Identifying Data 2019/20
Subject (*) Health Economics and Social and Health Management Code 653862208
Study programme
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Optional 3
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Economía
Coordinador
Casal Rodríguez, Bruno
E-mail
bruno.casal@udc.es
Lecturers
Casal Rodríguez, Bruno
E-mail
bruno.casal@udc.es
Web http://www.brunocasalblog.wordpress.com
General description O obxectivo principal da asignatura é o de aportar os conceptos e as ferramentas básicas para desenvolver avaliacións económicas de tratamentos e tecnoloxías sanitarias. A asignatura introdúcese cun bloque de coñecementos relativos aos fundamentos básicos da economía da saúde como disciplina. A relación entre saúde e economía a través de resultados de saúde, dos determinantes da saúde das poboacións, e dos indicadores económicos —como o PIB ou o Gasto Sanitario— é outro dos contidos deste primeiro bloque. Un segundo bloque de contidos adícase ao estudo dos custes da enfermidade e das metodoloxías máis utilizadas na actualidade para a súa cuantificación e valoración económica. Nun terceiro bloque introdúcense as medidas de resultado dos tratamentos sanitarios, facendo especial fincapé nas medidas de calidade de vida relacionada coa saúde. O programa da materia remata cun bloque de contidos adicado ao estudo dos métodos de avaliación económica maís utilizados para a toma de decisións de financiación, e para o establecemento de prioridades entre alternativas terapéuticas.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A2 Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer os conceptos básicos da análise económica aplicada ao campo da saúde nos niveis micro e macroeconómico. AR2
BC2
BC5
CC4
CC5
Búsqueda, análise, interpretación, síntese e transmisión de información sobre resultados de saúde, recursos sanitarios, e diferentes tipos de variables económicas. AR2
BC2
BC3
BC4
BC5
CC4
Deseño e desenvolvemento dun estudo de avaliación económica (de medicamentos, tecnoloxías médicas ou programas de saúde). AR2
BC3
BC4
BC5
CC4
Recoñecer os criterios para a toma de decisións no sector da saúde, así como a presentación, o uso e a aplicación efectiva dos resultados dunha avaliación económica. AR2
BC2
BC4
CC4

Contents
Topic Sub-topic
BLOQUE 1: Introdución á economía da saúde como disciplina 1.1. A economía aplicada ao campo da saúde
1.2. Producción de saúde e análise do gasto sanitario
BLOQUE 2: Análise de custos no sector da saúde 2.1. Metodoloxía básica e fases de estimación
2.2. Valoración dos custos tanxibles
2.3. Valoración dos custos intanxibles
BLOQUE 3: Medición e valoración das gañancias de saúde 3.1. Introdución ás medidas de resultado clínico e de calidade de vida
3.2. Medidas xenéricas de gañancias de saúde: Os AVACs
3.3. Preferencias e estados de saúde: conceptos, métodos e instrumentos
BLOQUE 4: A avaliación económica no campo da saúde 4.1. Principios básicos da avaliación económica
4.2. A análise custo-efectividade
4.3. A análise custo-beneficio
4.4. A análise custo-utilidade
4.5. Presentación e uso de resultados

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A2 B2 B3 B4 B5 C4 C5 4 15 19
Guest lecture / keynote speech A2 B2 B4 B5 20 30 50
Objective test B2 B4 B5 1 0 1
Directed discussion B2 B3 B4 C4 1.5 1.5 3
Multiple-choice questions A2 B2 B3 B4 B5 C4 C5 1 0 1
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Realización de 3 ensaios aplicados en formato de "Letter" (máximo de 5 follas) sobre contidos da asignatura. Os ensaios poderán tratarse de comentarios críticos sobre artígos científicos do campo da economía e a saúde, oo aplicacións prácticas das metodoloxías de avaliación expostas na clase maxistral.
Guest lecture / keynote speech Exposición dos materiais didácticos e resolución de dúbidas
Objective test Proba consistente en preguntas de desenvolvemento medio sobre os contidos da asignatura.
Directed discussion Discusión e debate sobre aspectos marcados nos materiais como "Tema a Debate". Estableceránse grupos de discusión que defenderan perspectivas distintas sobre a temática a tratar.
Multiple-choice questions Proba tipo test de resposta múltiple sobre os contenidos da materia expostos no aula

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Guest lecture / keynote speech
Description
Resolución de dúbidas e orientación ó estudio. Seguimento e supervisión na realización de traballos

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Multiple-choice questions A2 B2 B3 B4 B5 C4 C5 Test de 14 preguntas de resposta múltiple sobre os contidos da asignatura expostos na aula. Os erros non penalizan a calificación. 20
Supervised projects A2 B2 B3 B4 B5 C4 C5 Avaliación dos traballos dacordo ao seguemento das normas básicas do método científico. Valorarase que os traballos presenten a estructura exposta na clase, e respondan ás hipóteses de investigación plantexadas na aula. Valorarase que os traballos presenten propostas e recomendacións de políticas públicas. Os traballos poderánse facer en grupo e serán expostos nunha sesión final ao remate do periodo de clases expositivas. 60
Objective test B2 B4 B5 Resposta a dúas preguntas de desenvolvemento sobre o temario da materia. Unha das preguntas da proba obxectiva poderá consistir na realización dun exercicio práctico de avaliación económica. 20
 
Assessment comments

Para superar a materia é necesario acadar un
mínimo de 50/100 puntos. Poderá acumularse a cualificación entre probas, non sendo
necesario acadar un mínimo en cada una das metodoloxías suxeitas a avaliación. As metodoloxías de avaliación e os requisitos mínimos para superar a materia serán esixibles para as dúas convocatorias oficiais.


Sources of information
Basic Rodríguez, Eva; Rivera, Berta y Casal, Bruno (2018). El coste social de la adicción: una guía para su estimación. Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad
Culyer, Anthony y Newhouse, Joseph (2000). Handbook of health economics. Elsevier
Drummond, Michael; Sculpher, Mark; Claxton, Karl; Stoddart, Greg y Torrance, George (2015). Methods for the economic evaluation of health care programmes. Oxford University Press
Pinto, Jose Luis y Sánchez, Fernando (2003). Métodos para la evaluación económica de nuevas prestaciones. Centre de Recerca en Economia i Salut – Cres y Ministerio de Sanidad y Consumo
Komlos, John y Kelly, Inas (2016). The Oxford Handbook of Economics and Human Biology. Oxford University Press
Glied, Sherry y Smith, Peter (2013). The Oxford Handbook of Health Economics. Oxford University Press
  • Gisbert i Gelonch R. (2002 ). Economía y Salud . Masson, Barcelona
  • Material docente proporcionado por el profesor
  • Instituto de estudios fiscales (2005). Informe para el análisis del gasto sanitario, . Madrid
Complementary OCDE (2017). Health at a Glance 2017: OECD Indicators. OCDE


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Como requisito previo para poder cursar a asignatura estímase necesario ter un coñecemento mínimo sobre o método científico e a redacción de documentos de investigación, así como o manexo a nivel usuario da folla de cálculo Excel. Nalgunha clase práctica é posible que se necesite traballar con algún paquete estatístico, como o SPSS oo o GRETL. É recomendable un nivel mínimo de inglés para a lectura e interpretación de textos científicos nesta língua.

Programa Green Campus FCS

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. 

b. De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores.

PLAxio

A detección de fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e a remisión directa á oportunidade seguinte.

Dita circunstancia comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou definitiva do/a estudante do título cursado.