Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no adulto con Disfunción na Saúde Mental Código 653G01306
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 7.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Canosa Domínguez, Nereida María
Correo electrónico
nereida.canosa@udc.es
Profesorado
Canosa Domínguez, Nereida María
Groba Gonzalez, Betania
Seoane Bouzas, María de las Mercedes
Correo electrónico
nereida.canosa@udc.es
b.groba@udc.es
m.seoaneb@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo achegar ao alumno/a o proceso de intervención de Terapia Ocupacional, no adulto con disfunción na saúde mental, proporcionando para iso os principios teóricos e filosóficos que sosteñen e fundamentan a práctica profesional do terapeuta ocupacional neste ámbito.
Descriptor:
Fundamentos da promoción da autonomía persoal e valoración da dependencia nas actividades da vida diaria con e sen adaptacións e/ou axudas técnicas. Análise da ocupación en Terapia Ocupacional e a súa utilización terapéutica. Terapia Ocupacional para a integración (saúde mental). Aplicación da actividade ocupacional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios nos contidos.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: adaptaranse as distintas metodoxías a formato non presencial.

*Metodoloxías docentes que se modifican: manteranse as distintas metodoloxías e serán impartidas mediante a Plataforma Teams ou os distintos recursos da UDC.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico.
- Teams (no horario docente marcado e de titorías consensuado co alumnado).
- Moodle.

4. Modificacións na avaliación: axustarase a sesión maxistral e engadirase a metodoloxía de traballos tutelados.

*Observacións de avaliación: facilitarase a avaliación continua.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizan cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Trabajar en la sociedad con individuos y grupos para fomentar la promoción de la salud, la prevención, la rehabilitación y el tratamiento.
A7 Escoger, modificar y aplicar teorías apropiadas, modelos y métodos de la práctica para encontrar la ocupación según las necesidades de salud de individuos/poblaciones.
A8 Uso profesional y ético del razonamiento efectivo en todas las partes del proceso de terapia ocupacional.
A9 Utilizar el potencial terapéutico de la ocupación a través del uso de la actividad y el análisis y síntesis ocupacional.
A10 Adaptar y aplicar el proceso de terapia ocupacional en estrecha colaboración de individuos/población.
A11 Trabajar para facilitar entornos accesibles y adaptados y promover la justicia ocupacional.
A13 Buscar activamente, evaluar críticamente y aplicar los rangos de información y de evidencia para asegurar que la práctica es actualizada y relevante al cliente.
A14 Valorar críticamente la práctica de la terapia ocupacional para asegurar que el foco está sobre la ocupación y el funcionamiento ocupacional.
A15 Trabajar según los principios de la práctica centrada en el cliente.
A16 Construir una relación terapéutica como base del proceso de la terapia ocupacional.
A17 Establecer sociedades de colaboración, consultar y aconsejar a clientes, trabajadores sociales, miembros de equipo y otros en la práctica de la ocupación y la participación.
A18 Colaborar con clientes para abogar al derecho de tener sus necesidades ocupacionales satisfechas.
A19 Apreciar y respetar las diferencias individuales, creencias culturales, costumbres y su influencia sobre la ocupación y la participación.
A20 Preparar, mantener y revisar la documentación de los procesos de terapia ocupacional.
A23 Practicar de manera ética, respetando a los clientes, teniendo en cuenta los códigos profesionales de conducta para terapeutas ocupacionales.
A24 Demostrar seguridad, autoconocimiento, autocrítica y conocimientos de sus propias limitaciones como terapeuta ocupacional.
A29 Desarrollar el conocimiento de ocupación y de la práctica de la terapia ocupacional.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo.
B4 Trabajar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Trabajar de forma colaborativa.
B9 Capacidad de aplicar los conocimientos a la práctica.
B24 Habilidades de gestión de la información (habilidad para buscar y analizar información proveniente de diversas fuentes).
B36 Preocupación por la calidad.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.
C7 Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Promocionar a autonomía personal e a participación social do usuario nos diferentes contextos e entornos (físico, cultural, social, personal, virtual, espiritual). En definitiva, coñecementos e capacidades para aplicar á teoría e á práctica de Terapia Ocupacional. A9
A10
A18
A19
B3
B4
B9
B24
C7
Manter e mellorar a calidade de vida dos usuarios. A15
A19
A20
A23
A24
B4
B5
B9
B24
B36
C7
Desenvolver coñecemento e capacidade para aplicar as ocupacións terapeuticamente e coñecemento e capacidade para aplicar as Actividades da Vida Diaria terapeuticamente en todas as áreas de desempeño ocupacional. A6
A9
A11
A13
A14
A23
B2
C4
Capacidade para identificar e anticipar situacións de risco no adulto con posibilidade de presentar disfunción ocupacional debido ás condicións contextuais. A20
A29
B3
B9
C7
Intervir coa persoa adulta, nas patoloxías/trastornos de saúde mental incidentes nesa etapa vital que ocasionan unha mingua do seu desempeño ocupacional e, polo tanto, da autonomía persoal. A7
A8
A11
A17
A18
A19
A29
B3
B9
B24
C7
Adquirir destrezas na implementación do programa terapéutico personalizado (segundo o usuario, en función da súa historia persoal, da patoloxía que presenta e do período evolutivo desta). E adquirir a capacidade de establecer unha relación terapéutica apropiada aos diferentes momentos do ciclo vital da persoa. A10
A16
B4
B9
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- Marco conceptual: Contextualización e razoamento introdutorio desde Terapia Ocupacional ó ciclo vital
(Tema transversal do nivel intermedio do Título)
1.1 Análise das necesidades de saúde e benestar
1.2 Análise das principais ocupacións na persoa adulta
1.3 Análise dos recursos sociocomunitarios
1.4 Análise dos medios de comunicación e valores
Tema 2.- Calidade de vida
(Tema transversal do nivel intermedio do Título).
2.1 Aproximación á calidade de vida desde Terapia Ocupacional
2.2 Historia de vida

Tema 3.- Autores de referencia en Terapia Ocupacional: Adulto II

3.1 Comprensión do desenvolvemento teórico
3.2 Análise e reflexión dos contextos históricos e socioculturais
Tema 4.-Rede de servizos: recursos existentes (ou por desenvolver) para o Adulto II

4.1 Características e enfoques dos diferentes dispositivos
4.2 Lexislación que afecta ó servizo e á súa práctica
4.3 Habilidades, funcións e rol do terapeuta ocupacional
4.4 Relación co equipo interdisciplinar
4.5 Perfil das persoas usuarias
Tema 5.- Proceso de Terapia Ocupacional no Adulto II: Autonomía persoal e Participación Social (Tema transversal do nivel intermedio do Título)
5.1 Derivación.

5.2 Screening e valoración inicial.

5.3 Fundamentos de Terapia Ocupacional relevantes en Terapia Ocupacional para promoción da autonomía persoal no adulto e a súa aplicación:
- Marcos de Referencia.
- Modelos de Práctica de Terapia Ocupacional: Modelo Canadiense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa, Modelo de adaptación a través da ocupación, Marco de Traballo para a Práctica de Terapia Ocupacional: Dominio e Proceso, entre outros.
-Articulación con conxunto de técnicas pertinentes.
- Práctica centrada na familia.
- Práctica baseada na evidencia.

5.4 Avaliación ocupacional:
- Perfil ocupacionnal e análise do desempeño.
- Persoa/s, grupo/s, institución/s e poboación/s
-Avaliación das contornas significativas: domicilio centro de formación, centro laboral, centro de ocio e tempo libre y demais recursos comunitarios.
- Barreiras e facilitadores do desempeño ocupacional, dos dereitos ocupacionais e saúde e benestar das persoas/grupos/comunidades.

5.5 Planificación de metas e obxectivos coa persoa/s, grupo/s, institución/s e poboación/s e coordinación co equipo interdisciplinar. Metodoloxía SMART/SMORT.

5.6 Intervención desde Terapia Ocupacional.
- Consenso co usuario/a, familia/profesionais, tendo en consideración as contornas significativos, as características e as prioridades da persoa, así como as situacións de saúde de maior incidencia que poden causar disfunción ocupacional(trastornos mentais, discapacidade intelectual, trastorno de conducta alimentaria, etc.).
- Consideracións das situacións de vulnerabilidade social (pobreza, exclusión, inmigración/desprazamento forzado, violencia de xénero, entre outras) que poden impactar negativamente no desempeño ocupacional ou producir situacións que comprometan os dereitos ocupacionais das persoas/grupos ou comunidades.
- Traballo nas áreas de ocupación empregando a ocupación/actividade significativa en colaboración co/a usuario/a, familia e profesionais.

5.7 Actuación nos factores ambientais que funcionan como faciltiadores/barreiras de participación en ocupacións do adulto: actitudes/crenzas, alianzas, etc.

5.8 Asesoría de terapia ocupacional cos adultos: persoa/s, grupo/s, comunidade/s e demais profesionais, familias, amigas/os e outros/as.

5.9 Planificación da alta, seguimento e derivación.
Tema 6.- Deseño, xestión, planificación e avaliación da Calidade do servizo de Terapia Ocupacional: Adulto II 6.1 Dirección de recursos, estudos de custo, administración e coidado dos servizos e equipamentos nos eidos sanitarios e comunitarios (domiciliario, formativo, laboral, entre outros)
6.2 Actualización permanente do/a profesional


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A7 A8 A9 A10 A11 A14 A15 B3 B4 20 25 45
Prácticas de laboratorio A6 A13 A16 A17 A18 A19 A23 B5 B24 C4 30 20 50
Sesión maxistral A20 A24 A29 B2 B9 B36 C7 25 10 35
Traballos tutelados A15 A19 A20 A23 B2 B3 B9 B24 10 13.5 23.5
Proba mixta A20 A24 B2 C7 2 30 32
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

Permite adquirir as competencias específicas referenciadas nesta materia.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.

Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.
Traballos tutelados
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada farase mediante titorías personalizadas directas e virtuales, individuais e grupais.

O docente responsable da materia estará dispoñible no despacho do centro segundo o horario de titoría, establecido ó inicio da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A7 A8 A9 A10 A11 A14 A15 B3 B4 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

O alumno/a realizará casos clínicos, que serán analizados desde os distintos modelos de práctica de terapia ocupacional específicos en saúde mental.

A avaliación desta metodoloxía contemplará tamén o traballo realizado polo estudante nas actividades de aprendizaxe e servizo.
30
Prácticas de laboratorio A6 A13 A16 A17 A18 A19 A23 B5 B24 C4 Obligatoria. Se valorará: puntualidade, la asistencia, responsabilidade, iniciativa, interés, actitude ante as normas, relación coa equipa de compañieros, a integración e aplicación de conceptos teóricos-prácticos adquiridos previamente, as destrezas e os coñecementos adquiridos. 30
Proba mixta A20 A24 B2 C7 Valorarase ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), e a integración de conceptos. 35
Sesión maxistral A20 A24 A29 B2 B9 B36 C7 A asistencia será obligatoria e valorarase a capacidade do alumno/la para integrar de forma activa os conceptos teóricos impartidos na clase e ó mesmo tempo que demostra, de forma progresiva a integración das competencias da materia. 5
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificación expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se estableceo sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulaciónsuniversitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacionalSistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable). Nesta liña, considerarase como "non presentado" (NP) aquel estudiante que, estando matriculado na materia, non concurrira ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. 

  • Para aprobar a materia, o alumno debe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar os traballos e ter superadas canda unha das metodoloxías que conforman a materia. Ademáis, será necesario ter unha calificación mínima de 1.75 puntos (sobre 3.5) na proba mixta, e solo se terán en consideración para a calificación final as notas das outras metodoloxías, se o alumno/a consegue dita puntuación na proba mixta. No caso contrario, a nota da convocatoria corresponderá á nota obtida na segunda oportunidade (Xullo), no caso de ter aprobada e superada a proba mixta.
  • Se valorará a puntualidade e a asistencia obrigatoria a todas as horas presenciais das metodoloxías establecidas na materia.
  • No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da
    convocatoria (febreiro) pola ausencia non xustificada nas Prácticas de laboratorio,
    non se poderá superar a materia na segunda oportunidade (xullo), e a/o
    estudante terase que presentar na seguinte convocatoria, ao tratarse de
    actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda
    oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación, revisión e
    reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
    Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno do 19 de decembro de
    2013 e modificadas por última vez no Consello de Goberno do 29 de xuño de
    2017).
Segundo a norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña
(aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un(ha) estudante teña
recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar
dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa
académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) da devandita norma, en
tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación da/o estudante. A ese
efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o
alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude da devandita
flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da Comisión académica
do Grao en Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de
avaliación das materias.

Fontes de información
Bibliografía básica Moruno, P. y Talavera M.A. (2012). Terapia Ocupacional en Salud Mental . Elsevier España

Asociación Psiquiátrica Americana (A.P.A.) (1994): Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales (DSM-IV). Barcelona: Massón

Banyard, P., Cassells, A., Green, P., Hartiand, J., Hayes, N., Reddy, P. (1995). Introducción a los procesos cognitivos. Barcelona: Ariel.

Breines, E.B. Occupational Therapy. Activities from clay to computers. Theory and Practice. EA. Davis Company. Filadelfia

Carrobles, J.A. (ed.) (1985): Técnicas de Relajación. Barcelona: Martínez Roca

Cautela, J. R. y Groden J. (1985): Técnicas de Relajación. Barcelona: Martínez Roca

Christiansen, Ch., Baum, C. Occupational therapy : overcoming human perfomance. Thorofare : Slack.

Cormier, W., Cormier L. (1994): Estrategias de entrevista para terapeutas. Bilbao: Desclée de Brouwer

Durante, P., et. al.: Terapia ocupacional en salud mental: principios y práctica. Masson. 1ª ed. 1998

Gil, F., García Saíz, M. (1993). Habilidades sociales: teoría, investigación y aplicaciones. Madrid. Síntesis.

Gómez Tolón. J. "Fundamentos Metodológicos de la Terapia Ocupacional". 1ª Ed. Editorial Mira. Zaragoza. 1997.

Grieve, J. (1994). Neuropsicología para terapeutas ocupacionales. Buenos Aires: Panamericana.

Hagedorn, R. "Occupational Therapy- Foundations for Practice. Models, frames of reference and core skills". 1ª Reimp. Editorial Churchill Livingstone. New York. 1993.

Hopkins, H. L., y Smith, H. D. Willard & Spackman: Terapia Ocupacional. Panamericana. 1998.

Hopkins, H.L.; Smith, H.D. Willard and Spackmans Occupational Therapy. J.B. Lippincott Company. Filadelfia

Hopkins. H.L., Smith, H.D. "Terapia Ocupacional", 8ª Edición. Editorial Médica Panamericana Madrid, 1998

Leonardelli, C. A. (1988): The Milwake evaluation of dayly living skills. Thorofare. Slack Inc.

Liberman, R. (1993): Rehabilitación integral del enfermo mental crónico. Barcelona: Martínez Roca.

Lorenzo, P. et al. (1998): Drogodependencias : farmacología, patología, psicología, legislación. Madrid : Panamericana

McKay, M.; Davis, M., y Fanning, R (1995): Técnicas cognitivas para el tratamiento del estrés. Barcelona: Martínez Roca

Reed, K. "Models of Practice in Occupational Therapy". Editorial Williams and Wilkins. 1984.

Reed, K. L., Sanderson, S.N. "Concepts of Occupational Therapy". 3a ed. Editorial Williams and Wilkins. 1992.

Revista Materia Prima. Primera Revista Independiente de Terapia Ocupacional en Argentina.Andrea Monzón editora. G. L. Mansilla 2665 Buenos Aires Argentina (1425)

Ruiz, M.A. y Villalobos, A. (1994): Habilidades terapéuticas. Fundación Universidad-Empresa

Sánchez, L. (1996) Manual de técnicas Grupales de comunicación y Creatividad para terapeutas ocupacionales. APETO: Madrid

Baum, C. (eds.) Occupational therapy overcoming human performance deficits. Thorafore, N.J.: SLACK. pp.664-688

Trombly

, C.A.

(1990). Occupational therapy for phisical dysfuntion. (4th. ed.). Baltimore. Williams & Wilkins.

Willson, M. (1987) Occupational therapy in long-term psychiatry. 2ª ed. Edimburgh, Churchill-Livingstone.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Psiquiatría/653G01305

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación. No caso de confinamento levarase a cabo o plan de contixencia.

3.- Durante o período lectivo da materia, e sen que supoña unha alteración na asistencia do alumnado a outras actividades académicas, poderán programarse seminarios ou obradoiros de carácter optativo para afondar en certos contidos e técnicas moi específicas que complementan o desenvolvemento da materia.

4.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías