Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta. |
A2 |
Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados. |
A3 |
Adquirir un sentido ético da investigación sanitaria. |
A4 |
Obter un substrato teórico suficiente para comprender o entorno clínico de aplicación das técnicas de investigación. |
A5 |
Adquirir o coñecemento da realidade investigadora nun ámbito concreto das ciencias da saúde. |
B1 |
Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria. |
B2 |
Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita. |
B3 |
Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora. |
B4 |
Capacidade de análise e de síntese. |
B5 |
Habilidade para manexar distintas fontes de información. |
B6 |
Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar. |
B7 |
Capacidade de establecer unha relación de empatía cos suxeitos implicados no desenvolvemento da actividade investigadora. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |