Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Aspectos Éticos e Xurídicos na Investigación en Ciencias da Saúde Código 653862203
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público Especial
Coordinación
Pereira Saez, Maria Carolina
Correo electrónico
c.pereira.saez@udc.es
Profesorado
Pereira Saez, Maria Carolina
Correo electrónico
c.pereira.saez@udc.es
Web http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Adquirir un sentido ético da investigación sanitaria.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B6 Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar.
B7 Capacidade de establecer unha relación de empatía cos suxeitos implicados no desenvolvemento da actividade investigadora.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender a importancia da dimensión ética e xurídica da investigación nas ciencias da saúde AI3
BM3
BM4
BM6
BM7
CM1
CM4
CM6
CM8
Coñecer os conceptos, as normas e os principios éticos básicos da investigación nas ciencias da saúde AI3
BM3
BM4
BM6
BM7
CM1
CM4
CM6
CM8
Coñecer as conceptos, as normas e os principios xurídicos básicos da investigación nas ciencias da saúde AI3
BM3
BM4
BM6
BM7
CM1
CM4
CM6
CM8
Integrar a dimensión ética e xurídica na práctica cotidiana dos investigadores nas ciencias da saúde AI3
BM3
BM4
BM6
BM7
CM1
CM4
CM6
CM8
Familiarizarse co manexo dos conceptos, normas e principios éticos e xurídicos na investigación en ciencias da saúde AI3
BM3
BM4
BM6
BM7
CM1
CM4
CM6
CM8
Adquirir habilidades para identificar e avaliar os problemas éticos e xurídicos na investigación en ciencias da saúde AI3
BM3
BM4
CM4
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Ética e Dereito 1. Por que necesitamos normas? Clases de normas e de sistemas normativos
2. Por que necesitamos o Dereito?
3. Por que necesitamos virtudes? Tres modelos de ética normativa
4. Bioética e ética da investigación
Tema 2. A investigación responsable 1. Investigación como práctica
2. Feitos e valores. É eticamente admisíbel todo o tecnicamente posíbel?
3. O imperativo de investigación. Existe un deber (moral) de investigar? Existe unha obriga de participar na investigación?
4. A liberdade de investigación. A liberdade de investigación como dereito fundamental
5. A mala conducta na investigación
Tema 3. A investigación en seres humanos e con materiais de orixe humana 1. Que é a investigación biomédica? Conceptos básicos e clases de investigación con seres humanos e materiais de orixe humana
2. Historia da ética da investigación biomédica
3. Requisitos éticos da investigación biomédica
4. A regulación xurídica da investigación biomédica
5. Cuestións controvertidas
Tema 4. A investigación con animais 1. O debate sobre a investigación con animais
2. Posicións éticas respecto da investigación con animais
3. É lícita a investigación con animais? Argumentos éticos. Argumentos científicos
4. A regulación xurídica da investigación con animais
Tema 5. A investigación con axentes biolóxicos e organismos modificados xeneticamente 1. Investigación, medio ambiente e responsabilidade
2. Bioseguridade e boas prácticas de laboratorio
3. Biotecnoloxía e restricións morais. O principio de precaución
4. Biopiratería
5. A regulación xurídica da investigación con axentes biolóxicos e con organismos modificados xeneticamente

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A3 B3 B4 B6 B7 C1 C4 C6 C8 3 9 12
Proba obxectiva B4 C1 1 2 3
Sesión maxistral A3 B3 B4 C6 C8 11 33 44
Análise de fontes documentais A3 B3 B4 B6 C6 C8 4 10 14
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos A análise de casos clásicos e actuais complementa os coñecementos sobre a evolución histórica e os requisitos éticos e xurídicos da investigación nas ciencias da saúde.
Porén, a finalidade principal do estudo de casos é aprender a analizar, argumentar, deliberar e tomar decisións fundamentadas e razoábeis con criterios éticos e xurídicos.
O estudo de casos integra outras metodoloxías, como a análise de fontes documentais ou a realización de traballos de investigación tutelados, nos que o estudante adquire habilidades na procura e análise da información bibliográfica e normativa.
Proba obxectiva Esta proba, preferentemente escrita, permite comprobar e avaliar os resultados do proceso de aprendizaxe dos coñecementos e contidos.
Sesión maxistral Mediante a exposición oral o profesor tenta amosar os trazos singulares da linguaxe e os conceptos éticos e xurídicos para facilitar a comprensión aos estudantes.
Así mesmo, as sesións presenciais maxistrais sirven para precisar o significado das fontes bibliográficas e normativas e subliñar os contidos máis sobranceiros da materia.
Análise de fontes documentais As respostas éticas e, sobre todo, xurídicas á investigación nas ciencias da saúde están contidas en documentos normativos e textos legais. Estas fontes documentais fornecen unha explicación histórica e sistemática da investigación nas ciencias da saúde.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Descrición
Orientación sobre o manexo, ordeación, comprensión e análise dos materiais de traballo, bibliográficos e normativos.
Guía sobre a deliberación e argumentación nos casos concretos, especialmente para o emprego acaído dos conceptos éticos e xurídicos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 B3 B4 B6 B7 C1 C4 C6 C8 Avaliación da participación e das habilidades argumentativas, orais e escritas.
Avaliación da comprensión da linguaxe e os conceptos éticos e xurídicos.
Inclúe e esixe a análise de fontes documentais bibliográficas e normativas (documentos éticos e normas xurídicas).
50
Proba obxectiva B4 C1 Principal método de avaliación de coñecementos.
Inclúe o coñecemento das fontes documentais bibliográficas e normativas (documentos éticos e normas xurídicas).
50
 
Observacións avaliación

A proba obxectiva é presencial.


Fontes de información
Bibliografía básica Javier Sánchez-Caro, Fernando Abellán (cords.) (2006). Ensayos clínicos en España. Aspectos científicos, bioéticos y jurídicos. Granada: Comares
Ezequiel J. Emanuel et al. (ed.) (2003). Ethical and regulatory aspects of clinical research. Baltimore and London: Johns Hopkins University Press
Robert J. Levine (1986). Ethics and regulation of clinical research (second edition). New Haven: Yale University Press
Javier Sánchez-Caro, Fernando Abellán (cords.) (2007). Investigación biomédica en España: aspectos bioéticos, jurídicos y científicos. Granada: Comares
Adil E. Shamoo, David B. Resnik (2009). Responsible conduct of research (second edition). New York: Oxford University Press
Baruch A. Brody (1998). The ethics of biomedical research. An international perspective. New York: Oxford University Press
Ezequiel J. Emanuel et al. (ed.) (2011). The Oxford Textbook of clinical research ethics. New York: Oxford University Press
Ezequiel J. Emanuel, David Wendler, Christine Grady (2000). What makes clinical research ethical?. JAMA 283/20 (2000), 2701-2711
Daniel Callahan (2003). What price better health. Hazards of research imperative. Berkeley: University of California Press, New York: The Milbank Memorial Fund

Documentos éticos

Código de Nüremberg (1947).

Declaración de Helsinki (Asociación Médica Mundial, Principios éticos para a investigación en seres humanos, 1964; versión actualizada: 8.ª revisión, 2013).

Informe Belmont (Comisión Nacional para a protección dos suxeitos humanos de investigación biomédica e do comportamento, Principios éticos e orientacións para a protección dos suxeitos humanos na experimentación, 1979).

Consello de organizacións internacionais das ciencias médicas (CIOMS) en colaboración coa Organización Mundial da Saúde (OMS), Pautas internacionales para a investigación biomédica en seres humanos (2002).

Declaración universal sobre Bioética e dereitos humanos (UNESCO, 2005).

Normativa xurídica

Normativa xurídica xeral

Constitución española de 1978 (BOE n.º 311, 29.12.1978).

Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e dos dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica (BOE n.º 274, 15.11.2002).

Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE n.º 298, 14.12.1999).

Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE n.º 17, 19.1.2008).

Convenio para a protección dos dereitos humanos e a dignidade do ser humano con respecto ás aplicacións da Bioloxía e a Medicina (Convenio relativo aos dereitos humanos e a biomedicina). (BOE n.º 251, 20.10.1999. Rectificación BOE n.º 270, 11.11.1999).

Consello de Europa. Protocolo adicional ao Convenio de dereitos humanos e biomedicina en relación coa investigación biomédica. (Estrasburgo, 25.1.2005).

Investigación con seres humanos

Lei 14/2007, do 3 de xullo, de investigación biomédica (BOE n.º 159, 4.7.2007).

Lei 14/2006, do 26 de maio, sobre técnicas de reproducción humana asistida (BOE n.º 126, 27.5.2006).

Real Decreto 2223/2004, do 6 de febreiro, polo que se regulan os ensaios clínicos con medicamentos (BOE n.º 33, 7.2.2004).

Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e productos sanitarios (BOE n.º 178, 27.7.2006).

Real Decreto 1716/2011, do 18 de novembro, polo que se establecen os requisitos básicos de autorización e funcionamento dos biobancos con fins de investigación biomédica e do tratamento das mostras biolóxicas de orixe humana, e se regula o funcionamento e organización do Rexistro Nacional de Biobancos para investigación biomédica (BOE n.º 290, 2.12.2011).

Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación de Galicia (DOG núm. 77, 22.4.2013).

Investigación con animais

Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal (BOE n.º 99, 25.4.2003).

Real Decreto 1201/2005, do 10 de outubro, sobre protección dos animais utilizados para experimentación e outros fins científicos (BOE n.º 252, 21.10.2005).

Lei 32/2007, do 7 de novembro, para o coidado dos animais na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio (BOE n.º 268, 8.11.2007).

Directiva 2010/63/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de setembro de 2010, relativa á protección dos animais utilizados para fins científicos (DOUE L276, 20.10.2010).

Investigación con axentes biolóxicos e organismos modificados xeneticamente

Lei 9/2003, do 25 de abril, pola que se establece o réxime xurídico da utilización confinada, liberación voluntaria e comercialización de organismos modificados xeneticamente (BOE n.º 100, 26.4.2003).

Real Decreto 178/2004, do 30 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 9/2003, do 25 de abril, pola que se establece o réxime xurídico da utilización confinada, liberación voluntaria e comercialización de organismos modificados xeneticamente (BOE n.º 37, 31.1.2004. Corrección de erros: BOE n.º 42, 18.2.2004).

Real Decreto 1369/2000, do 19 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 822/1993, do 28 de maio, polo que se establecen os principios de boas prácticas de laboratorio e a súa aplicación na realización de estudos non clínicos sobre substancias e produtos químicos. (BOE n.º 173, 20.6.2000).

Real Decreto 1697/2003, do 12 de decembro, polo que se crea a Comisión Nacional de Biovixilancia (BOE n.º 310, 27.12.2003).

Bibliografía complementaria Carlos M. Romeo Casabona (2011). Enciclopedia de Bioderecho y Bioética. Granada: Comares; Deusto: Cátedra Interuniversitaria Fundación BBVA-Diputación Foral de Bizkaia de D
Stephen G. Post (ed.) (2004). Encyclopedia of bioethics (3rd edition. New York: Macmillan Reference


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir una contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do I Plan de Sustentabilidade Medio-ambiental Green Campus FCS, todos os traballos documentais que se realicen nesta materia serán entregados en formato dixital, sen necesidade de imprimilos.

De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase imprimir borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías