Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Patoloxía e Intervención Xeriátrica Código 653540008
Titulación
Máster Universitario en Xerontoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Castro Iglesias, Maria Angeles
Correo electrónico
angeles.castro.iglesias@udc.es
Profesorado
Castro Iglesias, Maria Angeles
Cordido Carballido, Fernando
Crespo Leiro, María Generosa
Pérez Fontán, Miguel
Toro Santos, Francisco Javier de
Vilariño Vilariño, Maria Isabel
Correo electrónico
angeles.castro.iglesias@udc.es
fernando.cordido@udc.es
maria.generosa.crespo.leiro@udc.es
miguel.perez.fontan@udc.es
javier.toro@udc.es
isabel.vilarino@udc.es
Web http://estudos.udc.es/gl/subject/4540V01/4540008/2021
Descrición xeral Que o estudantado coñeza as principais alteracións da saúde e as pautas de avaliación e intervención nas principais enfermidades neurolóxicas, reumatolóxicas, hematolóxicas, do aparato respiratorio e cardiovasculares en pacientes de idade avanzada.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Ser capaces de recoñecer as principais patoloxías e síndromes xeriátricas mediante a aplicación de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito da xerontoloxía
A2 Ser capaces de aplicar o método de valoración xeriátrica e xerontolóxica integral a fin de poder establecer as bases para implementar o plan de atención individualizado
A3 Ser capaces de incorporar aos plans de intervención individualizada a metodoloxía de intervención Xeronto-xeriátrica
A4 Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización tanto no ámbito sociosanitario como sanitario de atención ás persoas maiores a fin de incorporarse aos equipos interdisciplinares de valoración e intervención Xeronto-xeriátrica
A5 Adquirir coñecementos que lle permitan establecer o recurso Xeronto-xeriátrico adecuado de acordo ás características da persoa maior
A8 Saber aplicar e integrar os coñecementos adquiridos, a comprensión destes, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en contornas sociais e sociosanitarias e definidos de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais do campo da xerontoloxía
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa xerontoloxía e a xeriatría
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as enfermidades dos diferentes órganos e sistemas con maior prevalencia en persoas maiores AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AM1
Coñecer as enfermidades dos diferentes órganos e sistemas con maior incidencia en persoas maiores AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
BM1
BM2
BM3
Coñecer as principais enfermidades crónicas que afectan ás persoas maiores AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
BM1
BM2
BM3
Coñecer e ser capaz de aplicar as principais pautas de intervención farmacolóxica empregadas en persoas maiores en relación coas patoloxías sufridas AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
BM1
BM2
BM3
Coñecer e ser capaz de aplicar os principios da rehabilitación en patoloxías neuro-musculares e musculoesqueléticas AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AM1
BM1
BM2
BM3
CM6
CM7
CM9

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Patoloxía do sistema respiratorio 1.- Tipos de Insuficiencia respiratoria. Enfermidade Pulmonar Obstructiva Crónica.
2.- Infeccións respiratorias. Bronquites crónicas. Pneumonías. Tuberculose
3.- Tromboembolismo pulmonar.
TEMA 2. Oncoloxía xeriátrica 1.- Epidemioloxía e etiopatogenia do cancro.
2.-Cancro colorrectal.
3.-Cancro broncopulmonar.
4.-Cancro de mama. Detección precoz e principais pautas terapéuticas
TEMA 3. Trastornos endocrinos e metabólico-nutricionais 1. Valoración do estado nutricional. Sobrepeso e obesidade.
2.-Malnutrición e deshidratación: Requirimentos nutricionais. 3.-Malnutrición proteico-calórica, Deshidratación.
4.-Diabetes mellitus.
5.-Hipercolesterolemia.
6.-Enfermidades da glándula tiroides: Hiper e hipotiroidismo.
TEMA 4. Trastornos músculo-esqueléticos 1.- Osteoartrosis e artrite inflamatorias
2.- Polimialgia reumática.
3.- Arteritis da temporal.
4.- Osteoporose e osteomalacia
TEMA 5. Trastornos neurolóxicos 1.- Enfermidade vascular cerebral
2.- Demencias.
3.-Enfermidade de Parkinson
TEMA 6. Trastornos Gastrointestinales y Hepatobiliares

1.- Trastornos Gastrointestinales: Patoloxía bucal, náuseas, vómitos e diarrea. Disfagia.
2.- Sangrado dixestivo. Abdome agudo. Obstrución intestinal.
3.-Hepatite e Cirrosis.
4.- Pancreatitis aguda e crónica.
5.-Tumores de fígado e páncreas.
TEMA 7. Trastornos do ril, do tracto urinario e da próstata 1.- Infecciones Urinarias. Cistitis. Pielonefritis.
2.- Litiasis renal
3.- Hipertrofía Prostática.
4.- Cáncer de próstata
TEMA8. Patoloxía cardíaca 1.- Hipertensión arterial e complicacións.
2.-Insuficiencia cardíaca.
3.-Cardiopatía isquémica.
4.-Valvulopatías.
3.-Trastornos do ritmo cardíaco.
TEMA 9. Patoloxía vascular periférica e Hematoloxía
1.-Enfermidade arterial periférica.
2.-Trombosis venosa profunda.
3.-Anemias.
4.-Trastornos da coagulación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de resposta múltiple A1 A2 A3 A5 A4 A8 B1 B2 B3 C6 C7 C9 4 40 44
Estudo de casos A1 A2 A3 A5 A4 A8 B1 B2 B3 C6 C7 C9 0 16 16
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A4 A8 B1 B2 B3 C6 C7 C9 4 0 4
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A4 A8 B1 B2 B3 C6 C7 C9 32 0 32
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en expor unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só una delas é válida.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito enfróntase ante a descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta múltiple
Estudo de casos
Traballos tutelados
Descrición
As metodoloxías expostas permitiran levar a cabo unha avaliación continuada do alumno, valorando a súa capacidade de atención, capacidade de estudo, e resolución de problemas clinicos diversos que afectan á poboación anciá.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A1 A2 A3 A5 A4 A8 B1 B2 B3 C6 C7 C9 60 preguntas de resposta múltiple onde unicamente unha resposta será correcta. O estudante deberá obter un 65% da puntuación máxima para superar a proba 65
Estudo de casos A1 A2 A3 A5 A4 A8 B1 B2 B3 C6 C7 C9 Ao longo do curso, o alumnado deberá resolver dous casos clínicos de entre os desenvolvidos na meteria 25
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A4 A8 B1 B2 B3 C6 C7 C9 Exporase ao longo do curso a realización dun traballo baseado na revisión dun proceso patolóxico e a actualización sobre o estado actual do tratamento e aspectos en investigación. 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Millan Calenti JC (2011). Gerontología y Geriatria. valoración e Intervención. Panamericana, Madrid
Farreras-Rozman (2020). Medicina Interna, XIX Edición. Elservier España
Millan Calenti JC (2006). Principios de Gerontología y Geriatria. McGrawHill
Mandell, Douglas y Bennet (2020). Principles and practice of Infectious Diseases. Elsevier
Harrison (2018). Principles of Internal Medicine. McGrawHill

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías