Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Recursos Informáticos de Apoio á Investigación Código 653862205
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Ciencias da Saúde
Coordinación
Pereira Loureiro, Javier
Correo electrónico
javier.pereira@udc.es
Profesorado
Canosa Domínguez, Nereida María
Pereira Loureiro, Javier
Correo electrónico
nereida.canosa@udc.es
javier.pereira@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral Nesta materia o alumno adquirirá os coñecementos necesarios para ser un usuario experto na utilización das principais ferramentas software de propósito xeral necesarias para a investigación actual. Debe estar familiarizado co manexo correcto do programa Word, xeración de PDFs, recuperación de contidos multimedia desde as distintas fontes accesibles no eido da investigación: imaxe dixital, son dixital e vídeos de Internet, imaxe de cámaras dixitais, conversión de formatos de imaxe e vídeo, etc. Ademais debe ser capaz de manexar adecuadamente os recursos bibliográficos na rede, acceso a bases de datos, revistas de texto completo e blogs de intercambio de información

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os métodos habituais para dar difusión dos resultados de investigación e a comunicación científica. AI1
BM2
BM5
CM3
CM6
Manexar as ferramentas informáticas necesarias para unha correcta presentación dos traballos científicos AI1
BM2
BM5
CM2
CM3
CM6
Saber adaptar de forma óptima os contidos multimedia para a presentación dos traballos científicos AI1
BM2
BM5
CM2
CM3
CM6
Coñecer as bases de datos científicas e recursos dispoñibles a través da biblioteca da UDC AI1
BM5
CM3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Edición avanzada de documentos científicos Estilos. Seccións. Referencias cruzadas. Táboas de contido. Índice de figuras e táboas. O xestor bibliográfico.
Tema 2. Os recursos da biblioteca da Facultade de Ciencias da saúde. Busca de información a través de Internet para Ciencias da Saúde. Acceso a bases de datos científicas. As publicacións on-line. Bases de datos electrónicas da biblioteca da UDC.
Tema 3. Xestores bibliográficos Aplicacións de rexistro e xestión de citas bibliográficas. Exportación e conversión entre diferentes formatos de referencias bibliográficos.
Tema 4. Sistemas de medida do impacto da investigación El Journal Citation Reports. ResearchID. Google Scholar. ResearchGate. Índice H.
Tema 5. Contidos multimedia Formatos de imaxe e vídeo interactivos. Conversión de formatos gráficos. Obtención de imaxes: descarga da rede, acceso a recursos gráficos docentes on-line. Coleccións de imaxes. O escáner e as súas características. A resolución de dixitalización. O OCR. Conversión de imaxes en textos. Os ficheiros de son. Edición básica de sons. Trascripción de conversas automáticas. Uso adecuado e óptimo dos recursos multimedia dixitais. Descarga de vídeos de Youtube. Edición de vídeo con Windows Movie Maker.
Tema 6. Web 2.0 e Google APS Plataforma de traballo colaborativo Google Apps. Google docs. Os Blogs: Creación e mantemento.
PRÁCTICAS Exercicios para a avaliación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A1 B5 C2 C3 13 39 52
Traballos tutelados B2 C2 C6 7 3 10
Proba obxectiva A1 B2 C6 1 10 11
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC As prácticas levaranse a cabo no laboratorio de radioloxía do segundo andar da Facultade. Empregaranse principalmente aplicación de software libre e o paquete office
Traballos tutelados Para cada tema de interesa o alumno deberá facer un traballo seguindo as especificacións e calendario descrito na plataforma Moodle
Proba obxectiva Examen sobre os contidos teóricos da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Intentarase traballar as ferramentas de interese para cada ámbito de traballo do alumno, especialemnte no referente oas grupos do JCR e do Web 2.0

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A1 B5 C2 C3 Realizaranse prácticas no laboratorio de Radioloxía e Accesibilidade do segundo andar da Facultade. Estas prácticas estan baseadas na plataforma Moodle 20
Traballos tutelados B2 C2 C6 Realizaranse traballos ao longo do curso. As especificacións, cronogramas e entrega farase a través da plataforma Moodle 50
Proba obxectiva A1 B2 C6 Examen sobre os contidos teóricos. O examen é opcional para os alumnos que asistan as prácticas e entreguen os traballos nos plazos establecidos. A súa ponderación repartirase entre as outras dúas metodoloxías. É obligatorio para os alumnos que nos asistan as clases 30
 
Observacións avaliación
<p> Será necesario superar ao menos con 50% cada proba para superar a materia.</p><div>O examen no é necesario para os alumnos que asistan ás clases e entreguen as prácticas en tempo. O peso desta proba repartirase entre as outras dúas probas de avaliación.</div>

Fontes de información
Bibliografía básica Microsoft (2011). Cree películas con Windows Movie Maker. Pagina Windows Movie Maker - http://www.microsoft.com/spain/windowsxp/using/moviemaker/default.mspx
Pascual González, Francisco (2014). Domine Microsoft Office 2013 . Madrid : Ra-Ma
Gustavo Sánchez Muñoz (2011). Imagen digital 4.0. http://www.gusgsm.com/
Equipo Adacity (2011). Manual de usuario de Audacity. Web oficial de Audacity - http://audacity.sourceforge.net/
Equipo GIMP (2011). The GIMP - Manual del usuario. Foro oficial de GIMP - http://www.gimp.org.es
Refworks (2011). Usuario de RefWorks Guía de inicio rápido VERSIÓN 5.0. http://www.refworks.com/content/documents/RefWorks_Quick_Start_Guide_Spanish_Galego.pdf
UDC (2011). Web de la biblioteca de la UDC. A Coruña : Universidade da Coruña. (http://www.udc.es/biblioteca)

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

As clases serán no Laboratorio de Radioloxía e Accesibilidade no 2º Andar da Facultade. A asistencia e entrega de prácticas seguindo o calendario exime do exame.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Para axudar a conseguir una contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do I Plan de Sustentabilidade Medio-ambiental Green Campus FCS, todos os traballos documentais que se realicen nesta materia serán entregados a través de Moodle, en formato dixital, sen necesidade de imprimilos.

De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase imprimir borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías