Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Investigación en Ciencias da Saúde I Código 653862235
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Ciencias da Saúde
Coordinación
Muñiz Garcia, Javier
Correo electrónico
javier.muniz.garcia@udc.es
Profesorado
Muñiz Garcia, Javier
Pereira Loureiro, Javier
Correo electrónico
javier.muniz.garcia@udc.es
javier.pereira@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral A materia estrutúrase en dous bloques. No primeiro bloque o alumno debe adquirir as competencias necesarias para saber deseñar e desenvolver un proxecto de investigación dende o punto de vista metodolóxico no ámbito das ciencias da saúde. Cun contido principalmente práctico estudaranse os distintos aspectos da elaboración dunha proposta de investigación seleccionando o tipo de estudo máis adecuado segundo a pregunta de investigación exposta. No segundo bloque o alumno aprenderá a manexar ferramentas informáticas fundamentais para o desenvolvemento dun proxecto de investigación, como a presentación dunha proposta utilizando funcións avanzadas de Word, contornas colaborativas ou planificación utilizando software específico de xestión de proxectos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta.
A2 Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados.
A3 Adquirir un sentido ético da investigación sanitaria.
A4 Obter un substrato teórico suficiente para comprender o entorno clínico de aplicación das técnicas de investigación.
A5 Adquirir o coñecemento da realidade investigadora nun ámbito concreto das ciencias da saúde.
B1 Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
B6 Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar.
B7 Capacidade de establecer unha relación de empatía cos suxeitos implicados no desenvolvemento da actividade investigadora.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e integrar dunha forma práctica os principais elementos metodolóxicos dun proxecto de investigación no ámbito das Ciencias da Saúde AI1
AI2
AI3
AI4
AI5
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Coñecer ferramentas básicas de informática para desenvolver a investigación no ámbito das Ciencias da Saúde AI1
AI2
AI3
AI4
AI5
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 0. Creación dunha presentación con audio Neste primeiro tema explicarase como elaborar unha presentación que inclúa voz (e opcionalmente imaxe do locutor). Será necesario entregar unha práctica individual nas primeiras semanas da materia.
Bloque 1.
(Prof. Javier Muñiz)
Elaboración dunha proposta de investigación
Tema 1. Estrutura xeral dun proxecto de investigación en ciencias da saúde. 1. Apartados dunha proposta.
2. Contido dos diferentes apartados.
3. Paralelismos na estrutura entre propostas de investigación e artigos científicos.

Tema 2. A pregunta de investigación. 1. Características da pregunta de investigación idónea.
2. Elaboración dunha pregunta de investigación.

Tema 3. Tipos de estudos e a súa relación co tipo de pregunta.. 1. Principais tipos de estudos en investigación clínico-epidemiolóxica.
2. Identificación de artigos de diferentes deseños
Tema 4. Proposta de investigación. 1. Elaboración dunha proposta de investigación.
2. Discusión e defensa en liña da proposta de investigación elaborada.
Bloque 2.
(Prof. Javier Pereira)
Ferramentas para a elaboración dun proxecto de investigación
Tema 5. Uso avanzada de Word nunha proposta de investigación 1. Estilos.
2. Táboas de contido.
3. Referencias cruzadas.
4. Xestor bibliográfico de Word.
5. Control de cambios.

Tema 6. Utilidades para a preparación multicéntrica dunha proposta de investigación 1. Traballo colaborativo con Google Apss e Drive.
2. Compartir datos na nube con Dropbox.
3. Outras solucións cloud (Microsoft Onedrive, Bitshared, etc.).

Tema 7. Ferramentas para a xestión dun proxecto 1. Que fai que cousa e cando: planificación, seguimento e análise de desvíos.
2. Estimación de custos por actividades. Microsoft Project e outras solucións gratuítas (OpenProject, GanttProject).

Tema 8. Onde e como gardar os datos dun estudio. 1. Bases de datos.
2. Follas de cálculo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B5 B6 B7 C1 C7 1 9 10
Debate virtual B4 1 5 6
Traballos tutelados B1 B3 C2 1 17 18
Análise de fontes documentais A1 A5 B4 B5 C3 1 4 5
Presentación oral C4 C5 2 20 22
Seminario C6 C7 C8 4 8 12
Prácticas a través de TIC B5 C2 C3 10 60 70
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Elaboración e discusión en grupo dunha proposta de investigación.
Debate virtual Envío por medios telemáticos das tarefas individuais (identificación de artigos e elaboración dunha pregunta de investigación) e discusión co profesor do curso
Traballos tutelados Tutela dos progresos do traballo de grupo (elaboración da proposta de investigación). Esta tutorización deberase realizar a través de medios telemáticos
Análise de fontes documentais Identificación de artigos científicos e asignación a un ou outro tipo de deseño
Presentación oral Defensa pública e discusión con resto de alumnos da proposta de investigación elaborada.
Seminario Sesión inicial para abordar os aspectos xerais de estrutura e contidos dunha proposta de investigación
Prácticas a través de TIC A través da plataforma Moodle os alumnos deberán realizar as prácticas propostas e entregalas a través da plataforma nos prazos indicados

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Debate virtual
Descrición
Cada alumno, de forma personalizada ou en grupo, poderá realizar tutorias virtuais a través dos medios telemáticos dispoñibles no curso para resolver dúbidas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B5 B6 B7 C1 C7 Valoración do documento coa proposta conxunta (traballo de grupo) 50
Presentación oral C4 C5 Defensa da proposta elaborada en grupo. Esta valoración poderá asignarse individualmente a cada membro do grupo 20
Prácticas a través de TIC B5 C2 C3 Valoración das prácticas entregadas a través da plataforma de teleformación Moodle 25
Traballos tutelados B1 B3 C2 Valoración dos traballos individuais 5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia precísase aprobar ambolos dous bloques nos que se estructuran os contidos.  

As cualificacións baséanse principalmente no traballo do grupo e os comentarios (Aprendizaxe colaborativa + Traballos tutelados +presentación oral).  As tarefas individuais do primeiro bloque serven para modular, polo xeral cara arriba, as puntuacións. 

As tarefas do segundo bloque modifican a cualificación final ata en 2 puntos +/- en función da súa avaliación.

Fontes de información
Bibliografía básica Hulley, Stephen B. (2014). Diseño de las investigaciones clínicas, 4ª edición. . Barcelona: Wolters Kluwer

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Preparación dun Proxecto de Investigación I: Busca de Información/653862201
Investigación Clínica I/653862232

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do I Plan de Sustentabilidade Medio-ambiental Green Campus FCS, todos os traballos documentales que realícense nesta materia son entregados a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías