Identifying Data 2020/21
Subject (*) Research in Human Occupation Code 653862218
Study programme
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Obligatory 3
Language
Spanish
Galician
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Coordinador
Rivas Quarneti, Natalia Yanaina
E-mail
natalia.rivas.quarneti@udc.es
Lecturers
Ávila Álvarez, Adriana Ivette
Movilla Fernandez, Maria Jesus
Rivas Quarneti, Natalia Yanaina
Viana Moldes, Ines
E-mail
adriana.avila.alvarez@udc.es
maria.jesus.movilla@udc.es
natalia.rivas.quarneti@udc.es
ines.viana@udc.es
Web http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm
General description Nesta materia preténdese reflexionar críticamente sobre as posibilidades da investigación na ocupación humana na práctica cotiá de profesionais sociosanitarias/os coma fortalecemento da praxis (inter)disciplinar e práctica basada na evidencia. Para iso, o alumnado traballará de xeito colaborativo e guiado polas docentes co fin de articular os elementos fundamentais da investigación en xeral, e cualitativa en particular, calidade de vida e ciencia ocupacional dun xeito relevante para a súa conterna inmediata.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Traballos tutelados, sesión maxistral, discusión dirixida.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Elimínanse: aprendizaxe colaborativa e obradoiro. As competencias destas metodoloxías traballaranse na discusión dirixida

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros
de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se
pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
4 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados (65%), discusión dirixida (35%).
*Observacións de avaliación:
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación.
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira
dixitalizada en Moodle


Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta.
A2 Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados.
A3 Adquirir un sentido ético da investigación sanitaria.
A5 Adquirir o coñecemento da realidade investigadora nun ámbito concreto das ciencias da saúde.
B1 Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
B6 Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar.
B7 Capacidade de establecer unha relación de empatía cos suxeitos implicados no desenvolvemento da actividade investigadora.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Reflexionar sobre a práctica profesional diaria como unha oportunidade de crecemento profesional-persoal, saúde e benestar. AR5
BC4
BC5
BC6
BC7
CC1
CC2
CC4
CC5
CC6
CC7
CC8
Coñecementos e capacidades para aplicar a teoría e a práctica da investigación na ocupación humana. AR5
BC4
BC5
BC6
BC7
CC1
CC2
CC4
CC5
CC6
CC7
CC8
Coñecemento e capacidade para aplicar a Ciencia Ocupacional dentro do contexto da investigación en Terapia Ocupacional/investigación na ocupación humana. AR1
AR2
AR3
AR5
BC1
BC2
BC3
BC4
BC5
BC6
BC7
CC1
CC2
CC3
CC4
CC5
CC6
CC7
CC8
Coñecemento e capacidade para empregar a Ciencia Ocupacional nun contexto investigador interdisciplinar AR1
AR2
AR3
AR5
BC1
BC2
BC3
BC4
BC5
BC6
BC7
CC1
CC2
CC3
CC4
CC5
CC6
CC7
CC8

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1: Investigación na ocupación humana, autonomía personal e calidade de vida.
1.1. Introdución á investigación na ocupación humana.
1.2. Bases conceptuais da investigación na ocupación humana.
1.3. Introdución á Ciencia Ocupacional.
Tema 2: Investigación asociada á práctica profesional diaria
Análisis sobre:
2.1. Expectativas
2.2. Realidades
2.3. Significados
Articulación coas competencias da materia
Tema 3: A investigación na ocupación humana aplicada á nosa realidade 3.1. Obradoiros práctico-teóricos.
Presentación de traballos de investigación relacionados co eido da ocupación humana/ciencias sociosanitarias
Articulación coa realidade/intereses no eido sociosanitario do alumnado
Tema 4: Investigación en calidade de vida
4.1. Aplicacións prácticas
Tema 5: Ocupación humana significativa: unha ponte entre a educación, a investigación, o traballo en equipo cidadanía.
5.1. Aplicacións prácticas
Tema 6: Investigación cualitativa e Ciencia Ocupacional 6.1.- Conceptos fundamentais da investigación cualitativa

6.2.- Ciencia Ocupacional e Investigación Cualitativa. Aportes interdisciplinares

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A1 A2 A3 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 8 28 36
Collaborative learning A1 A2 A3 A5 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 5 7.5 12.5
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A3 A5 B1 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 5 7.5 12.5
Directed discussion A1 A2 A3 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1.75 0 1.75
Workshop A1 A2 A3 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 4.5 6.75 11.25
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela da/o profesora/or e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción basada na asunción do estudantado da responsabilidade da súa propia aprendizaxe.
Este sistema baséase en dous elementos básicos: a aprendizaje independiente do estudantado e o seguemento desa aprendizaxe pola profesora/s-tutora/s.
Collaborative learning Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ás/ós estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por unha/un profesora/or en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. Realizarase empregando a ferramenta Teams.
Directed discussion Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por unha/un moderadora/or.
Workshop Combinaranse diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través das que o alumnado desenvolverá tarefas prácticas no ámbito da investigación na ocupación humana, co apoio e supervisión do profesorado.

Personalized attention
Methodologies
Workshop
Collaborative learning
Supervised projects
Description
Resolución de dúbidas e orientación da/o alumna/o no contido da materia e metodoloxías da materia.

A atención personalizada farase, globalmente, mediante titorías personalizadas directas e virtuais, individuais e grupais.

A docente responsable da materia estará dispoñible no despacho do centro segundo o horario de titoría, establecido ó inicio da materia e mediante previo aviso vía correo electrónico.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A1 A2 A3 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorase a participación, aporte (articulación teórica, evolución, reflexión e pensamiento crítico) e evolución no transcurso da materia. 15
Collaborative learning A1 A2 A3 A5 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 Avaliarase a participación e aportación individual, así coma a súa evolución, no desenvolvemento do traballo grupal na aula. 20
Supervised projects A1 A2 A3 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliarase a presentación oral e escrita dunha proposta de investigación relacionada coa investigación na ocupación humana/ Ciencia Ocupacional nun contexto interdisciplinar. Empregarase o formato póster científico para a devandita presentación.

A calificación repartirse do siguinte modo:
20% póster grupal (formato e contido)
20% presentación individual
25% defensa individual


65
 
Assessment comments

Toda/o estudante ten dereito a dúas convocatorias de avaliación: xuño e xullo. No entanto, esta materia desenvolverase cunha metodoloxía diversificada e con avaliación continuada. - Para as persoas que realicen a materia de maneira non presencial, a súa calificación máxima será 7,5. - Recoméndase puntualidade en tódalas sesións.


Sources of information
Basic

Carter,S.M., & Little, M. (2007). Justifying knowledge, justifying method,taking action: epistemologies, methodologies, and methods in qualitativeresearch. QualitativeHealth Research, 17(10),1316-1328.http://doi.org/10.1177/1049732307306927

Denzin,N.K., & Lincoln, Y. S. (2005). The SAGE Handbook of Qualitative Research.SAGE.

Hocking, C.,Jones, M., & Reed, K. (2015). Occupational Science Informing Occupational Therapy Interventions. En I. Söderback (Ed.), InternationalHandbook of Occupational Therapy Interventions (pp. 127-134). SperInternational Publishing.

Larson, E., Wood, W., & Clark, F. (2005). Ciencia Ocupacional desarrollo de la cienciay la práctica de la ocupación a través de una disciplina académica[Occupational Science: science and professional development through an academicdiscipline]. En Willard & Spackman, terapia ocupacional (10aed, pp. 15-26). Buenos Aires; Madrid: Médica Panamericana.

Molineux, M., & Whiteford, G. (2012). Occupational science: genesis,evolution and future contribution. En E. A. S. Duncan (Ed.), Foundations forpractice in occupational therapy (5.a ed.). Edinburgh: Elsevier.

Flick,U. (2004). Introducción a la investigación cualitativa. Madrid: Morata.

GómezMengelberg E. Un recorrido histórico del concepto de salud y calidad de vida através de los documentos de la OMS. TOG (A Coruña) [revista en Internet]. 2009[acceso el 30 de abril del 2011]; 6(9): [10p.]. Disponible en:http://www.revistatog.com/num9/pdfs/original2.pdf

Herdman M,Badia X, Berra S. El EuroQol-5D: una alternativa sencilla para la medición dela calidad de vida relacionada con la salud en atención primaria. AtenPrimaria. 15 de octubre 2001; 28(6): 425-429

Hocking, C.,Jones, M., & Reed, K. (2015). Occupational Science InformingOccupational Therapy Interventions. En I. Söderback (Ed.), InternationalHandbook of Occupational Therapy Interventions (pp. 127-134). SpringerInternational Publishing. Recuperado a partir de http://link.springer.com/chapter/10.1007/978-3-319-08141-0_9

Kronenberg F, Simó S, Pollard N. (2006). Terapia Ocupacional sin Fronteras. Aprendiendo delespíritu de supervivientes . Buenos Aires, Madrid: Editorial Médica Panamericana.

Larson, E., Wood, W., & Clark, F. (2005). Ciencia Ocupacionalesarrollo de la cienciay la práctica de la ocupación a través de una disciplina académica[Occupational Science: science and professional development through an academicdiscipline]. En Willard & Spackman, terapia ocupacional (10aed, pp. 15-26). Buenos Aires?; Madrid: Médica Panamericana.

Molineux, M., & Whiteford, G. (2012). Occupational science: genesis,evolution and future contribution. En E. A. S. Duncan (Ed.), Foundations forpractice in occupational therapy (5.a ed.). Edinburgh: Elsevier.

Salvador R,Márquez R, Romero Zepeda H. Reflexiones sobre calidad de vida relacionada con la salud. Rev Med Inst Mex Seguro Soc 2010; 48 (1): 91-102.

Sandín-Esteban,M. P. (2003). Investigación cualitativa en educación: fundamentos y tradiciones .McGraw-Hill Interamericana de España S.L.

SchwartzmannL. Calidad de vida relacionada con la salud: Aspectos conceptuales. Cienc.enferm. [revista en Internet]. 2003 [acceso el 30 de abril del 2011]; Cienc.enferm. v.9 n.2 Concepción dic. 2003. Disponible en:http://www.scielo.cl/scielo.php?pid=S0717-95532006000100002&script=sci_arttext

Whiteford, G.E., & Hocking, C. (2012). OccupationalScience: Society, Inclusion, Participation (1.a ed.). Wiley-Blackwell.

World Health Organization Quality of Life Questionnaire; WHOQOL Group. Escalas de valoración geriatrica.1993.

Yerxa EJ. Health and the human spirit for occupation. Am J Occup Ther.1998;52(6):412-418. 

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación.

A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos.

Programa Green Campus FCS

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. 

b. De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores.

PLAxio

A detección de fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e a remisión directa á oportunidade seguinte.

Dita circunstancia comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou definitiva do/a estudante do título cursado.