Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Economía da Saúde e Xestión Sociosanitaria Código 653862208
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Casal Rodríguez, Bruno
Correo electrónico
bruno.casal@udc.es
Profesorado
Casal Rodríguez, Bruno
Correo electrónico
bruno.casal@udc.es
Web http://www.brunocasalblog.wordpress.com
Descrición xeral O obxectivo principal da asignatura é o de aportar os conceptos e as ferramentas básicas para desenvolver avaliacións económicas de tratamentos e tecnoloxías sanitarias. A asignatura introdúcese cun bloque de coñecementos relativos aos fundamentos básicos da economía da saúde como disciplina. A relación entre saúde e economía a través de resultados de saúde, dos determinantes da saúde das poboacións, e dos indicadores económicos —como o PIB ou o Gasto Sanitario— é outro dos contidos deste primeiro bloque. Un segundo bloque de contidos adícase ao estudo dos custes da enfermidade e das metodoloxías máis utilizadas na actualidade para a súa cuantificación e valoración económica. Nun terceiro bloque introdúcense as medidas de resultado dos tratamentos sanitarios, facendo especial fincapé nas medidas de calidade de vida relacionada coa saúde. O programa da materia remata cun bloque de contidos adicado ao estudo dos métodos de avaliación económica maís utilizados para a toma de decisións de financiación, e para o establecemento de prioridades entre alternativas terapéuticas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos básicos da análise económica aplicada ao campo da saúde nos niveis micro e macroeconómico. AI2
BM2
BM5
CM4
CM5
Búsqueda, análise, interpretación, síntese e transmisión de información sobre resultados de saúde, recursos sanitarios, e diferentes tipos de variables económicas. AI2
BM2
BM3
BM4
BM5
CM4
Deseño e desenvolvemento dun estudo de avaliación económica (de medicamentos, tecnoloxías médicas ou programas de saúde). AI2
BM3
BM4
BM5
CM4
Recoñecer os criterios para a toma de decisións no sector da saúde, así como a presentación, o uso e a aplicación efectiva dos resultados dunha avaliación económica. AI2
BM2
BM4
CM4

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1: Introdución á economía da saúde como disciplina 1.1. A economía aplicada ao campo da saúde
1.2. Producción de saúde e análise do gasto sanitario
BLOQUE 2: Análise de custos no sector da saúde 2.1. Metodoloxía básica e fases de estimación
2.2. Valoración dos custos tanxibles
2.3. Valoración dos custos intanxibles
BLOQUE 3: Medición e valoración das gañancias de saúde 3.1. Introdución ás medidas de resultado clínico e de calidade de vida
3.2. Medidas xenéricas de gañancias de saúde: Os AVACs
3.3. Preferencias e estados de saúde: conceptos, métodos e instrumentos
BLOQUE 4: A avaliación económica no campo da saúde 4.1. Principios básicos da avaliación económica
4.2. A análise custo-efectividade
4.3. A análise custo-beneficio
4.4. A análise custo-utilidade
4.5. Presentación e uso de resultados

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A2 B2 B3 B4 B5 C4 C5 4 15 19
Sesión maxistral A2 B2 B4 B5 20 30 50
Proba obxectiva B2 B4 B5 1 0 1
Discusión dirixida B2 B3 B4 C4 1.5 1.5 3
Proba de resposta múltiple A2 B2 B3 B4 B5 C4 C5 1 0 1
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realización de 3 ensaios aplicados en formato de "Letter" (máximo de 5 follas) sobre contidos da asignatura. Os ensaios poderán tratarse de comentarios críticos sobre artígos científicos do campo da economía e a saúde, oo aplicacións prácticas das metodoloxías de avaliación expostas na clase maxistral.
Sesión maxistral Exposición dos materiais didácticos e resolución de dúbidas
Proba obxectiva Proba consistente en preguntas de desenvolvemento medio sobre os contidos da asignatura.
Discusión dirixida Discusión e debate sobre aspectos marcados nos materiais como "Tema a Debate". Estableceránse grupos de discusión que defenderan perspectivas distintas sobre a temática a tratar.
Proba de resposta múltiple Proba tipo test de resposta múltiple sobre os contenidos da materia expostos no aula

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
Resolución de dúbidas e orientación ó estudio. Seguimento e supervisión na realización de traballos

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A2 B2 B3 B4 B5 C4 C5 Test de 14 preguntas de resposta múltiple sobre os contidos da asignatura expostos na aula. Os erros non penalizan a calificación. 20
Traballos tutelados A2 B2 B3 B4 B5 C4 C5 Avaliación dos traballos dacordo ao seguemento das normas básicas do método científico. Valorarase que os traballos presenten a estructura exposta na clase, e respondan ás hipóteses de investigación plantexadas na aula. Valorarase que os traballos presenten propostas e recomendacións de políticas públicas. Os traballos poderánse facer en grupo e serán expostos nunha sesión final ao remate do periodo de clases expositivas. 60
Proba obxectiva B2 B4 B5 Resposta a dúas preguntas de desenvolvemento sobre o temario da materia. Unha das preguntas da proba obxectiva poderá consistir na realización dun exercicio práctico de avaliación económica. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario acadar un
mínimo de 50/100 puntos. Poderá acumularse a cualificación entre probas, non sendo
necesario acadar un mínimo en cada una das metodoloxías suxeitas a avaliación. As metodoloxías de avaliación e os requisitos mínimos para superar a materia serán esixibles para as dúas convocatorias oficiais.


Fontes de información
Bibliografía básica Rodríguez, Eva; Rivera, Berta y Casal, Bruno (2018). El coste social de la adicción: una guía para su estimación. Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad
Culyer, Anthony y Newhouse, Joseph (2000). Handbook of health economics. Elsevier
Drummond, Michael; Sculpher, Mark; Claxton, Karl; Stoddart, Greg y Torrance, George (2015). Methods for the economic evaluation of health care programmes. Oxford University Press
Pinto, Jose Luis y Sánchez, Fernando (2003). Métodos para la evaluación económica de nuevas prestaciones. Centre de Recerca en Economia i Salut – Cres y Ministerio de Sanidad y Consumo
Komlos, John y Kelly, Inas (2016). The Oxford Handbook of Economics and Human Biology. Oxford University Press
Glied, Sherry y Smith, Peter (2013). The Oxford Handbook of Health Economics. Oxford University Press
  • Gisbert i Gelonch R. (2002 ). Economía y Salud . Masson, Barcelona
  • Material docente proporcionado por el profesor
  • Instituto de estudios fiscales (2005). Informe para el análisis del gasto sanitario, . Madrid
Bibliografía complementaria OCDE (2017). Health at a Glance 2017: OECD Indicators. OCDE


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Como requisito previo para poder cursar a asignatura estímase necesario ter un coñecemento mínimo sobre o método científico e a redacción de documentos de investigación, así como o manexo a nivel usuario da folla de cálculo Excel. Nalgunha clase práctica é posible que se necesite traballar con algún paquete estatístico, como o SPSS oo o GRETL. É recomendable un nivel mínimo de inglés para a lectura e interpretación de textos científicos nesta língua.

Programa Green Campus FCS

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. 

b. De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores.

PLAxio

A detección de fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e a remisión directa á oportunidade seguinte.

Dita circunstancia comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou definitiva do/a estudante do título cursado.