Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Anatomía Humana Código 653G01106
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Formación básica 9
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Coordinación
Fuentes Boquete, Isaac Manuel
Correo electrónico
i.fuentes@udc.es
Profesorado
Castro Viñuelas, Rocío
Díaz Prado, Silvia María
Fuentes Boquete, Isaac Manuel
Gato Calvo, Lucía
Meilán Devesa, José Ramón
Santos del Riego, Sergio Eduardo
Correo electrónico
rocio.castro@udc.es
s.diaz1@udc.es
i.fuentes@udc.es
lucia.gato@udc.es
jose.meilan@udc.es
sergio.santos.delriego@udc.es
Web
Descrición xeral A Anatomía Humana estuda a organización estrutural do corpo humano en estado de saúde e durante o desenrolo, relacionando a forma coa función e valorando os cambios de dita estrutura como resposta a todos aqueles axentes que, en condicións de normalidade, actúan sobre ela.
A docencia de Anatomía Humana está encamiñada a que o futuro profesional sanitario adquira a terminoloxía anatómica e se inicie no emprego correcto da nomenclatura médico-biolóxica. Ten un enfoque aplicativo, de modo que sexa útil para outras materias do currículo do Grao en Terapia Ocupacional. Para isto, abórdase o estudo dunha anatomía funcional, descritiva, sistémica e topográfica, orientada a fomentar a capacidade de descrición e de orientación espacial.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Explicar la relación entre el funcionamiento ocupacional, la salud y el bienestar.
A2 Explicar los conceptos teóricos que sostienen la terapia ocupacional, expresamente la naturaleza ocupacional de los seres humanos y su funcionamiento a través de las ocupaciones.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B4 Trabajar de forma autónoma con iniciativa.
B8 Capacidad de análisis y de síntesis.
B9 Capacidad de aplicar los conocimientos a la práctica.
B12 Conocimientos generales básicos sobre el área de estudio.
B13 Resolución de problemas.
B16 Habilidad para trabajar de manera autónoma.
B17 Compromiso ético.
B19 Comunicación oral y escrita en la lengua materna.
B23 Capacidad de aprender.
B25 Capacidad de crítica y autocrítica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.
C6 Valorar críticamente el conocimiento, la tecnología y la información disponible para resolver los problemas con los que deben enfrentarse.
C7 Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida.
C8 Valorar la importancia que tiene la investigación, la innovación y el desarrollo tecnológico en el avance socioeconómico y cultural de la sociedad.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Desenvolver a capacidade de observación. A1
A2
B1
B2
B4
B8
B9
B12
B13
B16
B17
B19
B23
B25
C1
C4
C6
C7
C8
Identificar mediante a anatomía de superficie estructuras óseas, musculares, nerviosas e vasculares do corpo humano. A1
A2
B1
B2
B4
B8
B9
B12
B13
B16
B17
B19
B23
B25
C1
C4
C6
C7
C8
Coñecer, comprender e analizar a anatomía do movemento humano para deducir o comportamento en condicións de disfunción ocupacional. A1
A2
B1
B2
B4
B8
B9
B12
B13
B16
B17
B19
B23
B25
C1
C4
C6
C7
C8
Identificar a forma e as relacións das diferentes estruturas anatómicas mediante o uso de esquemas, debuxos, fotografias, cortes multidireccionais, reconstruccións planimétricas e modelos tridimensionais (maquetas). A1
A2
B1
B2
B4
B8
B9
B12
B13
B16
B17
B19
B23
B25
C1
C4
C6
C7
C8
Utilizar os coñecementos anatómicos no plantexamento e análise de problemas clínicos pertinentes. A1
A2
B1
B2
B4
B8
B9
B12
B13
B16
B17
B19
B23
B25
C1
C4
C6
C7
C8
Dominar a terminoloxía anatómica, de modo que o alumnado coñeza a nomenclatura actualizada das estruturas anatómicas e adquira a capacidade de descricición destas estruturas empregando términos de orientación espacial. A1
A2
B1
B2
B4
B8
B9
B12
B13
B16
B17
B19
B23
B25
C1
C4
C6
C7
C8
Adquirir a base suficiente do coñecemento anatómico para realizar intervencións no ámbito da terapia ocupacional. A1
A2
B1
B2
B4
B8
B9
B12
B13
B16
B17
B19
B23
B25
C1
C4
C6
C7
C8
Coñecer os conceptos básicos de cinesioloxía (anatomía aplicada), necesarios para o desenvolvemento adecuado do exercicio profesional do terapeuta ocupacional. A1
A2
B1
B2
B4
B8
B9
B12
B13
B16
B17
B19
B23
B25
C1
C4
C6
C7
C8
Coñecer a morfoloxía general do corpo humano, a localización, a forma e a estrutura dos seus órganos, sistemas e aparatos, e as súas interrelaciones topográficas. A1
A2
B1
B2
B4
B8
B9
B12
B13
B16
B17
B19
B23
B25
C1
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introducción á anatomía humana.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Introdución á anatomía humana.
Introdución á embrioloxía.
Introdución á la histoloxía.
Ósos: estrutura, función e tipos. Remodelamento óseo.
Articulacións: clasificación. Articulación sinovial.

Actividades prácticas (utilizando a osteoteca):

Estudar o tecido óseo compacto e esponxoso.
Estudar os tipos de ósos.
Recoñecer as superficies articulares.
Tema 2.- Ósos e articulacións de cabeza, colo e tronco.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Esqueleto da cabeza.
Columna vertebral. Vértebra tipo. Vértebras rexionais.
Esqueleto do tórax: mecánica respiratoria.


Actividades prácticas (utilizando a osteoteca e maquetas):

Estudar o esqueleto da cabeza.
Estudar as vértebras das distintas rexións do raquis.
Estudar o esqueleto do tórax.

Tema 3. Músculos do colo e do tronco.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Músculos da rexión posterior do colo.
Músculos da rexión anterior do colo.
Músculos do tronco: rexión posterior do tronco, parede anterolateral do tórax, parede anterolateral do abdome, diafragma e piso pélvico.

Actividades prácticas (en maquetas):

Recoñecer os principais músculos de colo e tronco.
Tema 4. Ósos e articulacións do membro superior.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Cintura escapular: clavícula e escápula. Úmero. Radio e Cúbito. Ósos do carpo. Ósos da man: metacarpianos e falanxes.
Complexo articular do ombro: articulación esternoclavicular, articulación acromioclavicular e articulación escapulohumeral. Articulación do cóbado e articulación radiocubital distal. Complexo articular do pulso: articulacións radiocarpiana, mediocarpiana e intercarpianas. Articulacións carpometacarpianas. Articulación trapezometacarpiana. Articulacións metacarpofalánxicas. Articulacións interfalánxicas.

Actividades prácticas:

Estudar os ósos e as articulacións utilizando a osteoteca e as maquetas.
Tema 5. Musculatura, vascularización e inervación do membro superior.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Músculos do ombro: rexións anterior, medial, lateral e posterior.
Músculos do brazo: rexións anterior e posterior.
Músculos do antebrazo: rexións anterior, lateral e posterior.
Músculos da man: rexións media, tenar e hipotenar.

Actividades prácticas (en maquetas):

Recoñecer e palpar os principais músculos do membro superior.
Tema 6. Ósos e articulacións do membro inferior.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Coxal. Fémur. Rótula. Tibia e peroné. Ósos do pé: tarso anterior (astrágalo e calcáneo), tarso posterior (navicular, cuneiformes e cuboides), metatarsianos e falanxes.
Articulación coxofemoral. Articulación do xeonllo. Articulacións tibioperonea proximal, tibioperonea distal e talocrural. Articulación subastragalina. Articulación mediotarsiana: articulación astragalocalcaneonavicular e articulación calcaneocuboidea. Articulación cuneonavicular. Articulacións tarsometatarsianas. Articulacións metatarsofalánxicas. Articulacións interfalánxicas.

Actividades prácticas:

Estudar utilizando a osteoteca e as maquetas os ósos do membro inferior.
Estudar utilizando as maquetas as articulacións do membro inferior.
Tema 7. Musculatura, vascularización e inervación do membro inferior.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Músculos da pelvis: iliopsoas e rexión glútea.
Músculos do muslo: rexións anterior, medial e posterior.
Músculos da perna: rexións anterior, lateral e posterior.
Músculos do pé: rexión dorsal e rexión plantar (media, medial e lateral).

Actividades prácticas (maquetas):

Recoñecer e palpar os principais músculos do membro inferior.
Tema 8. Sistema cardiocirculatorio.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Corazón.
Circulación sistémica e pulmonar. Vascularización xeral.
Sistema linfático.

Actividades prácticas.- Estudar en maquetas:

A morfoloxía do corazón.
A vascularización xeral.
Tema 9. Sistema nervioso.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Introdución.
Medula espiñal e Nervio espiñal.
Encéfalo: tronco encefálico, diencéfalo, telencéfalo (corteza cerebral: áreas sensitivas e motoras) e cerebelo.
Meninxes e líquido cefalorraquídeo.

Actividades prácticas (utilizando maquetas):

Estudo da medula espiñal e o nervio espiñal.
Estudo do encéfalo.

Tema 10. Sistema Nervioso. Vías sensitivas e motoras.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Vía da sensibilidade termoalxésica: tracto espinotalámico lateral.
Vía da sensibilidade do tacto groseiro: tracto espinotalámico anterior.
Vía da sensibilidade propioceptiva consciente.
Vía motora consciente.

Actividades prácticas:

Estudar completando en debuxos esquemáticos as vías ascendentes e descendentes.
Tema 11. Estesioloxía e esplacnoloxía.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico de estesioloxía:

Introdución aos órganos e receptores dos sentidos. Sentido da visión, sentido da audición, sentidos do olfato, do gusto e do tacto.

Contido teórico de esplacnoloxía:

Introdución aos sistemas e aparatos.

Actividades prácticas:

Estudar en maquetas os fundamentos anatómicos das estruturas descritas.
Tema 12. Cinesioloxía Ocupacional Biomecánica.
Prof. Sergio Santos del Riego
- Conceptos xerais: Importancia no currículum de Terapia Ocupacional.
- Biomecánica dos tecidos
- Cinética.
- Cinemática.
- Biomecánica ocupacional.
Tema 13. Cinesioloxía Ocupacional Estrutural.
Prof. Sergio Santos del Riego.
Contidos teóricos (Actividades iniciais e clases expositivas).
Seminarios teórico prácticos.
- Introdución, conceptos e terminoloxía.
- Xeralidades: Tipos de articulacións e mioloxía.
- Ación motriz: Respiración, postura, dinámica, membro superior e membro inferior.
- Cinesioloxía estrutural ocupacional: ombro, cóbado, pulso, man, raquis, cadeira, xeonllo, nocello e pé.
- Aplicacións ocupacionais en Membro superior: ombro, cóbado, antebrazo, pulso, man e dedos.
Anatomía aplicada ocupacional nas Actividades da Vida Diaria.
- Aplicacións ocupacionais en Membro inferior: cadeira, xeonllo, nocello e pé.
Marcha, Carreira e Salto, entre outros.
- Aplicación ocupacional con Métodos de Facilitación Neuromuscular Propioceptiva: Xeralidades.
- Seminarios teórico-prácticos: Aproximación topográfica transdisciplinar a: Membro superior, Membro inferior, Retrosoma/Presoma e Plexos.
Tema 14.-Cinesioloxía Ocupacional práctica.
Prof. José Ramón Meilán Devesa.
Actividades prácticas.
- Balance articular.
- Balance muscular.
- Coñecementos básicos de estiramentos musculares.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 B1 B8 B12 B17 B25 C6 C4 44 88 132
Prácticas de laboratorio A2 A1 B2 B4 B9 B13 B16 B23 C1 C8 22 22 44
Seminario B1 B2 B8 B9 B13 B25 C7 2 2 4
Obradoiro A2 A1 B1 B2 B8 B9 B13 B16 B17 B23 B25 C4 C6 C7 C8 0 14 14
Prácticas clínicas A2 A1 B8 9 9 18
Proba obxectiva A1 A2 B2 B4 B8 B9 B12 B13 B19 C1 2 4 6
Proba de resposta múltiple A1 A2 B12 B8 2 0 2
Proba oral A2 A1 B8 B17 B19 B23 B25 C1 1 2 3
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase teórica participativa, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resposta das preguntas formuladas polo alumnado. Forman parte das metodoloxías de Anatomía Humana e Cinexioloxía Ocupacional.
Prácticas de laboratorio Clases prácticas que complementan os contidos desenvolvidos nas clases teóricas:

- Empréganse as coleccións de maquetas e láminas do corpo humano e a osteoteca do Laboratorio de Anatomía Humana.

- Mediante a palpación de estruturas, abórdase o estudio da anatomía de superficie.

- Examínanse distintos grupos musculares, mediante a palpación e movementos contra resistencia.

- Analízanse funcionalmente as principais articulacións móbiles.

Nas prácticas de laboratorio foméntase a participación do alumnado, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resolución de problemas.
Seminario É unha técnica de traballo en grupo reducido que ten como finalidade o estudio intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os participantes do seminario. O fin desta metodoloxía é aclarar concepto e resolver dúbidas. Forma parte das metodoloxías de Anatomía Humana e Cinexioloxía Ocupacional.

Obradoiro Consiste en exercicios que o alumnado debe realizar (completar debuxos esquemáticos de estruturas anatómicas; identificar detalles anatómicos nos debuxos esquemáticos; recoñecer mediante anatomía de superficie determiandas estruturas anatómicas, etc.) recollidos nos CADERNOS DE TRABALLO DE ANATOMÍA HUMANA, elaborados polo profesorado da Área de Anatomía e Embrioloxía Humana, e ós que o alumnado ten acceso a través da plataforma virtual da universidade. Forma parte das metodoloxías de Anatomía Humana.
Prácticas clínicas Basándose na valoración funcional de músculos e articulacións, preténdese favorece a adquisición de competencias básicas na valoración clínica do aparato locomotor. Forma parte da metodoloxía de Cinesioloxía Ocupacional.
Proba obxectiva Exame final de Anatomía Humana. Consistirá en dúas partes:

Exame tipo test, de 12 a 24 preguntas (cada pregunta con 4 afirmacións; só unha é correcta; non se puntúa negativo por resposta incorrecta). O aprobado está no 60% de respostas correctas.
Exame preguntas cortas (5 a 10 preguntas).

Cada parte do exame contribúe nun 50% na cualificación do exame final.

Examen final teórico de Cinexioloxía Ocupacional.
Proba de resposta múltiple Probas periódica tipo test sobre unidades temáticas da materia. Forma parte da avaliación continua de Antomía Humana.
Proba oral Proba oral personalizada na que se valorará o coñecemento da acción dun grupo muscular ou músculo illado e a interpretación dunha goniometría articular.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Obradoiro
Prácticas clínicas
Descrición
A atención personalizada faise mediante titorías personalizadas directas e virtuais a demanda e previa cita, individualis e grupais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A2 A1 B8 B17 B19 B23 B25 C1 Exame final de Cinesioloxía Ocupacional. Proba oral personalizada na que se valorará o coñecemento da acción dun grupo muscular ou músculo illado e a interpretación dunha goniometría articular. Ademáis, poderase incluír unha parte de estiramentos.
15
Proba de resposta múltiple A1 A2 B12 B8 Avaliación continua de Anatomía Humana. Probas periódicas tipo test sobre unidades temáticas da materia.
10
Proba obxectiva A1 A2 B2 B4 B8 B9 B12 B13 B19 C1 Exame final de Anatomía Humana (cualificación: 50). Consistirá en dúas partes:

- Exame tipo test, de 12 a 24 preguntas (cada pregunta con 4 afirmacións; só unha é correcta; non se puntúa negativo por resposta incorrecta). O aprobado está no 60% de respostas correctas.
- Exame preguntas cortas (5 a 10 preguntas).

Cada parte do exame contribúe nun 50% na cualificación do exame final.

Exame final escrito de Cinesioloxía Ocupacional (cualificación: 20)
70
Obradoiro A2 A1 B1 B2 B8 B9 B13 B16 B17 B23 B25 C4 C6 C7 C8 Avaliación continua de Anatomía Humana: realización dos cadernos de traballo de Anatomía Humana.
5
 
Observacións avaliación

ORGANIZACIÓN DA
MATERIA.

A materia ANATOMÍA HUMANA do Grao
de Terapia Ocupacional está dividida en dúas partes:

·        
Anatomía Humana (6
ECTS. Profs: Isaac Manuel Fuentes Boquete, Silvia María Díaz Prado e Rocío
Castro Viñuelas)

·        
Cinesioloxía Ocupacional (3 ECTS. Profs.: Sergio Santos del Riego e José R. Meilán Devesa).

RESPONSABLE DA MATERIA. Prof. Isaac Manuel Fuentes Boquete

AVALIACIÓN DA MATERIA.

A materia avalíase da seguinte
maneira:

·         
Anatomía Humana: cun valor de 6,5 sobre 10:

-   Avaliación continua (Profs. Isaac Fuentes e Silvia Díaz): cun valor de 1,5.

-    Exames periódicos tipo test: 1,0.

-    Cadernos de Anatomía Humana: 0,5.

-   Exame final
(Profs. Isaac Fuentes e Silvia Díaz): cun valor de 5,0.

-    Test: cun valor de 2,5.

-    Preguntas curtas: cun valor de 2,5.

·         
Cinesioloxía Ocupacional: cun valor de 3,5 sobre 10

-   Exame final escrito (Prof. Sergio Santos): cun valor de 2,0.

-   Exame oral práctico (Prof. José R. Meilán): cun valor de 1,5.

APROBADO DA MATERIA.

O aprobado conxunto da materia
corresponde a 5,0 sobre 10.

Para o cálculo da nota final da
materia sumaranse as notas obtidas en cada parte da materia, sempre que se
obteña en cada parte o 80% do valor na nota de aprobado. Así, para este cálculo
da nota final da materia é preciso obter:

·         
Anatomía Humana: 2,6 (80% de 3,25).

·         
Cinesioloxía
Ocupacional: 1,4 (80% de 1,75).

 

AVALIACIÓN DE ANATOMÍA HUMANA EN DETALLE.

·         
Exame final
de Anatomía Humana
(cun valor
de 5,0).- Consistirá en dúas partes:

-   Proba tipo test (cun valor de 2,5). Consiste de 24 a 48
preguntas. Cada pregunta conta con catro sentencias, das cales só unha é
correcta. Non se puntúa negativo por resposta incorrecta. O aprobado está no
60% de respostas correctas.

-   Exame preguntas cortas (cun valor de 2,5). Consiste de 5
a 10 preguntas curtas.

·        
Avaliación
continua de Anatomía Humana
.- Terase en
conta:

-   Realización dos cadernos de prácticas  (cun valor de 0,5). Os cadernos publícanse en
MOODLE.

-   Probas
periódicas tipo test sobre unidades
temáticas da materia (cun valor de 1,0). Estes exames tipo test teñen a mesma
estrutura, grao de dificultade e modo de avaliación que a proba tipo test do
exame final.

AVALIACIÓN DE CINESIOLOXÍA
OCUPACIONAL EN DETALLE.

·         
Exame final escrito
de Cinesioloxía Ocupacional
(cun valor
de 2,0).

·         
Exame oral
práctico de Cinesioloxía Ocupacional
(cun valor de 1,5). O exame
consistirá na valoración dun grupo muscular e dunha goniometría articular.
Ademais, poderase incluír unha parte de estiramentos, na que o alumnado terá
que explicar a manobra e a implicación do grupo muscular ou músculo illado. O profesor publicará, previamente á data oficial de
realización do exame correspondente, un documento co lugar de realización do
exame e o horario de realización de exame que corresponda a cada alumno/a.

Ao inicio do curso académico, o responsable
da materia (Prof. Isaac Fuentes) explicará con detalle ao alumnado os criterios de
avaliación.

PLAN GREEN CAMPUS FCS:

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata substentable e cumprir o
obxectivo extratéxico 9 do Plan Green Campus da Facultade de Ciencias
da Saúde (FCS), os traballos documentais que se realicen nesta materia:
A.- Maioritariamente, se solicitarán en formato virtual e soporte
informático.
B.- De realizarse en papel:
1. Non se utilizarán plásticos.
2. Imprimirase a dobre cara.
3. Utilizarase papel reciclado.
4. Evitarase a realización de borradores.


Fontes de información
Bibliografía básica

·Delmas A. Vías y centros nerviosos. Barcelona: Ed. Masson 2001.

·Drake RL, Wayne V, Mitchell AWM. GRAY. Anatomía para estudiantes. Madrid: Ed. Elsevier 2005.

·Dufour M. Anatomía del aparato locomotor. Barcelona: Ed. Masson 2003-04.

·Feneis H, Dauber W. Nomenclatura anatómica ilustrada. Barcelona: Ed. Masson 2006.

·Moore KL, Dalley AF. Anatomía con orientación clínica. Madrid: Ed. Médica Panamericana 2002.

·Netter FH. Atlas de Anatomía Humana. East Hanover: Ed. Novartis 2003.

·Olson T. ADAM. Atlas de Anatomía Humana. Barcelona: Ed. Masson 1997.

·Palastanga N, Field D, Soames R. Anatomía y movimiento humano. Estructura y funcionamiento. Barcelona: Ed. Paidotribo 2000.

·Schünke M, Schulte E, Schumacher U, Voll M, Wesker K. PROMETHEUS. Texto y atlas de anatomía. Madrid: Ed. Médica Panamericana 2005.

·Putz R, Pabst R, editores. SOBOTTA. Atlas de Anatomía Humana. Madrid: Ed. Médica Panamericana 2000.

·Rouvière H, Delmas A. Anatomía Humana. Descriptiva, Topográfica y Funcional. Barcelona: Ed. Masson 1999.

·Rash - Burke. Kinesiología y Anatomía aplicada. Cuarta edición. El Ateneo, 1976.

·Luttgens – Wells. Kinesiología. Bases científicas del Movimiento Humano. Séptima edición. CBS Collage Publishing, 1985.

·Villadot Voegeli. Lecciones básicas de Biomecánica del Aparato Locomotor. Masson, 2004.

·Rene Caillet. Anatomía Funcional, Biomecánica. Marban.

·Nordin – Frankel. Biomecánica básica del Sistema Musculoesquelético. Tercera edición. McGraw-Hill – Interamericana.

·Paolo Raimondi. Cinesiología y Psicomotricidad. Paidotribo, 2006.

·Eric Viel at cols.. La Marcha Humana, la Carrera y el Salto. Masson, 2002.

·Panjabi MM – White AA. Biomechanics in the Musculoeskeletal System. Churchill – Livingstone. New York, 2001.

·Kapandji IA.Fisiología Articular. Quinta edición. Editorial Médica Panamericana, 1998.

·Luttgens and Wells. Kinesiología. Bases científicas del movimiento humano. Augusto F. Pila Teleña C.B.S. College Publishing, 1982

·A. Lapierre. La reeducación Física. Masson, Rolf Wirhed. Habilidad Atlética y anatomía del movimiento. Edika-Med,

·S. Hoppenfeld. Exploración física de la columna vertebral y las extremidades. Manual moderno m/m.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

INDICACIÓNS DO PROFESORADO:

A asistencia á clase é obrigatoria.

Recoméndase levar a materia ao día para obter un bo rendimento académico. 

PLAN GREEN CAMPUS FCS:
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do Plan Green Campus FCS, os traballos documentais que se realicen nesta materia: A.- Maioritariamente, solicitaranse en formato virtual e soporte informático. B.- De realizarse e papel: 1. Non se utilizarán plásticos. 2. Realizaranse impresións a dobre cara. 3. Empregarase papel reciclado. 4. Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías