Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Estancias Prácticas I Código 653G01110
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Nieto Riveiro, Laura
Correo electrónico
laura.nieto@udc.es
Profesorado
Groba Gonzalez, Betania
Nieto Riveiro, Laura
Correo electrónico
b.groba@udc.es
laura.nieto@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa práctica clínica e/ou comunitaria da terapia ocupacional mediante a observación directa e a análise dos centros de prácticas e a intervención das/os profesoras/es-titoras/es, terapeutas ocupacionais, dos devanditos centros.
Descritor: Estadías prácticas para aplicar teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de terapia ocupacional, traballando axeitadamente en equipo e desenvolvendo as funcións e destrezas propias desta profesión en diferentes entornos, centros, hospitais, institucións e grupos sociais e poboacións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Trabajar en la sociedad con individuos y grupos para fomentar la promoción de la salud, la prevención, la rehabilitación y el tratamiento.
A8 Uso profesional y ético del razonamiento efectivo en todas las partes del proceso de terapia ocupacional.
A16 Construir una relación terapéutica como base del proceso de la terapia ocupacional.
A19 Apreciar y respetar las diferencias individuales, creencias culturales, costumbres y su influencia sobre la ocupación y la participación.
A23 Practicar de manera ética, respetando a los clientes, teniendo en cuenta los códigos profesionales de conducta para terapeutas ocupacionales.
B3 Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo.
B6 Comportarse con ética y responsabilidad social como ciudadano y como profesional.
B7 Comunicarse de manera efectiva en un entorno de trabajo.
B8 Capacidad de análisis y de síntesis.
B9 Capacidad de aplicar los conocimientos a la práctica.
B14 Habilidades interpersonales.
B19 Comunicación oral y escrita en la lengua materna.
B23 Capacidad de aprender.
B24 Habilidades de gestión de la información (habilidad para buscar y analizar información proveniente de diversas fuentes).
B26 Capacidad para adaptarse a nuevas situaciones.
B31 Apreciación de la diversidad y de la multiculturalidad.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.
C7 Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Desenvolver habilidades básicas propias da práctica da terapia ocupacional neste estadio de aprendizaxe, de acordo ás competencias seleccionadas. A6
A16
A19
A23
B6
B9
B14
B19
B23
B24
B26
B31
C4
C7
Observar, analizar e reflexionar sobre os centros de prácticas e as funcións das/os terapeutas ocupacionais integradas/os no sistema sanitario, educativo, domiciliario, laboral e comunitario de pertenza. Así mesmo, o alumnado debe desenvolver a capacidade para manter a dignidade, a privacidade e a confidencialidade das persoas. A8
A16
A19
A23
B3
B6
B7
B8
B19
B23
B24
C1
C4
C7
Observar, analizar e reflexionar sobre a intervención da terapia ocupacional nos diferentes ámbitos da disciplina. A19
B3
B6
B7
B8
B19
B23
B24
C1
C4
Observar, analizar e reflexionar sobre a relación terapéutica en terapia ocupacional. A19
B3
B6
B7
B23
B24
C1
C4
C7
Observar, identificar, analizar e reflexionar sobre o perfil das persoas usuarias dos servizos de terapia ocupacional. A19
B3
B6
B7
B8
B19
B23
B24
B31
C1
C4

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- Criterios xerais das Estadías Prácticas I Tema 1.1.- Consideracións e aspectos éticos
Tema 1.2.- Normas e consideracións básicas dos centros de prácticas clínicas e/ou comunitarias
Tema 1.3.- Análise dos centros de prácticas clínicas e/ou comunitarias
Tema 2.- Observación da intervención de terapia ocupacional nos centros de prácticas Tema 2.1.- Intervención desde terapia ocupacional nos centros de prácticas clínicas
Tema 2.2.- Intervención desde terapia ocupacional nos centros de prácticas comunitarias
Tema 2.3.- Habilidades básicas para a intervención desde terapia ocupacional
Tema 3.- Rexistro da información en terapia ocupacional Tema 3.1.- Características xerais do rexistro da información en terapia ocupacional
Tema 3.2.- Uso de ferramentas tecnolóxicas para o rexistro e síntese da información
Tema 4.- Observación de teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de terapia ocupacional nos centros de prácticas clínicas e/ou comunitarias Tema 4.1.- Abordaxes de intervención desde terapia ocupacional
Tema 4.2.- Análise das funcións e destrezas propias das/os terapeutas ocupacionais
Tema 4.3.- Cooperación co equipo interdisciplinar

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A23 B6 B14 B23 B24 B26 B31 C4 C7 2 0 2
Discusión dirixida A8 A19 B3 B6 B7 B8 B14 B19 B23 B31 C1 C4 C7 3 0 3
Portafolios do alumno A8 A19 B3 B6 B7 B8 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 0 30 30
Prácticas clínicas A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C4 C7 20 5 25
Prácticas de laboratorio A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C1 C4 C7 24 5 29
Saídas de campo A6 A8 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C4 C7 16 3 19
 
Atención personalizada 4.5 0 4.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Son actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con esta metodoloxía preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Dentro desta metodoloxía, enmárcanse as reunións de presentación e seguimento da materia, e distintas actividades que se desenvolverán nas primeiras sesións de Prácticas de laboratorio.
Discusión dirixida Trátase dunha técnica de dinámica de grupos na cal as persoas que integran o grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinadas por unha persoa que modere.
Dentro desta metodoloxía, enmárcase a reunión de peche da materia.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado nun período de tempo determinado, cos comentarios e cualificacións asignadas polas docentes, o que lles permite visualizar o seu progreso. O portafolios inclúe todo o que fai cada estudante, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso realizados polas docentes, etc.
Prácticas clínicas O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no cal o estudantado observa e participa en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlle oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da terapia ocupacional.
Prácticas de laboratorio Esta metodoloxía permite que o alumnado aprenda de maneira efectiva a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Saídas de campo Son actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario, relacionadas co ámbito de estudo da materia. No caso desta materia, estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, e a recollida de información.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Prácticas clínicas
Saídas de campo
Prácticas de laboratorio
Actividades iniciais
Discusión dirixida
Descrición
A atención personalizada farase mediante titorías individualizadas ou en grupo reducido (segundo as necesidades do alumnado), en modalidade presencial ou virtual (a través da aplicación Teams).
Estas titorías poderanse realizar de luns a venres, entre as 09:00 e as 19:00 h. Levaranse a cabo previa solicitude do estudantado interesado, ou a petición do profesorado da materia se o considera preciso, sendo programadas nun horario consensuado coas docentes, que non interfira en ningún caso coa asistencia e participación do alumnado nas restantes materias do título en que estea matriculado.
Ademais, tamén se brindará atención personalizada mediante o correo electrónico, e a través dos foros ou a opción de mensaxe privada do Campus Virtual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A8 A19 B3 B6 B7 B8 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (valorando de forma negativa os erros ortográficos, gramaticais e sintácticos), a adquisición de destrezas e coñecementos referentes ao contido da materia, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. 50
Prácticas clínicas A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a responsabilidade, a actitude ante as normas xerais da materia e as normas de funcionamento específicas de cada centro de prácticas, e a adquisición e aplicación de destrezas, coñecementos e conceptos, tanto teóricos como prácticos.
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás prácticas clínicas deberán ser comunicadas á coordinadora da materia, sempre que sexa posible de forma previa. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente.
20
Saídas de campo A6 A8 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a responsabilidade, a actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas, exercicios e actividades propostas, e co desenvolvemento xeral das saídas de campo), e a adquisición e aplicación de destrezas, coñecementos e conceptos, tanto teóricos como prácticos.
A participación nas saídas de campo é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás saídas de campo deberán ser comunicadas á coordinadora da materia, sempre que sexa posible de forma previa á súa realización. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente.
20
Prácticas de laboratorio A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C1 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase:
1) A responsabilidade, a actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas, exercicios e actividades propostas, e co desenvolvemento xeral das prácticas de laboratorio), e a adquisición e aplicación de destrezas, coñecementos e conceptos, tanto teóricos como prácticos.
2) As tarefas, exercicios ou actividades prácticas, de carácter individual e/ou grupal, propostas durante o desenvolvemento desta metodoloxía.
A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás prácticas de laboratorio deberán ser comunicadas á coordinadora da materia, sempre que sexa posible de forma previa á súa realización. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente.
10
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable).

A efectos desta materia, considerarase como Non presentado (NP) ao alumnado que non participe na totalidade de actividades de avaliación continua, tendo en conta as condicións que figuran a continuación.

Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas, asistindo de maneira obrigatoria (salvo ausencia debidamente xustificada) a todas as sesións prácticas (Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e Saídas de campo), participando nas Actividades iniciais e de Discusión dirixida que se leven a cabo, e entregando todos os traballos solicitados (Portafolios). Ademais, deberá acadar unha cualificación global mínima de 5 puntos e ter superadas todas as metodoloxías de avaliación, alcanzando como mínimo o 50% da cualificación correspondente a cada metodoloxía. No caso de non acadar a cualificación mínima requirida nalgunha das metodoloxías, non se sumarán o resto de metodoloxías, e a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na metodoloxía suspensa. No caso de ter varias metodoloxías suspensas, a cualificación global da materia corresponderase coa nota suspensa máis elevada.

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño) pola ausencia non xustificada ou o suspenso das sesións prácticas desenvolvidas (Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e/ou Saídas de campo), non se poderá superar a materia na segunda oportunidade (xullo), e a/o estudante terase que presentar na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificadas por última vez no Consello de Goberno do 29 de xuño de 2017).

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño) pola falta de entrega ou o suspenso dos traballos correspondentes á metodoloxía Portafolios, a/o estudante terá que repetir a entrega dos traballos suspensos ou non presentados na segunda oportunidade (xullo).

Segundo a Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello Social do 4 de maio de 2017), cando un(ha) estudante desta materia teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, terá dereito a elixir de maneira preferente quendas e grupos de prácticas, entre os distintos horarios e rotatorios que se oferten na materia.

A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia, na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á oportunidade extraordinaria.

Asemade, a docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.


Fontes de información
Bibliografía básica European Network of Occupational Therapy in Higher Education (ENOTHE) (2004). Approaches to teaching and learning "practical" occupational therapy skills: sharing best practice. Amsterdam: ENOTHE
Council of Occupational Therapists for the European Countries (COTEC) (2009). Code of Ethics.
World Federation of Occupational Therapists (WFOT) (2016). Code of Ethics: Ethical Core of Occupational Therapy.
Consejo General de Colegios de Terapeutas Ocupacionales (CGCTO) (2020). Código Deontológico de Terapia Ocupacional.
Begoña Polonio (2001). Conceptos fundamentales de terapia ocupacional. Madrid: Médica Panamericana
Jane Clifford O'Brien (2018). Introduction to occupational therapy, 5ª ed. St. Louis Missouri: Elsevier
American Occupational Therapy Association (AOTA) (2015). Occupational Therapy Code of Ethics. The American Journal of Occupational Therapy, Vol. 69 (Supl. 3)
Helen L. Hopkins, Helen D. Smith (2006). Terapia ocupacional, 9ª ed. Buenos Aires, Madrid: Médica Panamericana
Judith Palladino, Ruth N. Jeffries (2000). The occupational therapy fieldwork: Manual for assessing professional skills. Philadelphia: F.A. Davis Company
Mary Ann McColl, Mary C. Low, Debra Stewart (2015). Theoretical basis of occupational therapy, 3ª ed. Thorofare: Slack
Barbara A. Boyt Schell, Glen Gillen, Marjorie E. Scaffa (2015). Willard & Spackman: Terapia ocupacional, 12ª ed. Buenos Aires, Madrid: Médica Panamericana

Bibliografía complementaria

Para a elaboración do Portafolios do alumnado, recoméndase o emprego e aplicación do Ciclo Reflexivo de Gibbs: Gibbs, G. (1988). Learning by Doing: A Guide to Teaching and Learning Methods. Oxford: Oxford Further Education Unit (dispoñible en: https://hhs.hud.ac.uk/lqsu/Sessionsforall/supp/Gibbs%201988%20reflective%20cycle.pdf).


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bases Históricas e Documentación en Terapia Ocupacional/653G01108

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Dereito, Bioética e Terapia Ocupacional/653G01105
Ciencias da Ocupación e Fundamentos de Terapia Ocupacional/653G01109

Materias que continúan o temario
Procesos de Terapia Ocupacional/653G01204
Estancias Prácticas II/653G01210

Observacións

1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "IV Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2020-2022)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

  • Non se empregarán plásticos.
  • Realizaranse impresións a dobre cara.
  • Utilizarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.

3.- Para a adecuada planificación das estadías prácticas, realizaranse (segundo o calendario oficial) varias reunións de coordinación académica:

  • Actividades iniciais: reunións destinadas ao establecemento de grupos de prácticas e a distribución de quendas e rotatorios. Ao comezo da materia, realizaranse unha ou varias reunións para a presentación dos diferentes recursos de prácticas, as normas e consideracións básicas a ter en conta nas distintas sesións prácticas, e os traballos a realizar ao longo da materia, así como para a organización dos grupos e quendas de estudantes para cada sesión práctica.
  • Actividades de seguimento e peche: reunións destinadas ao seguimento e supervisión do alumnado e a análise das sesións prácticas levadas a cabo. Durante o transcurso do cuadrimestre e ao final do mesmo, realizarase unha reunión de seguimento e unha reunión de peche da materia, co fin de facer un seguimento adecuado da participación e evolución do alumnado no transcurso das prácticas, e unha análise posterior dos recursos e sesións prácticas ás que asista.
  • Coordinación da docencia: encontros entre a coordinadora da materia e as/os docentes e titoras/es terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, de forma previa ao inicio das mesmas e de forma posterior.

4.- Normas mínimas: o alumnado deberá cumprir unhas normas xerais básicas de identificación persoal, puntualidade e respecto á poboación atendida nos recursos en que se desenvolvan as prácticas, así como ao seu equipo profesional e ás súas instalacións. Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estadías prácticas.

5.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia, na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á oportunidade extraordinaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías