Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) O Proxecto de Investigación en Xerontoloxía Código 653540017
Titulación
Máster Universitario en Xerontoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Correo electrónico
ana.maseda@udc.es
Profesorado
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Correo electrónico
ana.maseda@udc.es
Web http://estudos.udc.es/es/subject/4540V01/4540017
Descrición xeral Esta materia abordará a metodoloxía necesaria para desenvolver proxectos de I+D+i para a procura de financiamento público e/ou privado a nivel rexional, estatal ou internacional para a realización de investigación. Farase fincapé nos termos a coñecer para a petición de axudas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Saber aplicar e integrar os coñecementos adquiridos, a comprensión destes, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en contornas sociais e sociosanitarias e definidos de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais do campo da xerontoloxía
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións– e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecemento e capacidade para deseñar proxectos de investigación AM1
BM1
BM3
BM4
CM1
CM2
CM3
- Coñecemento das diferentes institucións avaliadoras e fontes de financiamento a fin de conseguir recursos para a investigación AM1
BM1
BM3
BM4
CM1
CM2
CM3
- Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos á práctica AM1
BM1
BM3
BM4
CM1
CM2
CM3
- Desenvolver habilidades de aprendizaxe para emprender estudos e investigacións na área da xerontoloxía, con capacidade para deseñar e estruturar un proxecto de investigación AM1
BM1
BM3
BM4
CM1
CM2
CM3
- Capacidade para defender oralmente o orzamento e contido dun proxecto de investigación. AM1
BM1
BM3
BM4
CM1
CM2
CM3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. I+D+i. Marco conceptual 1.1. Proxectos
1.2. Financiamento e institucións avaliadoras
1.3. Definición de termos básicos
Tema 2. Identificación do problema e/ou necesidade nun proxecto de I+D+i. 2.1 Título do proxecto
2.2 Formulación do problema
2.3 Xustificación da investigación
2.4 Obxectivos da investigación
Tema 3. Marco de referencia e estado da arte 3.1 Estado da arte. Antecedentes do problema
3.2 Elaboración de hipóteses
3.3 Identificación de variables
Tema 4. Metodoloxía. Aspectos metodolóxicos 4.1. Aspectos metodolóxicos
Tema 5. Redacción de tarefas. Cronograma 5.1. Redacción de tarefas
5.2. Cronograma
Tema 6. Recursos materiais e humanos 6.1. Recursos materiais
6.2. Recursos humanos
Tema 7. Elaboración do orzamento 7.1. Orzamentos
Tema 8. Transferencia do coñecemento. Divulgación. Ética 1.1. O proceso de transferencia de coñecemento
1.2. OTRI
1.3. Spin off

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral A8 B1 B3 B4 C1 C2 C3 3 12 15
Traballos tutelados A8 B3 B4 C1 C2 C3 0 42 42
Sesión maxistral A8 B1 B3 B4 C1 C2 C3 16 0 16
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensinanza-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a prendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensinanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-tutor.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
Axuda na solución de problemas formulados polas distintas actividades, aclaración da comprensión da temática da materia...

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A8 B1 B3 B4 C1 C2 C3 Valorarase a organización e información, pronunciación e entonación, vocabulario, dominio do tema e claridade de ideas durante a presentación da temática proposta. Defenderase un proxecto de investigación en grupo. 45
Sesión maxistral A8 B1 B3 B4 C1 C2 C3 O alumno deberá asistir ás clases maxistrais. 5
Traballos tutelados A8 B3 B4 C1 C2 C3 O alumno deberá facer un proxecto de investigación que será avaliado polo profesor. 50
 
Observacións avaliación

TRABALLOS TITORADOS: Se se detecta fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo do curso, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á seguinte oportunidade. Esta actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto dos profesores da titulación. No caso de que a irregularidade se repita nunha segunda avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor que expulse temporal ou perpetuamente ao/á estudante do máster.


Fontes de información
Bibliografía básica Booth, W.C., Coloma, G.G.; Williams, J.M. (2001). Cómo convertirse en un hábil investigador. Barcelona: Ed. Gedisa
García Roldán, J.L. (1995). Cómo elaborar un proyecto de investigación. Alicante: Universidad de Alicante
Burgos Rodríguez, R. (1998). Metodología de investigación y escritura científica en clínica. Granada: Escuela Andaluza de Salud Pública

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía/653540006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Manexo de Bases de datos.

Coñecemento do idioma Inglés para poder ler textos científicos para a realización do estado da arte.

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir co obxectivo estratéxico 2 do "IV Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2020-2022)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a) Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático

b) De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías