Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Inglés II Código 653491020
Titulación
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Floyd Moore, Alan
Correo electrónico
alan.floyd@udc.es
Profesorado
Floyd Moore, Alan
Correo electrónico
alan.floyd@udc.es
Web http://gerontologia.udc.es/docenciaL/postgrado_oficial/ingles1.php
Descrición xeral Esta materia pretende cubrir as necesidades dos profesionais da saúde cuxa especialidade se relaciona coas persoas maiores, en canto ao seu contacto coa lingua inglesa, sexa con textos escritos ou con situacións onde necesitan falar e entender inglés. Trata tamén algunhas cuestións teóricas relacionadas co léxico e a sintaxe.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Saber realizar procuras en bases de datos científicas, así como aplicar os resultados das mesmas na consecución de proxectos de investigación.
A7 Ter os coñecementos suficientes para incorporarse como investigador en actividades de I+D+i.
A11 Saber difundir os resultados obtidos na actividade asistencial a través das diferentes fontes de información xerontolóxicas e xeriátricas.
B6 Ser capaz de incorporarse a calquera equipo de I+D+i.
B7 Estar en disposición de realizar actividades asistenciais e investigadoras de xeito integral nos campos social, sanitario e sociosanitario.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Os alumnos deberían poder ler e entender textos escritos e falados en inglés de nivel relativamente avanzado que traten de temas relacionados co campo da Xerontoloxía. AI1
AM2
BM1
CM2
CM3
CM4
CM6
CM8
Os alumnos deberían poder producir oralmente e de forma escrita textos de nivel pos-intermedio acerca da xerontoloxía, e resumir textos e artigos. CM1
CM2
CM3
Os alumnos deberían poder falar con certa facilidade acerca de temas relacionados coa xerontoloxía en situacións cotiás, cos compañeiros de traballo ou con pacientes. AI1
CM2
Os alumnos deberían poder realizar presentacións orais de nivel pos-intermedio en inglés relacionadas co campo da Xerontoloxía. AI3
BI2
CM2

Contidos
Temas Subtemas
Introducción. O Inglés na Xerontoloxía Características léxicas e sintácticas (nivel intermedio).
Tempos e formas verbais.
"Unha Persoa Maior que axudo a tratar": Práctica en composicións. Análise e corrección de erros.
O exercicio e a vellez Comprensión aural de textos audiovisuais co tema do exercicio.
Práctica en presentacións e composicións. Estratexias na realización de presentacións.
Secretos dunha Larga Vida A xenética, estilo de vida e factores ambientais.
O traballo en equipo: Texto (lectura e preguntas):"Geriatric Interdisciplinary teams".
Unha cuestión de idade. A colocación e os tempos na vida das persoas maiores.
Os coidados familiares e profesionais.
Residencias e coidados no fogar. Discusión en grupos: "A Question of Age"
O tratamento das Persoas Maiores: a medicación. As tarefas, a medicación e a sobremedicación.
Características léxicas e sintácticas (nivel intermedio), segunda parte.
A Vellez e o Cerebro. A Demencia e a Enfermidade de Alzheimer: un problema global crecente. Situacións e Problemas prácticos. (Segunda parte)
Cando porlle fin á vida? Re-considerando o final da vida. A morte e o final da vida; Cambios necesarios na nosa forma de pensar acerca do final da vida; Coidados paliativos; A eutanasia e outras cuestións éticas e prácticas. Gramática: maneiras de expresar o futuro.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas C2 0 8 8
Aprendizaxe colaborativa B6 B7 C2 3 0 3
Presentación oral C2 C3 C6 8 10 18
Proba obxectiva A5 A7 0 6 6
Sesión maxistral C4 C8 10 10 20
Portafolios do alumno A11 C1 C2 0 13 13
Traballos tutelados A11 C2 C3 C6 C8 0 6 6
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Artigos, textos e diversos 'hand outs' ao longo do curso. Vídeos e outros materiais audiovisuais.
Aprendizaxe colaborativa Traballo colaborativo en parellas ou grupos, co uso de TIC's cando sexa necesario.
Presentación oral Presentacións en clase, sen utilizar apuntamentos escritos, apoiadas por PowerPoint ou similar. Un ensaio durante o curso: a presentación final terá lugar cara ao final do cuadrimestre. Estrutura: TÍTULO, CONTIDO, CORPO DA PRESENTACIÓN, RESUMO E CONCLUSIÓN.
Proba obxectiva Exame escrito que pode incluír exercicios, composicións, comentarios acerca de textos escritos (reading comprehension). Proba de audición.
Sesión maxistral Clases semanais impartidas por ambos os profesores.
Portafolios do alumno Traballos escritos en casa, asistencia e participación.
Traballos tutelados Traballo escrito, (para ver detalles: "Atención Personalizada")

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Traballo escrito, con seguimento do profesor titular da materia. Consiste nun traballo escrito de 12 páxinas, Times New Roman 12, dobre espazo. Tema no campo da xeriatría e xerontoloxía. Os alumnos poden elixir o título, pero débese consultar co profesor encargado da materia antes de realizar o traballo.
Este traballo probablemente será a base da presentación, a menos que se pida permiso expresamente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A11 C1 C2 Outros traballos realizados ao longo do curso para ambos os profesores. Participación e asistencia. 20
Presentación oral C2 C3 C6 Presentación en clase, cara ao final de cuadrimestre, utilizando un software específico do tipo Power Point ou Prezi. O tema será algo relacionado coa especialidade da xerontoloxía, elixido polo propio alumno. 25
Traballos tutelados A11 C2 C3 C6 C8 Traballo fin de materia (para detalles, ver "atención personalizada") 25
Proba obxectiva A5 A7 Exame escrito: lectura con preguntas e comentario, exercicios, redacción, etc. 30
 
Observacións avaliación

O profesor, en contacto cos alumnos, poderá considerar situacións especiais, referidas á participación dos alumnos en clase,á porcentaxe das probas realizadas e á realización do resto das probas finais. Oportunidad de xullo: Os alumnos que non cumpliron as esixencias da sección "participación e asistencia" terán que realizar unha composición, suxo contido terán que consultar có profesor. Máis, aparte diso, os criterios de avaliación serán os mesmos que nas probas ordinarias.


Fontes de información
Bibliografía básica Grice, Tony (2007). Nursing 1 (Students' book) . Oxford University Press ISBN: 978-0-19-456977-4
NON HAI UN LIBRO QUE SE TEÑA QUE COMPRAR OBRIGATORIAMENTE. O LIBRO DE GRICE PODE SER ÚTIL Á HORA DE REPASAR E PREPARAR A MATERIA. Os LIBROS DA LISTA QUE VÉN A CONTINUACIÓN PODEN SER ÚTILES PARA CONSULTA Ou PREPARACIÓN. MOITOS DISTOS ESTÁN NA BIBLIOTECA DO CAMPUS DE OZA.

Baker, Ann. Introducing english pronunciation a teacher’s guide to: tree or three? and ship or sheep? Cambridge [etc.]: Cambridge University Press, 1982.
Birren, James E. Encyclopedia of gerontology. 2nd ed. Oxford: Elsevier, 2007.
Bond, John. Ageing in society an introduction to social gerontology. 2nd ed. London: Sage, 1994.

Bradley, Robin A. English for nursing and health care a course in general and professional English. Milano: McGraw-Hill, 2005.
Brocklehurst·s textbook of geriatric medicine and gerontology. 6th edition. London: Churchill Livingstone, 2003.
Diccionario de términos y frases médicas inglés-español, español-inglés. Madrid: Paraninfo, 1996.
Edo Marzá, Nuria. English for patient-administration and non-clinical hospital staff. Alcalá la Real (Jaén): Formación Alcalá, 2011.
Fitzgerald, Patrick. English for medicine in higher education studies: coursebook. Reading, UK: Garnet Education, 2010.
Greenhalgh, Trisha. English for physicians english for medical conferences & presentations = inglés para médicos: inglés para congresosy presentaciones médicas. Madrid: Churchill Livingstone España, 1995.
Moody, Harry R. Aging: concepts and controversies. 6th ed. Thousand Oaks (California): Pine Forge Press, 2010.
Worsfold, Brian. Acculturating age: approaches to cultural gerontology. Lleida: Edicions i Publicacions de la Universitat de Lleida, 2011. Print. Dedal-Lit (Universitat de Lleida) 7.


Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Inglés I/653491019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías