Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Introdución ao Dereito Código 660G01001
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Faraldo Cabana, Cristina
Correo electrónico
c.faraldo@udc.es
Profesorado
Faraldo Cabana, Cristina
Correo electrónico
c.faraldo@udc.es
Web http://www.erlac.es
Descrición xeral A materia ten como finalidade proporcionarlle aos alumnos uns coñecementos
que lle deberán servir de base para o estudo doutras materias de contido
xurídico que se imparten na titulación. Preténdese que o alumno tome
contacto coa realidade xurídica a través do coñecemento de institucións
básicas do Dereito Civil, Constitucional, Administrativo, Mercantil e Fiscal.
Ao ter o Dereito Civil un carácter supletorio respecto de calquera outras ramas
do ordenamento xurídico, afondarase no estudo das institucións básicas,
principalmente no Dereito Civil Patrimonial.
É quizais o léxico xurídico o que dificulta a aprendizaxe na primeira toma de
contacto co Dereito. Na maioría dos casos, os alumnos que inician o estudo da
carreira non teñen costume de ler ou interpretar textos xurídicos, trátase pois
de facilitar ese traballo, de tal maneira que se lle axuda ao alumno a coñecer e
manexar con soltura o léxico xurídico, o que, como queda dito, lle vai proporcionar unha enorme axuda no estudo doutras materias da carreira. Para
tal efecto, as clases prácticas desenvolvidas ao longo de todo o curso terán un
carácter esencial. Nelas, o alumno tomará contacto coa realidade xurídica
máis actual, a través do estudo e do comentario de resolucións xudiciais, e
normas de calquera tipo; para iso será imprescindible a aprendizaxe no
manexo das fontes.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Marco normativo regulador das relacións laborais.
A4 Dirección e xestión de recursos humanos.
A10 Organización e dirección de empresas.
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A14 Seleccionar e xestionar información e documentación laboral.
A15 Dirixir grupos de persoas.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
A32 Comprender a relación entre procesos sociais e a dinámica das relacións laborais.
A33 Comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais no ámbito nacional e internacional.
A35 Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais.
B1 Resolución de problemas.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade de organización e planificación.
B4 Capacidade de xestión da información.
B5 Toma de decisións.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Habilidades nas relacións interpersoais.
B8 Razoamento crítico.
B9 Traballo en equipos.
B12 Motivación para a calidade.
B13 Adaptación a novas situacións.
B14 Aprendizaxe autónomo.
B15 Creatividade.
B16 Liderado.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Obxectivos da materia A materia ten como finalidade proporcionarlle ao alumno uns coñecementos que lle deberán servir de base para o estudo doutras materias de contido xurídico que se imparten na titulación. Preténdese que o alumno tome contacto coa realidade xurídica a través do coñecemento de institucións básicas do Dereito Civil, Constitucional, Administrativo, Mercantil e Fiscal. Ao ter o Dereito Civil un carácter supletorio respecto de calquera outras ramas do ordenamento xurídico, afondarase no estudo das institucións básicas, principalmente no Dereito Civil Patrimonial. É quizais o léxico xurídico o que dificulta a aprendizaxe na primeira toma de contacto co Dereito. Na maioría dos casos, os alumnos que inician o estudo da carreira non teñen costume de ler ou interpretar textos xurídicos, trátase pois de facilitar ese traballo, de tal maneira que se lle axuda ao alumno a coñecer e manexar con soltura o léxico xurídico, o que, como queda dito, lle vai proporcionar unha enorme axuda no estudo doutras materias da carreira. Para tal efecto, as clases prácticas desenvolvidas ao longo de todo o curso terán un carácter esencial. Nelas, o alumno tomará contacto coa realidade xurídica máis actual, a través do estudo e do comentario de resolucións xudiciais, e normas de calquera tipo; para iso será imprescindible a aprendizaxe e manexo das fontes. A1
A4
A10
A13
A14
A15
A31
A32
A33
A35
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B12
B13
B14
B15
B16
C1
C3
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Lección 1. O Dereito Dereito e sociedade.
A regla xurídica.
Concepto do dereito.
Dereito e seguridade xurídica.
Dereito e xustiza.
O dereito natural e o positivo
Lección 2. O Estado e a división de poderes O Estado de dereito.
Forma de goberno e división de poderes: o poder lexislativo. As Cortes Xerais, o poder executivo (o Goberno) e o poder xudicial.

A Coroa
Lección 3. A Administración e o dereito administrativo A organización territorial do Estado.
A Administración Pública
Lección 4. O Ordeamento xurídico
A norma xurídica. As fontes do dereito: a lei, o costume e os principios xerais do dereito. A pliacación das normas: a interpretación, a equidade e a analoxía.
A eficacia das normas: o deber de cumprimento, a nulidade dos actos contrarios á lei e a fraude de lei.
O ordenamento xurídico e as súas ramas: a) dereito público b) dereito privado
Lección 5. O Dereito Civil Concepto.
O Código Civil e leis especiais.
O dereito civil das CCAA e en especial Galicia
Lección 6. A persoa Concepto e clases. A capacidade das persoas físicas: a) capacidade xurídica e de obrar b) a incapacitación e as súas limitacións. Representación e xestión do patrimonio. A curadoría.
A representación: concepto e clases.
Representación legal.
Representación voluntaria: concepto, clases, representación e poder.
Lección 7. O Rexistro Civil Concepto. Funcións. Principios rectores.
Lección 8. A persoa xurídica
Clases de persoas xurídicas.
Asociacions e Fundacions
Lección 9. Os dereitos subxectivos e o patrimonio. Os feitos e actos xurídicos.
Os dereitos subxectivos: a) Concepto b) El exercicio dos dereitos c) La prescrición: adquisitiva e extintiva d) La caducidade.
O exercicio dos dereitos: o tempo, a boa fe no exercicio do dereito. A prohibición de abuso do dereito.
Lección 10. A obriga e as súas clases Concepto de obriga. Fontes das obrigas.
Principais tipos de obrigas: de dar, de facer, de non facer; parciarias, mancomunadas e solidarias; alternativas e facultativas; recíprocas, condicionais e a prazo.
Lección 11.- O cumprimento da obriga O pagamento ou cumprimento: suxeitos. Condicións de pagamento: identidade, integridade, indivisibilidade.
Circunstancias e destino do pagamento: lugar, tempo, proba, imputación de pagamentos. Modalidades de cumprimento: dación en pagamento e pagamento por cesión de bens. Compensación, condonación e consignación.
Lección 12. O incumprimento da obriga Causas do incumprimento: o dolo e a culpa ou neglixencia. O caso fortuíto e a forza maior.

Efectos do incumprimento: regras xerais.
A amora e o atraso no cumprimento.
Lección 13. Aseguramiento do crédito A responsabilidade patrimonial universal e os privilexios.
Acción: subrogatoria; directa; revogatoria ou pauliana.
O dereito de retención
Lección 14. A extinción das obrigas Prescripción y caducidad.
Lección 15. O contrato Concepto e clases.
Elementos do contrato
Consentimento: capacidade e vicios da vontade: o erro, o dolo e a intimidación.
Obxecto e a causa. A forma
Os efectos do contrato.
A ineficacia do contrato.
A interpretación do contrato
Lección 16. Clases de contratos Os contratos traslativos de dominio:
A compravenda: concepto. Capacidade das partes. A cousa. Obrigas do comprador e do vendedor. A dobre venda. Compravendas especiais.
A permuta.
A doazón.
O contrato de arrendamento: concepto e clases: arrendamento de servizos, de obra e de cousas. A LAU 1994 e a LAR 2003. O leasing.
A sociedade e fianza
Outros conceptos típicos: o contrato de préstamo. O contrato de depósito. A arbitraxe.
Lección 17. Responsabilidade civil extracontractual Responsabilidade civil extracontractual
Lección 18. Os dereitos reais en xeral Xeneralidades
A posesión
A propiedade: concepto. Modos de adquirir a propiedade: título e modo. A accesión, ocupación, achado e tesouro.

Protección do dereito de propiedade: a) acción reivindicatoria b) acción publiciana c) acción declarativa d) acción negatoria d) outras accións
Propiedades especiais
Lección 19. O Rexistro da Propiedade A publicidade dos dereitos reais e o Rexistro da Propiedade. Principios rexistrais. Organización e funcionamento do Rexistro. Efectos da inscrición
Lección 20.- Familia e Herdanza A economía e o matrimonio: os réximes do matrimonio. Efectos económicos da separación e o divorcio.

A sucesión por causa de morte: a sucesión testada e intestada. As lexítimas. O dereito a suceder. Os acredores hereditarios e os acredores do herdeiro no proceso sucesorio

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A4 A10 A13 A14 A15 A31 A32 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C3 2 4 6
Estudo de casos A33 A35 B1 B5 B14 B15 5 5 10
Saídas de campo B12 B16 C4 C6 C7 2 2 4
Proba obxectiva A1 B6 B13 5 25 30
 
Atención personalizada 100 0 100
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Plantexar ós alumnos normativa xurídica para o seu estudio e análise
Estudo de casos Análise de casos prácticos procurando que sexan de recente actualidade
Saídas de campo Discusións acerca de leis e normativa de recente actualidade
Proba obxectiva Proba para acreditar o aproveitamento do alumno da asignatura

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Saídas de campo
Proba obxectiva
Descrición
A profesora terá un contacto directo co alumno orientándoo á súa demanda e motivando o seu interese cara a asignatura.

A profesora facilitará aos alumnos e alumnas que se incorporan despois das probas selectivas en septembro unhas horas no horario de titoría para acadar o nivel do resto do grupo e cursar a materia en igualdade de condicións.

A profesora se adaptará ás necesidades especiais de aqueles alumnos ou alumnas que manifesten determinadas necesidades.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A10 A13 A14 A15 A31 A32 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C3 Traballos realizados polos alumnos seguindo as directrices do profesor 20
Estudo de casos A33 A35 B1 B5 B14 B15 Estudio de casos recentes con propostas de solucións xurídicas 10
Saídas de campo B12 B16 C4 C6 C7 Participación en coloquios sobre temas de actualidade xurídica 10
Proba obxectiva A1 B6 B13 Proba escrita con opción de oral 60
 
Observacións avaliación

Os alumnos e alumnas que se lles conceda a dispensa para cursar a materia de manera presencial, someteranse aos exames finais oficiais marcados polo centro. Se permite que se presenten aos examen parciais programados pola profesora para o resto do grupo. A valoración dos coñecementos será en base a esa proba e será unha calificación sobre 10.

Para os alumnos en xeral: A calificación mínima nos exames parciais para que poda sumarse as prácticas debe ser dun 30% sobre 60%. Si non se cumpre este requisito as prácticas non computan. A superación dos exames parciais e das prácticas no seu conxunto conlevará que o alumno o alumna terá a materia aprobada con carácter anterior ao examen final de xuño. A calificación dos alumnos e alumnas na convocatoria extraordinaria de xullo será sobre 10, non computándose as prácticas realizadas durante o curso.  O alumno ou alumna que non se presente aos exámenes finais terá a calificación de non presentado, ainda que realizase prácticas durante o curso.


Fontes de información
Bibliografía básica (Última edición). Codigo Civil. Tirant lo Blanch. Biblioteca virtual
Portero Molina (2012). Constitucion y jurisprudencia constitucional. Tirant Lo Blanch. Biblioteca virtual
Luis Diez Picazo Antonio Gullon (1995). Instituciones de derecho civil. Tecnos
Miguel Sánchez Morón (Undécima edición). Legislacion administrativa. Tecnos
Bercovitz Rodríguez Cano, Rodrigo (Última edición). Manual de introduccion al derecho. Bercal S.A. Biblioteca virtual

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías