Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Terapia Ocupacional, Técnicas Ortoprotésicas e Desempeño Ocupacional Código 653G01208
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Pousada Garcia, Thais
Correo electrónico
thais.pousada.garcia@udc.es
Profesorado
Pousada Garcia, Thais
Santos del Riego, Sergio Eduardo
Correo electrónico
thais.pousada.garcia@udc.es
sergio.santos.delriego@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos e técnicas relacionados coa Terapia Ocupacional, técnicas ortoprotésicas e desempeño ocupacional.
Descriptores: Fundamentos da autonomía persoal nas actividades da vida diaria con e sen adaptacións e/ou axudas técnicas. Ortesis e Prótese.
Coñecemento e capacidade para aplicar Técnicas Ortoprotésicas dentro do contexto da Terapia Ocupacional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Explicar la relación entre el funcionamiento ocupacional, la salud y el bienestar.
A2 Explicar los conceptos teóricos que sostienen la terapia ocupacional, expresamente la naturaleza ocupacional de los seres humanos y su funcionamiento a través de las ocupaciones.
A3 Sintetizar y aplicar el conocimiento relevante de ciencias biológicas, médicas, humanas, psicológicas, sociales, tecnológicas y ocupacionales, junto con las teorías de ocupación y participación.
A4 Analizar las complejidades de aplicar teorías formales y evidencia de investigación en relación con la ocupación en el contexto de una sociedad en cambio.
A6 Trabajar en la sociedad con individuos y grupos para fomentar la promoción de la salud, la prevención, la rehabilitación y el tratamiento.
A7 Escoger, modificar y aplicar teorías apropiadas, modelos y métodos de la práctica para encontrar la ocupación según las necesidades de salud de individuos/poblaciones.
A9 Utilizar el potencial terapéutico de la ocupación a través del uso de la actividad y el análisis y síntesis ocupacional.
A10 Adaptar y aplicar el proceso de terapia ocupacional en estrecha colaboración de individuos/población.
A11 Trabajar para facilitar entornos accesibles y adaptados y promover la justicia ocupacional.
A12 Colaborar con comunidades para promover la salud y el bienestar de sus miembros mediante la participación en la ocupación.
A14 Valorar críticamente la práctica de la terapia ocupacional para asegurar que el foco está sobre la ocupación y el funcionamiento ocupacional.
A15 Trabajar según los principios de la práctica centrada en el cliente.
A17 Establecer sociedades de colaboración, consultar y aconsejar a clientes, trabajadores sociales, miembros de equipo y otros en la práctica de la ocupación y la participación.
A18 Colaborar con clientes para abogar al derecho de tener sus necesidades ocupacionales satisfechas.
A33 Constatar en un proceso continuo de evaluación y mejora de la calidad de los servicios de terapia ocupacional, implicando a los clientes cuando sea apropiado y comunicar los resultados relevantes a los demás miembros.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo.
B4 Trabajar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Trabajar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética y responsabilidad social como ciudadano y como profesional.
B7 Comunicarse de manera efectiva en un entorno de trabajo.
B8 Capacidad de análisis y de síntesis.
B9 Capacidad de aplicar los conocimientos a la práctica.
B10 Conocimientos básicos de la profesión.
B11 Capacidad para trabajar en un equipo interdisciplinar.
B12 Conocimientos generales básicos sobre el área de estudio.
B13 Resolución de problemas.
B16 Habilidad para trabajar de manera autónoma.
B18 Planificación y gestión del tiempo.
B26 Capacidad para adaptarse a nuevas situaciones.
B27 Capacidad para generar nuevas ideas.
B28 Toma de decisiones.
B29 Trabajo en equipo.
B35 Iniciativa y espíritu emprendedor.
B36 Preocupación por la calidad.
B37 Motivación.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.
C5 Entender la importancia de la cultura emprendedora y conocer los medios al alcance de las personas emprendedoras.
C6 Valorar críticamente el conocimiento, la tecnología y la información disponible para resolver los problemas con los que deben enfrentarse.
C7 Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida.
C8 Valorar la importancia que tiene la investigación, la innovación y el desarrollo tecnológico en el avance socioeconómico y cultural de la sociedad.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e familiarizar ao alumno cos conceptos de ortesis e próteses e co uso das técnicas ortoprotésicas desde unha perspectiva rehabilitadora e ocupacional que sexa funcional para o usuario e que respecte e garanta a sustentabilidade medio-ambiental. A2
A3
A14
B2
B4
B5
B6
B9
B10
B12
B13
B16
B28
B29
B35
B37
Sintetizar e aplicar o coñecemento relevante das técnicas ortoprotésicas na disfunción ocupacional dunha maneira sustentable a efectos de utilizar o máximo potencial terapéutico, preparando ao alumno para comprar (comercio xusto), avaliar e adaptar funcionalmente as ortesis, próteses, produtos de apoio e adaptacións como recurso terapéutico ocupacional para a mellora funcional do usuario e unha adecuación facilitadora na contorna. A1
A3
A7
A9
A10
A11
A17
A18
B2
B4
B5
B7
B9
B10
B13
B16
B26
B27
B28
B35
B37
Valorar críticamente a práctica da Terapia Ocupacional e satisfacer as necesidades ocupacionais do usuario con discapacidade física en materia de ortoprótesis, fomentando que o alumno recoñeza as ortesis, próteses, produtos de apoio e adaptacións como un recurso terapéutico ocupacional para potenciar a funcionalidade e o desempeño ocupacional nun marco de desenvolvemento sustentable. A1
A2
A10
A11
A12
A14
A15
A17
A18
A33
C4
C5
C6
C8
Mellorar as capacidades como profesional e como acode do estudante de Terapia Ocupacional, promovendo a reflexión crítica sobre a relación entre o uso das ortesis, próteses, produtos de apoio e adaptacións no desempeño ocupacional e os roles sociais dunha contorna sustentable. A3
A4
A6
B8
B9
B11
B13
C4
Mellorar en habilidades e actitudes xenéricas que favorezan o desenvolvemento persoal e profesional do estudante de Terapia Ocupacional, capacitándolle especialmente na confección de férulas, produtos de apoio e outras adaptacións, considerando aspectos de comercio xusto e responsable e de sustentabilidade medio-ambiental, moi especialmente cos materiais empregados na realización destes aparellos. A3
B2
B3
B4
B5
B10
B11
B12
B13
B16
B18
B27
B28
B29
B36
B37
C4
C5
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- Terapia Ocupacional, técnicas ortoprotésicas e desempeño ocupacional.
Profs. Sergio Santos del Riego e Thais Pousada García.
Actividades iniciais.

Xeneralidades e conceptos desde a perspectiva ocupacional.
Órtesis e Próteses como recurso terapéutico ocupacional. Próteses externas e internas (cadera, xeonllo, outras).

Materiais empregados en ortoprótesis en Terapia Ocupacional.
Importancia do terapeuta ocupacional na adaptación funcional da persoa con discapacidade empregando técnicas ortoprotésicas.

Manexo das Ortoprótesis no equipo interdisciplinar.
Tema 2.- Órtesis de columna vertebral.
Prof. Sergio Santos del Riego.
Órtesis de columna vertebral.
Ortoprótesis: Cifosis y Escoliosis.
Outros aspectos.
Tema 3.- Órtesis e Próteses de Membro superior.
Prof. Sergio Santos del Riego.
Órtesis de membro superior.
Amputacións de membro superior. Reimplantacións.
Próteses de membro superior.

Tema 4.- Órtesis e Próteses de Membro inferior.
Prof. Sergio Santos del Riego.
Órtesis de membro inferior.
Amputacións de membro inferior. Reimplantacións.
Próteses de membro inferior.
Tema 5.- Produtos de Apoio e Adaptacións en Terapia Ocupacional.
Profª. Thais Pousada García.
Definicións.
Clasificación xeral ISO dos Produtos de Apoio (Axudas Técnicas).
Adaptacións en Terapia Ocupacional: Xeneralidades.
Produtos de apoio como facilitadores da autonomía persoal.
Innovacións e tendencias no deseño de produtos de apopio.
Tema 6.- Prácticas:
Profª. Thais Pousada García.
Principios básicos para a elaboración de orteses en Terapia Ocupacional.
Tipos de materiais existentes empregados na elaboración de orteses e próteses.
Elaboración de diferentes ortesis de interese en Terapia Ocupacional con diversos materiais.
Fabricación dun cartafol persoal de orteses onde se especifiquen: tipo, utilización, mantemento, funcións e outros aspectos de interese ocupacional.
Deseño e fabricación de varios produtos de apoio.
Preparación de material e elaboración de férulas.
Deseño e impresión de férulas e produtos de apoio en 3D.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A1 A4 A7 A9 A12 A14 A17 A18 A35 B10 B12 C4 C5 C6 C7 C8 15 30 45
Prácticas de laboratorio A3 A6 A10 A11 A15 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B13 B16 B18 B26 B27 B35 B36 B37 50 10 60
Proba mixta A2 A1 A3 A4 A6 A7 A9 A10 A11 A12 A14 A15 A17 A18 A35 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B16 B18 B26 B27 B28 B29 B35 B36 B37 C4 C5 C6 C7 C8 2 0 2
Aprendizaxe servizo A6 A7 A10 A11 A12 B2 B4 B5 B8 B9 B13 B16 B27 B28 B37 C4 C7 2 0 2
Actividades iniciais C4 C5 C6 C7 C8 1.5 0 1.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Relacionadas fundamentalmente coas competencias específicas reflectidas no programa.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

Relacionadas fundamentalmente coas competencias xenéricas e específicas reflectidas no programa.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Relacionadas fundamentalmente coas competencias específicas reflectidas no programa.
Aprendizaxe servizo Actividade que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contidos e a adquisición de competencias a partires da práctica reflexiva. A principal diferencia co voluntariado reside en que os proxectos de ApS dan resposta sempre a resultados de aprendizaxe asociados a unha materia do currículo académico co obxectivo de acadar determinadas competencias propias da titulación na que se enmarca esa materia.

Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.
Actividades iniciais Actividades que levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.

Permite adquirir competencias específicas e xenéricas de inicio e adaptación previamente á as competencias asignadas nesta materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Aprendizaxe servizo
Descrición
A atención personalizada farase, globalmente, mediante tutorías personalizadas directas e virtuais, individuais e grupais.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A1 A4 A7 A9 A12 A14 A17 A18 A35 B10 B12 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliación coa modalidade de Proba mixta. 0
Prácticas de laboratorio A3 A6 A10 A11 A15 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B13 B16 B18 B26 B27 B35 B36 B37 Segundo criterios que establecerá a profesora ao principio do curso antes de comezar as clases.
As prácticas de Laboratorio son obligatorias. Se realizarán as férulas de xeito colaborativo cos compañeiros.
O traballo individual de cada estudante a avaliar será:
Férulas de: De quervaín, de reposo ou funcional, de túnel carpiano, de tenodese, de mallet e férula en I
Productos de apoyo:
Para actividades da vida diaria (3), ocio e tempo libre (2), traballo ou tarefas escolares (1).
Nesta metodoloxía avaliarase a participación voluntaria do estudantado na metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo.
60
Proba mixta A2 A1 A3 A4 A6 A7 A9 A10 A11 A12 A14 A15 A17 A18 A35 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B16 B18 B26 B27 B28 B29 B35 B36 B37 C4 C5 C6 C7 C8 Examen teórico con catro preguntas cortas (4 puntos) 40
 
Observacións avaliación

1.- AVALIACIÓN CONTINUA PRÁCTICA, Profª. Thais Pousada García, Puntuación: 60% (6 puntos). – 

PRÁCTICAS: Considerandos e Criterios de Avaliación: 

Sobre Material que deben achegar os estudantes: 

- Unha toalla, unhas tesoiras, un cartafol, folios, un metro, rotuladores (un indeleble), un cuter. 

- Coitelo, tenedor e culler, cepillo pelo, chaves, e outros obxectos que se informarán, para a realización de produtos de apoio. 

Sobre Laboratorio de Prácticas:

 - Asistencia obrigatoria e participar en actividades docentes. Calquera ausencia de causa maior debe ser avisada previamente e xustificada documentalmente a posteriori no prazo máis breve posible. 

- Recoñecer, manexar e traballar cos diferentes materiais termoplásticos. 

- Comprensión, desenvolvemento e realización no proceso de deseño de patróns.

 - Confección e elaboración de férulas con material termoplástico. 

- Confección e elaboración de produtos de apoio con material de baixo custo. 

- Deseño e impresión 3D dunha férula e dun produto de apoio

- Dedicación fóra do horario de clase como traballo persoal para a realización do portafolios. 

- Participación na proposta de Aprendizaxe – Servizo (Voluntario)

Sobre Resultado final, avaliación: 

- Férula de repouso ou férula funcional, Férula síndrome tunel carpiano, Férula de Quervain, Férula de tenodese, Férula de Mallet e Férula en I. 

- Produtos de Apoio e Adaptacións. 

- Portafolios cos patróns do realizado na materia e descrición de cada un das férulas e produtos elaborados, así como unha breve explicación teórica de cada un.

- Traballo de férulas e produtos de apoio realizados e presentados nunha caixa (precintada) con nome e apelidos do estudante. 

2.- TEORÍA: EXAME FINAL, Prof. Sergio Santos del Riego e Profª Thais Pousada García, Puntuación: 40% (4 puntos). 

- Valoración de coñecementos teóricos mediante proba escrita.

CUALIFICACIÓN FINAL: 

a.- Sumatorio das partes previamente expresadas, cos seguintes considerandos: 

- Na avaliación continuada práctica débese ter un mínimo de 4 puntos (sobre 6). Os estudantes que participen de forma voluntaria na metodoloxía de Arendizaxe-Servizo recibirán 1 punto adicional nesta parte.

- Na avaliación do exame final teórico será necesario un 2 (sobre 4) para realizar o sumatorio coa cualificación que se obteña da avaliación de prácticas. 

b.-As prácticas son obrigatorias. A ausencia en prácticas, sen xustificar ou xustificadas, dun número ou porcentaxe que establecerá a profesora ao comezo do curso sobre o total ou ben de horas ou ben de clases supón un non presentado ou un suspenso da materia, segundo contexto.* 

c.- O non presentado ou suspenso na parte práctica non impide presentarse á convocatoria da segunda edición (xullo). Nesta convocatoria realizarase, cun alto nivel de esixencia, un exame teórico-práctico, tribunal ou similar (sobre 6 puntos), a criterio da profesora, e un exame teórico (sobre 4 puntos), a criterio dos docentes. 

d.- Os profesores entregarán as súas cualificacións REVISADAS, segundo normativa legal vixente de revisións de exames, no prazo establecido polo profesor responsable da materia, que será a metade do prazo oficial marcado no Reitorado para o peche e firma de actas na aplicación informática.

e.- A responsable da materia realizará as últimas consideracións contextuais e institucionais e procederá á introdución das cualificacións finais na aplicación informática e á firma da acta. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable). 

*Segundo a normativa da UDC para os estudantes matriculados a tempo parcial (Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da Coruña - Consello de gobernó do 29 de maio do 2012), estes teñen dereito a un réxime de asistencia a clase de carácter flexible, solicitando previamente a dispensa académica especial (art.4 apartado.5), non afectando negativamente ó proceso de avaliación do estudante.

Segundo os artigos 22 e 23 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudis de grao e mestrado universitario (Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017) garantirase o seguinte:

Art. 22: Publicidade das cualificacións: Para garantir o dereito a revisión nas probas orais, a nota será comunicada aos dous días lectivos seguintes á súa finalización, e a revisión estará baseada nos datos recollidos na acta e, no seu caso, nas evidencias gravadas, escritas e doutro tipo recollidas na súa realización.

Art. 23: Os estudantes terán dereito a revisar as actividades, os traballos e as probas que sirvan para a súa avaliación e a recibiren explicación razoada da cualificación que obtiveron.



Fontes de información
Bibliografía básica

Prótesis, órtesis y ayudas técnicas. Ramón Zambudio Periago. Barcelona: Elsevier Masson, 2009. ISBN978-84-458-1969-27. 

Rehabilitación física. Susan B. O´Sulllivan. Badalona: Paidotribo, 2013. ISBN 978-84-9910-166-8. 
Guía de uso y prescripción de productos ortoprotésicos a medida. Enrique Viosca Herrero, 2ª ed. Valencia: Instituto de Biomecánica de Valencia, 2004. ISBN 9788492397433. 
Innovación para la mejora de la autonomía pesonal: Premio IBV-ORTOPROTEC, primera edición (2009). Valencia: Instituto de Biomecánica de Valencia (IBV), 2010. ISBN 978-84-95448-16-3. 
Ortopedia y Traumatología: revisión sistemática. Mark D. Miller. Barcelona: Elsevier, 2009. ISBN 978-84-8086-477-0. 
Living with a below-knee amputatioin a unique insight from a prosthetist/amputee. Richard Riley. Thorofare: SLACK, 2005. ISBN 1-55642-692-5. 
Prótesis articulares nuevas perspectivas. EC. Rodríguez Merchán. Madrid: Médica Panamericana, 2005. ISBN 84-7903-400-9. 
Amputación de extremidad inferior y discapacidad. Prótesis y rehabilitación. Miguel Ángel González Viejo. Barcelona: Masson, 2005. ISBN 84-458-1513-X. 
Guía descriptiva de ortoprótesis. Madrid: Ministerio de Sanidad y Consumo, Centro de publicaciones, 2000. ISBN 84-7670-652-9. 
Prosthetic and orthotics. Donald Shurr. New Jersey: Prentice Hall, 2000. ISBN 088581331. 
R. Viladot, O. Cohi, S. Clavell (1991). Ortesis y prótesis del aparatro locomotor. Editorial Masson (4 tomos: columna vertebral, extremidad superior y dos de extremidad inferior).
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)" os traballos documentais que se realicen nesta materia

1.1. Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.

1.2. Realizaranse a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

1.3. De se realizar en papel:

1.3.1. No se empregarán plásticos.

1.3.2. Realizaranse impresións a dobre cara.

1.3.3. Empregarase papel reciclado.

1.3.4. Evitarase a impresión de borradores.

2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4. Segundo se recolle nas competencias transversais aprobadas no Consello de Goberno de Maio de 2017 deberase incluir na medida das posibilidades contenidos que incluan perspectivas de vida saudable, desenvolvemento sostible e dereitos humanos.

5. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas,…).

6. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

7. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero ou de outra índole e proporanse acción e medidas para corrixilas.

8. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, teñan necesidades para un acceso axeitado, inclusivo e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías