Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Atención Integral das Persoas con Lesión Medular Código 653862214
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Rodríguez Sotillo, Antonio
Correo electrónico
antonio.rodriguez.sotillo@udc.es
Profesorado
Rodríguez Sotillo, Antonio
Correo electrónico
antonio.rodriguez.sotillo@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Adquirir un sentido ético da investigación sanitaria.
A4 Obter un substrato teórico suficiente para comprender o entorno clínico de aplicación das técnicas de investigación.
A5 Adquirir o coñecemento da realidade investigadora nun ámbito concreto das ciencias da saúde.
B1 Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
B6 Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar.
B7 Capacidade de establecer unha relación de empatía cos suxeitos implicados no desenvolvemento da actividade investigadora.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender o rol dos diversos profesionais de ciencias da saúde nas unidades hospitalarias de lesión medular. AI3
AI4
AI5
BM1
BM2
BM4
BM5
BM6
CM1
CM4
CM7
CM8
Coñecer e comprender como afecta a lesión medular á persoa nos aspectos físicos, psicolóxicos, sociais e laborais. AI3
AI4
AI5
BM2
BM5
BM6
BM7
CM1
CM4
CM6
CM7
CM8
Coñecer e comprender a valoración e a análise de diversas etioloxías que orixinan lesión medular. AI3
AI4
AI5
BM2
BM5
BM6
BM7
CM1
CM4
CM6
CM7
CM8
Coñecer e comprender os diversos síndromes medulares, en especial os que orixinan discapacidade. AI3
AI4
AI5
BM2
BM5
BM6
BM7
CM1
CM4
CM6
CM7
CM8
Coñecer e comprender os aspectos de intervención e reinserción socio-laboral da persoa con lesión medular. AI3
AI4
AI5
BM2
BM5
BM6
BM7
CM1
CM4
CM6
CM7
CM8
Comprender e aplicar técnicas estatísticas, informáticas (redes, data minig,…) que poidan predicir aspectos etiolóxicos, diagnósticos e, en especial, prognósticos na rehabilitación integral das persoas con lesión medular. AI3
AI4
AI5
BM1
BM2
BM4
BM5
BM7
CM1
CM8
Integrar coñecementos das unidades de lesión medular para emitir e formular xuízos, a través da análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas. AI3
AI4
AI5
BM1
BM2
BM4
BM5
BM7
CM1
CM8
Comunicar os coñecementos a públicos especializados e non especializados, cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral. AI3
AI4
AI5
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM7
CM1
CM4
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
T1.- Introducción. Contidos: Anatomía e fisioloxía da medula espinal. Epidemioloxía da lesión medular. Concepto e consecuencias clínicas. Patofisioloxía da lesión medular. Precaucións e consideracións en persoas con Lesión Medular. Papel do repouso e do exercicio na Rehabilitación da Lesión Medular. T2.- Fisioloxía en pacientes con Lesión Medular Contidos: Respostas fisiolóxicas e a súa valoración. Técnicas de adestramento para mellorar a capacidade física. Exercicio da musculatura paralizada inducido por FES. T3.- Disfuncións do Paciente coa Lesión Medular Contidos: Disfunción do SN Autonómico. Disfunción motora. Disfunción sensitiva. Outras consideracións. T4.- Desenvolvemento de programas de Rehabilitación en persoas con Lesión Medular Contidos: Equipos de valoración recomendados. Protocolos de Test. Variables a estudar. Resultados esperados. Prevención de lesións. Establecemento do programa. T5.- Programas de exercicio específico: Compoñentes da forma física. Exercicio e adestramento recomendados. Sobreexercicio. T6.- Deporte na Persoa con Lesión Medular. Contidos: Atletismo en cadeira de rodas. Tenis. Baloncesto. Natación. Rugby. Tenis de mesa. Tiro. Esgrima. Billar. Outros. T7.- Lesións por sobreuso en membros superiores Contidos: Patofisioloxía e tratamento. Lesións específicas en cadeira de rodas. Actividades non presenciais. Traballos tutelados (TT)
Traballo tutelado sobre a materia para publicación en revista científica ou unha comunicación oral a un congreso baixo a tutela do profesor/profesores responsables.
Titorías a demanda para supervisar o traballo. Mínimo unha titoría obrigatoria. Titorías virtuais co responsable da materia.
CLASES PRÁCTICAS-SEMINARIOS

Prácticas
T8.- Rehabilitación Integral da persoa con Lesión Medular.
Lugar de Impartición: A Coruña, Hospital Juan Canalejo, Unidade de Lesionados Medulares.
Contidos: Aproximación á práctica cotiá na Unidade de Lesión Medular do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo.

Seminarios
Seminario Teórico-Práctico ou asistencia aos cursos organizados sobre a materia no transcurso do ano académico. Os alumnos poderán impartir seminarios nos que desenvolverán e comentarán un tema específico.

Outros: Trabajo tutelado y Memoria del curso.
Procurarase por en marcha unha participación no Sistema de Teleformación Virtual da Universidade da Coruña para interaccionar cos alumnos: foros de discusión, descarga de ficheiros, titorías virtuais, etc.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas clínicas A3 A4 A5 B1 B2 B5 B6 B7 C1 C4 C6 C7 C8 6 12 18
Estudo de casos A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C4 3 6 9
Actividades iniciais A5 B5 2 6 8
Traballos tutelados A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C6 C7 C8 0 16 16
Sesión maxistral A4 A5 B1 B3 C1 C6 16 32 48
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que os estudantes observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Traballos tutelados
Descrición
Resolución de dúbidas e orientación ó estudio.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A4 A5 B1 B3 C1 C6 Valolarase a participación activa do alumnado. 35
Prácticas clínicas A3 A4 A5 B1 B2 B5 B6 B7 C1 C4 C6 C7 C8 Valorarase a participación activa do alumnado. 5
Traballos tutelados A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Valolarase a realización dun traballo sobre un tema proposto polo profesorado. 60
 
Observacións avaliación




Sistemas e criterios de avaliación da aprendizaxe: 1.- Parte presencial 40%: - Presenza obrigatoria. - Avaliación continuada mediante as Titorías. 2.- Parte non presencial 60%: - Traballo tutelado final que poida concluir nunha revista científica ou nunha comunicación oral a un congreso, xornada ou similar, baixo a dirección do profesor responsable e que supoña motivación no uso da metodoloxía innovadora en Rehabilitación na Lesión Medular con inicio da análise e determinación de variables e uso de estatística habitual e informática. 3.- Para aqueles alumnos que non acudan en presenza obrigatoria ao 75 % das horas presenciais, realizarase un exame final e único sobre os contidos teóricos e prácticos de tipo oral ou escrito de preguntas largas, curtas ou intermedias e/ou preguntas tipo test. 4.- Existen dos convocatorias/ediciones: Primeira (primer cuatrimestre) e Segunda (Julio). Os alumnos teñen derecho a presentarse as mesmas, en as condicións referidas, e ante a duda do profesor que imparte o do estudante ao criterio do profesor responsable da asignatura. 5.- La realización de las calificaciones referidas es responsabilidade do profesor que imparte a asignatura e as entregará REVISADAS no marco legal establecido (revisión con lugar, día e hora avisadas con 48 horas de antelación al alumnado) ao profesor responsable da asignatura no prazo referido por este (que corresponderá a metade entre a fecha oficial do examen -independientemente de que este no se haga- e a fecha oficial de firma de actas) para su inclusión en la aplicación informática, salvo que el profesor responsable le delegue esta función.


Fontes de información
Bibliografía básica
  • Miranda Mayordomo JL. Rehabilitación Médica. Madrid:Aula Médica; 2004.
  • De Lisa J, Gans B, Currie D. Rehabilitation Medicine. Principles and Practice. Philadelphia: Lippincott; 1993.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Programa Green Campus FCS

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. 

b. De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores.

PLAxio

A detección de fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e a remisión directa á oportunidade seguinte.

Dita circunstancia comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou definitiva do/a estudante do título cursado.