Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no Adulto con Discapacidade Física Código 653G01303
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 7.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Rosende Celeiro, Iván de
Correo electrónico
ivan.de.rosende.celeiro@udc.es
Profesorado
Ávila Álvarez, Adriana Ivette
Nieto Riveiro, Laura
Rosende Celeiro, Iván de
Veiga Seijo, Silvia
Correo electrónico
adriana.avila.alvarez@udc.es
laura.nieto@udc.es
ivan.de.rosende.celeiro@udc.es
silvia.veiga.seijo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo achegar ao alumnado ao proceso de intervención de terapia ocupacional con persoas adultas con discapacidade física, neurolóxica ou sensorial, proporcionando para iso os principios teóricos e filosóficos que sosteñen e fundamentan a práctica profesional da/o terapeuta ocupacional neste ámbito.
Descritor: Fundamentos da promoción da autonomía persoal e valoración da dependencia nas actividades da vida diaria con e sen adaptacións e/ou produtos de apoio. Análise da ocupación en terapia ocupacional e a súa utilización terapéutica. Terapia ocupacional para a integración da persoa adulta con discapacidade física, neurolóxica ou sensorial. Aplicación da actividade ocupacional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral (non computaría na avaliación ante un escenario de non presencialidade), a través da plataforma Teams.
- Estudo de casos.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Ante un escenario de non presencialidade:
a) suprimiríanse as metodoloxías Prácticas de laboratorio, Proba mixta e Aprendizaxe servizo.
b) engadiríase a metodoloxía Traballo tutelado.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
– Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos Traballos tutelados e do Estudo de casos.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispón de foros temáticos asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias.
– Teams: 2 sesións semanais, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade para a metodoloxía de sesión maxistral; e de 1 a 2 sesións semanais en pequeno grupo ou de forma individualizada, previa petición do alumnado ou profesorado, para o seguimento e apoio na realización dos Traballos tutelados e/ou do Estudo de casos, na franxa horaria matinal que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade.
4. Modificacións na avaliación:
- Estudo de casos (peso na cualificación: 45%): valorarase, ademais das destrezas e coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a argumentación ofrecida nas súas intervencións, e a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, así como a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos adquiridos previamente.
- Traballo tutelado (peso na cualificación 55%): valorarase a aplicación de conceptos teóricos e prácticos adquiridos previamente, e as destrezas e os coñecementos adquiridos.
*Observacións de avaliación:
Requisitos para superar a materia:
- Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das metodoloxías obxecto de avaliación.
- Entregar os Traballos tutelados e o Estudo de casos nas datas que se indiquen.
- A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios de avaliación que a do primeiro cuadrimestre.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. O alumnado disporá de todos os materiais de traballo necesarios para o desenvolvemento da materia de maneira dixitalizada en Moodle. Facilitarase a documentación elaborada polo equipo docente da materia, indicando fontes bibliográficas nas que o alumnado poida completar coñecementos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Trabajar en la sociedad con individuos y grupos para fomentar la promoción de la salud, la prevención, la rehabilitación y el tratamiento.
A7 Escoger, modificar y aplicar teorías apropiadas, modelos y métodos de la práctica para encontrar la ocupación según las necesidades de salud de individuos/poblaciones.
A8 Uso profesional y ético del razonamiento efectivo en todas las partes del proceso de terapia ocupacional.
A9 Utilizar el potencial terapéutico de la ocupación a través del uso de la actividad y el análisis y síntesis ocupacional.
A10 Adaptar y aplicar el proceso de terapia ocupacional en estrecha colaboración de individuos/población.
A11 Trabajar para facilitar entornos accesibles y adaptados y promover la justicia ocupacional.
A13 Buscar activamente, evaluar críticamente y aplicar los rangos de información y de evidencia para asegurar que la práctica es actualizada y relevante al cliente.
A14 Valorar críticamente la práctica de la terapia ocupacional para asegurar que el foco está sobre la ocupación y el funcionamiento ocupacional.
A15 Trabajar según los principios de la práctica centrada en el cliente.
A16 Construir una relación terapéutica como base del proceso de la terapia ocupacional.
A17 Establecer sociedades de colaboración, consultar y aconsejar a clientes, trabajadores sociales, miembros de equipo y otros en la práctica de la ocupación y la participación.
A18 Colaborar con clientes para abogar al derecho de tener sus necesidades ocupacionales satisfechas.
A19 Apreciar y respetar las diferencias individuales, creencias culturales, costumbres y su influencia sobre la ocupación y la participación.
A20 Preparar, mantener y revisar la documentación de los procesos de terapia ocupacional.
A23 Practicar de manera ética, respetando a los clientes, teniendo en cuenta los códigos profesionales de conducta para terapeutas ocupacionales.
A24 Demostrar seguridad, autoconocimiento, autocrítica y conocimientos de sus propias limitaciones como terapeuta ocupacional.
A29 Desarrollar el conocimiento de ocupación y de la práctica de la terapia ocupacional.
B3 Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo.
B4 Trabajar de forma autónoma con iniciativa.
B9 Capacidad de aplicar los conocimientos a la práctica.
B24 Habilidades de gestión de la información (habilidad para buscar y analizar información proveniente de diversas fuentes).
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.
C7 Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Promover a autonomía persoal e valorar a dependencia da/o usuaria/o nas áreas de desempeño ocupacional (actividades da vida diaria, actividades instrumentais da vida diaria, traballo, educación, ocio e tempo libre, e participación social), baseándose nos seus diferentes entornos e contextos (físico, social, cultural, persoal, virtual, temporal). En definitiva, desenvolver coñecementos e capacidade para aplicar a teoría e a práctica da terapia ocupacional. A9
A10
B3
B9
C7
Manter e mellorar a calidade de vida das persoas usuarias dos servizos de terapia ocupacional. A15
A20
A24
B9
C7
Desenvolver coñecemento e capacidade para aplicar as ocupacións terapeuticamente e coñecemento e capacidade para aplicar as actividades da vida diaria terapeuticamente en todas as áreas de desempeño ocupacional. A6
A9
A11
A13
A14
A23
B24
C4
Desenvolver capacidade para identificar e anticipar situacións de risco nas persoas adultas con posibilidade de presentar disfunción ocupacional debido ás condicións contextuais. A20
A29
B3
B9
C7
Intervir con persoas adultas con discapacidade física que presenten condicións de saúde incidentes nesta etapa vital que poidan comprometer o seu desempeño ocupacional e, polo tanto, a súa autonomía persoal. A7
A8
A17
A18
A19
A29
B3
B9
B24
C7
Adquirir destrezas na implementación do programa terapéutico personalizado (segundo a persoa usuaria, en función da súa historia persoal, da condición de saúde que presente e do período evolutivo desta). E adquirir a capacidade de establecer unha relación terapéutica apropiada aos diferentes momentos do ciclo vital da persoa. A10
A16
B4
B9
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- Marco conceptual: Contextualización e razoamento introdutorio desde terapia ocupacional ao ciclo vital
(Tema transversal do nivel intermedio do Título)
1.1 Análise das necesidades de saúde e benestar.
1.2 Análise das principais ocupacións na persoa adulta.
1.3 Análise dos recursos sociocomunitarios.
1.4 Análise dos medios de comunicación e valores.

Tema 2.- Calidade de vida
(Tema transversal do nivel intermedio do Título)

2.1 Aproximación á calidade de vida desde terapia ocupacional.

Tema 3.- Autoras/es de referencia en terapia ocupacional: Adulta/o I 3.1 Comprensión do desenvolvemento teórico.
3.2 Análise e reflexión dos contextos históricos e socioculturais.
Tema 4.-Rede de servizos: Recursos existentes (ou por desenvolver) para a/o Adulta/o I
4.1 Características e enfoques dos diferentes dispositivos.
4.2 Lexislación que afecta ao servizo e á súa práctica.
4.3 Habilidades, funcións e rol da/o terapeuta ocupacional.
4.4 Relación co equipo interdisciplinar.
4.5 Perfil das persoas usuarias.
Tema 5.- Proceso de terapia ocupacional na/o Adulta/o I: Autonomía persoal e participación social
(Tema transversal do nivel intermedio do Título)

5.1 Derivación.
5.2 Screening e valoración inicial.
5.3 Fundamentos teóricos relevantes para Terapia ocupacional na promoción da autonomía persoal na/o adulta/o e a súa aplicación:
- Marcos de referencia.
- Modelos de práctica de terapia ocupacional: Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa, e Marco de Traballo para a Práctica de Terapia Ocupacional: Dominio e Proceso (AOTA).
- Articulación co conxunto de técnicas pertinente.
- Práctica centrada na persoa.
- Práctica baseada na evidencia.
- Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde (OMS).
5.4 Avaliación ocupacional:
- Perfil ocupacional e análise do desempeño.
- Persoa(s), grupo(s), institución(s) e poboación(s).
- Áreas de desempeño ocupacional.
- Avaliación das contornas significativas: fogar, centro laboral, centro de ocio e tempo libre e demais recursos comunitarios.
- Barreiras e facilitadores do desempeño ocupacional, dos dereitos ocupacionais e da saúde e benestar.
- Ferramentas estandarizadas e non estandarizadas.
5.5 Planificación de metas e obxectivos coa(s) persoa(s), grupo(s), institución(s) e poboación(s); coordinación co equipo interdisciplinar. Metodoloxía SMART/SMORT.
5.6 Intervención desde terapia ocupacional.
- Consenso coa persoa, familiares e profesionais, tendo en consideración as contornas significativas, as características e as prioridades da persoa, así como as situacións de saúde de maior incidencia que poden causar disfunción ocupacional (dano cerebral, lesión medular, enfermidades dexenerativas, artroplastias, afeccións osteoarticulares, traumatolóxicas, cardíacas, oncolóxicas e outras de carácter orgánico).
- Consideración das situacións de vulnerabilidade que poden impactar negativamente no desempeño ocupacional e/ou producir situacións que comprometan os dereitos ocupacionais.
- Traballo nas áreas de ocupación empregando a ocupación/actividade significativa, en colaboración coa persoa usuaria, a súa familia e outras/os profesionais. Técnicas para a adaptación funcional das actividades da vida cotiá: economía articular, hixiene postural, simplificación do traballo e conservación da enerxía.
5.7 Actuación nos factores ambientais que funcionan como facilitadores/barreiras da participación en ocupacións na persoa adulta: produtos de apoio, adaptacións funcionais do contorno, ferramentas tecnolóxicas, etc.
5.8 Asesoría de terapia ocupacional na etapa adulta do ciclo vital.
5.9 Planificación da alta, seguimento e/ou derivación.
Tema 6.- Deseño, xestión, planificación e avaliación da calidade do servizo de terapia ocupacional: Adulta/o I 6.1 Dirección de recursos, estudos de custo, planificación, administración e coidado dos servizos e equipamentos nos eidos sanitarios e comunitarios (domiciliario, formativo, laboral, entre outros).
6.2 Actualización permanente da/o profesional.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe servizo A6 A9 A10 A11 A16 A17 A19 B4 C4 5 3 8
Estudo de casos A7 A8 A9 A10 A13 A14 A15 A18 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B24 C4 20 25 45
Eventos científicos e/ou divulgativos A29 A23 A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A11 A10 A9 A8 A7 A6 B24 B3 C4 8 0 8
Prácticas de laboratorio A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B24 C7 26 30 56
Proba mixta A6 A7 A8 A13 A15 A20 A24 A29 B3 B24 2 32 34
Sesión maxistral A7 A9 A13 A14 A15 A19 A20 A24 A29 B3 B24 C4 C7 25 9.5 34.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe servizo Actividade que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contidos e a adquisición de competencias a partires da práctica reflexiva. A principal diferencia co voluntariado reside en que os proxectos de ApS dan resposta sempre a resultados de aprendizaxe asociados a unha materia do currículo académico co obxectivo de acadar determinadas competencias propias da titulación na que se enmarca esa materia. A súa inclusión como metodoloxía dependerá do establecemento de convenio con entidades sociais.
Estudo de casos Metodoloxía onde a persoa enfróntase ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. A/o estudante sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo. O seu desenvolvemento estará condicionado ás posibilidades de organización de eventos de interese para as competencias e contidos da materia.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que o alumnado aprenda efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un(ha) docente en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Realizarase preferentemente a través da plataforma Teams.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada farase, globalmente, mediante titorías personalizadas directas e virtuais, individuais e/ou grupais.
O docente responsable da materia estará dispoñible no despacho do centro segundo o horario de titoría, establecido ao inicio da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A7 A9 A13 A14 A15 A19 A20 A24 A29 B3 B24 C4 C7 Valorarase a capacidade do alumnado para integrar de forma activa os conceptos e procedementos impartidos na clase ao mesmo tempo que demostra, de forma progresiva, a integración das competencias da materia. A súa avaliación realizarase a través da elaboración dun Mapa conceptual. 5
Prácticas de laboratorio A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B24 C7 A asistencia será obrigatoria.
Valorarase: 1) actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas e co desenvolvemento xeral do laboratorio); participación (interacción empática, proactiva, analítica e construtiva); respecto (ás persoas participantes no grupo, docentes e normas de funcionamento do laboratorio); e a responsabilidade (consigo mesma/o e/ou co grupo, tanto na preparación dos traballos realizados durante o laboratorio como no proceso de ensino-aprendizaxe); 2) asemade, valoraranse os traballos individuais e/ou grupais solicitados vinculados ao desenvolvemento da metodoloxía.
30
Estudo de casos A7 A8 A9 A10 A13 A14 A15 A18 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B24 C4 Nesta metodoloxía, valorarase tanto o proceso de traballo como o resultado e a súa presentación (oral e/ou escrita). Por tanto, terase en conta a evolución do alumnado durante o traballo, a xestión da información e interrogantes xurdidos, o traballo en grupo (nos casos que corresponda), así como a integración das competencias da materia e a reflexión sobre todo o proceso de aprendizaxe. En canto ao contido, valorarase que o caso sexa coherente co proceso de terapia ocupacional nun contexto concreto, articulando as especificidades da(s) persoa(s), poboación(s), as súas ocupacións e contornas, é dicir, mantendo o foco no desempeño ocupacional. Para iso, terase en conta a aplicación coherente dos modelos de práctica de terapia ocupacional: Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa, Modelo Persoa-Contorno-Ocupación, entre outros. Finalmente, na presentación (oral e/ou escrita) valorarase a argumentación, reflexión e defensa do traballo realizado así coma a capacidade de expresión escrita (os erros gramaticais e ortográficos valoraranse negativamente) e/ou oral (comunicación verbal e non verbal de acordo ao foro). 30
Proba mixta A6 A7 A8 A13 A15 A20 A24 A29 B3 B24 Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos) e a integración e aplicación de conceptos/procedementos na práctica da profesión. 35
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable).

Para aprobar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas, entregar todos os traballos solicitados e ter superadas cada unha das metodoloxías que conforman o proceso de avaliación da materia. Ademais, será necesario ter unha cualificación mínima de 1.75 (sobre 3.5) puntos na Proba mixta, e só serán tidas en conta para a cualificación final as notas das outras metodoloxías, se a/o alumna/o acada a devandita puntuación na Proba mixta. En caso contrario, a nota da convocatoria corresponderase coa nota obtida na Proba mixta. As notas obtidas no resto de metodoloxías serán tidas en conta para a súa cualificación na segunda oportunidade (xullo), no caso de telas aprobadas e superada a Proba mixta. 

Valorarase a puntualidade e a asistencia obrigatoria a todas as horas presenciais das metodoloxías que computan para a avaliación da materia. Só se considerarán ausencias xustificadas as relacionadas coa atención sanitaria ou causa de forza maior. En todo caso, debe xustificarse a ausencia documentalmente.

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (febreiro) pola ausencia non xustificada nas Prácticas de laboratorio, non se poderá superar a materia na segunda oportunidade (xullo), e a/o estudante terase que presentar na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificadas por última vez no Consello de Goberno do 29 de xuño de 2017).

Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) da devandita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación da/o estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude da devandita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da Comisión académica do Grao en Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.


Fontes de información
Bibliografía básica

Ainsworth E, De Jonge D. An occupational therapist's guide to home modification practice. Thorofare, NJ: Slack; 2019.

Ávila A, Durán M, Peralbo M, Torres G, Saavedra MA, Viana I. Effectiveness of an occupational therapy home programme in Spain for people affected by stroke. Occup Ther Int, 2015, 22, 1-9.

Chapinal A. Rehabilitación de las manos con artritis y artrosis en la terapia ocupacional. Barcelona: Masson; 2008.

Chisholm D, Dolhi C, Schreiber J. Occupational therapy intervention resource manual: a guide for occupation-based practice. New York: Delmar Learning; 2004.

Christiansen C, Baum C. Occupational therapy: performance, participation, and well-being. Thorofare, NJ: Slack; 2005.

Curtin M, Egan M (Eds.). Occupational therapy for people experiencing illness, injury or impairment: promoting occupation and participation. Edinburgh: Elsevier; 2017.

Curtin M, Molineux M, Supyk-Mellson J. Occupational therapy and physical dysfunction: enabling occupation. 6ª ed. Elsevier; 2010.

De-Rosende-Celeiro I, Simón L, Santos S. Activities of daily living in people with lower limb amputation: outcomes of an intervention to reduce dependence in pre-prosthetic phase. Disabil Rehabil, 2017, 39(18), 1799-1806.

Grieve J. Neuropsicología para terapeutas ocupacionales: cognición en el desempeño ocupacional. Madrid: Médica Panamericana; 2009.

Itzkovich M. Loewenstein Occupational Therapy Cognitive Assessment (LOTCA), manual. Pequannock, NJ: MaddakInc; 2000.

Law M, Baum C, Dunn W. Measuring occupational performance: supporting best practice in occupational therapy. 2ª ed. Thorofare, NJ: Slack; 2005.

Law M, McColl MA. Interventions, effects, and outcomes in occupational therapy: adults and older adults. Thorofare, NJ: Slack; 2010.

McHugh H, Schultz-Krohn W. Pedretti's occupational therapy: practice skills for physical dysfunction. 8ª ed. St. Louis, Missouri: Elsevier; 2018.

Mooney M, Ireson C. Occupational therapy in orthopaedics and trauma. Chichester: Wiley-Blackwell; 2009.

Moruno P, Romero DM. Actividades de la vida diaria. Barcelona: Masson; 2006.

Neistadt ME. Occupational therapy evaluation for adults: a pocket guide. Baltimore: Lippincott Williams and Wilkins; 2000.

Nieto-Riveiro L, Groba B, Pousada T, Pereira J. Aplicación de las tecnologías de la información y las comunicaciones en la vida diaria de las personas con discapacidad. A Coruña: Universidade da Coruña; 2012.

Paul S, Orchanian DP. Pocketguide to assessment in occupational therapy. Clifton Parks, NY: Thomson, Delmar Learning; 2003.

Polonio B. Terapia ocupacional en disfunciones físicas, teoría y práctica. Madrid: Médica Panamericana; 2016.

Polonio B, Romero D. Terapia ocupacional aplicada al daño cerebral adquirido. Madrid: Médica Panamericana; 2010.

Polonio B. Terapia ocupacional en discapacitados físicos: teoría y práctica. Madrid: Médica Panamericana; 2004.

Pousada T, Pereira J, Groba B, Nieto-Riveiro L. Assistive technology based on client-centered for occupational performance in neuromuscular conditions. Medicine, 2019, 98(25), 1-10.

Rodrigues de Prado MM, de Miranda, MC. Terapia ocupacional, reabilitação física e contextos hospitalares. São Paulo: Roca; 2004.

Rodríguez M, Navas R, Garrido JA. Terapia ocupacional en las actividades de la vida diaria. Madrid: Síntesis; 2018.

Sánchez-Cabeza A. Terapia ocupacional en disfunciones físicas. Madrid: Síntesis; 2015.

Sanz S. Vivir tras el golpe: trayectorias sociales de personas que sobreviven a un traumatismo craneoencefálico. Barcelona: Universitat Autònoma de Barcelona; 2015.

Sebastián M, Valle I, Vigara A. Guía de orientación en la práctica profesional de la valoración reglamentaria de la situación de dependencia: productos de apoyo para la autonomía personal. Madrid: CEAPAT; 2012.

Vila A, De-Rosende-Celeiro I. Contribución de la terapia ocupacional en la rehabilitación cardíaca: intervención, desafíos y reflexiones. Cadernos Brasileiros de Terapia Ocupacional, 2016, 24(4), 791-800.

Vining M, Trombly CA. Occupational therapy for physical dysfunction. Baltimore: Lippincott Williams and Wilkins; 2014.

Vroman K, Stewart E. Occupational therapy evaluation for adults: a pocket guide. 2ª ed. Baltimore: Lippincott Williams and Wilkins; 2014.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Procesos de Terapia Ocupacional/653G01204
Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional/653G01206
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal na Infancia e na Adolescencia/653G01207
Terapia Ocupacional, Técnicas Ortoprotésicas e Desempeño Ocupacional/653G01208
Estancias Prácticas II/653G01210
Estancias Prácticas III/653G01211

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Rehabilitación no Adulto con Discapacidade Física/653G01302
Estancias Prácticas IV/653G01304

Materias que continúan o temario
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no adulto con Disfunción na Saúde Mental/653G01306
Estancias Prácticas V/653G01307

Observacións

1.- Para axudar a conseguir un contorno inmediato sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen na materia:

a. - Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

  • Non se empregarán plásticos.
  • Realizaranse impresións a dobre cara.
  • Utilizarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

2.- O profesor responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, os cales serán notificados ao alumnado coa suficiente antelación.

3.- Durante o período da materia no primeiro cuadrimestre, e sen que supoña unha alteración na asistencia do alumnado a outras actividades académicas, poderanse programar seminarios ou obradoiros para afondar en certos contidos e técnicas específicas que complementen o desenvolvemento da materia.

4.- Aplicarase a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías