Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Intervención na Dependencia Código 653862219
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Miguens Vázquez, Xoán
Correo electrónico
xoan.miguens.vazquez@udc.es
Profesorado
Miguens Vázquez, Xoán
Montoto Marqués, Antonio
Rodríguez Sotillo, Antonio
Santos del Riego, Sergio Eduardo
Correo electrónico
xoan.miguens.vazquez@udc.es
antonio.montoto@udc.es
antonio.rodriguez.sotillo@udc.es
sergio.santos.delriego@udc.es
Web http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm
Descrición xeral INTERVENCIÓN NA DEPENDENCIA

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta.
A2 Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados.
A3 Adquirir un sentido ético da investigación sanitaria.
A5 Adquirir o coñecemento da realidade investigadora nun ámbito concreto das ciencias da saúde.
B1 Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
B6 Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar.
B7 Capacidade de establecer unha relación de empatía cos suxeitos implicados no desenvolvemento da actividade investigadora.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender a función (dis), a actividade e a participación de calquera persoa integrada na sociedade. AI3
AI5
BM5
BM6
CM1
CM4
CM7
CM8
Coñecer, comprender e facilitar a reflexión sobre como integrar no medio profesional a Clasificación Internacional do Funcionamento (CIF). AI3
AI5
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
CM1
CM4
CM7
Coñecer e comprender a legalidade vixente en materia de promoción de autonomía persoal e intervención na dependencia. AI5
BM2
BM3
CM1
CM6
CM7
CM8
Coñecer e comprender as alteracións da función de diversa orixe do suxeito dependente. AI1
AI2
AI3
AI5
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
CM1
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Coñecer, comprender e facilitar reflexión sobre como integrar a adaptación funcional da persoa no entorno. AI1
AI2
AI3
AI5
BM1
BM2
BM3
BM5
BM6
CM1
CM4
CM6
CM7
CM8
Coñecer e comprender os sistemas RUG. AI3
AI5
BM1
BM5
BM7
CM6
CM8
Aplicar os coñecementos profesionais favorecendo o desenvolvemento da Lei de promoción de autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia. AI3
AI5
BM1
BM2
BM7
CM1
CM6
CM8
Integrar os coñecementos sobre o Funcionamento e a Dependencia no medio profesional sanitario e socio-sanitario. AI3
AI5
BM1
BM3
CM1
CM6
CM8
Comunicar os coñecementos sobre estas materias ao público, en xeral, e ao público especializado, en particular. AI2
AI3
BM2
BM5
BM6
BM7
CM1
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Fomentar a participación no desenvolvemento desta lei dos profesionais de Saúde, Función e Calidade de Vida, tales como terapeutas ocupacionais, logopedas, fisioterapeutas, enfermeiros e especialistas en Medicina Física e Rehabilitación, entre outros. AI3
AI5
BM3
BM6
BM7
CM1
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Horario: Segundo cuadrimestre, VER CRONOGRAMA..

MÓDULO TEÓRICO-PRÁCTICO 1.-
A DEPENDENCIA EN EUROPA. PROMOCIÓN DE SAÚDE COMO ESTRATEXIA. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE PARA A FORMACIÓN E INCLUSIÓN SOCIO-LABORAL.

Prof. Sergio Santos del Riego
Presentación da materia, profesorado e normativa.

Tema 1.a.- Intervención na dependencia: Introducción, Atención á Dependencia na Unión Europea: Modelos, tendencias e retos. Xeneralidades.

Tema 1.b.- A Promoción de Saúde como estratexia para evitar situación de dependencia.

Tema 1.c.-: Atención á diversidade:

-1.c.1.- Necesidades, adaptacións e inclusión de estudantes con discapacidade.
-1.c.2.- Inclusión na práctica cos estudantes do Programa Espazo Compartido da UDC, de ser factible (si é factible).

MÓDULO TEÓRICO-PRÁCTICO 2.-
DEPEDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL.
Prof. Xoán Míguens Vázquez.

Tema 2.a.- Introdución sobre Dependencia e Autonomía Persoal: bases conceptuais. A Dependencia en España e en Galicia. Perspectiva investigadora.

Tema 2.b.- Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saude. Marco Legal de la Dependencia en España y en Galicia. Diversidade Funcional en situación de dependencia. Estabilización e Pronóstico. Investigación en dependencia: papel dos profesionais implicados.

Tema 2.c.- Valoración funcional en dependencia: evolución e aplicabilidade dos Baremos normativos. Baremos para valoración de la dependencia (BVD). Escala de Valoración Específica para infancia (EVE). PIE.

2.c.1.- Aproximación teórica.
2.c.2- Aproximación práctica.

MÓDULO TEÓRICO PRÁCTICO 3.-
VALORACIÓN DEL NENO, ADULTO E ANCIÁN.
Prof. Antonio Montoto Marqués:

Tema 3.a.- Valoración funcional específica do neno. Correlación entre os Baremos e o Desenrolo psicomotor. Aplicabilidade práctica dos Baremos por francas de idade.

Tema 3.b.- Valoración funcional do adulto novo. Análise etimológico da situación de dependencia. Cronicidade, evolutividade vs estabilización. Discapacidades. Enfermidade Mental.

Tema 3.c.- Valoración funcional no ancián. Ancianidade biolóxica e ancianidade patolóxica. Correlación entre idade e situación de dependencia. Valoración da dependencia no ancian. Perspectiva investigadora.

MÓDULO TEÓRICO PRÁCTICO 4.- PRESTACIONES E RECURSOS
Prof. Antonio Rodríguez Sotillo:

Tema 4.a.- Prestaciones y Recursos. Sistemas de Grupos de Utilización de Recursos (RUG): ferramenta de clasificación dos pacientes en función de características clínico- funcionáis. Implicación do Sistema RUG na planificación e gestión de recursos.

Tema 4.b.- Análise da carga asistencial e necesidade de coidados da persoa en situación de dependencia. Carga asistencial do paciente crónico no medio hospitalario. Carga asistencial do paciente crónico no medio extrahospitalario. Coidador informal. Papel da rehabilitación extrahospitalaria.

Tema 4.c.- Consecuencias individuais e colectivas da implantación e aplicación do Sistema de Dependencia: Diferencias intere intraterritoriales. Participación da inicitativa privada. Coidando do coidador.
Outras actividades presenciais: Titorías.
Faranse titorías para supervisar o traballo tutelado.
Titorías optativas: A demanda e previa solicitude vía email.
Titorías obrigatorias: O profesorado establecerá unha titoría obrigatoria como mínimo, individual ou en grupos.
Titorías virtuais.
Outras actividades presencias: ciclo de conferencias breves con profesorado directamente relacionado porfesionalmente co mundo da valoración da dependencia en Galicia e outras comunidades autonómicas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A5 B3 14 28 42
Portafolios do alumno B1 C4 C5 C8 2 28 30
Actividades iniciais B2 B6 B7 C7 1 0 1
Traballos tutelados A1 A2 B4 B5 C1 C2 C6 24 50 74
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Descrición
Atención e seguimento individualizado, a través das titorías, do portafolios do alumno e dos traballos tutelados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B1 C4 C5 C8 É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. 30
Sesión maxistral A3 A5 B3 Valorarase a participación activa do alumnado. 50
Traballos tutelados A1 A2 B4 B5 C1 C2 C6 Valorarase a realización dun traballo sobre un tema proposto polo profesorado. 20
 
Observacións avaliación

1.- Examen tipo test de resposta única que representa o 60% da nota.
2.- Elaboración de unha Memoria da asignatura de contido valorado en base a: adecuación do contido á materia impartida e capacidade crítica do alumnado. Representa o 20%;  3.- O 20% restante mediante avaliación continuada en forma de control de asistencia e avaliación de conceptos adquiridos.


Fontes de información
Bibliografía básica

· Libro Blanco de la dependencia. Página web del Portal de Mayores del IMSERSO. Centros Superior de Investigaciones Científicas. [en línea] 2006 [fecha de acceso: 12 de Mayo de 2006]; Descarga de archivos (documentos): 12 capítulos, bibliografía y documentación complementaria. URL disponible en: http://www.imsersomayores.csic.es/documentacion/documentos/libro-blanco-dependencia.html

  • Proyecto de Ley de promoción de la autonomía personal y atención a las personas en situación de dependencia. Página web del Portal de Mayores del IMSERSO. Centros Superior de Investigaciones Científicas. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales [en línea] 2006 [fecha de acceso: 12 de Mayo de 2006]; Descarga de archivos (documentos): 20. URL disponible en: http://www.seg-social.es/imserso/dependencia/pytodependencia.html
  • Bilbao-Bilbao A, Vázquez-Barquero JL. Organización Mundial de la Salud (OMS). Nueva Clasificación Internacional del Funcionamiento de la Discapacidad y de la Salud (CIF), publicación de la OMS. Instituto de Migraciones y Servicios Sociales: Madrid; 2001.
  • De Lisa J, Gans B, Currie D. Rehabilitation Medicine. Principles and Practice. Lippincott: Filadelfia, 1993
  • Miranda Mayordomo JL. Rehabilitación Médica. Aula Médica: Madrid, 2004.
  • Romero Ayuso D, Moruno Miralles P. Terapia Ocupacional: Teoría y Técnicas. Masson: Barcelona, 2003.
  • Turner A, Foster M, Johnson S E. Terapia Ocupacional y Disfunción Física: Principios, Técnicas y Práctica. Elsevier España: Madrid, 2003
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Recomendacións de sustentabilidade medio-ambiental.

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)" os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. 

b.- De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores.

2.- Caso de detección de fraudes, copias ou plaxios.

Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do/a alumno/a do título cursado.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías