Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A6 |
Trabajar en la sociedad con individuos y grupos para fomentar la promoción de la salud, la prevención, la rehabilitación y el tratamiento. |
A8 |
Uso profesional y ético del razonamiento efectivo en todas las partes del proceso de terapia ocupacional. |
A10 |
Adaptar y aplicar el proceso de terapia ocupacional en estrecha colaboración de individuos/población. |
A11 |
Trabajar para facilitar entornos accesibles y adaptados y promover la justicia ocupacional. |
A12 |
Colaborar con comunidades para promover la salud y el bienestar de sus miembros mediante la participación en la ocupación. |
A17 |
Establecer sociedades de colaboración, consultar y aconsejar a clientes, trabajadores sociales, miembros de equipo y otros en la práctica de la ocupación y la participación. |
A19 |
Apreciar y respetar las diferencias individuales, creencias culturales, costumbres y su influencia sobre la ocupación y la participación. |
B3 |
Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo. |
B6 |
Comportarse con ética y responsabilidad social como ciudadano y como profesional. |
B7 |
Comunicarse de manera efectiva en un entorno de trabajo. |
B8 |
Capacidad de análisis y de síntesis. |
B9 |
Capacidad de aplicar los conocimientos a la práctica. |
B11 |
Capacidad para trabajar en un equipo interdisciplinar. |
B15 |
Capacidad para comunicarse con personas no expertas en la materia. |
B31 |
Apreciación de la diversidad y de la multiculturalidad. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Integración dos coñecementos teóricos previos á práctica relacionados coa accesibilidade, o deseño universal e a inclusión. Aproximación ao corpo teórico que dá base á intervención de Terapia Ocupacional sobre o contorno: impacto do medio sobre a ocupación humana. |
A8 A10 A11 A19
|
|
|
Adquisición de destrezas de observación e análise da contorna: identificación das condicións da contorna que actúan como facilitadores ou como barreras en relación ás caracterísitcas da poboación e ás demandas da actividade (valoración do equilibrio individuo/ambiente/ocupación). |
A8 A11
|
B3 B8 B9
|
|
Desenvolvemento do pensamento analítico e crítico aplicado á valoración e ao asesoramento en materia de accesibilidade, deseño universal e inclusión: planificación da intervención (valoración, plan de mellora/intervención, rexistro), deseño de contornas facilitadoras para a autonomía (a nivel individual e colectivo) e elaboración de propostas de asesoramento reais e efectivas. |
A6 A8 A11
|
B3 B8 B31
|
|
Potenciación de habilidades e rigor técnico para o rexistro da información procedente da intervención: recoñecemento da importancia do rexistro das actividades realizadas, adquisición de rigor técnico na linguaxe empregada na comunicación co equipo profesional e cos/coas usuarios/as, elaboración de informes técnicos. |
A11
|
B7 B8 B15
|
C1
|
Desenvolvemento dunha perspectiva social: situar ao alumnado nun tipo de intervención na contorna comunitaria, promovendo a colaboración con outras/outros profesionais do ámbito do social, facilitando a súa intervención no medio natural do individuo e en definitiva, comprometéndose a promover a xustiza ocupacional. |
A11 A12 A17
|
B6 B11 B15 B31
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Principios teóricos para a avaliación e a intervención sobre o contorno domiciliario en terapia ocupacional |
-O fogar como contorno na vida cotiá: principais ocupacións e necesidades de autonomía, saúde e benestar.
-A adaptación funcional do fogar en terapia ocupacional.
-Redes de apoio no fogar. O empoderamento do/a coidador/a: necesidades ocupacionais e asesoramento/consultoría dende terapia ocupacional.
|
Principios teóricos da accesibilidade e deseño universal
|
- Conceptos teóricos básicos: concepto europeo de accesibilidade e deseño para todas as persoas.
- Accesibilidade vs adaptación funcional. Diferenzas e formas de intervención.
- Normativa estatal e autonómica sobre accesibilidade.
|
Principios teóricos para a avaliación e traballo na contorna social, histórica, cultural e institucional en terapia ocupacional |
- Conceptos teóricos básicos e a súa relación coa terapia ocupacional: xusticia ocupacional, dereitos ocupacionais, diversidade, cultura, poder, xénero, raza, clase social, etnia, interseccionalidade.
- Uso e aplicación de conceptos teóricos básicos na práctica da terapia ocupacional traballando en/cos contextos social, histórico, cultural e institucional.
-Metodoloxías participativas para a avaliación e traballo nos contornos social, histórico, cultural e institucional en terapia ocupacional: Fotovoz, metaplan, mapeo corporal narrado, narración dixital (WFOT Occupational Narratives project).
- Habilidades de comunicación como contorno en terapia ocupacional: mediadores do desempeño ocupacional (continuación EPI). Avaliación e intervención. |
Observación e análise de factores ambientais |
- Introducción aos factores ambientais segundo a CIF: físicos, sociais e actitudinais.
- Conceptos de barreiras e facilitadores. Identificación e análise en diferentes contextos.
- Conceptos de contexto/ análise nos modelos teóricos específicos da Terapia Ocupacional (Person-Environment-Occupation, Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo Kawa, Modelo de Ocupación Humana).
-Aplicación práctica dos principios teóricos da materia |
Valoración da accesibilidade das contornas |
- Principios da observación con fins de avaliación.
- Análise do contorno desde unha perspectiva individual e desde unha perspectiva colectiva.
- Valoración de contornos específicos baseada nas ocupacións que acollen e ao tipo de individuos que as executan.
- Recollida de información procedente da valoración.
-Aplicación práctica dos principios teóricos da materia |
Deseño de contornos accesibles/universais. |
- Principios para desenvolver un asesoramento en materia de accesibilidade.
- Deseño de adaptacións funcionais do medio.
- Deseño de contornos socialmente facilitadores.
- Propostas desde a parsepectiva da universalidade.
- Aplicación práctica dos principios teóricos da materia
|
Rexistro da información |
- Criterios para elaborar rexistros das actividades realizadas.
- Principios para a realización de informes técnicos en materia de accesibilidade:
- Comunicación con outras/os profesionais
- Comunicación con usuarias/os.
- Aplicación práctica dos principios teóricos da materia |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A10 B3 |
10 |
10 |
20 |
Estudo de casos |
A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 |
6 |
12 |
18 |
Saídas de campo |
A6 A8 A10 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 |
35 |
0 |
35 |
Simulación |
A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 |
25 |
0 |
25 |
Lecturas |
A6 A8 A11 A12 A19 B3 B6 B8 B31 C1 |
1 |
9 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
4.5 |
0 |
4.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballaranse contidos teóricos necesarios para abordar a intervención práctica e tamén actividades de desenvolvemento do pensamento lóxico do alumnado e de aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos.
Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.
Esta metodoloxía desenvolverase online mediante a ferramenta Teams.
|
Estudo de casos |
Metodoloxía onde a persoa se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto, a través dun proceso de discusión. A/o alumna/o sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Saídas de campo |
Actividades desenvolvidas nun contexto externo á contorna académica relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades e competencias relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida, a anñalise de información e a detección de necesidades susceptibles de intervención.
Na materia realizaranse algunhas saídas de campo tuteladas polas/os docentes e outras realizadas polos alumnos de forma autónoma.
Permite adquirir as competencias específicas asignadas a esta materia. |
Simulación |
Consiste na representación dun fenómeno (de natureza física, técnica ou psicolóxica, ou social, entre outros) que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse á persoa ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias ante situacións concretas. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación |
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se seleccionaron como fonte de profundización nos contidos traballados. As lecturas seleccionadas tratan sobre contidos aplicables á intervención profesional obxecto desta materia.
Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Estudo de casos |
Saídas de campo |
Simulación |
|
Descrición |
A atención personalizada planificarase de dúas formas diferentes:
- Saídas de campo e simulación (prácticas): poderán realizarse en dúas modalidades;saídas e traballo tutelado con docentes da materia, ou traballos de campo autónomos con supervisión do profesorado.
- Titorías: en grupos pequenos ou medianos, segundo a distribución do alumnado realizada para a elaboración dos estudos de caso.
A finalidade é apoiar o traballo que desenvolverán as/os estudantes, resolver as dúbidas que xurdan na observación directa, establecer criterios para cada fase da actividade tutelada, e valorar a evolución na lóxica do pensamento da/do estudante.
Por tanto, TEÑEN CARÁCTER OBRIGATORIO, e son necesarias para superar a materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
A6 A8 A11 A12 A19 B3 B6 B8 B31 C1 |
Valorarase a integración dos conceptos teórico-prácticos abordados nas lecturas obligatorias, en relación coas competencias específicas da materia, na realización dos estudos de casos. |
10 |
Estudo de casos |
A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 |
Valorarase, ademáis das competencias adquiridas, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas |
30 |
Saídas de campo |
A6 A8 A10 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 |
Valorarase: a puntualidade, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación co equipo, a integración e a aplicación de conceptos teórico-prácticos, as destrezas e os coñecementos adquiridos. A asistencia será obrigatoria.
Asemade, valorarase o traballo desenvolvido nas saídas de campo acompañada polas/os docentes así coma a que a/o estudante realizará de forma autónoma, tendo en conta a observación realizada das contornas, a detección dos condicionantes relevantes para o desempeño ocupacional, e a capacidade de modificar contornas reais para que faciliten a autonomía.
CARÁCTER OBRIGATORIO. |
35 |
Simulación |
A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 |
Valorarase: a puntualidade, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación co equipo, a integración e a aplicación de conceptos teórico-prácticos, as destrezas e os coñecementos adquiridos. A asistencia será obrigatoria. |
25 |
|
Observacións avaliación |
A materia de Estancias Prácticas II aborda contidos prácticos tales como a observación e avaliación inicial, a planificación da intervención sobre a/s contorna/s, e o rexistro da información de todo o proceso. Estes contidos traballaranse en grupo e de forma individual, de forma autónoma e tutelada. Polo tanto, distribúsese a materia nun horario de traballo autónomo a realizar pola/o alumna/o (de forma individual ou en parella), e nun horario de asistencia á clase cos/coas docentes da materia, no que se abordarán os contidos teóricos, realizarase a práctica planificada, e titorizarase a práctica autónoma da/o alumna/o. A avaliación final incluirá tanto o traballo autónomo como o presencial. Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades planificadas son a adquisición de coñecementos teóricos relacionados coa materia, a aplicación deses coñecementos á práctica tutelada, e o desenvolvemento do pensamento lóxico e crítico aplicado a situacións concretas. Por tanto, existirá unha avaliación continua da evolución observada na/o alumna/o, e unha avaliación dos traballos finais obrigatorios para a superación da materia. Para aprobar a materia, a/o estudante debe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar todos os traballos e ter superadas cada unha das metodoloxías que conforman o proceso de avaliación da materia. A asistencia ao horario presencial de clase é obrigatoria; este é un criterio esixible para superar a materia, non valorable. É OBRIGATORIA A ASISTENCIA A UN 85% DO HORARIO DE CLASE PRESENCIAL, PERMITÍNDOSE A AUSENCIA A UN 15% Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos/as estudantes de grao a Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012),cando un estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4(apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de
avaliación do/a estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da comisión académica do grao de Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o território nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable). Considerarase como "non presentado" (NP) aquel ou aquela estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado/a como "non presentado": a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias que a/o estudante ten por materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Blanco, RM, Blanco L, Luengo S, Pastor G, Rivero M, Rodríguez MR, Vicente MJ. 2003. Accesibilidad para personas con ceguera y deficiencia visual. Edita: ONCE. Características de la
rotulación para personas con discapadidad visual. Edita: ONCE. Madrid. 2006
Concepto Europeo de Accesibilidad. Edita: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Instituto de Migraciones y Servicios Sociales. Centro Estatal de Autonomía Personal y Ayudas Técnicas (CEAPAT). Madrid. Bridge C. Home modification: occupation as the basis for an effective practice. En: Curtin M, Molineux M, Supyk-Mellson, J (editores). Occupational therapy and physical dysfunction: enabling occupation. Elsevier; 2010; p. 409-429. Clasificación
Internacional del Funcionamiento, de la Discapacidad y de la Salud (CIF). Conway M. Occupational therapy and
inclusive design: principles for practice. Oxford: Blackwell Publishing;
2008. De-Rosende-Celeiro
I, Torres G, Seoane-Bouzas M, Ávila A. Exploring the use of assistive products
to promote functional independence in self-care activities in the bathroom.
PLoS One, 2019, 14, e0215002. De Rosende I,
Santos S. Influencia de la Terapia Ocupacional en la realización de
adaptaciones en el hogar de las personas en situación de dependencia. TOG,
2013, 10(18). De-Rosende-Celeiro
I, Santos-del-Riego S, Muñiz J. Homebound status among middle-aged and older
adults with disabilities in ADLs and its associations with clinical,
functional, and environmental factors. Disabil Health J, 2017, 10(1), 145-151. Decreto
35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento
e execución da Lei de accesibilidade e eliminación de barreiras na Comunidade
Autónoma de Galicia. DOG
nº 41 (29 de febreiro de 2000) Dotte P. Método de
manutención manual de los enfermos: ergomotricidad en el ámbito sanitario,
generalidades y educación gestual específica. Tomo I. Barcelona: Masson; 2003. Dotte P. Método de
manutención manual de los enfermos: ergomotricidad en el ámbito sanitario,
aplicaciones clínicas. Tomo II. Barcelona: Springer-Verlag Ibérica; 1999. Dotte P. Método de
movilización de los pacientes: ergomotricidad en el ámbito asistencial.
Barcelona: Elsevier; 2010. Doval, M.a I., Martinez-Figueira,
M.aE., & Raposo, M. (2013). La voz de sus ojos: la participación de los
escolares mediante Fotovoz. Revista de Investigación en Educación, 11(3),
150–171. Gastaldo, D., Magalhaes,
L., & Carrasco, C. (2013). Mapas corporais narrados: un método para documentar
trajetórias de saúde, resiliência, adoecimiento e sofrimento. In A.
Branco-Fraga, Y. M. de Carvalho, & I. M. Gomes (Eds.), As práticas
corporais no campo da saúde (pp. 83–100). Sao Paulo: Editora Hucitec. Gastaldo, D.,
Magalhães, L., Carrasco, C., y Davy, C. (2018). Mapas corporales narrados como investigación.
Consideraciones metodológicas para contar las historias de trabajadores
indocumentados a través del mapeo corporal. (Trad. N. Rivas-Quarneti, S.
Sánchez-Pérez, V. Vinzón y S. Veiga-Seijo). Recuperado de
http://www.migrationhealth.ca/undocumented-workers-ontario/body-mapping
(original en inglés, 2012) Huot, S., Cao, A., Kim, J., Shajari,
M., & Zimonjic, T. (2018). The power of language: Exploring the
relationship between linguistic capital and occupation for immigrants to
Canada. Journal of Occupational Science, 0(0), 1–12.
https://doi.org/10.1080/14427591.2018.1534136 Huot, S., Rudman, D., Dodson, B.,
& Magalhães, L. (2013). Expanding Policy-Based Conceptualizations of
‘Successful Integration’: Negotiating Integration through Occupation following
International Migration. Journal of Occupational Science, 20(1), 6–22.
https://doi.org/10.1080/14427591.2012.717497 Lei 10/2014, do
3 de decembro, de accesibilidade. DOG nº 241 (17 de decembro de 2014). Organización Mundial de la
Salud (2001). Pizarro E.,
Estrella S., Figueroa F., Helmke F., Pontigo C.& Whiteford G. (2018)
Entendiendo la justicia ocupacional desde el concepto de territorio, una
propuesta para la ciencia de la ocupación, Journal of Occupational Science,
25:4, xvi-xxvi, DOI: 10.1080/14427591.2018.1487262 Rivas-Quarneti,
N., Magalhaes, L., & Fernández, M. (2017). Contribuciones del Metaplan en
Investigación Cualitativa Crítica en Ciencias de la Salud: un camino hacia la
acción dialógica. CIAIQ 2017, 2(0). Retrieved from
http://proceedings.ciaiq.org/index.php/ciaiq2017/article/view/1262 Rigby P, Craciunoiu O. Assessing
environment: home, community and workplace. Access and safety. En: Vining M, Trombly
CA. Occupational therapy for physical dysfunction. Baltimore: Lippincott
Williams & Wilkins; 2014; p. 306-337. Stein F, Söderback I, Cutler S, Larson
B. Occupational therapy and ergonomics: applying ergonomic principles to
everyday occupation in the home and at work. Chichester: Whurr Publishers;
2006 WFOT. (2006).
Traducción: Declaración de posicionamiento acerca de los derechos humanos.
Federación Mundial de Terapeutas Ocupacionales (WFOT) (C. Forn de Zita, Trad.).
Espacio TO Venezuela. Whiteford G.,
Jones K., Rahal C.& Suleman A. (2018) El Marco de Justicia Ocupacional
Participativa como herramienta de cambio: Descripción y contraste de tres
casos, Journal of Occupational Science, 25:4, l-lxii, DOI: 10.1080/14427591.2018.1504610 |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional/653G01206 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
OBSERVACIÓNS
ECOLÓXICAS: 1.- Para
axuda a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos
estratéxicos 1 y 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS
(2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Na
súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático. b.- De
realizarse en papel: - Non
se empregarán plásticos. -
Realizaranse impresións a dobre cara. -
Empregarase papel reciclado. -
Evitarase a impresión de borradores. 2.- A
docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na
avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa
suficiente antelación. 3.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa
da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha
estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos |
|