Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Técnicas Histolóxicas Código 653862224
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Coordinación
Arufe Gonda, María del Carmen
Correo electrónico
maria.arufe@udc.es
Profesorado
Arufe Gonda, María del Carmen
Díaz Prado, Silvia María
Fuentes Boquete, Isaac Manuel
Sangiao Alvarellos, Susana
Correo electrónico
maria.arufe@udc.es
s.diaz1@udc.es
i.fuentes@udc.es
susana.sangiao@udc.es
Web http://http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm
Descrición xeral Estudo das técnicas histolóxicas ou conxunto de operacións a que se somete unha mostra biolóxica, a fin de que sexa posible o seu estudo microscópico, posibilitando a observación de estruturas non visibles a simple vista.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta.
A2 Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados.
B1 Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
B6 Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar.
B7 Capacidade de establecer unha relación de empatía cos suxeitos implicados no desenvolvemento da actividade investigadora.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a metodoloxía básica da obtención de seccións microscópicas de mostras biolóxicas incluídas en parafina ou conxeladas. AI1
AI2
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1
CM2
CM3
CM5
CM6
CM7
CM8
Coñecer os principios da criopreservación de células e tecidos e os protocolos adecuados para a obtención e preservación de diferentes mostras biolóxicas. AI1
AI2
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1
CM2
CM3
CM5
CM6
CM7
CM8
Entender os fundamentos da histoquímica e coñecer diferentes tipos de reaccións histoquímicas. AI1
AI2
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1
CM2
CM3
CM5
CM6
CM7
CM8
Coñecer os fundamentos das tincións inmunohistoquímicas. AI1
AI2
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1
CM2
CM3
CM5
CM6
CM7
CM8
Coñecer os fundamentos da observación microscópica. AI1
AI2
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1
CM2
CM3
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- LABORATORIO DE CRIOBIOLOXÍA. Requerimentos e equipos. Toma, transporte e preservación de mostras biolóxicas. Principios da criopreservación de células e tecidos.

Tema 2.- FUNDAMENTOS DO PROCESO DE FIXACIÓN TISULAR. Propiedades dos líquidos fixadores. Descalcificacion tisular. Líquidos descalcificadores. Métodos de inclusión. Microtomos e técnicas de corte dos tecidos. Criotomía.

TEMA 3. TINCIÓNS HISTOLÓXICAS. Tincións histolóxica básicas. Hematoxilina-eosina. Tincións para fibras coláxenas e elásticas do tecido conxuntivo. Tricrómico de Masson, picro-fucsina de Van Gieson, sirius red F3BA. Tincións de hidratos de carbono. Técnica de PAS (Periodic Acid Schiff), azul alcián, azul de toluidina. Tincións de depósitos de calcio. Von Kossa, bermello alizarina S. Tincións de lípidos. Sudán III. Outras tincións.

TEMA 4. TINCIÓNS INMUNOHISTOQUÍMICAS. Concepto de antíxeno e anticorpo. Técnicas de tinción inmunohistoquímica (enzimáticas e inmunofluorescentes). Factores que condicionan o resultado das tincións inmunohistoquímicas.

TEMA 5.- MICROSCOPÍA. Fundamentos do microscopio óptico. Observación de preparacións inmunofluorescentes.
Práctica 1. Criopreservación de tecido óseo.
Práctica 2. Criopreservación de válvulas cardíacas.
Práctica 3. Procesado de deshidratación, aclarado e inclusión en parafina.
Obtención de seccións microscópicas en microtomo de parafina.
Práctica 4. Conxelación en nitróxeno líquido.
Obtención de seccións microscópicas en criostato.
Práctica 5. Tinción hematoxilina-eosina.
Práctica 6. Tricrómico de Masson.
Práctica 7. Preparación de solucións tampón.
Práctica 8. Tinción histoenzimática (músculo esquelético): succinato-deshidroxenasa.
Práctica 9. Tinción inmunohistoquímica.
Práctica 10. Observación microscópica das preparacións reailzadas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas B2 B4 B5 C1 C2 C3 C6 0 17 17
Prácticas de laboratorio A1 A2 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 37 37 74
Proba de resposta múltiple B3 B7 C5 C7 C8 1 0 1
Sesión maxistral B6 18 36 54
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura dun artigo relevante relacionado coa materia
Prácticas de laboratorio Desenvólvense técnicas de uso actual en investigación biomédica, que complementan os coñecementos impartidos na sesión maxistral
Proba de resposta múltiple Exame tipo test, no que cada pregunta conleva tres posibles respostas sendo só unha a correcta.
Sesión maxistral Clase teórica participativa, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resposta das preguntas formuladas polo alumnado

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Descrición
Ó tratarse dun grupo reducido de alumnos, é posible a resolución de dúbidas e o seguimento individualizado durante o mesmo proceso de aprendizaxe.
En particular, a sesión maxistral é participativa, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resposta das preguntas formuladas.
As prácticas de laboratorio son tuteladas en todo momento polo profesorado e, se é necesario, polo grupo de investigación no que se integra o alumno (desde o comezo do curso, cada alumno se integra no grupo de investigación no que vai desenvolver o seu Traballo Fin de Mestrado).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple B3 B7 C5 C7 C8 Exame tipo test, no que cada pregunta consiste en 4 afirmacións das que só unha é correcta. 50
Prácticas de laboratorio A1 A2 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 Ó tratarse de un grupo reducido de alumnos, é posible un seguimento personalizado que facilita a avaliación continua. Terase en conta a asistencia, a participación activa e o traballo desenvolvido polo alumno. 50
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia, hai que obter globalmente un mínimo de 5 sobre 10 e, en cada metodoloxía avaliada, un mínimo de 2,5 sobre 5.


Fontes de información
Bibliografía básica An YH, Martin KL (2003). Handbook of histology methods for bone and cartilage.. Humana Press
García del Moral (1993). Laboratorio de Anatomía Patológica.. McGraw-Hill
Harlow E, Lane D. (1999). Using antidodies: a laboratory manual.. Cold Spring Harbor Laboratory Press.

Tamén se utilizarán artigos científicos relevantes a actualizados, publicados en revistas con factor de impacto.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir una contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do I Plan de Sustentabilidade Medio-ambiental Green Campus FCS, todos os traballos documentais que se realicen nesta materia serán entregados a través de Moodle, en formato dixital, sen necesidade de imprimilos. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase imprimir borradores.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías