Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Intervención en Xerontoloxía Código 653540003
Titulación
Máster Universitario en Xerontoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
González-Abraldes Iglesias, Isabel
Correo electrónico
i.gonzalez-abraldes@udc.es
Profesorado
González-Abraldes Iglesias, Isabel
Marante Moar, María Pilar
Millan Calenti, Jose Carlos
Correo electrónico
i.gonzalez-abraldes@udc.es
p.marante@udc.es
jose.millan.calenti@udc.es
Web http://estudos.udc.es/gl/subject/4540V01/4540003/2021
Descrición xeral Coñecer os diferentes tipos e programas de intervención en xerontoloxía, co obxectivo de poder aplicar os distintos coñecementos en procesos de intervención con persoas maiores.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Ser capaces de recoñecer as principais patoloxías e síndromes xeriátricas mediante a aplicación de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito da xerontoloxía
A2 Ser capaces de aplicar o método de valoración xeriátrica e xerontolóxica integral a fin de poder establecer as bases para implementar o plan de atención individualizado
A5 Adquirir coñecementos que lle permitan establecer o recurso Xeronto-xeriátrico adecuado de acordo ás características da persoa maior
A6 Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do campo da Xerontoloxía, en contextos interdisciplinares tanto públicos como privados e, no seu caso, cun alto compoñente de transferencia do coñecemento.
A7 Adquirir coñecementos avanzados e demostrando, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo no campo da Xerontoloxía
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa xerontoloxía e a xeriatría
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións– e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as principais intervencións no paciente xerontolóxico. AP1
AP5
AI1
AI2
BM1
BM2
CM3
Comprender as características que han de reunir os equipos de intervención en Xerontoloxía. AP2
AP5
BM3
BM4
CM2
CM3
Razoar metodicamente co resto de membros dun equipo profesional, estando capacitados para discutir a información e interactuar co fin de obter as conclusións máis adecuadas acerca das pautas de intervención e acordo ás valoracións previas. AP1
AP2
AP5
AI1
AI2
BM1
BM2
BM3
BM4
CM2
CM3
Desenvolver habilidades de aprendizaxe para que a partir dos criterios de valoración establecidos poder establecer as pautas de intervención adecuadas á problemática exposta. AP1
AP2
AI1
BM2
BM3
BM4
CM3
Proporcionar os coñecementos necesarios para o deseño, o desenvolvemento, a execución e a avaliación dos diversos programas de intervención. AP1
AP2
AI2
BM2
BM3
CM3
Coñecer as tendencias actuais da planificación, programación e control da clase nas actividades físicas para as persoas maiores. AP1
AI1
AI2
BM1
BM2
BM3
CM3
Realizar a planificación de programas tipo e de diferentes sesións de actividade física en seco e en auga AI1
AI2
BM1
BM2
BM3
CM3

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Bases biolóxicas do proceso de envellecemento 1.1 Envellecemento e cambios sensoriais e perceptivos.
1.2 Cambios no sistema nervioso central ( SNC) asociados ao envellecemento
1.3. Cambios estruturais;
1.4. Cambios funcionais;
1.5. Plasticidade cerebral
TEMA 2. Bases psicosociais do proceso de envellecemento 2.1 O envellecemento como proceso.
2.2 O envellecemento como proceso de adaptación emocional.
2.3 A construción das etapas do proceso de envellecemento.
2.4 Funcionamento psicolóxico e envellecemento.
2.5 O reto da soidade na vellez.
TEMA 3. Técnicas non farmacolóxicas aplicadas a persoas maiores 3.1 Concepto de terapias non farmacolóxicas ( TNF).
3.2 TNF orientadas á persoa maior.
TEMA 4. Intervención nos síntomas psicolóxicos e conductuales da demencia 4.1. Síntomas psicolóxicos e conductuales da demencia.
4.2 Xénese dos SPCD
4.3 Manexo xeneral dos SPCD.
4.4 Terapias non farmacolóxicas orientadas aos SPCD.
TEMA 5. Alimentación e nutrición saudable 5.1 Necesidades nutricionais en persoas maiores.
5.2 Pirámide de alimentación saudable.
TEMA 6. Benestar e desenvolvemento persoal ao longo da vida: envellecemento positivo 6.1 O benestar das persoas maiores
6.2 Xerontoloxía positiva
6.3 Emocionalidad positiva
6.4 Intervencións multimodales: Programas para a mellora do benestar en persoas maiores.
TEMA 7. Lecer e tempo libre en Xerontoloxía 7.1 O aproveitamento do tempo lecer desde unha perspectiva saudable: implicacións socio-educativas.
7. 2 Programas para o desenvolvemento persoal por medio do lecer
TEMA 8. Intervención psicosocial 8.1. Programas orientados ao benestar psíquico-cognitivo-emocional.
8.2 Programas para o desenvolvemento emocional.
8.3Programas para vivir máis felices con sentido do humor.
8.4 Programas para traballar a reminiscencia e a identidade persoal.
TEMA 9. Intervención sobre coidador informal de persoas dependentes 9.1 O marco teórico e aspectos xerais da intervención terapéutica con coidadores.
9.2 sesións de intervención terapéutica.
9.3 A enfermidade de Alzheimer: da reacción ao diagnóstico e á súa comprensión.
9.4 Como relacionarse coa persoa con Alzheimer-
9.5 Manexar a ansiedade: aprender a relaxarse.
9.6 Integración do rol de coidador na identidade persoal.
9.7 Potenciar a resiliencia xestionando as propias emocións.
9.8 A empatía coa persoa con Alzheimer.
TEMA 10. Programas para a promoción da saúde 10.1 Os novos roles das persoas maiores: inquietudes e necesidades.
10.2 Desenvolvemento persoal e ciclo vital.
10.3 Programas de promoción de saúde para adultos maiores
TEMA 11. Exercicio, mobilidade e actividade física 11.1 Concepto de exercicio, mobilidade e actividade física.
11.2 Promoción da práctica de actividade física no adulto maior
TEMA 12. Prevención da fraxilidade a través da actividade física 12.1 Concepto de fraxilidade.
12.2 Programas preventivos
TEMA 13. Novas tendencias de programas de exercicio e benestar en maiores 13.1 O exercicio físico como hábito saudable
13.2 Envellecemento activo, calidade de vida e exercicio físico
TEMA 14. Da eliminación de barreiras ao deseño universal. Produtos de apoio 14.1 Historia da accesibilidade.
14.2 Produtos de apoio: concepto e clasificación.
14.3 Prescrición e usabilidade de Produtos de apoio nas persoas maiores
TEMA 15. Novas tecnoloxías na intervención con persoas maiores. 15.1 Tecnoloxía para maiores: aplicacións e dispositivos de utilidade.
15.2 Programas de intervención a través das novas tecnoloxías.
TEMA 16. Intervención en coidados paliativos. 16.1. Algúns antecedentes históricos e desenvolvemento da medicina paliativa
16.2 Obxectivos específicos de intervención en coidados paliativos
16.3 Intervención psicolóxica en coidados paliativos: revisión e perspectivas. Equipo multidisciplinar

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Recensión bilbiográfica A1 A2 A5 A6 A7 B1 B2 B3 B4 C2 C3 0 10 10
Traballos tutelados A1 A2 A5 A6 A7 B1 B2 B3 B4 C2 C3 0 10 10
Proba de resposta múltiple A1 A2 A5 A6 A7 B1 B2 B3 B4 C2 C3 4 40 44
Sesión maxistral A1 A2 A5 A6 A7 B1 B2 B3 B4 32 0 32
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Recensión bilbiográfica Análise crítica dun artigo científico mediante a súa comparación con outros artigos do mesmo ámbito
Traballos tutelados Realización de traballos de revisión bibliográfica
Proba de resposta múltiple Exame tipo test composto por corenta preguntas con catro respostas cada unha das cales unicamente unha será correcta.
Sesión maxistral Exposición dos diferentes temas que constitúen a materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Daránselle pautas ao alumno para realizar os traballos

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A1 A2 A5 A6 A7 B1 B2 B3 B4 C2 C3 Análise crítica de varios artigos científicos 20
Traballos tutelados A1 A2 A5 A6 A7 B1 B2 B3 B4 C2 C3 Elaboración de Traballos 30
Proba de resposta múltiple A1 A2 A5 A6 A7 B1 B2 B3 B4 C2 C3 Exame tipo test composto por 40 preguntas con catro respostas cada unha das cales unicamente unha será correcta 50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario superar
cada una das partes que a compoñen



TRABALLOS
TUTELADOS: Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do
traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación
afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude
comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso
de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá
solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do alumno do Mestrado
cursado


Fontes de información
Bibliografía básica Millán Calenti JC (2011). Gerontología y Geriatría. Valoración e Intervención. Madrd. Ed. Médica Panamericana
Millán Calenti JC (2006). Principios de Gerontología y Geriatría. Madrid. Ed. Mc-Graw Hill Interamericana

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Valoración en Xerontoloxía/653540002
Xerontoloxía Clínica I/653540005

Materias que continúan o temario
Patoloxía e Intervención Xeriátrica/653540008

Observacións

Recomendacións para o estudo da materia:

·       Asistencia regular ás clases.

·       Realización das prácticas de laboratorio.

·       Estudo diario dos materiais impartidos e da bibliografía básica.

·       Consulta da bibliografía complementaria recomendada.

·       Participación e discusión activa nas actividades que se organicen.

·       Realización das probas obxectivas que se vaian realizando.

Para contribuír á consecución dunha contorna sostible inmediata e cumprir o obxectivo estratéxico 2 do "IV Plan de Actuación do Programa Campus Verde FCS (2020-2022)", o traballo documental realizado neste ámbito:

a) A maioría solicitarase en formato virtual e soporte informático.

b) Se está realizado en papel:

- Non se utilizarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Utilizarase papel reciclado.

- Evitaranse borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías