Identifying Data 2019/20
Subject (*) Work Placement I Code 653G01110
Study programme
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
First Obligatory 4.5
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Ciencias da Saúde
Coordinador
Nieto Riveiro, Laura
E-mail
laura.nieto@udc.es
Lecturers
Canosa Domínguez, Nereida María
Dacuña Vázquez, Inés
Groba Gonzalez, Betania
Nieto Riveiro, Laura
Rosende Celeiro, Iván de
E-mail
nereida.canosa@udc.es
ines.vazquez3@udc.es
b.groba@udc.es
laura.nieto@udc.es
ivan.de.rosende.celeiro@udc.es
Web
General description Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa práctica clínica e/ou comunitaria da Terapia Ocupacional mediante a observación e análise dos centros de prácticas e da intervención das/os profesoras/es-titoras/es, terapeutas ocupacionais, dos devanditos centros.
Descritor: Estancias prácticas para aplicar teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de Terapia Ocupacional, traballando adecuadamente en equipo e desenvolvendo as funcións e destrezas propias desta/e profesional en diferentes contornas, centros, hospitais, institucións e grupos sociais e poboacionais.
Contingency plan

Study programme competencies
Code Study programme competences
A6 Trabajar en la sociedad con individuos y grupos para fomentar la promoción de la salud, la prevención, la rehabilitación y el tratamiento.
A8 Uso profesional y ético del razonamiento efectivo en todas las partes del proceso de terapia ocupacional.
A16 Construir una relación terapéutica como base del proceso de la terapia ocupacional.
A19 Apreciar y respetar las diferencias individuales, creencias culturales, costumbres y su influencia sobre la ocupación y la participación.
A23 Practicar de manera ética, respetando a los clientes, teniendo en cuenta los códigos profesionales de conducta para terapeutas ocupacionales.
B3 Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo.
B6 Comportarse con ética y responsabilidad social como ciudadano y como profesional.
B7 Comunicarse de manera efectiva en un entorno de trabajo.
B8 Capacidad de análisis y de síntesis.
B9 Capacidad de aplicar los conocimientos a la práctica.
B14 Habilidades interpersonales.
B19 Comunicación oral y escrita en la lengua materna.
B23 Capacidad de aprender.
B24 Habilidades de gestión de la información (habilidad para buscar y analizar información proveniente de diversas fuentes).
B26 Capacidad para adaptarse a nuevas situaciones.
B31 Apreciación de la diversidad y de la multiculturalidad.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.
C7 Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Desenvolver habilidades básicas dun(ha) terapeuta ocupacional neste estadío de aprendizaxe, de acordo ás competencias seleccionadas. A6
A16
A19
A23
B6
B9
B14
B19
B23
B24
B26
B31
C4
C7
Observar, analizar e reflexionar sobre os centros de prácticas e as funcións das/os terapeutas ocupacionais integradas/os no sistema sanitario, educativo, domiciliario, laboral e comunitario de pertenza. Así mesmo, o alumnado debe desenvolver a capacidade para manter a dignidade, a privacidade e a confidencialidade das persoas. A8
A16
A19
A23
B3
B6
B7
B8
B19
B23
B24
C1
C4
C7
Observar, analizar e reflexionar sobre a intervención da/o terapeuta ocupacional nos diferentes ámbitos da disciplina. A19
B3
B6
B7
B8
B19
B23
B24
C1
C4
Observar, analizar e reflexionar sobre a relación terapéutica en terapia ocupacional. A19
B3
B6
B7
B23
B24
C1
C4
C7
Observar, identificar, analizar e reflexionar sobre o perfil das/os usuarias/os dos servizos de terapia ocupacional. A19
B3
B6
B7
B8
B19
B23
B24
C1
C4

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1.- Criterios xerais das Estancias Prácticas I Tema 1.1.- Consideracións e aspectos éticos
Tema 1.2.- Normas e consideracións básicas dos centros de prácticas clínicas e/ou comunitarias
Tema 1.3.- Análise dos centros de prácticas clínicas e/ou comunitarias
Tema 2.- Observación da intervención de terapia ocupacional nos centros de prácticas Tema 2.1.- Intervención desde terapia ocupacional nos centros de prácticas clínicas
Tema 2.2.- Intervención desde terapia ocupacional nos centros de prácticas comunitarias
Tema 2.3.- Habilidades básicas para a intervención desde terapia ocupacional
Tema 3.- Rexistro da información en terapia ocupacional Tema 3.1.- Características xerais do rexistro da información en terapia ocupacional
Tema 4.- Observación de teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de terapia ocupacional nos centros de prácticas clínicas e/ou comunitarias Tema 4.1.- Abordaxes de intervención desde terapia ocupacional
Tema 4.2.- Análise das funcións e destrezas propias das/os terapeutas ocupacionais
Tema 4.3.- Cooperación co equipo interdisciplinar

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A8 A23 B6 B7 B14 B19 B23 B24 B26 B31 C1 C4 C7 1 1 2
Collaborative learning A8 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 1 14 15
Workbook A19 B3 B6 B7 B8 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 1 5 6
Student portfolio A8 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 1 19 20
Clinical practice placement A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B24 B26 B31 C1 C4 C7 60 0 60
Guest lecture / keynote speech A8 A19 B3 B6 B8 B14 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 5 0 5
 
Personalized attention 4.5 0 4.5
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Son actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con esta metodoloxía preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Collaborative learning Consiste nun conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a do resto de integrantes do grupo.
Workbook Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recollen e editan como fonte de profundización nos contidos traballados na materia.
Student portfolio É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas pola/o alumna/o nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polas docentes, o que lles permite visualizar o progreso do alumnado. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai a/o estudante, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso da/o alumna/o realizados polas docentes, etc.
Clinical practice placement O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que o estudantado observa e participa en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlle oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da terapia ocupacional.
Guest lecture / keynote speech Consiste nunha exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un(ha) docente en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Personalized attention
Methodologies
Workbook
Student portfolio
Clinical practice placement
Collaborative learning
Description
A atención personalizada farase mediante titorías personalizadas directas e virtuais, individuais e grupais. Consensuaranse os horarios coas docentes da materia.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workbook A19 B3 B6 B7 B8 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 Valoraranse, ademais das destrezas e coñecementos adquiridos referentes ao contido da materia, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os errores gramaticais e ortográficos), a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, e a capacidade de razoamento e resolución de problemas. 5
Student portfolio A8 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 Valoraranse, ademais das destrezas e coñecementos adquiridos referentes ao contido da materia, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os errores gramaticais e ortográficos), a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, e a capacidade de razoamento e resolución de problemas. 25
Clinical practice placement A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B24 B26 B31 C1 C4 C7 Valorarase a asistencia, a puntualidade, a responsabilidade, o interese e a actitude ante as normas, así como a adquisición e aplicación de destrezas, coñecementos e conceptos tanto teóricos como prácticos.
As ausencias xustificadas ás prácticas clínicas deberán ser comunicadas previamente á coordinadora da materia e á coordinadora do título mediante correo electrónico. Posteriormente, deberá achegarse o xustificante correspondente.
60
Collaborative learning A8 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 Valoraranse, ademais das destrezas e coñecementos adquiridos referentes ao contido da materia, a capacidade de presentación oral do alumnado, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, e a capacidade de traballo en equipo e resolución de problemas, así como a actitude crítica e reflexiva. 10
 
Assessment comments

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable).

Para superar a materia, a/o alumna/o debe participar activamente nas metodoloxías propostas, asistindo a todas as sesións prácticas (Prácticas clínicas) e entregando todos os traballos solicitados (Aprendizaxe colaborativa, Lecturas e Portafolios). Ademais, deberá acadar unha cualificación global mínima de 5 puntos e ter superadas polo menos as metodoloxías de Prácticas clínicas e Portafolios da/o alumna/o. Para iso, será necesario ter unha cualificación mínima de 4 puntos (sobre 6) na metodoloxía Prácticas clínicas e unha cualificación mínima de 1 punto (sobre 2,5) na metodoloxía Portafolios da/o alumna/o. As notas do resto de metodoloxías (Aprendizaxe colaborativa e Lecturas) só serán tidas en conta para a cualificación global da materia, se a/o estudante acada as citadas puntuacións nas mencionadas metodoloxías. En caso contrario, a nota da convocatoria corresponderá á nota obtida na metodoloxía suspensa (nota obtida nas Prácticas clínicas ou no Portafolios). No caso de ter ambas metodoloxías suspensas (Prácticas clínicas e Portafolios), a nota da convocatoria corresponderá á nota obtida na metodoloxía Prácticas clínicas.

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño), a/o estudante deberá repetir a entrega de traballos e participar de novo nas metodoloxías propostas durante a segunda oportunidade (xullo).

Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo das/os estudantes de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación da/o estudante. A tal efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará a expensas da valoración e decisión da comisión académica do Grao en Terapia Ocupacional da UDC, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.


Sources of information
Basic Moruno, P., Romero, D.M. (2006). Actividades de la vida diaria. Barcelona: Masson
Council of Occupational Therapists for the European Countries (COTEC) (2009). Code of Ethics.
World Federation of Occupational Therapists (WFOT) (2016). Code of Ethics: Ethical Core of Occupational Therapy.
Polonio, B. (2001). Conceptos fundamentales de terapia ocupacional. Madrid: Médica Panamericana
García-Margallo, P. et al. (2005). El análisis y la adaptación de la actividad en terapia ocupacional. Madrid: Aytona
Kielhofner, G. (2006). Fundamentos conceptuales de la terapia ocupacional, 3ª ed. Buenos Aires, Madrid: Médica Panamericana
Gómez-Tolón, J. (1997). Fundamentos metodológicos de la terapia ocupacional. Zaragoza: Mira
American Occupational Therapy Association (AOTA) (2015). Occupational Therapy Code of Ethics. The American Journal of Occupational Therapy, Vol. 69 (Supl. 3)
Moruno, P. (2017). Principios conceptuales de la terapia ocupacional. Madrid: Síntesis
Hopkins, H.L., Smith, H.D. (2006). Terapia ocupacional, 9ª ed. Buenos Aires, Madrid: Médica Panamericana
Romero, D.M., Moruno, P. (2003). Terapia ocupacional: Teoría y técnicas. Barcelona: Masson
Boyt Schell, B.A., Gillen, G., Scaffa, M.E. (2015). Willard & Spackman: Terapia ocupacional, 12ª ed. Buenos Aires, Madrid: Médica Panamericana
Para o desenvolvemento da metodoloxía Lecturas, utilizaranse, entre outros recursos, as Declaracións de posicionamento da Federación Mundial de Terapeutas Ocupacionais (World Federation of Occupational Therapists, WFOT), dispoñibles para a súa descarga na dirección web http://www.wfot.org/ResourceCentre.aspx 

Para a elaboración do Portafolios do alumnado, recoméndase o emprego e aplicación do Ciclo Reflexivo de Gibbs: Gibbs, G. (1988). Learning by Doing: A Guide to Teaching and Learning Methods. Oxford: Oxford Further Education Unit (https://hhs.hud.ac.uk/lqsu/Sessionsforall/supp/Gibbs%201988%20reflective%20cycle.pdf).
Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Historical Review and Documentation in Occupational Therapy/653G01108

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Occupational Science and Foundations of Occupational Therapy/653G01109

Subjects that continue the syllabus
Work Placement II/653G01210
Occupational Therapy Processes/653G01204

Other comments

1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.

2.- A docente responsable da materia resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.

3.- Para a correcta planificación das estancias prácticas, realizaranse (segundo o calendario oficial), varias reunións de coordinación académica:

- Actividades iniciais: establecemento de grupos de prácticas e distribución de rotatorios, reunión da coordinadora da materia co alumnado matriculado para a presentación dos recursos de prácticas, as normas e consideracións básicas a ter en conta e os traballos a realizar ao longo da materia, así como para a organización dos grupos de estudantes.

- Coordinación da docencia: encontro entre a coordinadora da materia e as/os docentes e titoras/es terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, previo ao inicio das mesmas e de forma posterior.

4.- Normas mínimas: o alumnado deberá cumprir unhas normas xerais básicas de identificación persoal, puntualidade e respecto á poboación atendida nos recursos nos que se desenvolvan as prácticas, así como ao seu equipo profesional e ás súas instalacións. Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estancias prácticas.

5.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.