Identifying Data 2019/20
Subject (*) Research in Health Sciences I Code 653862235
Study programme
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinador
Muñiz Garcia, Javier
E-mail
javier.muniz.garcia@udc.es
Lecturers
Muñiz Garcia, Javier
Pereira Loureiro, Javier
E-mail
javier.muniz.garcia@udc.es
javier.pereira@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
General description A materia estrutúrase en dous bloques. No primeiro bloque o alumno debe adquirir as competencias necesarias para saber deseñar e desenvolver un proxecto de investigación dende o punto de vista metodolóxico no ámbito das ciencias da saúde. Cun contido principalmente práctico estudaranse os distintos aspectos da elaboración dunha proposta de investigación seleccionando o tipo de estudo máis adecuado segundo a pregunta de investigación exposta. No segundo bloque o alumno aprenderá a manexar ferramentas informáticas fundamentais para o desenvolvemento dun proxecto de investigación, como a presentación dunha proposta utilizando funcións avanzadas de Word, contornas colaborativas ou planificación utilizando software específico de xestión de proxectos.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta.
A2 Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados.
A3 Adquirir un sentido ético da investigación sanitaria.
A4 Obter un substrato teórico suficiente para comprender o entorno clínico de aplicación das técnicas de investigación.
A5 Adquirir o coñecemento da realidade investigadora nun ámbito concreto das ciencias da saúde.
B1 Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
B6 Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar.
B7 Capacidade de establecer unha relación de empatía cos suxeitos implicados no desenvolvemento da actividade investigadora.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e integrar dunha forma práctica os principais elementos metodolóxicos dun proxecto de investigación no ámbito das Ciencias da Saúde AR1
AR2
AR3
AR4
AR5
BC1
BC2
BC3
BC4
BC5
BC6
BC7
CC1
CC2
CC3
CC4
CC5
CC6
CC7
CC8
Coñecer ferramentas básicas de informática para desenvolver a investigación no ámbito das Ciencias da Saúde AR1
AR2
AR3
AR4
AR5
BC1
BC2
BC3
BC4
BC5
BC6
BC7
CC1
CC2
CC3
CC4
CC5
CC6
CC7
CC8

Contents
Topic Sub-topic
Tema 0. Creación dunha presentación con audio Neste primeiro tema explicarase como elaborar unha presentación que inclúa voz (e opcionalmente imaxe do locutor). Será necesario entregar unha práctica individual nas primeiras semanas da materia.
Bloque 1.
(Prof. Javier Muñiz)
Elaboración dunha proposta de investigación
Tema 1. Estrutura xeral dun proxecto de investigación en ciencias da saúde. 1. Apartados dunha proposta.
2. Contido dos diferentes apartados.
3. Paralelismos na estrutura entre propostas de investigación e artigos científicos.

Tema 2. A pregunta de investigación. 1. Características da pregunta de investigación idónea.
2. Elaboración dunha pregunta de investigación.

Tema 3. Tipos de estudos e a súa relación co tipo de pregunta.. 1. Principais tipos de estudos en investigación clínico-epidemiolóxica.
2. Identificación de artigos de diferentes deseños
Tema 4. Proposta de investigación. 1. Elaboración dunha proposta de investigación.
2. Discusión e defensa en liña da proposta de investigación elaborada.
Bloque 2.
(Prof. Javier Pereira)
Ferramentas para a elaboración dun proxecto de investigación
Tema 5. Uso avanzada de Word nunha proposta de investigación 1. Estilos.
2. Táboas de contido.
3. Referencias cruzadas.
4. Xestor bibliográfico de Word.
5. Control de cambios.

Tema 6. Utilidades para a preparación multicéntrica dunha proposta de investigación 1. Traballo colaborativo con Google Apss, Drive e solucións Microsoft.
2. Recollida de datos con Redcap

Tema 7. Ferramentas para a xestión dun proxecto 1. Que fai que cousa e cando: planificación, seguimento e análise de desvíos.
2. Estimación de custos por actividades. Microsoft Project e outras solucións gratuítas (OpenProject, GanttProject).

Tema 8. Onde e como gardar os datos dun estudio. 1. Bases de datos.
2. Follas de cálculo.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Collaborative learning A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B5 B6 B7 C1 C7 1 9 10
Online discussion B4 1 5 6
Supervised projects B1 B3 C2 1 17 18
Document analysis A1 A5 B4 B5 C3 1 4 5
Oral presentation C4 C5 2 20 22
Seminar C6 C7 C8 4 8 12
ICT practicals B5 C2 C3 10 60 70
 
Personalized attention 7 0 7
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Collaborative learning Elaboración e discusión en grupo dunha proposta de investigación.
Online discussion Envío por medios telemáticos das tarefas individuais (identificación de artigos e elaboración dunha pregunta de investigación) e discusión co profesor do curso
Supervised projects Tutela dos progresos do traballo de grupo (elaboración da proposta de investigación). Esta tutorización deberase realizar a través de medios telemáticos
Document analysis Identificación de artigos científicos e asignación a un ou outro tipo de deseño
Oral presentation Defensa pública e discusión con resto de alumnos da proposta de investigación elaborada.
Seminar Sesión inicial para abordar os aspectos xerais de estrutura e contidos dunha proposta de investigación
ICT practicals A través da plataforma Moodle os alumnos deberán realizar as prácticas propostas e entregalas a través da plataforma nos prazos indicados

Personalized attention
Methodologies
Collaborative learning
ICT practicals
Supervised projects
Online discussion
Description
Cada alumno, de forma personalizada ou en grupo, poderá realizar tutorias virtuais a través dos medios telemáticos dispoñibles no curso para resolver dúbidas

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Collaborative learning A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B5 B6 B7 C1 C7 Valoración do documento coa proposta conxunta (traballo de grupo) 50
Oral presentation C4 C5 Defensa da proposta elaborada en grupo. Esta valoración poderá asignarse individualmente a cada membro do grupo 20
ICT practicals B5 C2 C3 Valoración das prácticas entregadas a través da plataforma de teleformación Moodle 25
Supervised projects B1 B3 C2 Valoración dos traballos individuais 5
 
Assessment comments

Para superar a materia precísase aprobar ambolos dous bloques nos que se estructuran os contidos.  

As cualificacións baséanse principalmente no traballo do grupo e os comentarios (Aprendizaxe colaborativa + Traballos tutelados +presentación oral).  As tarefas individuais do primeiro bloque serven para modular, polo xeral cara arriba, as puntuacións. 

As tarefas do segundo bloque modifican a cualificación final ata en 2 puntos +/- en función da súa avaliación.

Sources of information
Basic Hulley, Stephen B. (2014). Diseño de las investigaciones clínicas, 4ª edición. . Barcelona: Wolters Kluwer

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Preparing of a Research Project I: Information Search/653862201
Clinical Research I/653862232

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)" os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. 

b.- De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores.

RECOMENDACIÓNS POSIBLE PLAXIO TRABALLOS

Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do/a alumno/a do título cursado.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.