Identifying Data 2020/21
Subject (*) Work Placement I Code 653G01110
Study programme
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
First Obligatory 4.5
Language
Spanish
Galician
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Coordinador
Nieto Riveiro, Laura
E-mail
laura.nieto@udc.es
Lecturers
Dacuña Vázquez, Inés
Groba Gonzalez, Betania
Nieto Riveiro, Laura
E-mail
ines.vazquez3@udc.es
b.groba@udc.es
laura.nieto@udc.es
Web
General description Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa práctica clínica e/ou comunitaria da terapia ocupacional mediante a observación directa e a análise dos centros de prácticas e a intervención das/os profesoras/es-titoras/es, terapeutas ocupacionais, dos devanditos centros.
Descritor: Estadías prácticas para aplicar teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de terapia ocupacional, traballando axeitadamente en equipo e desenvolvendo as funcións e destrezas propias desta profesión en diferentes entornos, centros, hospitais, institucións e grupos sociais e poboacións.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos: Non se realizará ningunha modificación nos contidos da materia.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Actividades iniciais, Análise de fontes documentais e Discusión dirixida.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Ante un escenario de non presencialidade, que non permita que o alumnado poida cursar, como mínimo, o 50% da suma das horas de prácticas (Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e Saídas de campo):
- Suprimiríanse as metodoloxías Portafolios, Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e Saídas de campo.
- Introduciríanse as metodoloxías Sesión maxistral (por Teams) e Traballo tutelado.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: diariamente. Empregarase esta vía para ofrecer atención individualizada ao alumnado da materia, resolver posibles dúbidas ou consultas, programar titorías virtuais ou realizar o seguimento dos traballos solicitados.
- Moodle: diaria e semanalmente. Cada semana, comunicarase a través do Foro de novas información actualizada sobre a materia, e poñerase a disposición do alumnado documentación e materiais relativos aos contidos e temáticas centrais da materia. Ademais, diariamente atenderanse as dúbidas ou consultas que faga chegar o alumnado a través dos foros ou da opción de mensaxe privada desta plataforma.
- Teams: semanal e mensualmente. Cada mes, levaranse a cabo entre 1 e 2 sesións en vivo con todo o alumnado matriculado, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade. Ademais, segundo as necesidades de cada estudante, tamén se utilizará este mecanismo para realizar titorías virtuais individualizadas ou en grupo reducido, previa solicitude do alumnado interesado, ou a petición do profesorado se o estima preciso, para ofrecer seguimento e orientación no desenvolvemento dos traballos da materia. Estas titorías poderanse realizar de luns a venres, entre as 09:00 e as 19:00 h., sendo programadas nun horario consensuado coas docentes, que non interfira en ningún caso coa asistencia e participación do estudantado nas restantes materias do título nas que estea matriculado.
4. Modificacións na avaliación:
- Análise de fontes documentais: 40%. Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a adquisición de destrezas e coñecementos referentes ao contido da materia, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva.
- Traballo tutelado: 60%. Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a adquisición de destrezas e coñecementos referentes ao contido da materia, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva.
*Observacións de avaliación:
Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas e entregar todos os traballos solicitados. Ademais, deberá acadar unha cualificación global mínima de 5 puntos e ter superadas as dúas metodoloxías mencionadas neste apartado (Análise de fontes documentais e Traballo tutelado), alcanzando como mínimo o 50% da cualificación correspondente a cada metodoloxía. No caso de non acadar a cualificación mínima requirida nalgunha destas dúas metodoloxías, a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na metodoloxía suspensa.
No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño), a/o estudante deberá repetir na segunda oportunidade (xullo) a entrega do(s) traballo(s) suspenso(s) ou non presentado(s) e participar de novo nas metodoloxías propostas. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios de avaliación aplicados na primeira oportunidade de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. O alumnado da materia terá á súa disposición en Moodle toda a documentación e materiais bibliográficos ou audiovisuais necesarios para o desenvolvemento dos traballos solicitados. Así, facilitarase documentación elaborada polo propio equipo docente da materia, así como fontes bibliográficas e materiais adicionais cos que o estudantado poida completar os seus coñecementos.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A6 Trabajar en la sociedad con individuos y grupos para fomentar la promoción de la salud, la prevención, la rehabilitación y el tratamiento.
A8 Uso profesional y ético del razonamiento efectivo en todas las partes del proceso de terapia ocupacional.
A16 Construir una relación terapéutica como base del proceso de la terapia ocupacional.
A19 Apreciar y respetar las diferencias individuales, creencias culturales, costumbres y su influencia sobre la ocupación y la participación.
A23 Practicar de manera ética, respetando a los clientes, teniendo en cuenta los códigos profesionales de conducta para terapeutas ocupacionales.
B3 Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo.
B6 Comportarse con ética y responsabilidad social como ciudadano y como profesional.
B7 Comunicarse de manera efectiva en un entorno de trabajo.
B8 Capacidad de análisis y de síntesis.
B9 Capacidad de aplicar los conocimientos a la práctica.
B14 Habilidades interpersonales.
B19 Comunicación oral y escrita en la lengua materna.
B23 Capacidad de aprender.
B24 Habilidades de gestión de la información (habilidad para buscar y analizar información proveniente de diversas fuentes).
B26 Capacidad para adaptarse a nuevas situaciones.
B31 Apreciación de la diversidad y de la multiculturalidad.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.
C7 Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Desenvolver habilidades básicas dun(ha) terapeuta ocupacional neste estadio de aprendizaxe, de acordo ás competencias seleccionadas. A6
A16
A19
A23
B6
B9
B14
B19
B23
B24
B26
B31
C4
C7
Observar, analizar e reflexionar sobre os centros de prácticas e as funcións das/os terapeutas ocupacionais integradas/os no sistema sanitario, educativo, domiciliario, laboral e comunitario de pertenza. Así mesmo, o alumnado debe desenvolver a capacidade para manter a dignidade, a privacidade e a confidencialidade das persoas. A8
A16
A19
A23
B3
B6
B7
B8
B19
B23
B24
C1
C4
C7
Observar, analizar e reflexionar sobre a intervención das/os profesionais de terapia ocupacional nos diferentes ámbitos da disciplina. A19
B3
B6
B7
B8
B19
B23
B24
C1
C4
Observar, analizar e reflexionar sobre a relación terapéutica en terapia ocupacional. A19
B3
B6
B7
B23
B24
C1
C4
C7
Observar, identificar, analizar e reflexionar sobre o perfil das persoas usuarias dos servizos de terapia ocupacional. A19
B3
B6
B7
B8
B19
B23
B24
C1
C4

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1.- Criterios xerais das Estancias Prácticas I Tema 1.1.- Consideracións e aspectos éticos
Tema 1.2.- Normas e consideracións básicas dos centros de prácticas clínicas e/ou comunitarias
Tema 1.3.- Análise dos centros de prácticas clínicas e/ou comunitarias
Tema 2.- Observación da intervención de terapia ocupacional nos centros de prácticas Tema 2.1.- Intervención desde terapia ocupacional nos centros de prácticas clínicas
Tema 2.2.- Intervención desde terapia ocupacional nos centros de prácticas comunitarias
Tema 2.3.- Habilidades básicas para a intervención desde terapia ocupacional
Tema 3.- Rexistro da información en terapia ocupacional Tema 3.1.- Características xerais do rexistro da información en terapia ocupacional
Tema 4.- Observación de teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de terapia ocupacional nos centros de prácticas clínicas e/ou comunitarias Tema 4.1.- Abordaxes de intervención desde terapia ocupacional
Tema 4.2.- Análise das funcións e destrezas propias das/os terapeutas ocupacionais
Tema 4.3.- Cooperación co equipo interdisciplinar

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A23 B6 B14 B23 B24 B26 B31 C4 C7 1 1 2
Document analysis A19 A23 B3 B6 B8 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 1 20 21
Directed discussion A19 A8 B3 B6 B7 B8 B14 B19 B23 B31 C1 C4 C7 3 0 3
Student portfolio A8 A19 B3 B6 B7 B8 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 1 20 21
Clinical practice placement A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C4 C7 20 0 20
Laboratory practice A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C1 C4 C7 24 1 25
Field trip A6 A8 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C4 C7 16 0 16
 
Personalized attention 4.5 0 4.5
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Son actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con esta metodoloxía preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Dentro desta metodoloxía, enmárcase a reunión de presentación da materia, que se levará a cabo de maneira presencial ou virtual (por Teams) en función das posibilidades existentes na data en que se realice.
Document analysis Consiste nunha técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para as temáticas centrais da materia, con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Directed discussion Trátase dunha técnica de dinámica de grupos na que as persoas que integran o grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinadas por unha persoa que modere.
Dentro desta metodoloxía, enmárcanse as reunións de seguimento e peche da materia, que se levarán a cabo de maneira presencial ou virtual (por Teams) en función das posibilidades existentes nas datas en que se desenvolva cada reunión.
Student portfolio É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado nun período de tempo determinado, cos comentarios e cualificacións asignadas polas docentes, o que lles permite visualizar o seu progreso. O portafolios inclúe todo o que fai cada estudante, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso realizados polas docentes, etc.
Clinical practice placement O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que o estudantado observa e participa en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlle oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da terapia ocupacional.
Laboratory practice Esta metodoloxía permite que o estudantado aprenda de maneira efectiva a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Field trip Son actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario, relacionadas co ámbito de estudo da materia. No caso desta materia, estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, e a recollida de información.

Personalized attention
Methodologies
Student portfolio
Clinical practice placement
Field trip
Document analysis
Laboratory practice
Introductory activities
Description
A atención personalizada farase mediante titorías individualizadas ou en grupo reducido (segundo as necesidades do alumnado), preferiblemente de maneira virtual, a través da aplicación Teams.
Estas titorías poderanse realizar de luns a venres, entre as 09:00 e as 19:00 h. Levaranse a cabo previa solicitude do estudantado interesado, ou a petición do profesorado da materia se o considera preciso, sendo programadas nun horario consensuado coas docentes, que non interfira en ningún caso coa asistencia e participación do alumnado nas restantes materias do título nas que estea matriculado.
Ademais, tamén se brindara atención personalizada mediante o correo electrónico e a través dos foros ou a opción de mensaxe privada da plataforma Moodle.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Student portfolio A8 A19 B3 B6 B7 B8 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a adquisición de destrezas e coñecementos referentes ao contido da materia, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. 20
Clinical practice placement A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a puntualidade, a responsabilidade, o interese, a actitude ante as normas xerais da materia e as normas de funcionamento específicas de cada centro de prácticas, e a adquisición e aplicación de destrezas, coñecementos e conceptos, tanto teóricos como prácticos.
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás prácticas clínicas deberán ser comunicadas á coordinadora da materia, sempre que sexa posible de forma previa. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente.
20
Field trip A6 A8 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a responsabilidade, o interese, a actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas, exercicios e actividades propostas, e co desenvolvemento xeral das saídas de campo), e a adquisición e aplicación de destrezas, coñecementos e conceptos, tanto teóricos como prácticos.
A participación nas saídas de campo é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás saídas de campo deberán ser comunicadas á coordinadora da materia, sempre que sexa posible de forma previa á súa realización. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente.
15
Document analysis A19 A23 B3 B6 B8 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a adquisición de destrezas e coñecementos referentes ao contido da materia, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. 20
Laboratory practice A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C1 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase:
1) A responsabilidade, o interese, a actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas, exercicios e actividades propostas, e co desenvolvemento xeral das prácticas de laboratorio), e a adquisición e aplicación de destrezas, coñecementos e conceptos, tanto teóricos como prácticos.
2) As tarefas, exercicios ou actividades prácticas, de carácter individual e/ou grupal, propostas durante o desenvolvemento desta metodoloxía.
A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás prácticas de laboratorio deberán ser comunicadas á coordinadora da materia, sempre que sexa posible de forma previa á súa realización. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente.
25
 
Assessment comments

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable).

Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas, asistindo a todas as sesións prácticas (Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e Saídas de campo), participando nas Actividades iniciais e de Discusión dirixida que se leven a cabo, e entregando todos os traballos solicitados (Análise de fontes documentais e Portafolios). Ademais, deberá acadar unha cualificación global mínima de 5 puntos e ter superadas todas as metodoloxías que formen parte da avaliación da materia (Análise de fontes documentais, Portafolios, Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e Saídas de campo), alcanzando como mínimo o 50% da cualificación correspondente a cada metodoloxía. No caso de non acadar a cualificación mínima requirida nalgunha das metodoloxías, non se sumarán o resto de metodoloxías, e a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na metodoloxía suspensa. No caso de ter varias metodoloxías suspensas, a cualificación global da materia corresponderase coa nota suspensa máis elevada.

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño) pola ausencia non xustificada ou o suspenso das sesións prácticas desenvolvidas (Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e/ou Saídas de campo), non se poderá superar a materia na segunda oportunidade (xullo), e a/o estudante terase que presentar na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificadas por última vez no Consello de Goberno do 29 de xuño de 2017).

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño) pola falta de entrega ou o suspenso dos traballos correspondentes ás metodoloxías Análise de fontes documentais e/ou Portafolios, a/o estudante terá que repetir a entrega do(s) traballo(s) suspenso(s) ou non presentado(s) na segunda oportunidade (xullo).

Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello de Goberno do 22 de maio 2012), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, terá dereito a elixir de maneira preferente quendas e grupos de prácticas, entre os distintos horarios e rotatorios que se oferten na materia.


Sources of information
Basic European Network of Occupational Therapy in Higher Education (ENOTHE) (2004). Approaches to teaching and learning "practical" occupational therapy skills: sharing best practice. Amsterdam: ENOTHE
Council of Occupational Therapists for the European Countries (COTEC) (2009). Code of Ethics.
World Federation of Occupational Therapists (WFOT) (2016). Code of Ethics: Ethical Core of Occupational Therapy.
Polonio, B. (2001). Conceptos fundamentales de terapia ocupacional. Madrid: Médica Panamericana
Kielhofner, G. (2006). Fundamentos conceptuales de la terapia ocupacional, 3ª ed. Buenos Aires, Madrid: Médica Panamericana
Clifford O'Brien, J. (2018). Introduction to occupational therapy, 5ª ed. St. Louis Missouri: Elsevier
American Occupational Therapy Association (AOTA) (2015). Occupational Therapy Code of Ethics. The American Journal of Occupational Therapy, Vol. 69 (Supl. 3)
Hopkins, H.L., Smith, H.D. (2006). Terapia ocupacional, 9ª ed. Buenos Aires, Madrid: Médica Panamericana
Palladino, J., Jeffries, R.N. (2000). The occupational therapy fieldwork: Manual for assessing professional skills. Philadelphia: F.A. Davis Company
McColl, M.A., Low, M., Stewart, D. (2015). Theoretical basis of occupational therapy, 3ª ed. Thorofare: Slack
Boyt Schell, B.A., Gillen, G., Scaffa, M.E. (2015). Willard & Spackman: Terapia ocupacional, 12ª ed. Buenos Aires, Madrid: Médica Panamericana
Para a elaboración do Portafolios do alumnado, recoméndase o emprego e aplicación do Ciclo Reflexivo de Gibbs: Gibbs, G. (1988). Learning by Doing: A Guide to Teaching and Learning Methods. Oxford: Oxford Further Education Unit (dispoñible na ligazón web https://hhs.hud.ac.uk/lqsu/Sessionsforall/supp/Gibbs%201988%20reflective%20cycle.pdf).
Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Historical Review and Documentation in Occupational Therapy/653G01108

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Law, Bioethics and Occupational Therapy/653G01105
Occupational Science and Foundations of Occupational Therapy/653G01109

Subjects that continue the syllabus
Occupational Therapy Processes/653G01204
Work Placement II/653G01210

Other comments

1.- Debido á situación actual derivada da pandemia por COVID-19, será preciso respectar o plan de seguridade ou continxencia establecido por cada centro de prácticas. Non obstante, o alumnado deberá cursar de forma presencial, como mínimo, o 50% da suma das horas correspondentes ás sesións prácticas (Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e Saídas de campo). Ademais, para aprobar a materia, o estudantado terá que participar activamente en todas as actividades desenvolvidas e superar todas as metodoloxías docentes propostas, tal e como se especifica no apartado de Avaliación desta guía docente.

2.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

  • Non se empregarán plásticos.
  • Realizaranse impresións a dobre cara.
  • Utilizarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

3.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.

4.- Para a adecuada planificación das estancias prácticas, realizaranse (segundo o calendario oficial) varias reunións de coordinación académica:

  • Actividades iniciais: reunións destinadas ao establecemento de grupos de prácticas e a distribución de quendas e rotatorios. Ao comezo da materia, realizarase unha ou varias reunións entre a docente coordinadora e o alumnado matriculado para a presentación dos diferentes módulos e recursos de prácticas, as normas e consideracións básicas a ter en conta nas distintas sesións prácticas, e os traballos a realizar ao longo da materia, así como para a organización dos grupos e quendas de estudantes para cada sesión práctica.
  • Actividades de seguimento e peche: reunións destinadas ao seguimento e supervisión do alumnado e a análise das sesións prácticas levadas a cabo. Durante o transcurso do cuadrimestre e ao final do mesmo, realizarase unha reunión de seguimento e unha reunión de peche da materia, entre a docente coordinadora e o alumnado matriculado, co fin de facer un seguimento adecuado da participación e evolución do alumnado no transcurso das prácticas, e unha análise posterior dos recursos e sesións prácticas ás que asista.
  • Coordinación da docencia: encontros entre a coordinadora da materia e as/os docentes e titoras/es terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, de forma previa ao inicio das mesmas e de forma posterior.

5.- Normas mínimas: o alumnado deberá cumprir unhas normas xerais básicas de identificación persoal, puntualidade e respecto á poboación atendida nos recursos nos que se desenvolvan as prácticas, así como ao seu equipo profesional e ás súas instalacións. Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estancias prácticas.

6.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.