Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Investigación na Ocupación Humana Código 653862218
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Ciencias da Saúde
Coordinación
Rivas Quarneti, Natalia Yanaina
Correo electrónico
natalia.rivas.quarneti@udc.es
Profesorado
Avila alvarez, Adriana I.
Movilla Fernandez, Maria Jesus
Rivas Quarneti, Natalia Yanaina
Viana Moldes, Ines
Correo electrónico
adriana.avila.alvarez@udc.es
maria.jesus.movilla@udc.es
natalia.rivas.quarneti@udc.es
ines.viana@udc.es
Web http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm
Descrición xeral Nesta materia preténdese reflexionar críticamente sobre as posibilidades da investigación na ocupación humana na práctica cotiá de profesionais sociosanitarias/os coma fortalecemento da praxis (inter)disciplinar e práctica basada na evidencia. Para iso, o alumnado traballará de xeito colaborativo e guiado polas docentes co fin de articular os elementos fundamentais da investigación en xeral, e cualitativa en particular, calidade de vida e ciencia ocupacional dun xeito relevante para a súa conterna inmediata.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta.
A2 Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados.
A3 Adquirir un sentido ético da investigación sanitaria.
A5 Adquirir o coñecemento da realidade investigadora nun ámbito concreto das ciencias da saúde.
B1 Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
B6 Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar.
B7 Capacidade de establecer unha relación de empatía cos suxeitos implicados no desenvolvemento da actividade investigadora.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Reflexionar sobre a práctica profesional diaria como unha oportunidade de crecemento profesional-persoal, saúde e benestar. AI5
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1
CM2
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Coñecementos e capacidades para aplicar a teoría e a práctica da investigación na ocupación humana. AI5
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1
CM2
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Coñecemento e capacidade para aplicar a Ciencia Ocupacional dentro do contexto da investigación en Terapia Ocupacional/investigación na ocupación humana. AI1
AI2
AI3
AI5
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Coñecemento e capacidade para empregar a Ciencia Ocupacional nun contexto investigador interdisciplinar AI1
AI2
AI3
AI5
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Investigación na ocupación humana, autonomía personal e calidade de vida.
1.1. Introdución á investigación na ocupación humana.
1.2. Bases conceptuais da investigación na ocupación humana.
1.3. Introdución á Ciencia Ocupacional.
Tema 2: Investigación asociada á práctica profesional diaria
Análisis sobre:
2.1. Expectativas
2.2. Realidades
2.3. Significados
Articulación coas competencias da materia
Tema 3: A investigación na ocupación humana aplicada á nosa realidade 3.1. Obradoiros práctico-teóricos.
Presentación de traballos de investigación relacionados co eido da ocupación humana/ciencias sociosanitarias
Articulación coa realidade/intereses no eido sociosanitario do alumnado
Tema 4: Investigación en calidade de vida
4.1. Aplicacións prácticas
Tema 5: Ocupación humana significativa: unha ponte entre a educación, a investigación, o traballo en equipo cidadanía.
5.1. Aplicacións prácticas
Tema 6: Investigación cualitativa e Ciencia Ocupacional 6.1.- Conceptos fundamentales de la investigación cualitativa

6.2.- Ciencia Ocupacional e Investigación Cualitativa. Aportes interdisciplinares

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 8 28 36
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A5 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 5 7.5 12.5
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 B1 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 5 7.5 12.5
Discusión dirixida A1 A2 A3 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1.75 0 1.75
Obradoiro A1 A2 A3 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 4.5 6.75 11.25
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela da/o profesora/or e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción basada na asunción do estudantado da responsabilidade da súa propia aprendizaxe.
Este sistema baséase en dous elementos básicos: a aprendizaje independiente do estudantado e o seguemento desa aprendizaxe pola profesora/s-tutora/s.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ás/ós estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por unha/un profesora/or en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por unha/un moderadora/or.
Obradoiro Combinaranse diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través das que o alumnado desenvolverá tarefas prácticas no ámbito da investigación na ocupación humana, co apoio e supervisión do profesorado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Descrición
Resolución de dúbidas e orientación da/o alumna/o no contido da materia e metodoloxías da materia.

A atención personalizada farase, globalmente, mediante titorías personalizadas directas e virtuais, individuais e grupais.

A docente responsable da materia estará dispoñible no despacho do centro segundo o horario de titoría, establecido ó inicio da materia e mediante previo aviso vía correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorase a participación, aporte (articulación teórica, evolución, reflexión e pensamiento crítico) e evolución no transcurso da materia. 15
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A5 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 Avaliarase a participación e aportación individual, así coma a súa evolución, no desenvolvemento do traballo grupal na aula. 20
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliarase a presentación oral e escrita dunha proposta de investigación relacionada coa investigación na ocupación humana/ Ciencia Ocupacional nun contexto interdisciplinar. Empregarase o formato póster científico para a devandita presentación.

A calificación repartirse do siguinte modo:
20% póster grupal (formato e contido)
20% presentación individual
25% defensa individual


65
 
Observacións avaliación

Toda/o estudante ten dereito a dúas convocatorias de avaliación: xuño e xullo. No entanto, esta materia desenvolverase cunha metodoloxía diversificada e con avaliación continuada. - Para as persoas que realicen a materia de maneira non presencial, a súa calificación máxima será 7,5. - Recoméndase puntualidade en tódalas sesións.


Fontes de información
Bibliografía básica

Carter,S.M., & Little, M. (2007). Justifying knowledge, justifying method,taking action: epistemologies, methodologies, and methods in qualitativeresearch. QualitativeHealth Research, 17(10),1316-1328.http://doi.org/10.1177/1049732307306927

Denzin,N.K., & Lincoln, Y. S. (2005). The SAGE Handbook of Qualitative Research.SAGE.

Hocking, C.,Jones, M., & Reed, K. (2015). Occupational Science Informing Occupational Therapy Interventions. En I. Söderback (Ed.), InternationalHandbook of Occupational Therapy Interventions (pp. 127-134). SperInternational Publishing.

Larson, E., Wood, W., & Clark, F. (2005). Ciencia Ocupacional desarrollo de la cienciay la práctica de la ocupación a través de una disciplina académica[Occupational Science: science and professional development through an academicdiscipline]. En Willard & Spackman, terapia ocupacional (10aed, pp. 15-26). Buenos Aires; Madrid: Médica Panamericana.

Molineux, M., & Whiteford, G. (2012). Occupational science: genesis,evolution and future contribution. En E. A. S. Duncan (Ed.), Foundations forpractice in occupational therapy (5.a ed.). Edinburgh: Elsevier.

Flick,U. (2004). Introducción a la investigación cualitativa. Madrid: Morata.

GómezMengelberg E. Un recorrido histórico del concepto de salud y calidad de vida através de los documentos de la OMS. TOG (A Coruña) [revista en Internet]. 2009[acceso el 30 de abril del 2011]; 6(9): [10p.]. Disponible en:http://www.revistatog.com/num9/pdfs/original2.pdf

Herdman M,Badia X, Berra S. El EuroQol-5D: una alternativa sencilla para la medición dela calidad de vida relacionada con la salud en atención primaria. AtenPrimaria. 15 de octubre 2001; 28(6): 425-429

Hocking, C.,Jones, M., & Reed, K. (2015). Occupational Science InformingOccupational Therapy Interventions. En I. Söderback (Ed.), InternationalHandbook of Occupational Therapy Interventions (pp. 127-134). SpringerInternational Publishing. Recuperado a partir de http://link.springer.com/chapter/10.1007/978-3-319-08141-0_9

Kronenberg F, Simó S, Pollard N. (2006). Terapia Ocupacional sin Fronteras. Aprendiendo delespíritu de supervivientes . Buenos Aires, Madrid: Editorial Médica Panamericana.

Larson, E., Wood, W., & Clark, F. (2005). Ciencia Ocupacionalesarrollo de la cienciay la práctica de la ocupación a través de una disciplina académica[Occupational Science: science and professional development through an academicdiscipline]. En Willard & Spackman, terapia ocupacional (10aed, pp. 15-26). Buenos Aires?; Madrid: Médica Panamericana.

Molineux, M., & Whiteford, G. (2012). Occupational science: genesis,evolution and future contribution. En E. A. S. Duncan (Ed.), Foundations forpractice in occupational therapy (5.a ed.). Edinburgh: Elsevier.

Salvador R,Márquez R, Romero Zepeda H. Reflexiones sobre calidad de vida relacionada con la salud. Rev Med Inst Mex Seguro Soc 2010; 48 (1): 91-102.

Sandín-Esteban,M. P. (2003). Investigación cualitativa en educación: fundamentos y tradiciones .McGraw-Hill Interamericana de España S.L.

SchwartzmannL. Calidad de vida relacionada con la salud: Aspectos conceptuales. Cienc.enferm. [revista en Internet]. 2003 [acceso el 30 de abril del 2011]; Cienc.enferm. v.9 n.2 Concepción dic. 2003. Disponible en:http://www.scielo.cl/scielo.php?pid=S0717-95532006000100002&script=sci_arttext

Whiteford, G.E., & Hocking, C. (2012). OccupationalScience: Society, Inclusion, Participation (1.a ed.). Wiley-Blackwell.

World Health Organization Quality of Life Questionnaire; WHOQOL Group. Escalas de valoración geriatrica.1993.

Yerxa EJ. Health and the human spirit for occupation. Am J Occup Ther.1998;52(6):412-418. 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Para axudar a conseguir un contorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo estratéxico 9 do" I Plan de Sostenibilidade Medio-ambiental Green Campus FCS", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación.

3.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías