Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Estancias Prácticas II Código 653G01210
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Ciencias da Saúde
Coordinación
Garcia Crespo, Maria Vanessa
Correo electrónico
m.v.garcia@udc.es
Profesorado
Garcia Crespo, Maria Vanessa
Mansilla Barreiro, Barbara
Rosende Celeiro, Iván de
Correo electrónico
m.v.garcia@udc.es
barbara.mansilla.barreiro@udc.es
ivan.de.rosende.celeiro@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa observación e a análise dos contornos desde a Terapia Ocupacional e a intervención do terapeuta ocupacional nos mesmos.
Descriptor:
Estancias prácticas para aplicar teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de Terapia Ocupacional, traballando adecuadamente en equipo e desenvolvendo as funcións e destrezas propias deste profesional en diferentes contornas, centros, hospitais, institucións e grupos sociais e poboacionais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Trabajar en la sociedad con individuos y grupos para fomentar la promoción de la salud, la prevención, la rehabilitación y el tratamiento.
A8 Uso profesional y ético del razonamiento efectivo en todas las partes del proceso de terapia ocupacional.
A10 Adaptar y aplicar el proceso de terapia ocupacional en estrecha colaboración de individuos/población.
A11 Trabajar para facilitar entornos accesibles y adaptados y promover la justicia ocupacional.
A12 Colaborar con comunidades para promover la salud y el bienestar de sus miembros mediante la participación en la ocupación.
A17 Establecer sociedades de colaboración, consultar y aconsejar a clientes, trabajadores sociales, miembros de equipo y otros en la práctica de la ocupación y la participación.
A19 Apreciar y respetar las diferencias individuales, creencias culturales, costumbres y su influencia sobre la ocupación y la participación.
B3 Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo.
B6 Comportarse con ética y responsabilidad social como ciudadano y como profesional.
B7 Comunicarse de manera efectiva en un entorno de trabajo.
B8 Capacidad de análisis y de síntesis.
B9 Capacidad de aplicar los conocimientos a la práctica.
B11 Capacidad para trabajar en un equipo interdisciplinar.
B15 Capacidad para comunicarse con personas no expertas en la materia.
B31 Apreciación de la diversidad y de la multiculturalidad.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Integración dos coñecementos teóricos previos á práctica relacionados coa accesibilidade, a ergonomía e o deseño universal. Aproximación ao corpo teórico que dá base á intervención de Terapia Ocupacional sobre o contorno: impacto do medio sobre a ocupación humana. A8
A10
A11
A19
Adquisición de destrezas de observación e análise do contorno: identificación das condicións do contorno que actúan como facilitadores ou como obstáculos en relación ás caracterísitcas da poboación e ás demandas da actividade (valoración do equilibrio individuo/ambiente/ocupación). A8
A11
B3
B8
B9
Desenvolvemento do pensamento analítico e crítico aplicado á valoración e ao asesoramento en materia de accesibilidade: planificación da intervención (valoración, plan de mellora/intervención, rexistro), deseño de contornos facilitadores para a autonomía (a nivel individual e colectivo) e elaboración de propostas de asesoramento reais e efectivas. A6
A8
A11
B3
B8
B31
Potenciación de habilidades e rigor técnico para o rexistro da información procedente da intervención: recoñecemento da importancia do rexistro das actividades realizadas, adquisición de rigor técnico na linguaxe empregada na comunicación con outros profesionais e cos usuarios, elaboración de informes técnicos. A11
B7
B8
B15
C1
Desenvolvemento dunha perspectiva social: situar ao alumno nun tipo de intervención no contorno comunitario, promovendo a colaboración con outros profesionais do ámbito do social, facilitando a súa intervención no medio natural do individuo e en definitiva, comprometéndose a promover a xustiza ocupacional. A11
A12
A17
B6
B11
B15
B31

Contidos
Temas Subtemas
Principios teóricos da accesibilidade; accesibilidade, ergonomía e deseño universal.


- Conceptos teóricos básicos: concepto europeo de accesibilidade, ergonomía aplicada e deseño para todos.
- Accesibilidade vs adaptación funcional. Diferenzas e formas de intervención.
- Normativa estatal e autonómica sobre accesibilidade.
Observación e análise de factores ambientais - Introducción aos factores ambientais segundo a CIF: físicos, sociais e actitudinais.
- Conceptos de contorno , dereitos e problemáticas relacionadas
- Métodos de recollida de datos do contorno.
Valoración da accesibilidade dos contornos - Principios da observación con fins de avaliación.
- Análise do contorno desde unha perspectiva individual e desde unha perspectiva colectiva.
- Valoración de contornos específicos baseada nas ocupacións que acollen e ao tipo de individuos que as executan.
- Recollida de información procedente da valoración.
Deseño de contornos accesibles/universais. - Principios para desenvolver un asesoramento en materia de accesibilidade.
- Deseño de adaptacións funcionais do medio.
- Deseño de contornos socialmente facilitadores.
- Propostas desde a parsepectiva da universalidade.
Rexistro da información - Criterios para elaborar rexistros das actividades realizadas.
- Principios para a realización de informes técnicos en materia de accesibilidade:
.- Comunicación con outros profesionais
.- Comunicación con usuarios.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 B3 6 0 6
Lecturas A8 A11 A12 2 10 12
Saídas de campo A6 A17 A19 B31 30 30 60
Traballos tutelados B6 B7 B8 B9 B11 B15 C1 15 15 30
 
Atención personalizada 4.5 0 4.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballaranse contidos teóricos necesarios para abordar a intervención práctica e tamén actividades de desenvolvemento do pensamento lóxico dos alumnos e de aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos.

Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.


Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se seleccionaron como fonte de profundización nos contidos traballados. As lecturas seleccionadas tratan sobre contidos aplicables á intervención profesional obxecto desta materia.

Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.

Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información e a detección de necesidades susceptibles de intervención.
Na materia realizaranse algunhas saídas de campo tuteladas pola docente e outras realizadas polos alumnos de forma autónoma.

Permite adquirir as competencias específicas asignadas a esta materia.

Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do como facer as cousas. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguemento desa aprendizaxe polo profesor-titor, polo que consta dunha parte de traballo autónomo do alumno e outra parte de tutorías co profesor.


Permite adquirir as competencias específicas asignadas a esta materia.


Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Saídas de campo
Descrición
A atención personalizada planificarase de dúas formas diferentes:

- Saídas/traballo de campo: o traballo de campo poderá realizarse en dúas modalidades;saídas tuteladas con profesores da materia, ou traballos de campo autónomos con supervisión dos docentes.

- Titorías: en grupos pequenos ou medianos, segundo a distribución de alumnos realizada para a elaboración dos traballos tutelados.

A finalidade das saídas de campo e as titorías é apoiar o traballo tutelado que desenvolverán os estudantes, resolver as dúbidas que xurdan na observación directa, establecer criterios para cada fase da actividade tutelada, e valorar a evolución na lóxica do pensamento do estudante.

Por tanto, TEÑEN CARÁCTER OBRIGATORIO, e son necesarias para superar a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A10 B3 Valorarase a participación e o interese do estudante durante as sesións maxistrais, as intervencións que realice durante as mesmas e a evolución observada na adquisición de coñecementos. Ten CARÁCTER OBRIGATORIO. 10
Traballos tutelados B6 B7 B8 B9 B11 B15 C1 Valorarase a planificación da intervención que desenvolva e argumente o alumno, a capacidade reflexiva e a lóxica do pensamento e os criterios teóricos aplicados a situacións reais e cotiás, o rigor técnico das súas propostas e a coherencia nos seus informes.
O seguimento dos traballos tutelados farase durante as titorías personalizadas, a demanda do profesor ou do alumnos. As titorías demandadas polo profesor teñen CARÁCTER OBRIGATORIO.
50
Saídas de campo A6 A17 A19 B31 Valorarase o traballo desenvolvido nas saídas de campo que o estudante realizará de forma autónoma ou tutelada (de xeito individual ou acompañado doutro compoñente da súa parella de traballo), a observación realizada dos contornos, a detección dos condicionantes relevantes para o desempeño, e a capacidade de modificar contornos reais para que faciliten a autonomía.
Esta valoración farase nas tutorías personalizadas, que teñen CARÁCTER OBRIGATORIO.
40
 
Observacións avaliación

A materia de Estancias Prácticas II aborda contidos prácticos tales como a observación e valoración inicial, a planificación da intervención sobre o contorno, e o rexistro da información de todo o proceso. Estes contidos traballaranse en grupo e de forma individual, de forma autónoma e tutelada. Polo tanto, distribúsese a materia nun horario de traballo autónomo a realizar polo alumno (de forma individual ou en parella), e nun horario de asistencia á clase cos docentes na materia, no que se abordarán os contidos teóricos, realizarase  a práctica planificada, e titorizarase a práctica autónoma do alumno. A avaliación final incluirá tanto o traballo autónomo de campo como o presencial.

Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades planificadas coa metodoloxía anteriormente proposta son a adquisición de coñecementos teóricos relacionados coa materia, a aplicación deses coñecementos á práctica tutelada, e o desenvolvemento do pensamento lóxico e crítico aplicado a situacións concretas. Por tanto, existirá unha avaliación continua da evolución observada no alumno, e unha avaliación dos traballos finais obrigatorios para a superación da materia.

O alumno deberá entregar un total de tres traballos finais, cada un deles correspondente á parte de docencia de cada profesor. A data de entrega será debidamente notificada aos alumnos coa suficiente antelación (preferiblemente ao inicio do cuadrimestre):

- Elaboración dun informe de análise dun contorno real, a través da observación e búsqueda de información indirecta.

- Realización dun informe de accesibilidade sobre aspectos puntuais do entorno do Campus de Oza.

- Reflexión argumentada e crítica sobre unha saída de campo ou práctica de avaliación do contorno domiciliario (pendente de planificación durante o cuadrimestre).

A entrega destes tres traballos na data proposta é obrigatoria para a superación da materia.

CUALIFICACIÓN FINAL DO ALUMNO

- A asistencia ao horario presencial de clase é obrigatoria; este é un criterio esixible para superar a materia, non valorable. É OBIGATORIA A ASISTENCIA A UN 85% DO HORARIO DE CLASE PRESENCIAL, PERMITÍNDOSE A AUSENCIA A UN 15%.

- A cualificación final da materia, sobre 10 puntos, distribuirase como segue:

a) Informe de análise dun contorno real (profesora Mansilla Barreiro): 3 puntos

b) Informe de accesibilidad Campus de Oza (profesora García Crespo): 3 puntos

c) Reflexión crítica da saída de campo / avaliación de entorno domiciliario (profesor De Rosende Celeiro): 3 puntos

d) Avaliación continua do estudante realizada polos tres profesores (avaliará a iniciativa, interese, participación crítica e evolución na adquisición de competencias da materia do estudante): 1 punto

- Para superar a materia o estudante debe ter presentados os tres documentos esixidos, alcanzada unha cualificación final de 5 puntos e ter cumprido o criterio de asistencia.

- Se o estudante non acada esa cualificación mínima, non ten presentado os tres documentos esixidos na data proposta, ou non ten cumprido o criterio de asistencia mínima obrigatoria, terá dereito a unha proba final escrita que se realizará na data fixada no calendario académico oficial aprobado en Xunta de Facultade.

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica dacordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaínte 9-10 Matrícula de Honra (Graciable)


Fontes de información
Bibliografía básica

Blanco, RM,  Blanco L, Luengo S, Pastor G, Rivero M, Rodríguez MR, Vicente MJ. 2003. Accesibilidad para personas con ceguera y deficiencia visual. Edita: ONCE.

Caracterísiticas de la rotulación para personas con discapadidad visual. Edita: ONCE. Madrid. 2006

Concepto Europeo de Accesibilidad. Edita: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Instituto de Migraciones y Servicios Sociales. Centro Estatal de Autonomía Personal y Ayudas Técnicas (CEAPAT). Madrid.

Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e eliminación de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG nº 41 (29 de febreiro de 2000)

Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade. DOG nº 241 (17 de decembro de 2014).

Organización Mundial de la Salud (2001). Clasificación Internacional del Funcionamiento, de la Discapacidad y de la Salud (CIF). Ginegra: OMS.


Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional/653G01206

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías