Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional Código 653G01206
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Ciencias da Saúde
Coordinación
Garcia Crespo, Maria Vanessa
Correo electrónico
m.v.garcia@udc.es
Profesorado
Garcia Crespo, Maria Vanessa
Santos del Riego, Sergio Eduardo
Correo electrónico
m.v.garcia@udc.es
sergio.santos.delriego@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura persigue a adquisición e o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa ergonomía, accesibilidade, deseño universal e adaptación funcional con perspectiva rehabilitadora e ocupacional.

Descritores:
Fundamentos da autonomía persoal nas actividades da vida diaria con e sen adaptacións e/ou produtos de apoio. Terapia Ocupacional para a integración do individuo no seu entorno. Aplicación da actividade ocupacional e estudo ergonómico.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Explicar los conceptos teóricos que sostienen la terapia ocupacional, expresamente la naturaleza ocupacional de los seres humanos y su funcionamiento a través de las ocupaciones.
A8 Uso profesional y ético del razonamiento efectivo en todas las partes del proceso de terapia ocupacional.
A11 Trabajar para facilitar entornos accesibles y adaptados y promover la justicia ocupacional.
A12 Colaborar con comunidades para promover la salud y el bienestar de sus miembros mediante la participación en la ocupación.
A19 Apreciar y respetar las diferencias individuales, creencias culturales, costumbres y su influencia sobre la ocupación y la participación.
B3 Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo.
B6 Comportarse con ética y responsabilidad social como ciudadano y como profesional.
B8 Capacidad de análisis y de síntesis.
B24 Habilidades de gestión de la información (habilidad para buscar y analizar información proveniente de diversas fuentes).
B31 Apreciación de la diversidad y de la multiculturalidad.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquisición dos coñecementos teóricos previos na práctica sobre ergonomía, accesibilidade e deseño universal. Fundamentación teórica da Terapia Ocupacional na intervención sobre o medio: influencia do contorno sobre a ocupación humana. A2
A11
B31
Adquisición de destrezas de observación e análise do medio: avaliación das condicións do medio social no que as personas desenvolven as súas ocupacións e da interacción establecida entre os condicionantes individuais, os facilitadores/obstaculizadores do contorno e as demandas da actividade, promovendo a sostenibilidade medio-ambiental. A11
A19
B3
Desenvolvemento do pensamento analítico e crítico aplicado á valoración e ao asesoramento en materia de accesibilidade: planificación dun proceso estruturado de intervención (valoración, asesoramento/propostas de mellora, rexistro) e deseño de contornos favorables e sostibles á ocupación e potenciadores da autonomía. A8
A11
B3
Potenciación de habilidades e rigor técnico para o rexistro da información procedente da intervención: desenvolvemento de destrezas de comunicación con outros profesionais e con usuarios, e aprendizaxe para a elaboración de informes técnicos. A11
B8
B24
C1
Fomento dunha perspectiva social: situar ao estudante nun tipo de intervención comunitaria, potenciando a colaboración con outros profesionais do ámbito do social e, en definitiva, promovendo a súa cooperación hacia a xusticia ocupacional de persoas saudables en contornos sostibles. A11
A12
B6

Contidos
Temas Subtemas
Seminario teórico-práctico: Barreiras arquitectónicas: Proxectar sen barreira.
Prof. Sergio Santos del Riego.
Domicilio.
Edificios e vías públicas.
Transporte.
Comunicación.
Outros.
Tema 1.- Marco xurídico e legal. Xeneralidades.
Prof. Sergio Santos del Riego.
Marco xurídico e legal. Conceptos básicos oficiais: Accesibilidade, Deseño Universal, Adaptación Funcional e Ergonomía, e outros.
Tema 2.- A participación social universal na Contorna. Deseño Universal para a Accesibilidade.
Prof. Sergio Santos del Riego.
Contorna: Saudable, Sostibilidade versus Sustentabilidade e os Dereitos Humanos.
- Escalas de valoración de accesibilidade/contorno: Housing Enabler.
- Outros aspectos.


Deseño Universal: principios básicos (Ron Mace).
- Visitabilidade e Adaptabilidade
- Saúde e Seguridade.
- Outros aspectos.

Tema 3.- Modelos inclusivos para a autonomía persoal, vida digna e independente.
Marxinación Social e Exclusión Social.
Prof. Sergio Santos del Riego.
Modelo Rehabilitador contra Modelo Social. A unión fai a forza.
Marxinación social: Conceptos histórico, actual e segundo satisfacción das necesidades.
Exclusión social.
Barreiras Sociais e Culturais.
Colectivos de exclusión/marxinación/desfavorecidos sociais.
Tema 4.-Accesibilidade e Desenvolvemento Sustentable.
"Pensar global, Actuar local".
Prof. Sergio Santos del Riego.
Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Axenda 2030.
Nacións Unidas, Europa, España e Galiza. Importancia dos Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Novos Paradigmas.
Tema 5.- Técnicas de prevención de riscos laborais.
Prof. Sergio Santos del Riego.
Prevención de riscos laborais (PRL):
- Conceptos básicos sobre seguridade e saúde.
- Especialidades de PRL: Seguridade no traballo, Hixiene industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada.
- Outros aspectos.
Tema 6.- Domótica e Robótica.
Prof. Sergio Santos del Riego.
Control da contorna: Xeneralidades.
Tema 7.- Intervención sobre o contorno desde a Terapia Ocupacional.
Profª. Vanessa García Crespo.
Argumentación teórica. Influencia do contorno sobre a ocupación dos individuos.
Metodoloxía de intervención sobre o contorno:
-Accesibilidade
-Deseño universal
-Adaptación funcional
Tema 8.- Accesibilidade e deseño universal como medio para a participación.
Profª. Vanessa García Crespo
Valoración e asesoramento de Terapia Ocupacional en materia de accesibilidade dos espazos públicos-
- Rexistro da información: criterios para realizar un informe.
Criterios de universalidade no deseño de dispositivos e contornos.
Accesibilidade ¿vs? deseño universal.
Tema 9.- Adaptación funcional/Axuste razoable.
Profª. Vanessa García Crespo.
Planificación da intervención: valoración e asesoramento desde a Terapia Ocupacional.
Deseño de contornos funcionais no domicilio.
Deseño de contornos funcionais no traballo / escola.
Realización de informes técnicos.
Razoamento aplicado a casos prácticos.
Tema 10.- Ergonomía.
Profª. Vanessa García Crespo.
Xeneralidades e conceptos.
Tipos de Ergonomía.
Ergonomía laboral.
Tema 11.- Planificación e deseño ergonómico de produtos.
Profª. Vanessa García Crespo.
Obxectivos do deseño ergonómico.
Recomendacións baseadas en datos antropométricos.
Recomendacións baseadas en características individuais dos individuos.
Tema 12.- Metodoloxías de axuste suxeito-contorno-ocupación aplicadas ao posto de traballo.
Profª. Vanessa García Crespo.
Introdución aos métodos de axuste como medio para a integración laboral e social.
Análise de diferentes métodos de axuste (método de perfís LB, ErgoDis IBV): práctica.
Aplicación de métodos de axuste á intervención de Terapia Ocupacional: adaptación funcional do contorno e análise ergonómica do posto de traballo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A8 A19 B3 B31 24 30 54
Aprendizaxe colaborativa A11 A12 B6 B8 B24 C1 22 40 62
Proba mixta A8 B3 B8 C1 2 0 2
Actividades iniciais A19 B3 B31 4 0 4
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade é común que se reserve a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Aprendizaxe colaborativa Técnica de traballo individual con exposición pública durante na clase de Grupo Grande (GG) e debate.

Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensinanza-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para acadar os obxectivos que se queren acadar, vinculados a un programa formativo. Con ela se pretende obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos coñecementos previos do alumnado.


Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
A atención personalizada farase, globalmente, mediante titorías personalizadas directas e virtuais, individuais e grupais.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A8 A19 B3 B31 Avaliación na modalidade de Proba mixta. 0
Aprendizaxe colaborativa A11 A12 B6 B8 B24 C1 Avaliación continua:
- Rúbrica do avaliación do traballo do estudante polos profesores da materia. A rúbrica presentaranse ao inicio do curso.

- A rúbrica do avaliación estudante/profesor valorarán traballos individuais presentados por cada estudante en presenza do Grupo Grande (GG) coa presenza de ambos profesores (tribunal).

Rúbrica. 5 puntos (media de ambos os dous profesores sobre cinco puntos)



50
Proba mixta A8 B3 B8 C1 - Exame: 5 puntos (media de ambos os dous profesores sobre cinco puntos). 50
 
Observacións avaliación

CRITERIO XERAL DE AVALIACIÓN: A avaliación final dos estudantes realizarase segundo os seguintes
criterios: un 50% corresponderá á avaliación continua (5 puntos) e un 50% á
avaliación do exame final (5 puntos).

AVALIACIÓN CONTINUA: A nota final da avaliación continua do estudante é a media das
dúas calificacións, unha do Prof. Santos del Riego e outra da Profª.
Vanessa García Crespo sobre idéntica rúbrica para cada profesor (5 puntos).

Na avaliación continua cada profesor cualificará de forma independente o expresado na rúbrica de
avaliación do estudante polo profesor, a saber:


- A posta a disposición con antelación da documentación do traballo a expoñer ao grupo.

- A organización e desenvolvemento do tema (estrutura).

- A abordaxe do tema de xeito innovador e axeitado á materia (contido).

- As habilidades de comunicación, de transmisión da información en público e do manexo do grupo (exposición).

- A integración dos coñecementos abordados na materia e o dominio do tema proposto.

O aprobado neste tipo de avaliación fíxase en 2,5 puntos resultantes da media das cualificacións de ambos os dous profesores.

EXAME: A nota final do exame é a media da parte de exame realizada por cada profesor
avaliado sobre cinco puntos. Realizarase na data sinalada no calendario oficial aprobado en Xunta de Facultade, e versará sobre todos os contidos abordados na materia, tanto os dirixidos polos profesores, coma os tratados nos traballos expostos. 

O aprobado no exame fíxase en 2,5 puntos resultantes da media das cualificacións de ambos os dous profesores.

Revisaranse as puntuacións emitidas polos profesores nos prazos e formas oficiais establecidos.

CUALIFICACIÓN FINAL: A cualificación final será o resultado da suma de
ambas as dúas puntuacións medias (avaliación continua e exame), sempre que
o alumno alcance o mínimo de 2,5 puntos en cada unha das cualificacións finais
(avaliación continua e exame). De no ser así, o alumno estará suspenso (ou non presentado, NP, de ser o caso) coa
cualificación que determinen os profesores independentemente da suma final
obtida. 

As calificacións poderán ser revisadas nos prazos e formas oficilamente establecidas; preferiblemente se revisarán de forma conxunta as puntuacións da avaliación continuada e o exame de ambos os dous prefesores, de ser posible.

As últimas apreciacións
contextuais sobre as cualificacións finais, previas á formalización na
aplicación informática, quedan baixo a consideración do profesor responsable da
materia.

A cualificación final da materia expresarase segundo ao establecido no art.5 do RD
1125/2003, do 5 de septiembre, polo que se establece o sistema europeo de
créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias
de carácter oficial e validez en todo oterritorio nacional (publicado no
BOE do 18 de setembro de 2003).


Sistema de calificacións: suspenso (0-4,9),
aprobado (5-6,9), notable (7-8,9), sobresaínte (9-10), matrícula de honra
(graciable).


OBSERVACIÓNS ECOLÓXICAS.

Para axudar a conseguir un contorno inmediato sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do Plan Green Campus FCS, os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se utilizarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.


Fontes de información
Bibliografía básica
  • Libro blanco de la accesibilidad. Rovira-Beleta y Cuyás, Enrique. Barcelona: UPC, [2003]. ISBN 8483017431.
  • Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade. Diario Oficial de Galicia de 17 de decembro de 2014.
  • Decreto 35/200, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e eliminación de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia de 29 de febrero de 2000.
  • Salud laboral: conceptos y técnicas para la prevención de riesgos laborales. Carlos Ruiz Frutos [et al.]. Barcelona: Elsevier, 2013. ISBN 9788445821466.
  • Técnicas de prevención de riesgos laborales: seguridad e higiene del trabajo. Madrid: Tebar, 2012. ISBN 978847360479.
  • Legislación sobre Seguridad y Salud en el Trabajo Disposiciones Generales.
    Osalan, 2001.
  • Legislación sobre Seguridad y Salud en el Trabajo: disposiciones específicas.
    Osalan, 2001.
  • Domótica e inmótica: viviendas y edificios inteligentes. Cristóbal Romero Morales, Madrid: Ra-Ma, 2010. ISBN 9788499640174.
  • Método de adaptación ergonómica de puestos de trabajo para personas con discapacidad. Valencia: Instituto de Biomecánica de Valencia. 2003.
  • LantegiBatuak. “Método de adecuación de perfiles de la tarea a la persona”. Vizcaya:Fundación Lantegi Batuak. 2014. (http://www.lantegi.com).
  • Comité de expertos sobre Diseño Universal. Hacia la plena participación mediante elDiseño Universal. Madrid: Instituto de Mayores y Servicios Sociales; 2010.Serie Documentos Técnicos. (http://www.imserso.es).
  • ONCE.Accesibilidad para personas con ceguera y deficiencia visual. Madrid: ONCE;2003. (http://www.once.es).
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Estancias Prácticas II/653G01210

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Para axudar a conseguir un contorno inmediato sostible e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do" I Plan de Sostenibilidad Medio-ambiental Green Campus FCS", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa marioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a doble cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a imporesión de borradores. 

2.- O profesor responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías