Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Inglés II Código 653491020
Titulación
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Floyd Moore, Alan
Correo electrónico
alan.floyd@udc.es
Profesorado
Floyd Moore, Alan
Correo electrónico
alan.floyd@udc.es
Web http://gerontologia.udc.es/docenciaL/postgrado_oficial/ingles1.php
Descrición xeral Esta materia pretende cubrir as necesidades dos profesionais da saúde cuxa especialidade se relaciona coas persoas maiores, en canto ao seu contacto coa lingua inglesa, sexa con textos escritos ou con situacións onde necesitan falar e entender inglés. Trata tamén algunhas cuestións teóricas relacionadas co léxico e a sintaxe.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Ningunha
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican
Portafolios do alumno: Eliminación de "asistencia e participación"
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. Sustituense as sesións presenciais por virtuais.

4. Modificacións na avaliación
Portafolio do alumno: Eliminase "asistencia e participación". Dase máis peso aos traballos realizados ao longo do curso.
*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Saber realizar procuras en bases de datos científicas, así como aplicar os resultados das mesmas na consecución de proxectos de investigación.
A7 Ter os coñecementos suficientes para incorporarse como investigador en actividades de I+D+i.
A11 Saber difundir os resultados obtidos na actividade asistencial a través das diferentes fontes de información xerontolóxicas e xeriátricas.
B6 Ser capaz de incorporarse a calquera equipo de I+D+i.
B7 Estar en disposición de realizar actividades asistenciais e investigadoras de xeito integral nos campos social, sanitario e sociosanitario.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Os alumnos deberían poder ler e entender textos escritos e falados en inglés de nivel relativamente avanzado que traten de temas relacionados co campo da Xerontoloxía. AI1
AM2
BM1
CM2
CM3
CM4
CM6
CM8
Os alumnos deberían poder producir oralmente e de forma escrita textos de nivel medio acerca da xerontoloxía. CM1
CM2
CM3
Os alumnos deberían poder falar con certa facilidade acerca de temas relacionados coa xerontoloxía en situacións cotiás, cos compañeiros de traballo ou con pacientes. AI1
CM2
Os alumnos deberían poder realizar presentacións orais de nivel medio en inglés relacionadas co campo da Xerontoloxía. AI3
BI2
CM2

Contidos
Temas Subtemas
Introducción. O Inglés na Xerontoloxía Características léxicas e sintácticas (nivel intermedio).
Tempos e formas verbais.
"Unha Persoa Maior que axudo a tratar": Práctica en composicións. Análise e corrección de erros.
O exercicio e a vellez Comprensión aural de textos audiovisuais co tema do exercicio.
Práctica en presentacións e composicións. Estratexias na realización de presentacións.
Secretos dunha Larga Vida A xenética, estilo de vida e factores ambientais.
O traballo en equipo: Texto (lectura e preguntas):"Geriatric Interdisciplinary teams".
Unha cuestión de idade. A vida das persoas maiores.
Os coidados familiares e / ou profesionais.
Residencias e coidados no fogar familiar.
Discusión: "A Question of Age": Onde debería vivir as persoas maiores?
A robótica e o coidado dos maiores
O tratamento das Persoas Maiores: a medicación. As tarefas, a medicación e a sobremedicación.
Características léxicas e sintácticas (nivel intermedio), segunda parte.
Tratamentos alternativos (herbas, acupuntura, homeopatía, ect)
A Vellez e o Cerebro. A Demencia e a Enfermidade de Alzheimer: un problema global crecente. Situacións e Problemas prácticos. (Segunda parte)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas C2 0 8 8
Aprendizaxe colaborativa B6 B7 C2 3 0 3
Presentación oral C2 C3 C6 8 10 18
Sesión maxistral C4 C8 10 10 20
Portafolios do alumno A5 A7 A11 C1 C2 0 16 16
Traballos tutelados A11 C2 C3 C6 C8 0 9 9
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Artigos, textos e diversos 'hand outs' ao longo do curso. Vídeos e outros materiais audiovisuais.
Aprendizaxe colaborativa Traballo colaborativo, co uso de TIC's cando sexa necesario.
Presentación oral Presentacións en clase, sen utilizar apuntamentos escritos, apoiadas por PowerPoint ou similar. Un ensaio durante o curso: a presentación final terá lugar cara ao final do cuadrimestre. Posible estrutura (opcional): TÍTULO, CONTIDO, CORPO DA PRESENTACIÓN, RESUMO E CONCLUSIÓNS.
Sesión maxistral Clases semanais impartidas polo profesor titular.
Portafolios do alumno Traballos escritos en casa, asistencia e participación.
Traballos tutelados Traballo escrito, (para os detalles: ver Atención Personalizada)

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Traballo escrito, con seguimento do profesor titular da materia. Consiste nun traballo escrito de 6 - 7 páxinas, Times New Roman 12, dobre espazo. Tema no campo da xeriatría e xerontoloxía. Os alumnos poden elixir o título, pero débese consultar co profesor encargado da materia antes de realizar o traballo. Os profesores dispoñen do programa informático "Turnitin" que axuda a evitar o plaxio.
Este traballo probablemente será a base da presentación, a menos que se pida permiso expresamente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A5 A7 A11 C1 C2 Outros traballos realizados ao longo do curso. Participación e asistencia. 30
Presentación oral C2 C3 C6 Presentación, cara ao final de cuadrimestre, utilizando un software específico do tipo Power Point, Prezi ou similar. O tema será algo relacionado coa especialidade da xerontoloxía, elixido polo propio alumno. 30
Traballos tutelados A11 C2 C3 C6 C8 Traballo fin de materia (para detalles, ver "atención personalizada")
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar en formato virtual ou soporte informático.
40
 
Observacións avaliación

O profesor, en contacto cos alumnos, poderá considerar situacións especiais, referidas á participación dos alumnos en clase, á porcentaxe das probas realizadas e á realización do resto das probas finais. Segunda oportunidade: Os alumnos que non cumpliron as esixencias da sección "participación e asistencia" terán que realizar un traballo, cuxo contido terán que consultar có profesor (20%). Máis, aparte diso, os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Grice, Tony (2007). Nursing 1 (Students' book) . Oxford University Press ISBN: 978-0-19-456977-4
NON HAI UN LIBRO QUE SE TEÑA QUE COMPRAR OBRIGATORIAMENTE. O LIBRO DE GRICE PODE SER ÚTIL Á HORA DE REPASAR E PREPARAR A MATERIA. Os LIBROS DA LISTA QUE VÉN A CONTINUACIÓN PODEN SER ÚTILES PARA CONSULTA Ou PREPARACIÓN. MOITOS DISTOS ESTÁN NA BIBLIOTECA DO CAMPUS DE OZA.

Baker, Ann. Introducing english pronunciation a teacher’s guide to: tree or three? and ship or sheep? Cambridge [etc.]: Cambridge University Press, 1982.
Birren, James E. Encyclopedia of gerontology. 2nd ed. Oxford: Elsevier, 2007.
Bond, John. Ageing in society an introduction to social gerontology. 2nd ed. London: Sage, 1994.

Bradley, Robin A. English for nursing and health care a course in general and professional English. Milano: McGraw-Hill, 2005.
Brocklehurst·s textbook of geriatric medicine and gerontology. 6th edition. London: Churchill Livingstone, 2003.
Diccionario de términos y frases médicas inglés-español, español-inglés. Madrid: Paraninfo, 1996.
Edo Marzá, Nuria. English for patient-administration and non-clinical hospital staff. Alcalá la Real (Jaén): Formación Alcalá, 2011.
Fitzgerald, Patrick. English for medicine in higher education studies: coursebook. Reading, UK: Garnet Education, 2010.
Greenhalgh, Trisha. English for physicians english for medical conferences & presentations = inglés para médicos: inglés para congresosy presentaciones médicas. Madrid: Churchill Livingstone España, 1995.
Moody, Harry R. Aging: concepts and controversies. 6th ed. Thousand Oaks (California): Pine Forge Press, 2010.
Worsfold, Brian. Acculturating age: approaches to cultural gerontology. Lleida: Edicions i Publicacions de la Universitat de Lleida, 2011. Print. Dedal-Lit (Universitat de Lleida) 7.


Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Inglés I/653491019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

O profesor da materia "Inglés 1" é o mesmo que o que imparte "Inglés 2".

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)" os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías