Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Preparación dun Proxecto de Investigación II: Desenvolvemento e Comunicación Código 653862202
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Pértega Díaz, Sonia
Correo electrónico
s.pertega@udc.es
Profesorado
Pértega Díaz, Sonia
Seoane Pillado, María Teresa
Correo electrónico
s.pertega@udc.es
maria.teresa.seoane.pillado@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia MODIFICACIÓN NOS CONTIDOS
- Non se realizarán cambios

METODOLOXÍAS
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Prácticas a través de TIC
- Solución de problemas
- Lecturas
- Investigación (Proxecto de investigación) (con atención personalizada) (computa na avaliación)
- Proba obxectiva (computa na avaliación)

**Metodoloxías docentes que se modifican
Manteñense todas as metodoloxías propostas, que se aplicarán de modo non presencial na súa totalidade a través de Teams e Moodle

MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas e solicitar tutorías virtuais.
- Moodle: Diariamente. Disporase de foros para formular as consultas necesarias sobre os contidos da materia. O seguimiento e comentarios de retroalimentación aos proxectos de investigación individuais canalizaranse por esta vía.
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos.

MODIFICACIÓNS NA AVALIACÓN
Mantense o sistema de avaliación establecido na guía docente:
- Investigación (Proxecto de investigación) (60% da cualificación final): Cada alumno debe deseñar de forma individual un borrador dun proxecto de investigación que se entregará a través da plataforma Moodle, conforme o formato especificado polas profesoras responsables da materia
- Proba obxectiva (40% da cualificación final): Realizarase unha proba tipo test sobre os contidos da materia, a través da plataforma Moodle, na data oficialmente establecida pola coordinación do máster

OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente.

MODIFICACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA OU WEBGRAFÍA
Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta.
A2 Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados.
A3 Adquirir un sentido ético da investigación sanitaria.
B1 Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber deseñar un estudio clínico epidemiolóxico. AI1
AI2
AI3
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
CM1
CM3
CM6
CM8
Ser capaz de decidir que tipo de estudio é necesario realizar para responder á pregunta de investigación. AI2
BM1
BM3
BM4
BM5
CM3
CM8
Coñecer a estratexia de análise estatístico para realizar o estudio. AI1
AI2
BM1
BM3
BM4
BM5
CM3
CM6
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1 - ESTRUTURA XERAL DUN PROXECTO DE INVESTIGACIÓN 1.1 Estrutura xeral dun proxecto de investigación
2 - PERTINENCIA E VIABILIDADE DUN PROXECTO DE INVESTIGACIÓN 2.1 Pertinencia e viabilidade dun proxecto de investigación
3 - TIPOS DE ESTUDOS CLÍNICO EPIDEMIOLÓXICOS 1. Estudios observacionais e estudos experimentais
2. Tipos de estudos observacionais:
2.1 Estudos ecolóxicos
2.2 Estudos de prevalencia
2.3 Estudos de casos e controles
2.4 Estudos de cohortes ou de seguimento
3. Tipos de estudos experimentais:
3.1 Ensaio clínico
3.2 Ensaio de campo
3.3 Ensaio comunitario de intervención
4. Ventaxas e inconvenintes dos diferentes tipos de estudio
4 - XUSTIFICACIÓN DO TAMAÑO DE MOSTRA 1. Cálculo do tamaño de mostra para estimación de parámetros
2. Cálculo do tamaño de mostra para contraste de hipóteses
5 - SIGNIFICACIÓN ESTATÍSTICA E RELEVANCIA CLÍNICA 1. Concepto de significación estatística
2. Error de tipo I
3. Error de tipo II
2. Concepto e medición da relevancia clínica
6 - ESTRATEXIA DE ANÁLISE ESTATÍSTICO 6.1 Estratexia de análise estatístico
7 - ASPECTOS ÉTICOS E LEGAIS NA REALIZACIÓN DUN ESTUDO 1. Requisitos legais para os estudos observacionais e experimentais
2. Elementos do consentimento informado
8- LIMITACIONS DUN ESTUDO 1. Sesgos de selección
2. Sesgos de información
3. Sesgos de confusión
4. Precisión e poder estatístico das estimacións

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A1 A2 B1 B2 B4 C1 C6 2 0 2
Sesión maxistral A1 A2 A3 B1 B3 B4 B5 C3 C6 C8 9 9 18
Prácticas a través de TIC A1 A2 B1 B3 B4 B5 C6 C3 2 12 14
Solución de problemas A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C6 1 9 10
Lecturas A1 A2 A3 B2 B3 B4 B5 C1 C6 C8 1 9 10
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A3 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C6 C8 5 15 20
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba de preguntas tipo test sobre os contidos da materia
Sesión maxistral Exposición dos contidos do programa
Prácticas a través de TIC Prácticas mediante software estatístico e epidemiolóxico sobre temas de xustificación do tamaño mostral y cálculo de medidas de relevancia clínica
Solución de problemas Resolución de exercicios prácticos sobre os contidos da materia
Lecturas Lectura de artigos de corte metodolóxico para profundizar nos contidos expostos na sesión maxistral
Investigación (Proxecto de investigación) Cada alumno debe deseñar de forma individual un borrador dun proxecto de investigación que se entregará a través da plataforma Moodle, conforme o formato especificado polas profesoras responsables da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Descrición
Ademáis dos seminarios que se programen de forma presencial, utilizaranse as seguintes ferramentas na atención personalizada ó alumnado:

- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas e solicitar tutorías virtuais.
- Moodle: Diariamente. Disporase de foros para formular as consultas necesarias sobre os contidos da materia. O seguimiento e comentarios de retroalimentación aos proxectos de investigación individuais canalizaranse por esta vía.
- Teams: para a resolución individual ou grupal das dudas relacionadas cos contidos da materia e a elaboración dos proyectos de investigación

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A3 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C6 C8 Elaboración de un borrador de un protocolo de investigación clínica 60
Proba obxectiva A1 A2 B1 B2 B4 C1 C6 O alumno ao finalizar o curso debe realizar un exame de preguntas cortas ou tipo test, e/ou problemas de cálculos dos contidos explicados durante o curso 40
 
Observacións avaliación

A avaliación da asignatura constará de dúas partes diferenciadas:


- O 60% da calificación corresponderá á avaliación continua, e asociarase á elaboración dunha proposta de investigación, relacionada co perfil profesional do/a alumno/a, que se concretará na elaboración do borrador dun proxecto de investigación.


- O 40% da calificación corresponderá á nota acadada nunha proba obxectiva, realizada na data que oficialmente estableza a coordinación do máster, que constará de preguntas tipo test relacionadas cos contidos que se desenvolvan ó longo do curso.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

- Ter entregado tanto o borrador do proxecto de investigación como terse presentado á proba obxectiva

- Obter unha puntuación do 50% da calificación máxima correspondente á elaboración dunha proposta de investigación e do 40% da calificación máxima na proba obxectiva.

- Entregar a proposta de investigación nos prazos que se indiquen 

NON PRESENTADO: Obterá a calificación de NP (Non Presentado), o/a alumno/a que non participe en algunha das actividades/metodoloxías de avaliación propostas.

MATRICULA DE HONRA: Poderán optar á calificación de Matrícula de Honra aqueles/as alumnos/as coas calificacións máis elevadas que obteñan unha nota final por encima de 9 

ALUMNOS DE 2ª OPORTUNIDADE:

O sistema de avaliación será o mesmo que o descrito para alumnos de 1ª oportunidade.

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumplir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de Sostenibilidad Medio-Ambiental Green Campus FCS", os traballos documentais que se realicen nesta materia solicitaranse en formato virtual e soporte informático. 


Fontes de información
Bibliografía básica Hulley SB, Cummings SR, Browner WS, Grady D, Herast N, Newman TB (2013). Designing clinical research. Lippincott Williams & Wilkins
Fletcher RH, Fletcher SW (2007). Epidemiología Clínica (4ª ed.). Lippincott Williams & Wilkins
(). FISTERRA – Metodología de la investigación (http://www.fisterra.com/formacion/metodologia-investigacion.
(). Itinerario de Investigación e Innovación Biosanitaria (http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=60481 ) (http://www.youtube.com/user/Itinerariofegas )..
Argimón Pallás & Jiménez Villa (2000). Métodos de investigación clínica y epidemiológica. Madrid
Altman DG (1991). Practical statistics for medical research. Chapman & Hall

A bibliografía recomendada encóntrase en :

http://www.fisterra.com/mbe/investiga/index.asp

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Programa Green Campus FCS

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. 

b. De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores.

PLAxio

A detección de fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e a remisión directa á oportunidade seguinte.

Dita circunstancia comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou definitiva do/a estudante do título cursado.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías