Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Actividade Física e Investigación en Antropometría Código 653862210
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Educación Física e Deportiva
Coordinación
Agrasar Cruz, Carlos Maria
Correo electrónico
carlos.agrasar@udc.es
Profesorado
Agrasar Cruz, Carlos Maria
Pombo Fernandez, Manuel Jose
Correo electrónico
carlos.agrasar@udc.es
manuel.pombo@udc.es
Web http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm
Descrición xeral A asignatura ten como obxectivos introducir ao alumnado no campo da actividade física relacionada coa saúde, para permitirlle adquirir os coñecementos tanto teóricos como prácticos. Abórdanse aspectos da fisioloxía do exercicio, composición corporal e aspectos relacionados coa prescripción de exercicio e a saúde. A Antropometría é unha disciplina moi utilizada no eido das Ciencias do Deporte e a Saúde, utilizándose parámetros antropométricos na valoración e control do exercicio físico e no control ponderal e nutricional.

Outro obxectivo é proporcionar as bases que permitan comprender os procesos patolóxicos que afectan aos seres humanos, para mitigar os seus efectos cunha adecuada prescripción de exercicio.

Por último, fomentar e desarrollar no alumnado unha conciencia crítica e unha inquietude investigadora que sirva de cauce para esta formación en estudos de terceiro ciclo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir coñecementos sobre as bases da actividade física e o exercicio e a súa relación coa saúde. AI1
BM4
BM5
CM3
CM6
Adquirir coñecementos sobre a estrutura e función dos diferentes aparatos e sistemas corporais que interveñen na práctica da actividade física e do exercicio. AI1
BM4
BM5
CM3
CM6
Coñecer cales son as repercusións fisiolóxicas dunha axeitada práctica de exercicio e as lesións que se poden producir cunha mala práctica. AI1
BM4
BM5
CM3
CM6
Coñecer as liñas de investigación actuais no eido da antropometría e a composición corporal relacionadas coa actividade física e a saúde. AI1
BM3
BM4
BM5
CM2
CM3
CM6
Coñecer e saber realizar sesións prácticas de diferentes tipos de adestramento (forza, flexibilidade, resistencia). AI1
BM2
BM4
BM5
CM1
CM3
CM6
Adquirir a capacidade de elaborar e expoñer un traballo en público. AI1
BM2
BM3
BM4
BM5
CM1
CM3
CM5
CM6

Contidos
Temas Subtemas
CLASES TEÓRICAS
Tema 1.- Relación entre a actividade física e a saúde: estilos de vida saudables.

Tema 2.- O músculo esquelético: estrutura e función.

Tema 3.- Estrutura e función do sistema cardiovascular e o aparato respiratorio.


Tema 4.- Antropometría: aplicacións. Composición corporal.

Tema 5.- O quencemento: aspectos teóricos.

Temas 6.- A flexibilidade: bases anatómicas.

Tema 7.- A forza: bases para o adestramento da forza.

Tema 8.- Teoría do adestramento aeróbico.

Tema 9.- O entorno laboral: ergonomía e ximnasia laboral.
CLASES PRÁCTICAS-SEMINARIOS

- Quencemento: aspectos prácticos.
- Flexibilidade: sesión práctica.
- Forza: sesión práctica.
- Resistencia: sesión práctica.
- Antropometría: taller práctico.

- Seminarios de discusión bibliográfica de aplicación do exercicio físico e parámetros antropométricos ás distintas patoloxías.

- Exposición pública dos traballos tutelados.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 B4 B5 C1 C3 C5 C6 6 12 18
Análise de fontes documentais A1 B4 B5 4 0 4
Lecturas B2 B4 B5 0 20 20
Proba obxectiva B2 B4 B5 C1 2 0 2
Traballos tutelados A1 B3 B4 1 12 13
Práctica de actividade física C6 8 8 16
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas a todo o grupo de alumnos.
Análise de fontes documentais Lectura e discusión de artigos de revistas que comprendan os aspectos mías relevantes das investigacións actuais no eido da antropometría e da actividade física en relación coa saúde.
Lecturas Lecturas de capítulos recomendados de libros e revistas científicas, completada cunha busca bibliográfica do tema do traballo tutelado.
Proba obxectiva Proba final consistente en responder a varias preguntas curtas referidas aos contidos teóricos da asignatura.
Traballos tutelados Realización dun traballo tutelado no que o alumno/a deberá expoñer un tema de antropometría e/ou de actividade física e saúde preferiblemente relacionado coa actividade laboral que desempeña o alumno/a ou que pensa desenvolver no futuro.
Práctica de actividade física Sesións prácticas de métodos antropométricos. Sesións de quencemento, exercicios de flexibilidade, e circuitos de forza e resistencia aeróbica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Práctica de actividade física
Traballos tutelados
Descrición
Enténdese por atención personalizada o tempo que cada profesor reserva para atender e resolver dúbidas ao alumnado en relación a unha materia concreta.

Comprenderá toda a actividade académica desenvolvida polo profesorado (de xeito individual ou en pequeno grupo) que ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe.

Esta actividade pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula, nas prácticas e nos momentos que o profesor ten asignados a titorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou do campus virtual).


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 B4 B5 C1 Exame consistente en preguntas curtas de tódolos contidos teóricos e prácticos. 50
Traballos tutelados A1 B3 B4 Avaliación baseada na organización, relevancia, exposición pública e bibliografía actualizada do traballo.
50
 
Observacións avaliación

Será necesaria unha asistencia
a un mínimo do 50% do total das sesións teóricas e prácticas da asignatura.


Fontes de información
Bibliografía básica

https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gif Hardman, A.; Stensel D. (2009). Physical activity and health. New York. Routledge.
https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gif Carol West Suitor; Vivica I. Kraak (2007). Adequacy of Evidence for Physical Activity Guidelines Development: Workshop Summary. National Academic Press
https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gif Paffenbarger R.S.; Blair S.N.; Lee, I. (2001). A history of physical activity, cardiovascular health and longevity: the scientific contributions of Jeremy N Morris. International Journal of Epidemiology 2001 30:1184-92
https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gif Klee, Andreas (2010). Movilidad y flexibilidad. Método práctico de estiramientos.. Editorial Paidotribo
https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gif Aragonés Clemente, Mt; Casajús Mallen, Ja; Rodríguez Guisado, F.; Cabañas Armesilla, Md. (1993). Protocolo de medidas antropométricas. En: Manual de Cineantropometría. . Colección de Monografías de Medicina del Deporte Femede nº 3, pp 35-66

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

As sesións prácticas aconsellan a utilización de roupa deportiva.
As sesións de prácticas de antropometría faránse coa menor roupa posible (bañador en homes e bikini en mulleres).



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías