Identifying Data 2019/20
Subject (*) Occupational Therapy for personal autonomy in adults with physical disabilities Code 653G01303
Study programme
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 7.5
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Ciencias da Saúde
Coordinador
Rosende Celeiro, Iván de
E-mail
ivan.de.rosende.celeiro@udc.es
Lecturers
Nieto Riveiro, Laura
Rosende Celeiro, Iván de
Veiga Seijo, Silvia
E-mail
laura.nieto@udc.es
ivan.de.rosende.celeiro@udc.es
silvia.veiga.seijo@udc.es
Web
General description Esta materia ten como obxectivo achegar ao alumnado ao proceso de intervención de Terapia Ocupacional nas persoas adultas con discapacidade física, proporcionando para iso os principios teóricos e filosóficos que sosteñen e fundamentan a práctica profesional da/o terapeuta ocupacional neste ámbito.
Descritor:
Fundamentos da promoción da autonomía persoal e valoración da dependencia nas actividades da vida diaria con e sen adaptacións e/ou produtos de apoio. Análise da ocupación en Terapia Ocupacional e a súa utilización terapéutica. Terapia Ocupacional para a integración da persoa adulta con discapacidade física. Aplicación da actividade ocupacional.
Contingency plan

Study programme competencies
Code Study programme competences
A6 Trabajar en la sociedad con individuos y grupos para fomentar la promoción de la salud, la prevención, la rehabilitación y el tratamiento.
A7 Escoger, modificar y aplicar teorías apropiadas, modelos y métodos de la práctica para encontrar la ocupación según las necesidades de salud de individuos/poblaciones.
A8 Uso profesional y ético del razonamiento efectivo en todas las partes del proceso de terapia ocupacional.
A9 Utilizar el potencial terapéutico de la ocupación a través del uso de la actividad y el análisis y síntesis ocupacional.
A10 Adaptar y aplicar el proceso de terapia ocupacional en estrecha colaboración de individuos/población.
A11 Trabajar para facilitar entornos accesibles y adaptados y promover la justicia ocupacional.
A13 Buscar activamente, evaluar críticamente y aplicar los rangos de información y de evidencia para asegurar que la práctica es actualizada y relevante al cliente.
A14 Valorar críticamente la práctica de la terapia ocupacional para asegurar que el foco está sobre la ocupación y el funcionamiento ocupacional.
A15 Trabajar según los principios de la práctica centrada en el cliente.
A16 Construir una relación terapéutica como base del proceso de la terapia ocupacional.
A17 Establecer sociedades de colaboración, consultar y aconsejar a clientes, trabajadores sociales, miembros de equipo y otros en la práctica de la ocupación y la participación.
A18 Colaborar con clientes para abogar al derecho de tener sus necesidades ocupacionales satisfechas.
A19 Apreciar y respetar las diferencias individuales, creencias culturales, costumbres y su influencia sobre la ocupación y la participación.
A20 Preparar, mantener y revisar la documentación de los procesos de terapia ocupacional.
A23 Practicar de manera ética, respetando a los clientes, teniendo en cuenta los códigos profesionales de conducta para terapeutas ocupacionales.
A24 Demostrar seguridad, autoconocimiento, autocrítica y conocimientos de sus propias limitaciones como terapeuta ocupacional.
A29 Desarrollar el conocimiento de ocupación y de la práctica de la terapia ocupacional.
B3 Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo.
B4 Trabajar de forma autónoma con iniciativa.
B9 Capacidad de aplicar los conocimientos a la práctica.
B24 Habilidades de gestión de la información (habilidad para buscar y analizar información proveniente de diversas fuentes).
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.
C7 Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Promover a autonomía persoal e valorar a dependencia do usuario nas áreas de desempeño ocupacional (Actividades da Vida Diaria, Actividades Instrumentais da Vida Diaria, Traballo Educación, Ocio e Tempo libre e participación social), baseándose nos seus diferentes contextos (físico, cultural, social, persoal, virtual, espiritual). En definitiva, coñecementos e capacidade para aplicar a teoría e a práctica de Terapia Ocupacional. A9
A10
B3
B9
C7
Manter e mellorar a calidade de vida dos usuarios. A15
A20
A24
B9
C7
Desenvolver coñecemento e capacidade para aplicar as ocupacións terapeuticamente e coñecemento e capacidade para aplicar as Actividades da Vida Diaria terapeuticamente en todas as áreas de desempeño ocupacional. A6
A9
A11
A13
A14
A23
B24
C4
Capacidade para identificar e anticipar situacións de risco no adulto con posibilidade de presentar disfunción ocupacional debido ás condicións contextuais. A20
A29
B3
B9
C7
Intervir no adulto con discapacidade física coas patoloxías incidentes nesa etapa vital que ocasionan unha mingua do seu desempeño ocupacional e, polo tanto, da autonomía persoal. A7
A8
A17
A18
A19
A29
B3
B9
B24
C7
Adquirir destrezas na implementación do programa terapéutico personalizado (segundo o usuario, en función da súa historia persoal, da patoloxía que presenta e do período evolutivo desta). E adquirir a capacidade de establecer unha relación terapéutica apropiada aos diferentes momentos do ciclo vital da persoa. A10
A16
B4
B9
C7

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1.- Marco conceptual: Contextualización e razoamento introdutorio desde Terapia Ocupacional ó ciclo vital
(Tema transversal do nivel intermedio do Título).
1.1 Análise das necesidades de saúde e benestar.
1.2 Análise das principais ocupacións no adulto.
1.3 Análise dos recursos sociocomunitarios.
1.4 Análise dos medios de comunicación e valores.

Tema 2.- Calidade de vida
(Tema transversal do nivel intermedio do Título)

2.1 Aproximación á calidade de vida desde Terapia Ocupacional.

Tema 3.- Autores de referencia en Terapia Ocupacional: Adulto I 3.1 Comprensión do desenvolvemento teórico.
3.2 Análise e reflexión dos contextos históricos e socioculturais.
Tema 4.-Rede de servizos: recursos existentes (ou por desenvolver) para o Adulto I
4.1 Características e enfoques dos diferentes dispositivos.
4.2 Lexislación que afecta ó servizo e á súa práctica.
4.3 Habilidades, funcións e rol do terapeuta ocupacional.
4.4 Relación co equipo interdisciplinar.
4.5 Perfil das persoas usuarias.
Tema 5.- Proceso de Terapia Ocupacional no Adulto I: Autonomía persoal e Participación Social
(Tema transversal do nivel intermedio do título)

5.1 Derivación.

5.2 Screening e valoración inicial.

5.3 Fundamentos teóricos relevantes para Terapia Ocupacional na Promoción da Autonomía persoal no Adulto e a súa aplicación:
- Marcos de referencia.
- Modelos de Práctica de Terapia Ocupacional: Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa, Modelo Persoa-Contorno-Ocupación, Marco de Traballo para a Práctica de Terapia Ocupacional: Dominio e Proceso (AOTA).
- Articulación co conxunto de técnicas pertinente.
- Práctica centrada na persoa.
- Práctica baseada na evidencia.
- Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde (OMS).

5.4 Avaliación ocupacional:
- Perfil ocupacional e análise do desempeño.
- Persoa/s, grupo/s, institución/s e poboación/s.
- Áreas de desempeño ocupacional.
- Avaliación das contornas significativas: fogar, centro laboral, centro de ocio e tempo libre e demais recursos comunitarios.
- Barreiras e facilitadores do desempeño ocupacional, dos dereitos ocupacionais e da saúde e benestar das persoas/grupos/comunidades.
- Ferramentas estandarizadas e non estandarizadas.

5.5 Planificación de metas e obxectivos coa persoa/s, grupo/s, institución/s e poboación/s; coordinación co equipo interdisciplinar. Metodoloxía SMART/SMORT.

5.6 Intervención dende Terapia Ocupacional.
- Consenso co usuario/a, familia, profesionais, tendo en consideración as contornas significativas, as características e as prioridades da persoa, así como as situacións de saúde de maior incidencia que poden causar disfunción ocupacional (dano cerebral, lesión medular, enfermidades dexenerativas, artroplastias, afeccións osteoarticulares, cardíacas, oncolóxicas e outras de carácter orgánico).
- Consideración das situacións de vulnerabilidade social que poden impactar negativamente no desempeño ocupacional e/ou producir situacións que comprometan os dereitos ocupacionais das persoas/grupos/comunidades.
- Traballo nas áreas de ocupación empregando a ocupación/actividade significativa, en colaboración co/a usuaria/o, familia e profesionais. Técnicas para a adaptación funcional das actividades da vida cotiá: economía articular, hixiene postural, simplificación do traballo e a conservación da enerxía.

5.7 Actuación nos factores ambientais que funcionan como facilitadores/barreiras da participación en ocupacións no adulto: Produtos de apoio, adaptacións funcionais do contorno, actitudes/crenzas, alianzas, etc.

5.8 Asesoría de terapia ocupacional cos adultos: persoa/s, grupo/s, comunidade/s e demais profesionais, familias, amigas/os e outros.

5.9 Planificación da alta, seguimento e/ou derivación.
Tema 6.- Deseño, xestión, planificación e avaliación da Calidade do servizo de Terapia Ocupacional: Adulto I 6.1 Dirección de recursos, estudos de custo, planificación, administración e coidado dos servizos e equipamentos nos eidos sanitarios e comunitarios (domiciliario, formativo, laboral, entre outros).
6.2 Actualización permanente do/a profesional.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Case study A7 A8 A9 A10 A13 A14 A15 A18 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B24 C4 20 25 45
Laboratory practice A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B24 C7 26 30 56
Mixed objective/subjective test A6 A7 A8 A13 A15 A20 A24 A29 B3 B24 2 32 34
Aprendizaxe servizo A6 A9 A10 A11 A16 A17 A19 B4 C4 8 8 16
Guest lecture / keynote speech A7 A9 A13 A14 A15 A19 A20 A24 A29 B3 B24 C4 C7 25 9.5 34.5
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Case study Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O/a estudante sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.
Laboratory practice Metodoloxía que permite que os e as estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.
Mixed objective/subjective test Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Permite comprobar a adquisición das competencias específicas reverenciadas nesta materia.

Aprendizaxe servizo Actividade que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de
contidos e a adquisición de competencias a partires da práctica reflexiva. A principal diferencia co voluntariado reside en que os proxectos de ApS dan resposta sempre a resultados de aprendizaxe asociados a unha materia do currículo académico co obxectivo de acadar determinadas competencias propias da titulación na que se enmarca esa materia. Permite adquirir as competencias específicas referenciadas nesta materia. A súa inclusión como metodoloxía dependerá do establecemento de convenio con entidades sociais.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos/ás estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un/unha docente en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.

Personalized attention
Methodologies
Laboratory practice
Case study
Description
A atención personalizada farase, globalmente, mediante titorías personalizadas directas e virtuais, individuais e/ou grupais.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech A7 A9 A13 A14 A15 A19 A20 A24 A29 B3 B24 C4 C7 A asistencia será obrigatoria e valorarase a capacidade do/a alumno/a para integrar de forma activa os conceptos e procedementos impartidos na clase ao mesmo tempo que demostra, de forma progresiva, a integración das competencias da materia. 5
Laboratory practice A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B24 C7 A asistencia será obrigatoria.
Valorarase: 1) actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas e co desenvolvemento xeral do laboratorio); participación (interacción empática, proactiva, analítica e constructiva); respecto (ós/ás participantes do grupo, docentes e normas de funcionamiento do laboratorio); e a responsabilidade (consigo mismo/a e/ou co grupo, tanto na preparación dos traballos realizados durante o laboratorio como no proceso de ensinanza-aprendizaxe). Asemade, valorarase: 2) a memoria do laboratorio: cumprir as instrucións, a presentación (coidado, ortografía e linguaxe) e reflexión (elaboración, integración e crítica de todos os contidos do laboratorio); e 3) os traballos individuais e/ou grupais solicitados vinculados ao desenvolvemento da metodoloxía.
30
Case study A7 A8 A9 A10 A13 A14 A15 A18 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B24 C4 Nesta metodoloxía valorarase tanto o proceso de traballo coma o resultado e a súa presentación (oral e/ou escrita). Por tanto, terase en conta a evolución do alumnado durante o traballo, a xestión da información e interrogantes xurdidos, o traballo en grupo (nos casos que corresponda), así coma a integración das competencias da materia e a reflexión sobre todo o proceso. En canto ao contido, valorarase que o caso sexa coherente co proceso de Terapia Ocupacional nun contexto concreto, articulando as especificidades da/s persoa/s, poboación, as súas ocupacións e contornas, é dicir, mantendo o foco no desempeño ocupacional. Para iso, terase en conta a aplicación coherente dos modelos de práctica de Terapia Ocupacional: Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa, Modelo Persoa-Contorno-Ocupación, entre outros. Finalmente, na presentación (oral e/ou escrita) valorarase a argumentación, reflexión e defensa do traballo realizado así coma a capacidade de expresión escrita (erros gramáticais e ortográficos valoraranse negativamente) e/ou oral (comunicación verbal e non verbal dacordo ó foro). 30
Mixed objective/subjective test A6 A7 A8 A13 A15 A20 A24 A29 B3 B24 Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos) e a integración e aplicación de conceptos/procedementos na práctica da profesión. 35
 
Assessment comments

Considerarase como
“Non presentado” (NP) aquel ou aquela
estudante que, estando matriculado nunha materia, non
concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o
curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación,
considerarase que deberá ser cualificado/a como “Non presentado”: a) cando non completase o proceso
de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando
non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP
non consome convocatoria no número total de convocatorias que o/a estudante
ten por materia.

Con carácter xeral, a
avaliación das materias será continua ao longo do curso, sen prexuízo do
indicado nas memorias de verificación da titulación. A cualificación final será
consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de
avaliación. Como norma xeral incluirase unha actividade de avaliación para
realizar nas datas establecidas no calendario académico oficial. Esta
actividade tamén poderá establecerse como proba global de avaliación dos resultados
de aprendizaxe ou, no seu caso, formar parte do proceso de avaliación continua.
As guías docentes deberán establecer a ponderación das distintas actividades de
avaliación e, no seu caso, da proba global, no marco que o centro puider
establecer. 

Valorarase a
puntualidade e a asistencia obrigatoria a todas as horas presenciais das metodoloxías que computan para a avaliación da materia. Só se consideran ausencias xustificadas as relacionadas coa atención sanitaria ou causa de forza maior. En todo caso, debe xustificarse a ausencia documentalmente.

Para aprobar a
materia, o/a estudante debe participar activamente nas metodoloxías propostas,
entregar todos os traballos e ter superadas cada una das metodoloxías que conforman o proceso de avaliación da materia. Ademais, será necesario ter unha calificación mínima de
1.75 (sobre 3.5) puntos na proba mixta, e só se terán en conta para a
calificación final as notas das outras metodoloxías, se o/a alumna/a acada dita
puntuación na proba mixta. En caso contrario, a nota da convocatoria
corresponderá á nota obtida na proba mixta. As notas obtidas no resto de
metodoloxías serán tidas en conta para a súa calificación na segunda
oportunidade (xullo), no caso de telas aprobadas e superada a proba
mixta. 

Segundo a norma que
regula o réxime de dedicación ao estudo dos/as
estudantes de grao na Universidade da Coruña
(aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un estudante teña
recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar
dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa
académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) de dita norma, en tanto
non afecte negativamente ao proceso de avaliación do/a estudante. A ese efecto, as Comisións
Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada
dispensa. Por tanto, a concesión á
solicitude de dita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da
comisión académica do grao de Terapia Ocupacional, tendo en conta as
metodoloxías e criterios de avaliación das materias.


Sources of information
Basic

Chapinal A. Rehabilitación de las manos con artritis y artrosis en la terapia ocupacional. Barcelona: Masson; 2008.

Chisholm D, Dolhi C, Schreiber J. Occupational therapy intervention resource manual: a guide for occupation-based practice. New York: Delmar Learning; 2004.

Christiansen C, Baum C. Occupational therapy: performance, participation, and well-being. Thorofare, NJ: Slack; 2005.

Curtin M, Molineux M, Supyk-Mellson J. Occupational therapy and physical dysfunction: enabling occupation. Elsevier; 2010.

Grieve J. Neuropsicología para terapeutas ocupacionales: cognición en el desempeño ocupacional. Madrid: Panamericana; 2009.

Itzkovich M. Loewenstein Occupational Therapy Cognitive Assessment (LOTCA), manual. Pequannock, NJ: Maddak Inc; 2000.

McHugh H, Schultz-Krohn. Pedretti's occupational therapy. Practice skills for physical dysfunction. St. Louis, Missouri: Elsevier; 2018.

Mooney M, Ireson C. Occupational therapy in orthopaedics and trauma. Chichester: Wiley-Blackwell; 2009.

Moruno P, Ronero DM. Actividades de la vida diaria. Barcelona: Masson; 2006.

Polonio B. Terapia ocupacional en disfunciones físicas, teoría y práctica. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2016.

Polonio B, Romero D. Terapia ocupacional aplicada al daño cerebral adquirido. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2010.

Polonio B.Terapia ocupacional en discapacitados físicos: teoría y práctica. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2004.

Rodrigues de Prado MM, de Miranda, MC. Terapia ocupacional reabilitação física e contextos hospitalares. São Paulo: Roca; 2004.

Rodríguez M, Navas R, Garrido JA. Terapia ocupacional en las actividades de la vida diaria. Madrid: Editorial Síntesis; 2018.

Sebastián M, Valle I, Vigara A. Guía de orientación en la práctica profesional de la valoración reglamentaria de la situación de dependencia: productos de apoyo para la autonomía personal. Madrid: CEAPAT; 2012.

Vining M, Trombly CA. Occupational therapy for physical dysfunction. Baltimore: Lippincott Willians - Wilkins; 2014.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Para axudar a conseguir un contorno inmediato sostible e cumplir cos obxetivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen na materia:

a. - Os traballos, na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos, os cales serán notificados aos/ás estudantes coa suficiente antelación.

3.- Durante o período da materia no primeiro cuadrimestre, e sen que supoña unha alteración na asistencia do alumnado a outras actividades académicas, poderán programarse seminarios ou obradoiros para afondar en certos contidos e técnicas específicas que complementan o desenvolvemento da materia.

4.- Aplicarase a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.