Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Tecnoloxía da Información e as Comunicacións. Axudas Técnicas e Accesibilidade Código 653862220
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Pereira Loureiro, Javier
Correo electrónico
javier.pereira@udc.es
Profesorado
Canosa Domínguez, Nereida María
Groba Gonzalez, Betania
Nieto Riveiro, Laura
Pereira Loureiro, Javier
Pousada Garcia, Thais
Correo electrónico
nereida.canosa@udc.es
b.groba@udc.es
laura.nieto@udc.es
javier.pereira@udc.es
thais.pousada.garcia@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral O alumno debe ser capaz de coñecer dunha forma teórica e práctica diferentes ferramentas que ofrecen as tecnoloxías da información e as comunicacións para a intervención con persoas con discapacidade

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta.
A2 Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados.
A5 Adquirir o coñecemento da realidade investigadora nun ámbito concreto das ciencias da saúde.
B1 Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
B6 Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Empregar e aplicar trebellos (tecnoloxías de apoio) e programas informáticos xerais e específicos en persoas con discapacidade. AI1
AI2
AI5
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
CM1
CM2
CM3
CM5
CM6
CM7
CM8
Saber crear adaptacións e contidos para o emprego das TIC das persoas con diversidade funcional AI1
AI2
AI5
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
CM1
CM2
CM3
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Novas tecnoloxías como recursos terapéuticos Posibilidades terapéuticas e aplicacións das TIC
Tema 2. Productos de apoio, saúde e benestar Os productos de apoio para a comunicación e o acceso á información.
Tema 3. Comunicación aumentativa e alternativa Perspectiva xeral sobre os dispositivos comunicadores empregados polas persoas con diversidade funcional
Tema 4. Software libre para o desenvolvemento Proxecto Fressa e outros programas de libre distribución
Tema 5. Avaliación e medida de resultados para o acceso ás tecnoloxías A ferramenta eTAO e outras avaliacións online
Tema 6. Software para a elaboración de actividades interactivas multimedia 6.1 O programa JClic

6.2 Elaboración de contidos HTML con Ardora

6.3 Programación fácil con Scratch e MakeyMakey
Tema 7. Recursos dinámicos para a comunicación 7.1 Usos dos pictogramas na comunicación dinámica

7.2 Aplicacións e recursos da plataforma ARASAAC
Tema 8. APP móviles para a participación 8.1 APP para xestión da saúde

8.2 APP para a estimulación cognitiva

8.3 APP accesibles
Tema 9. Posibilidades terapéuticas da realidade virtual 9.1 Características básicas da realidade virtual

9.2 Recursos de baixo custo para aplicación da realidade virtual

9.3 Experiencias coa aplicación da realidade virtual
Experiencias en primeira persoa Visitas e/ou narracións por parte de persoas usuarias de productos de apoio tecnolóxicos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A1 A2 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C3 C8 7.5 15 22.5
Estudo de casos A1 A2 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C6 C7 C8 2 15 17
Traballos tutelados A1 A2 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 2 15 17
Sesión maxistral A1 A5 B1 B3 B5 B6 C3 C6 C7 C8 7.5 10 17.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Traballos a realizar polo alumno no Laboratorio de Radioloxía e Accesibilidade do 2º andar da Facultade
Estudo de casos Análise de casos prácticos para a súa implementación coas ferramentas estudadas no curso
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor
Sesión maxistral Clases sobre os contidos teóricos da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Estudo de casos
Traballos tutelados
Descrición
Dependendo da formación de partida do alumno estudaranse uns casos ou outros. As prácticas tamén serán dirixidas a formación, ocupación ou interese do alumno.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A5 B1 B3 B5 B6 C3 C6 C7 C8 Unha avaliación continuada baseada na asistencia a clase tamén se valora podendo supor ata un incremento dun 10% da avaliación global 10
Prácticas a través de TIC A1 A2 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C3 C8 Traballo realizado polo alumno durante o curso. Os traballo deben presentarse a través de Moodle 20
Estudo de casos A1 A2 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C6 C7 C8 A participación activa na clase e na proposta e debate dos casos plantexados será tida en conta na avaliaicion final.
A presentación do traballo final baseado nun caso supón ata o 35% da valoración global
35
Traballos tutelados A1 A2 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 A realización de este traballo poderá ser grupal ou individual e realizarase ó remate da exposición dos contidos teóricos da asignatura.
O traballo consistirá na programación dun proxecto de investigación baseado no uso das TIC no ámbito da discapacidade e será exposto en clase.
35
 
Observacións avaliación

En caso de ser necesario, debido á pouca participación do alumnado ou á baixa calidade dos traballos, levarase a cabo a proba escrita para a obtención da avaliación final do alumnado. Para superar a materia é necesario obter ao menos o 50% da valoración de cada metodoloxía proposta.

A non asistencia a clase obriga á realización da proba escrita. A asistencia continua e entrega dos traballos propostos nos prazos exime desta proba.


Fontes de información
Bibliografía básica

Groba Gonzalez, Betania. Nieto Riveiro, Laura. Pereira Loureiro,Javier. PousadaGarcía, Thais et al (2009). Proyecto In-TIC: Integración delas personas con diversidad funcional en las Tecnologías de la Información y las Comunicaciones de la Revista de Terapia Ocupacional de Galicia. APGTO(www.revistatog.com) 


Pereira Loureiro, Javier. Martinez Normand, Loic A.fuertes, José Luis. VazquezNaya, José Manuel (2008). Tecnologías de laInformación y las Comunicaciones en la autonomía personal, dependencia yaccesibilidad. A Coruña: Universidade da Coruña.(http://www.udc.es/biblioteca) 

Grande González, Ruben. Pousada garcía,Thais. Groba González, Betania. PereiraLoureiro, Javier. (2008)."Proyecto IN-TIC para la accesibilidad y usabilidad de las TIC en personascon diversidad funcional" en la revista "Revista informativa de la Asociación Profesional Española de Terapeutas Ocupacionales. APETO CEAPAT (Disponible en http://www.ceapat.es) (2010). 

Catálogo de pulsadores,soportes y otras adaptaciones. Madrid : CEAPAT Sitio Web Proyecto In-TIC (2011). 

Manual del usuario de In-TIC. http://www.proyectosfundacionorange.es/intic/ 

Sitio Web Portal ARASAAC: http://www.catedu.es/arasaac/ 

Sitio Web JClic: http://clic.xtec.cat/es/jclic/

Sitio Web Libros Interactivos Multimedia (LIM): http://www.educalim.com/cinicio.htm

Plataforma TecnoAccesible: https://www.tecnoaccesible.net/

Evaluación para el uso de Tecnologías de Ayuda de acceso al ordenador: http://etao-inico.usal.es/

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)" os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. 

b.- De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores.

RECOMENDACIÓNS POSIBLE PLAXIO TRABALLOS

Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do/a alumno/a do título cursado.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías