Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Afeccións Médico-Cirúrxicas no adulto Código 653G01301
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 7
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Crespo Leiro, María Generosa
Correo electrónico
maria.generosa.crespo.leiro@udc.es
Profesorado
Blanco García, Francisco Javier
Crespo Leiro, María Generosa
Lorenzo López, Laura
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Reimunde Figueira, Pedro
Correo electrónico
f.blanco1@udc.es
maria.generosa.crespo.leiro@udc.es
laura.lorenzo.lopez@udc.es
ana.maseda@udc.es
pedro.reimunde@udc.es
Web http://www.udc.es/fcs
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coas afeccións médico cirúrxicas do adulto que orixinan disfunción ocupacional. Descritores: Coñecemento do proceso fisiopatolóxico en todos os momentos do ciclo vital, identificando os problemas e aspectos clínicos, preventivos e terapéuticos da persoa, tanto na saúde como na enfermidade. Coñecementos Médicos e Cirúrxicos aplicables ao ser humano en todos os momentos do ciclo vital (adulto) que capaciten para avaliar, sintetizar e aplicar tratamentos de Terapia Ocupacional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Explicar la relación entre el funcionamiento ocupacional, la salud y el bienestar.
A3 Sintetizar y aplicar el conocimiento relevante de ciencias biológicas, médicas, humanas, psicológicas, sociales, tecnológicas y ocupacionales, junto con las teorías de ocupación y participación.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B4 Trabajar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Trabajar de forma colaborativa.
B8 Capacidad de análisis y de síntesis.
B10 Conocimientos básicos de la profesión.
B12 Conocimientos generales básicos sobre el área de estudio.
B13 Resolución de problemas.
B28 Toma de decisiones.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecementos e capacidade para aplicar Fisiopatoloxía dentro do contexto da Terapia Ocupacional. A1
A3
B2
B10
B12
B13
B28
Coñecementos e capacidade para aplicar Patoloxía Médica dentro do contexto da Terapia Ocupacional. A1
B2
B4
B8
C1
Coñecementos e capacidade para aplicar Patoloxía Cirúrxica dentro do contexto da Terapia Ocupacional. A1
B2
B4
B5
B8
C1

Contidos
Temas Subtemas
Bloque de Reumatoloxía. Enfermidades Médicas do Aparello Locomotor

1.Enfermidades Articulares Inflamatorias. Artrite Reumatoide.
2.Espondiloartropatías. Espondilite Anquilosante. Artopatía Psoriásica e outras.
3.Artropatías por microcristais. A Gota e Pseudogota.
4.Osteoartriti da columna vertebral e membros.
5.Enfermidades óseas xeneralizadas. Osteoporose. Osteomalacia. Enfermidade ósea de Paget. Osteodistrofia renal.

Bloque de Neuroloxía


1.Coma e trastornos de conciencia.
2.Infeccións do sistema nervioso central.
3.Epilepsia.
4.Alcoholismo e sistema nervioso central.
5.Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).
Bloque de Patoloxía Cardiovascular e Respiratoria


1.Arteriosclerose. Hipertensión arterial.
2.Cardiopatía isquémica. Outras cardiopatías.
3.Insuficiencia cardiaca.
4.Insuficiencia respiratoria. Tipos. Enfermidade pulmonar.
obstructiva crónica (EPOC). Enfermidades pulmonares de tipo ocupacional.
5.COVID-19 e Síndrome Post-COVID-19.
Bloque de Patología Miscelánea

1.Enfermedades infecciosas. Terapia antimicrobiana. Inmunizacións. Tuberculose. Síndrome de Inmunodeficiencia Humana.
2.Diabete mellitus: tipos. Complicacións agudas e crónicas.
3.Enfermidade hepática crónica: cirrose.
4.Insuficiencia renal crónica.
5.Grandes síndromes hematopoiéticos: anemia. Hemofilias. Oncoloxía: causas, epidemioloxía e prevención. Diagnóstico de extensión e estratexias terapéuticas. Cuidados paliativos.
Bloque de Patoloxía Cirúrxica 1.Sistema linfático e linfedema.
2.Patoloxía mamaria: Nódulo de mama. Tipos. ¿Benigno ou maligno?. Cancro mama. Tratamento cirúrxico e as súas complicacións. Reconstrución da mama tras mastectomía. Reconstrución precoz ou tardía. Tipos de reconstrución.
3.Aproximación ao paciente politraumatizado. ABC. Fases secuenciais de tratamento. Cirurxía de control de danos. Traumatismo cráneoencefálico (TCE) e o seu tratamento médico-cirúrxico.
4.Patoloxía espondiloartrósica con especial fincapé na lumbalxia e cervicalxia. Tratamento médico-cirúrxico. Exercicio físico en pacientes con lumbalxia e cervicalxia.
5.Incontinencia urinaria. Concepto e epidemioloxía. Fisioloxía da micción. Clasificación e tipos. Factores de risco. Diagnóstico e tratamento.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 B8 B10 B12 B28 27 17 44
Estudo de casos B2 B4 B5 B8 B13 C1 94 0 94
Proba obxectiva B2 B8 B12 B13 B28 0 32 32
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como conferencia, método expositivo ou lección maxistral. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito enfróntase ante a descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Proba obxectiva
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada farase, globalmente, mediante titorías personalizadas directas e virtuais, individuais e grupais.

ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA, segundo estable a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b), o alumnado poderá solicitar sempre que o precise tutorías co profesorado da materia, facilitando o modo presencial ou virtual segundo a dispoñibilidade do/a alumno/a.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A3 B8 B10 B12 B28 Avalíase a atención do alumno, a súa intervención en clase e fundamentalmente a súa asistencia 10
Proba obxectiva B2 B8 B12 B13 B28 Será un exame único con todas as partes da materia. O exame será tipo test de resposta múltiple e con só unha resposta correcta. Cada profesor achegará o número de preguntas correspondentes á parte que lle corresponda e o número de preguntas será proporcional á cantidade de materia impartida. 70
Estudo de casos B2 B4 B5 B8 B13 C1 Avaliación continuada a través de exposición de temas e actividades a desenvolver nos grupos de docencia interactiva e traballo en grupo reducido. 20
 
Observacións avaliación

ALUMNADO
CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE
EXENCIÓN DE ASISTENCIA, segundo estable a "Norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e
as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b), a cualificación referida á asistencia
á aula será substituída pola
realización dun traballo práctico vinculado a dita formación. Ademais, en
titorías personalizadas explicaráselles o traballo realizado na aula para que
podan realizalo adecuadamente no seu domicilio. 

IMPORTANTE:
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade
na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese:
o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por
razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas


Fontes de información
Bibliografía básica Farreras-Rozman (2020). Medicina Interna, XIX Edición. Elsevier
Francisco J Blanco y Jesus Tornero (2020). Tratado de Enfermedades Reumaticas de la SER. Madrid: Editorial Medica Panamericana

BIBLIOGRAFÍA DE CARDIOVASCULAR E MISCELÁNEA: 

Harrison Manual de Medicina, 2020. 20 edición.  Editores: J. Larry Jameson, Anthony S. Fauci, Dennis L. Kasper, Stephen L. Hauser, Dan L. Longo, Joseph Loscalzo

 Sección 6. Hematologia y Ondologia; Sección 7. Enfermedades Infecciosas; Sección 8. Cardiologia; Sección 9: Neumologia


BIBLIOGRAFÍA DE NEUROLOxÍA: Vázquez-Sánchez F, García-López B. Manual de Neurología para Terapia Ocupacional. Madrid-España: Editorial Médica Panamericana SA; 2023.

BIBLIOGRAFÍA de PATOLOXÍA CIRÚRXICA 1. Abbad CM, Rial R, Ballesteros MD, García C. Guías de práctica clínica en enfermedad venosa crónica. Torrejón de Ardoz: iD-Médica; 2015. Disponible en: http://www.capitulodeflebologia.org/media/Guias-Practica-Clinica-Enfermedad-Venosa-Cronica_431.pdf 2. Guía de práctica clínica. Consenso sobre úlceras vasculares y pie diabético de la Asociación Española de Enfermería Vascular y Heridas (AEEVH). Disponible en: http://www.aeev.net/pdf/AEEV%2035%20.pdf 3. Guía Española de Consenso Multidisciplinar en Enfermedad Arterial Periférica de Extremidades inferiores. Suárez C, Lozano FS, coordinadores. Madrid: Luzán5; 2012. Disponible en: https://www.fesemi.org/sites/default/files/documentos/publicaciones/guia-consenso-enfermedad-arterial-periferica.pdf 4. Manual de Práctica Clínica en Senología 2015. Sociedad Española de Senología y Patología Mamaria. Disponible en: http://new.sespm.es/archivos/MANUAL-SESPM-2015.pdf 5. Aspectos destacados de la actualización de las Guías de la AA para RCP y ACE de 2015. American Heart Association, 2015. Disponible en: https://eccguidelines.heart.org/.../2015/.../2015-AHA-Guidelines-Highlights-Spanish.pdf 6. Manejo del paciente politraumatizado en el ámbito prehospitalario. Boletín de Información Farmacoterapéutica de navarra. Vol 16 (3); 2008. Disponible en: https://www.navarra.es/home_es/Temas/Portal+de+la+Salud/Profesionales/Documentacion+y+publicaciones/Publicaciones+tematicas/Medicamento/BIT/Vol+16/BIT+16+3.htm 6.PAS-Pautas actuación y seguimiento. Incontinencia urinaria. Coordinador general: Lozano J. Organización Médica Colegial. ISBN: 978-84-7867-243-1. Disponible en: https://www.ffomc.org/sites/default/files/PAS%20IU-MONOGRAFIA.pdf

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
"Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir co obxectivo estratéxico 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. 

b.- De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías