Identifying Data 2020/21
Subject (*) Stay in a research group Code 653862229
Study programme
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
English
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinador
Díaz Prado, Silvia María
E-mail
s.diaz1@udc.es
Lecturers
Díaz Prado, Silvia María
E-mail
s.diaz1@udc.es
Web http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm
General description Estancia práctica nun grupo de investigación.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos: se suspenden as prácticas de laboratorio. Así, para estudantes que realizaron a totalidade ou ata un mínimo do 50% dos créditos non hai modificacións de contidos. Para estudantes que non superaron o 50% dos créditos, as practicas non cursadas serán compensadas cunha actividade alternativa que consistirá na exposición dun artigo científico relacionado ca liña de investigación que desenvolveu durante a súa estadía nun grupo de investigación. A exposición realizarase, a través de Teams, na data e hora consensuada polo alumno e polo docente, e antes do remate das actividades académicas do segundo cuatrimestre. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: ningunha e, só no caso dos alumnos que non superaron un mínimo do 50% dos créditos, as prácticas de laboratorio se sustitúen pola exposición dun artigo científico relacionado ca liña de investigación que desenvolveu durante a súa estadía nun grupo de investigación. *Metodoloxías docentes que se modifican: as prácticas de laboratorio. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: correo electrónico, MOODLE e Teams (a demanda, previa solicitude por correo electrónico), en horario oficial de titorías. 4. Modificacións na avaliación: Para os alumnos que superaron un mínimo do 50% dos créditos non hai modificación da avaliación. Para o alumnado que non superou o 50% dos créditos terase ademáis en conta para a avaliación a exposición do artigo científico relacionado ca liña de investigación que desenvolveu durante a súa estadía nun grupo de investigación. *Observacións de avaliación: a exposición oral do artigo científico realizarase a través de Teams. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non hai.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta.
A2 Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados.
A3 Adquirir un sentido ético da investigación sanitaria.
A4 Obter un substrato teórico suficiente para comprender o entorno clínico de aplicación das técnicas de investigación.
A5 Adquirir o coñecemento da realidade investigadora nun ámbito concreto das ciencias da saúde.
B1 Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
B6 Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar.
B7 Capacidade de establecer unha relación de empatía cos suxeitos implicados no desenvolvemento da actividade investigadora.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Formación competencial nunha liña de investigación biomédica. AR1
AR2
AR3
AR4
AR5
BC1
BC2
BC3
BC4
BC5
BC6
BC7
CC1
CC2
CC3
CC4
CC5
CC6
CC7
CC8

Contents
Topic Sub-topic
Cada alumno/a debe escoller ou será asingado/a a un grupo de investigación, no que adquirirá coñecementos teóricos e prácticos dos fundamentos básicos das técnicas de investigación biomédica propias do grupo.
O Traballo Fin de Mestado desenvolvido polo/a alumno/a corresponderá á liña de investigación do grupo no que realiza a estancia.
Exemplos de liñas de investigación ofertadas:
- Xenómica: ferramenta para descubrir os mecanismos de enfermidades complexas.
- Mecanismos moleculares implicados na destrucción e reparación da cartilaxe articular. Artrose. Búsqueda dunha diana terapéutica.
- Proteómica: patoxénese e terapia da artrose. Biomarcadores en fluidos biolóxicos.
- Bases xenéticas das miocardiopatías.
- Terapia celular e medicina rexenerativa.
- Dano Orixinado no ADN por Axentes Mutáxenos.
- Factores Procnóstico en Oncoloxía.
- Inmunoloxía do Alotrasplante e do Xenotrasplante.
- Dano e reparación tisular en enfermidades asociadas ó envellecemento. Efectos dunha dieta antioxidante.
- Mecanismos Moleculares da Resistencia a Antibióticos.
- Remodelamento de Vías Aéreas.
- Control neuroendocrino da obesidade.


Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Laboratory practice A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 138 0 138
 
Personalized attention 12 0 12
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Laboratory practice Cada alumno/a realiza técnicas de uso actual en investigación biomédica, no campo de actuación do grupo de investigación no que está integrado/a.

Personalized attention
Methodologies
Laboratory practice
Description
Cada grupo de investigación acolle a un reducido número de alumnos (preferentemente 1 alumno; máximo: 3 alumnos), de modo que é posible un seguimento persoalizado. As prácticas de laboratorio son tuteladas en todo momento polo grupo de investigación.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Laboratory practice A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Ó tratarse de unha estancia nun grupo de investigación de un número reducido de alumnos (1-3 alumnos), é posible un seguimento persoalizado que facilita a avaliación continua.

Para a cualificación terase en conta a asistencia, a participación activa e o grao de cumprimento e aproveitamento das prácticas.
100
 
Assessment comments

Sources of information
Basic

As fontes de información serán as propias do ámbito científico do grupo de investigación no que o/a alumno/a realiza a estancia. En particular, estas fontes de información serán principalmente artigos científicos relevantes e de actualidade, publicados en revistas con factor de impacto.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Programa Green Campus FCS

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. 

b. De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores.

PLAxio

A detección de fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e a remisión directa á oportunidade seguinte.

Dita circunstancia comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou definitiva do/a estudante do título cursado.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.