Identifying Data 2020/21
Subject (*) Comprehensive Care for People with Spinal Cord Injury Code 653862214
Study programme
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Obligatory 4
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinador
Rodríguez Sotillo, Antonio
E-mail
antonio.rodriguez.sotillo@udc.es
Lecturers
Rodríguez Sotillo, Antonio
E-mail
antonio.rodriguez.sotillo@udc.es
Web
General description
Contingency plan PLAN DE CONTINXENCIA:
1.-A docencia da materia durante o curso 2020-2021 realizarase de maneira presencial na súa totalidade (xa que o número habitual do alumnado do máster permitirá gardar as normas de seguridade recomendadas polo centro e pola UDC) sempre que as condicións derivadas da pandemia covid-19 permitan volver a presencialidade na aula 9 do Edificio Universitario de Oza.

2.-En caso de que retornemos ao confinamento pola pandemia COVID-19, a docencia realizarase de forma virtual por TEAMS.


1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán modificacións dos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
-Sesión maxistral (computa na avaliación mediante a asistencia)
-Seminarios (computa na avaliación mediante a asistencia)
-Prácticas clínicas (computa na avaliación mediante a asistencia)-
-Proba obxectiva (computa na avaliación).

*Metodoloxías docentes que se modifican:
-Non aplica

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas ou solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas.
-Moodle: Diariamente. Segundo a necesidad do alumnado. Incorporarasen documentos con material para facer seguimento das sesions maxistrales e outros documentos de consulta. Ademais disponente de foros temáticos asociados aos módulos da materia para facer as consultas necesarias.
-Teams: sesións a demanda dos alumnos (previa cita por correo electrónico) para facer as consultas necesarias da materia
4. Modificacións na avaliación
1.- Parte presencial (40%): valorarase a asistencia a sesións maxistrais, seminarios e prácticas clínicas.

2.-Avaliación continua (20%): valorarase a participación do alumno na dinámica das clases e nos seminarios

2.-Proba obxectiva (40%): consistirá nunha proba escrita que versará sobre o estudo dun caso clínico, sobre o que se farán cuestións relativas a teoría explicada nas sesións maxistrais e seminarios, así como relativas o deseño dun programa de rehabilitación para o caso concreto.

*Observacións de avaliación:
-Na avaliación da asistencias para poder terse en conta será obrigatorio a asistencia ó 80% das sesións e seminarios. A asistencia as prácticas deberá ser do 100%.
-Para poder superar a asignatura o alumno deberá superar a proba objetiva a lo menos con un 50% do seu valor ( non se poderá facer media co apartado anterior se non se supera a proba obxectiva)

-En caso de non poder realizar dita proba, o alumno deberá presentar para superar a asignatura un traballo tutelado que versará sobre os contidos da asignatura

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
-Non se realizaran cambios. Disporán ademais de material teórica e práctico dixitalizado en Moodle.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A3 Adquirir un sentido ético da investigación sanitaria.
A4 Obter un substrato teórico suficiente para comprender o entorno clínico de aplicación das técnicas de investigación.
A5 Adquirir o coñecemento da realidade investigadora nun ámbito concreto das ciencias da saúde.
B1 Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
B6 Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar.
B7 Capacidade de establecer unha relación de empatía cos suxeitos implicados no desenvolvemento da actividade investigadora.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e comprender o rol dos diversos profesionais de ciencias da saúde nas unidades hospitalarias de lesión medular. AR3
AR4
AR5
BC1
BC2
BC4
BC5
BC6
CC1
CC4
CC7
CC8
Coñecer e comprender como afecta a lesión medular á persoa nos aspectos físicos, psicolóxicos, sociais e laborais. AR3
AR4
AR5
BC2
BC5
BC6
BC7
CC1
CC4
CC6
CC7
CC8
Coñecer e comprender a valoración e a análise de diversas etioloxías que orixinan lesión medular. AR3
AR4
AR5
BC2
BC5
BC6
BC7
CC1
CC4
CC6
CC7
CC8
Coñecer e comprender os diversos síndromes medulares, en especial os que orixinan discapacidade. AR3
AR4
AR5
BC2
BC5
BC6
BC7
CC1
CC4
CC6
CC7
CC8
Coñecer e comprender os aspectos de intervención e reinserción socio-laboral da persoa con lesión medular. AR3
AR4
AR5
BC2
BC5
BC6
BC7
CC1
CC4
CC6
CC7
CC8
Comprender e aplicar técnicas estatísticas, informáticas (redes, data minig,…) que poidan predicir aspectos etiolóxicos, diagnósticos e, en especial, prognósticos na rehabilitación integral das persoas con lesión medular. AR3
AR4
AR5
BC1
BC2
BC4
BC5
BC7
CC1
CC8
Integrar coñecementos das unidades de lesión medular para emitir e formular xuízos, a través da análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas. AR3
AR4
AR5
BC1
BC2
BC4
BC5
BC7
CC1
CC8
Comunicar os coñecementos a públicos especializados e non especializados, cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral. AR3
AR4
AR5
BC1
BC2
BC3
BC4
BC5
BC7
CC1
CC4
CC6
CC7
CC8

Contents
Topic Sub-topic
T1.- Introducción. Contidos: Anatomía e fisioloxía da medula espinal. Epidemioloxía da lesión medular. Concepto e consecuencias clínicas. Patofisioloxía da lesión medular. Precaucións e consideracións en persoas con Lesión Medular. Papel do repouso e do exercicio na Rehabilitación da Lesión Medular. T2.- Fisioloxía en pacientes con Lesión Medular Contidos: Respostas fisiolóxicas e a súa valoración. Técnicas de adestramento para mellorar a capacidade física. Exercicio da musculatura paralizada inducido por FES. T3.- Disfuncións do Paciente coa Lesión Medular Contidos: Disfunción do SN Autonómico. Disfunción motora. Disfunción sensitiva. Outras consideracións. T4.- Desenvolvemento de programas de Rehabilitación en persoas con Lesión Medular Contidos: Equipos de valoración recomendados. Protocolos de Test. Variables a estudar. Resultados esperados. Prevención de lesións. Establecemento do programa. T5.- Programas de exercicio específico: Compoñentes da forma física. Exercicio e adestramento recomendados. Sobreexercicio. T6.- Deporte na Persoa con Lesión Medular. Contidos: Atletismo en cadeira de rodas. Tenis. Baloncesto. Natación. Rugby. Tenis de mesa. Tiro. Esgrima. Billar. Outros. T7.- Lesións por sobreuso en membros superiores Contidos: Patofisioloxía e tratamento. Lesións específicas en cadeira de rodas. Actividades non presenciais. Traballos tutelados (TT)
Traballo tutelado sobre a materia para publicación en revista científica ou unha comunicación oral a un congreso baixo a tutela do profesor/profesores responsables.
Titorías a demanda para supervisar o traballo. Mínimo unha titoría obrigatoria. Titorías virtuais co responsable da materia.
CLASES PRÁCTICAS-SEMINARIOS

Prácticas
T8.- Rehabilitación Integral da persoa con Lesión Medular.
Lugar de Impartición: A Coruña, Hospital Juan Canalejo, Unidade de Lesionados Medulares.
Contidos: Aproximación á práctica cotiá na Unidade de Lesión Medular do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo.

Seminarios
Seminario Teórico-Práctico ou asistencia aos cursos organizados sobre a materia no transcurso do ano académico. Os alumnos poderán impartir seminarios nos que desenvolverán e comentarán un tema específico.

Outros: Trabajo tutelado y Memoria del curso.
Procurarase por en marcha unha participación no Sistema de Teleformación Virtual da Universidade da Coruña para interaccionar cos alumnos: foros de discusión, descarga de ficheiros, titorías virtuais, etc.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Clinical practice placement A3 A4 A5 B1 B2 B5 B6 B7 C1 C4 C6 C7 C8 6 12 18
Case study A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C4 3 6 9
Introductory activities A5 B5 2 6 8
Supervised projects A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C6 C7 C8 0 16 16
Guest lecture / keynote speech A4 A5 B1 B3 C1 C6 16 32 48
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Clinical practice placement O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que os estudantes observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.
Case study Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Introductory activities Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Personalized attention
Methodologies
Clinical practice placement
Supervised projects
Description
Resolución de dúbidas e orientación ó estudio.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech A4 A5 B1 B3 C1 C6 Valolarase a participación activa do alumnado. 35
Clinical practice placement A3 A4 A5 B1 B2 B5 B6 B7 C1 C4 C6 C7 C8 Valorarase a participación activa do alumnado. 5
Supervised projects A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Valolarase a realización dun traballo sobre un tema proposto polo profesorado. 60
 
Assessment comments




Sistemas e criterios de avaliación da aprendizaxe: 1.- Parte presencial 40%: - Presenza obrigatoria. - Avaliación continuada mediante as Titorías. 2.- Parte non presencial 60%: - Traballo tutelado final que poida concluir nunha revista científica ou nunha comunicación oral a un congreso, xornada ou similar, baixo a dirección do profesor responsable e que supoña motivación no uso da metodoloxía innovadora en Rehabilitación na Lesión Medular con inicio da análise e determinación de variables e uso de estatística habitual e informática. 3.- Para aqueles alumnos que non acudan en presenza obrigatoria ao 75 % das horas presenciais, realizarase un exame final e único sobre os contidos teóricos e prácticos de tipo oral ou escrito de preguntas largas, curtas ou intermedias e/ou preguntas tipo test. 4.- Existen dos convocatorias/ediciones: Primeira (primer cuatrimestre) e Segunda (Julio). Os alumnos teñen derecho a presentarse as mesmas, en as condicións referidas, e ante a duda do profesor que imparte o do estudante ao criterio do profesor responsable da asignatura. 5.- La realización de las calificaciones referidas es responsabilidade do profesor que imparte a asignatura e as entregará REVISADAS no marco legal establecido (revisión con lugar, día e hora avisadas con 48 horas de antelación al alumnado) ao profesor responsable da asignatura no prazo referido por este (que corresponderá a metade entre a fecha oficial do examen -independientemente de que este no se haga- e a fecha oficial de firma de actas) para su inclusión en la aplicación informática, salvo que el profesor responsable le delegue esta función.


Sources of information
Basic
  • Miranda Mayordomo JL. Rehabilitación Médica. Madrid:Aula Médica; 2004.
  • De Lisa J, Gans B, Currie D. Rehabilitation Medicine. Principles and Practice. Philadelphia: Lippincott; 1993.
Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Programa Green Campus FCS

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. 

b. De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores.

PLAxio

A detección de fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e a remisión directa á oportunidade seguinte.

Dita circunstancia comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou definitiva do/a estudante do título cursado.