral presentation A5 A6 A7 A8 A9 A10 B5 B6 B7 4 17 21
Supervised projects A5 A6 A7 A8 A9 A10 B5 B6 B7 2 30 32
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Oral presentation Intervención inherente aos procesos de ensinanza-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a prendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensinanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-tutor.

Personalized attention
Methodologies
Oral presentation
Supervised projects
Guest lecture / keynote speech
Description
Axuda na solución de problemas formulados polas distintas actividades, aclaración da comprensión da temática da materia...

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation A5 A6 A7 A8 A9 A10 B5 B6 B7 Valorarase a organización e información, pronunciación e entonación, vocabulario, dominio do tema e claridade de ideas durante a presentación da temática proposta. Defenderase un proxecto de investigación en grupo. 45
Supervised projects A5 A6 A7 A8 A9 A10 B5 B6 B7 O alumno deberá facer un proxecto de investigación que será avaliado polo profesor. 50
Guest lecture / keynote speech A5 A6 A7 A8 A9 A10 B5 B6 B7 O alumno deberá asistir ás clases maxistrais. 5
 
Assessment comments

TRABALLOS TUTELADOS: Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada(0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. Encaso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua doalumno do Mestrado cursado.


Sources of information
Basic

• Booth, W.C., Coloma, G.G. & Williams, J.M. (2001) Cómo convertirse en un hábil investigador. Barcelona: Ed. Gedisa.

• Burgos Rodríguez, R. (1998) Metodología de investigación y escritura científica en clínica. Granada: Escuela Andaluza de Salud Pública.

• García Roldán, J.L. (1995) Cómo elaborar un proyecto de investigación. Alicante: Universidad de Alicante.

• Orna, E. & Graham, S. (2001) Cómo usar la información en trabajos de investigación. Barcelona: Gedisa.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Research Methodology in Gerontology/653491004

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Manexo de Bases de datos.

Coñecemento do idioma Inglés para poder ler textos científicos para a realización do estado da arte.

- Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a) Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b) De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.