Identifying Data 2020/21
Subject (*) Work Placement IV Code 653G01304
Study programme
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Coordinador
Rosende Celeiro, Iván de
E-mail
ivan.de.rosende.celeiro@udc.es
Lecturers
Cabarcos Dopico, Vicente
Cortés Cabeza, Inés
Fernández Barreiro, Jorge Juan
Hervás Del Valle, María Carmen
Nieto Riveiro, Laura
Romeu Cés, Tania
Rosende Celeiro, Iván de
Ruiz Virumbrales, Jorge
E-mail
v.cabarcosd@udc.es
ines.cortes@udc.es
j.fbarreiro@udc.es
carmen.hervas@udc.es
laura.nieto@udc.es
tania.romeu.ces@udc.es
ivan.de.rosende.celeiro@udc.es
jorge.ruiz@udc.es
Web
General description Esta materia pretende, mediante prácticas diarias dirixidas, desenvolver habilidades que permitan ao alumnado comprender e aplicar as destrezas e coñecementos vinculados coa práctica clínica e/ou comunitaria da terapia ocupacional no eido das persoas adultas con discapacidade de carácter físico, neurolóxico ou sensorial.
Descritor: Estadías prácticas para aplicar teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de terapia ocupacional, traballando axeitadamente en equipo e desenvolvendo as funcións e competencias propias desta profesión en distintos entornos, centros, hospitais, institucións e grupos sociais e poboacións.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos: Non se realizará ningunha modificación nos contidos da materia.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Estudo de casos.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Ante un escenario de non presencialidade, que non permita que o alumnado poida cursar, como mínimo, o 50% das horas de Prácticas clínicas:
- Suprimiríanse as metodoloxías Actividades iniciais, Portafolios do alumnado, Prácticas clínicas, e Recensión bibliográfica.
- Introduciríanse as metodoloxías Sesión maxistral (por Teams) e Proba mixta.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: diariamente. Empregarase esta vía para ofrecer atención individualizada ao alumnado da materia, resolver posibles dúbidas ou consultas, programar titorías virtuais ou realizar o seguimento dos traballos solicitados.
- Moodle: diariamente. Cada semana, comunicarase a través do Foro de novas información actualizada sobre a materia, e poñerase a disposición do alumnado documentación e materiais relativos aos contidos e temáticas centrais da materia. Ademais, diariamente atenderanse as dúbidas ou consultas que faga chegar o alumnado a través dos foros ou da opción de mensaxe privada desta plataforma.
- Teams: semanalmente. Levaranse a cabo entre 1 e 2 sesións semanais en vivo con todo o alumnado matriculado, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade. Ademais, segundo as necesidades de cada estudante, tamén se utilizará este mecanismo para realizar titorías virtuais individualizadas ou en grupo reducido, previa solicitude do alumnado interesado, ou a petición do profesorado se o estima preciso, co fin de ofrecer seguimento e orientación no desenvolvemento dos traballos da materia. Estas titorías virtuais tamén se levarían a cabo na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade (de luns a venres, pola mañá), aínda que se poderían programar noutra franxa horaria se fose preciso, segundo as necesidades específicas de cada estudante.
4. Modificacións na avaliación:
- Estudo de casos: 90%. Valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), as destrezas e coñecementos adquiridos, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva.
- Proba mixta: 10%. Valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), as destrezas e coñecementos adquiridos, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, e a argumentación ofrecida nas súas intervencións.
*Observacións de avaliación:
Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas e entregar todos os traballos solicitados. Ademais, deberá acadar unha cualificación global mínima de 5 puntos e ter superadas as dúas metodoloxías mencionadas neste apartado, alcanzando como mínimo o 50% da cualificación correspondente a cada metodoloxía. No caso de non acadar a cualificación mínima requirida nalgunha destas dúas metodoloxías, a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na metodoloxía suspensa.
No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (febreiro), a/o estudante deberá repetir na segunda oportunidade (xullo) a entrega de traballos e participar de novo nas metodoloxías propostas. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios de avaliación aplicados no primeiro cuadrimestre.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. O alumnado da materia terá á súa disposición en Moodle toda a documentación e materiais bibliográficos ou audiovisuais necesarios para o desenvolvemento dos traballos solicitados e a preparación da proba mixta. Así, facilitarase documentación elaborada polo propio equipo docente da materia, así como fontes bibliográficas e materiais adicionais cos que o estudantado poida completar os seus coñecementos.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A5 Constatar e influir en el debate racional y su razonado en relación a la ocupación humana y la terapia ocupacional.
A6 Trabajar en la sociedad con individuos y grupos para fomentar la promoción de la salud, la prevención, la rehabilitación y el tratamiento.
A9 Utilizar el potencial terapéutico de la ocupación a través del uso de la actividad y el análisis y síntesis ocupacional.
A10 Adaptar y aplicar el proceso de terapia ocupacional en estrecha colaboración de individuos/población.
A12 Colaborar con comunidades para promover la salud y el bienestar de sus miembros mediante la participación en la ocupación.
A13 Buscar activamente, evaluar críticamente y aplicar los rangos de información y de evidencia para asegurar que la práctica es actualizada y relevante al cliente.
A14 Valorar críticamente la práctica de la terapia ocupacional para asegurar que el foco está sobre la ocupación y el funcionamiento ocupacional.
A15 Trabajar según los principios de la práctica centrada en el cliente.
A16 Construir una relación terapéutica como base del proceso de la terapia ocupacional.
A17 Establecer sociedades de colaboración, consultar y aconsejar a clientes, trabajadores sociales, miembros de equipo y otros en la práctica de la ocupación y la participación.
A18 Colaborar con clientes para abogar al derecho de tener sus necesidades ocupacionales satisfechas.
A19 Apreciar y respetar las diferencias individuales, creencias culturales, costumbres y su influencia sobre la ocupación y la participación.
A20 Preparar, mantener y revisar la documentación de los procesos de terapia ocupacional.
A21 Cumplir con la política y procedimientos locales/regionales/ nacionales/europeos, normas profesionales y regulaciones del empleo.
A22 Demostrar continuamente el proceso de aprendizaje y cambios en la TO.
A24 Demostrar seguridad, autoconocimiento, autocrítica y conocimientos de sus propias limitaciones como terapeuta ocupacional.
A28 Interpretar, analizar, sintetizar y criticar los hallazgos de investigación.
A31 Determinar y priorizar los servicios de terapia ocupacional.
B1 Aprender a aprender.
B4 Trabajar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Trabajar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética y responsabilidad social como ciudadano y como profesional.
B7 Comunicarse de manera efectiva en un entorno de trabajo.
B9 Capacidad de aplicar los conocimientos a la práctica.
B18 Planificación y gestión del tiempo.
B22 Habilidades de investigación.
B24 Habilidades de gestión de la información (habilidad para buscar y analizar información proveniente de diversas fuentes).
B29 Trabajo en equipo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.
C6 Valorar críticamente el conocimiento, la tecnología y la información disponible para resolver los problemas con los que deben enfrentarse.
C7 Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Desenvolver as habilidades prácticas necesarias para poder desempeñar actividades profesionais como terapeuta ocupacional: segundo o estadio de aprendizaxe e de acordo ás competencias seleccionadas. En definitiva, ampliar os coñecementos e a capacidade para aplicar: a teoría e a práctica da terapia ocupacional, e as ocupacións terapeuticamente en todas as áreas de desempeño ocupacional. A5
A9
A15
A21
A22
A24
B6
C1
C4
C6
Observar, analizar e reflexionar sobre a relación terapéutica en terapia ocupacional. Á súa vez, desenvolver a capacidade para unha comunicación efectiva coas persoas usuarias dos servizos de terapia ocupacional, familiares, grupos sociais e outras/os profesionais; a capacidade para establecer unha relación de empatía coas persoas usuarias, familiares, grupos sociais e outras/os profesionais; e a capacidade para permitir que as persoas usuarias e as persoas encargadas do seu coidado expresen as súas preocupacións e intereses. A17
A18
B5
B7
C1
Observar, identificar, analizar e reflexionar sobre o perfil das persoas usuarias dos servizos de terapia ocupacional. A6
A12
A13
B1
C1
C4
Observar, identificar, preparar, analizar e reflexionar sobre técnicas e estratexias empregadas na práctica da terapia ocupacional. A9
B5
B18
B29
C6
Desenvolver razoamentos e habilidades de orde superior no xuízo profesional e na toma de decisións. A10
A14
B9
C4
C6
Desenvolver habilidades de exploración dos recursos de investigación en apoio á investigación e á practica baseada na evidencia. A13
A28
B22
B24
C1
C4
Dar a posibilidade ao alumnado de ser un(ha) profesional autónoma/o que valora a súa contribución ao equipo e ao servizo. A16
A19
A31
B4
C1
C4
C6
Inculcar unhas habilidades para a "aprendizaxe ao longo da vida" e un desenvolvemento profesional continuo; e un recoñecemento da importancia destes. A20
B6
C1
C4
C7

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1. O proceso de intervención da terapia ocupacional no eido das persoas adultas con discapacidade física, neurolóxica ou sensorial. Estadías prácticas altamente dirixidas por terapeutas ocupacionais docentes ou titoras/es dos centros conveniados. Nivel intermedio. Aplicación de teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de terapia ocupacional, traballando axeitadamente en equipo e desenvolvendo as funcións e destrezas propias desta profesión no eido das persoas adultas con discapacidade física, neurolóxica ou sensorial.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A5 C6 C7 4 0 4
Case study A9 A10 A13 A14 A15 A16 A19 A20 A22 A28 A31 B4 B9 B18 B22 B24 C1 C6 C7 22 10 32
Student portfolio A5 A13 A14 A20 A22 A24 A28 A31 B1 B4 B18 B22 B24 C1 C6 C7 4 10 14
Clinical practice placement A6 A9 A10 A12 A13 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A24 A28 A31 B1 B4 B5 B6 B7 B9 B18 B24 B29 C4 C6 C7 80 0 80
Critical bibliographical A5 A13 A14 A20 A22 A24 A28 A31 B4 B18 B22 B24 C1 C4 C6 C7 2 14 16
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Trátase de actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con esta metodoloxía, preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Case study Consiste nunha metodoloxía onde a persoa se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo, a través dun proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da práctica profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Student portfolio É un cartafol ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado nun período de tempo determinado, cos comentarios e cualificacións asignadas polas/os docentes ou titoras/es, o que permite visualizar o seu progreso. O portafolios inclúe todo o que fai cada estudante, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso realizados polas/os docentes ou titoras/es, etc.
Clinical practice placement O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que o alumnado observa e participa en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.
As prácticas clínicas serán realizadas en todos aqueles centros conveniados coa Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña, que teñan relación co eido das persoas adultas con discapacidade de carácter físico, neurolóxico ou sensorial.
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria. No caso de que a/o estudante non poida acudir puntualmente algún día, segundo o calendario de prácticas establecido, deberá comunicalo tanto ao centro conveniado como ao profesor responsable da materia, sempre que sexa posible de forma previa. Posteriormente, deberá achegar o xustificante correspondente.
Critical bibliographical A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, un artigo, unha tese ou unha comunicación a un congreso. Como tal proceso, comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación coa literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do seu contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica e científica é a crítica que merece a xuízo da persoa autora da recensión, en relación con outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación coa súa propia experiencia.

Personalized attention
Methodologies
Case study
Student portfolio
Clinical practice placement
Introductory activities
Critical bibliographical
Description
A atención personalizada farase mediante titorías individualizadas ou en grupo reducido (segundo as necesidades do alumnado), preferiblemente de maneira virtual, a través da aplicación Teams.
Estas titorías levaranse a cabo previa solicitude do estudantado interesado, ou a petición do profesorado da materia se o considera preciso, sendo programadas nun horario consensuado co equipo docente, que non interfira en ningún caso co propio desenvolvemento da materia ou coa asistencia e participación do alumnado nas restantes materias do título nas que estea matriculado.
Ademais, tamén se brindara atención personalizada mediante o correo electrónico e a través dos foros ou a opción de mensaxe privada da plataforma Moodle.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Case study A9 A10 A13 A14 A15 A16 A19 A20 A22 A28 A31 B4 B9 B18 B22 B24 C1 C6 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), as destrezas e coñecementos adquiridos, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. 20
Student portfolio A5 A13 A14 A20 A22 A24 A28 A31 B1 B4 B18 B22 B24 C1 C6 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), as destrezas e coñecementos adquiridos, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. 15
Clinical practice placement A6 A9 A10 A12 A13 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A24 A28 A31 B1 B4 B5 B6 B7 B9 B18 B24 B29 C4 C6 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a puntualidade, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación coas persoas usuarias, a relación co equipo de profesionais, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos previamente adquiridos, e a adquisición de novas destrezas e coñecementos.
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás prácticas clínicas deberán ser comunicadas ao centro conveniado e ao responsable da materia, sempre que sexa posible de forma previa. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente.
60
Critical bibliographical A5 A13 A14 A20 A22 A24 A28 A31 B4 B18 B22 B24 C1 C4 C6 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), as destrezas e coñecementos adquiridos, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. 5
 
Assessment comments

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable).

Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas, asistindo ao total de horas de Prácticas clínicas (salvo ausencia debidamente xustificada), e entregando todos os traballos solicitados (Estudo de casos, Portafolios e Recensión bibliográfica). Ademais, deberá acadar unha nota global mínima de 5 puntos, e ter superadas, como mínimo, as metodoloxías de Prácticas clínicas e Estudo de casos. Para iso, será necesario ter unha cualificación mínima de 3,5 puntos (sobre 6) na metodoloxía Prácticas clínicas e unha cualificación mínima de 1 punto (sobre 2) na metodoloxía Estudo de casos. En caso contrario, non se sumarán nin serán tidas en conta as notas das restantes metodoloxías (Portafolios e Recensión bibliográfica), e a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na(s) metodoloxía(s) suspensa(s).

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (febreiro), a/o estudante deberá repetir na segunda oportunidade (xullo) a entrega de traballos e participar de novo nas metodoloxías propostas.

Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello de Goberno do 22 de maio de 2012), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, terá dereito a elixir de maneira preferente quendas e grupos de prácticas, entre os distintos horarios e rotatorios que se oferten na materia.


Sources of information
Basic

A bibliografía de referencia desta materia dependerá das especificacións das/os docentes ou titoras/es, terapeutas ocupacionais, de cada centro de prácticas.

Como orientación xeral, recoméndase a consulta das fontes de información referenciadas na guía docente da materia “Terapia ocupacional para a autonomía persoal no adulto con discapacidade física”.

Para a elaboración do Portafolios do alumnado, recoméndase o emprego e aplicación do Ciclo Reflexivo de Gibbs: Gibbs, G. (1988). Learning by Doing: A Guide to Teaching and Learning Methods. Oxford: Oxford Further Education Unit. Dispoñible en: https://hhs.hud.ac.uk/lqsu/Sessionsforall/supp/Gibbs%201988%20reflective%20cycle.pdf

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Occupational Therapy Processes/653G01204
Ergonomics, Accessibility, Universal Design and Functional Adaptation/653G01206
Occupational Therapy for Personal Autonomy in Children and Adolescents/653G01207
Occupational Therapy, Orthopedic-Prosthetic Techniques and occupational performance/653G01208
Work Placement II/653G01210
Work Placement III/653G01211

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Rehabilatition of Adults with Physical Disabilities/653G01302
Occupational Therapy for personal autonomy in adults with physical disabilities/653G01303

Subjects that continue the syllabus
Occupational Therapy for Personal Autonomy in Adults with Mental Health Disorders/653G01306
Work Placement V/653G01307

Other comments

1.- Debido á situación actual derivada da pandemia por COVID-19, será preciso respectar o plan de seguridade ou continxencia establecido por cada centro de prácticas. Non obstante, o alumnado deberá cursar de forma presencial, como mínimo, o 50% das Prácticas clínicas. Ademais, para aprobar a materia, o estudantado terá que participar activamente en todas as actividades desenvolvidas e superar todas as metodoloxías docentes propostas, tal e como se especifica no apartado de Avaliación desta guía docente.

2.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

  • Non se empregarán plásticos.
  • Realizaranse impresións a dobre cara.
  • Empregarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

3.- O docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao alumnado matriculado coa suficiente antelación.

4.- Para a correcta planificación das Estancias Prácticas, realizaranse, segundo o calendario oficial da Facultade, varias reunións de coordinación académica:

  • Actividades iniciais: Establecemento de grupos de prácticas e distribución de quendas e rotatorios. Reunión do coordinador da materia co alumnado matriculado para a presentación dos recursos de prácticas e organización dos grupos de estudantes.
  • Coordinación das estancias prácticas: Encontro entre o coordinador da materia e as/os docentes e titores/as terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, de forma previa ao seu comezo e de forma posterior.

5.- Normas mínimas: O estudantado deberá cumprir unhas normas xerais básicas de uniformidade, identificación persoal, puntualidade e respecto ás persoas usuarias, profesionais e instalacións dos recursos de prácticas. Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estancias prácticas.

6.- O docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.