Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Teoría das Relacións Laborais Código 660G01010
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Díaz De la Rosa, Angélica
Correo electrónico
angelicadiaz@udc.es
Profesorado
Díaz De la Rosa, Angélica
Correo electrónico
angelicadiaz@udc.es
Web
Descrición xeral El contenido de está asignatura trata de proporcionar al alumno un marco de referencia básico para el estudio interdisciplinar, sistemático y compresivo del proceso contemporáneo de transformación del mundo del trabajo, esquematizando las megatendencias de este cambio, caracterizando específicamente los proceso de implantación de la información y de la comunicación en las empresas, de globalización económica y de flexibilización organizacional. Definir los términos generales acerca del impacto del nuevo orden sociolaboral sobre cantidad y la calidad del empleo disponible, sobre el bienestar social y psicológico, sobre la experiencia del trabajo y sobre las relaciones, ofreciendo una visión de los actores de las relaciones laborales, sindicatos , asociaciones empresariales y estado. Analizar los aspectos colectivos del Derecho del trabajo desde una perspectiva histórica y de regulación vigente. Definir conceptos y describir la evolución histórica de la representación profesional de los trabajadores, del convenio colectivo, del derecho de huelga y cierre patronal. Mostrar cómo intevienen las instituciones en las relaciones de trabajo, delimitar el concepto de contrato de trabajo en un marco jurídico y social especialmente cambiante, distinguir las modalidades de contrato de trabajo, reconociendo las principales vicisitudes por las que pueden pasar y las causas que pueden dar lugar a sus suspensión o extinción.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Marco normativo regulador das relacións laborais.
A11 Teoría e sistemas de relacións laborais.
A12 Historia das relacións laborais.
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A14 Seleccionar e xestionar información e documentación laboral.
A32 Comprender a relación entre procesos sociais e a dinámica das relacións laborais.
A33 Comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais no ámbito nacional e internacional.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B5 Toma de decisións.
B12 Motivación para a calidade.
B13 Adaptación a novas situacións.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A1 Marco normativo regulador de las relaciones laborales A1
A11 Teoría e sistemas de relacións laborais. A11
A12 Historia das relacións laborais. A12
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas. A13
A14 Seleccionar e xestionar información e documentación laboral. A14
A32 Comprender a relación entre procesos sociais e a dinámica das relacións laborais. A32
A33 Comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais no ámbito nacional e internacional. A33
B2 Capacidade de análise e síntese. B2
B5 Toma de decisións. B5
B12 Motivación para a calidade. B12
B13 Adaptación a novas situacións B13
C4
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7

Contidos
Temas Subtemas
Módulo didáctico 1




Tema 1.- Introdución. 1.- Aproximación ao concepto "relaciones laborais". 2.-O traballo obxecto das Relacións Laborais e as súas distintas acepciones ao longo da Historia. 3.- As relacións laborais e o Dereito do Traballo.


Tema 2.- Fontes. 1.-Concepto e clases. 2.-Fontes de produción do Dereito do Traballo.3.- Poder normativo do Estado en materia laboral. 4.-Normas laborais das CC. AA. 5.- Normas específicas do Dereito do Traballo


Tema 3.- Principios xerais do Dereito e Principios específicos ou específicamente relevantes do Dereito do Traballo.1.- Principios Xerais do Dereito. 2.- Principios de aplicación ao dereito do Traballo: A.-Principio prol operario. B.-Principio de norma máis favorable. C.-Principio de condición máis beneficiosa. D.-Principio de irrenunciabilidad de dereitos.


Tema 4.- O Traballador. 1.-Concepto xurídico do traballador. 2.-Clases. 3.-Supostos especiais de traballadores. 4.-Suxeitos excluídos da contratación laboral.


Tema 5.- O Empresario. 1.-Concepto xurídico de empresario. 2.-Clases. 3.-Empresa como centro ou lugar de traballo.

Tema 6.- Colaboradores do empresario. 1.- Colaboradores dependentes do empresario.2.-colaboradores independentes do empresario


Tema 7.- O Traballo a través de fórmulas societarias. 1.-Teoria xeral de sociedades.2.- Concepto restrinxido de sociedade. 3. Sistema dualista de agrupación de persoas: sociedade/asociación. 3.-Concepto amplo de sociedade.

8.-Sociedades como comunidade de traballo. 1.-Sociedades de persoas e prestación de traballo. 2.- Sociedade colectiva 3- Sociedade comanditaria simple.

9.-Sociedades de capitais e prestación de traballo. 1.-Sociedade anónima laboral. 2.- Sociedade limitada laboral 3.-Sociedade cooperativa.


Tema 10. A Cooperativa de traballo asociado como fórmula de prestación de servizos conxunta. 1.-Concepto e carácteres.2.- Posición xurídica dos socios cooperativos .3 Réxime económico.



Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A14 B2 C6 5 0 5
Discusión dirixida A11 A13 A33 B5 B13 3 10 13
Estudo de casos A1 A12 A14 A32 B12 C4 C6 C7 9 25 34
Presentación oral A1 A13 A14 A32 B2 B5 2 7 9
Proba obxectiva A1 A11 A12 A13 A14 B2 3 0 3
Sesión maxistral A1 A11 A12 A32 B12 C6 C7 20 60 80
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A32 A33 C6 5 0 5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Estudo de casos
Descrición
Estudo e aprendizaxe do manexo das fontes do dereito, a traves da
información e as directrices do profesor no manexo de textos legais e da
xurisprudencia .
Participación do profesor nas discusións para desenrolar o aspecto critico do
alumno, a través de tutorías nas que o profesor orienta, supervisa e corrixe o traballo do alumno conxuntamente con él.
Formar ao alumno na resolución práctica dos temas teóricos e na
súa exposición.
Axuda na elección de temas complementarios aos coñecementos adquiridos na
clase para á súa exposición e presentación individual ou en mesa redonda.
Novas metodoloxias técnicas no desenrolo da lección magistral.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A11 A13 A33 B5 B13 Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. 5
Estudo de casos A1 A12 A14 A32 B12 C4 C6 C7 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 5
Presentación oral A1 A13 A14 A32 B2 B5 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 10
Proba obxectiva A1 A11 A12 A13 A14 B2 roba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
70
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A32 A33 C6 Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo. 5
Análise de fontes documentais A1 A14 B2 C6 Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. 5
 
Observacións avaliación

Os alumnos serán valorados polo traballo que realicen ao longo do curso, é dicir, utilizarase un sistema de avaliación contínua. Na avaliación mediante exame será necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos, sobre base 10, para que se siga engadindo a puntación asignada ao resto de conceptos de avaliación. Para superar a asignatura será preciso obter un total de 5 puntos.


Fontes de información
Bibliografía básica De la Puebla Pinilla, A, Mercader Uguina, J., Gómez Abelleira, F. J (ult. ed.). lecciones de Derecho del Trabajo. Tirant lo blanch
Molero Mangalo (ult. ed.). Manual de Derecho Trabajo . Tirant lo blanch
Garcia-Parrote Escartín, I. (ult. ed.). Manual de Derecho Trabajo . Tirant lo blanch

Bibliografía complementaria

 

 

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías