Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dereito do Traballo II Código 660G01012
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Munín Sánchez, Lara María
Correo electrónico
l.munin@udc.es
Profesorado
Munín Sánchez, Lara María
Correo electrónico
l.munin@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Nesta materia estúdanse, o contrato de traballo e a relación que xorde deste nos seus principais aspectos que abranguen tanto a súa orixe, coma o seu contido, modificación e extinción e unha referencia ás denominadas relacións laborais especiais.
Plan de continxencia

PREVISIÓNS PLAN CONTINXENCIA:


1. Modificacións nos contidos: Non se prevén modificacións.

2. Metodoloxías: Mantense as metodoloxías da asignatura :

Sesión maxistral-ainda que se sustituirá a presencialidade pola docencia e exposición virtual a través de plataforma Teams ou similar que habilite o centro no seu horario habitual.

- Portafolios do alumno: manténse a súa consideración como conxunto de traballos, prácticas e tarefas de calquera índole realizadas e entregadas polo alumno durante o cuatrimestre conforme a os criterios sinalados polo profesor. Nas devanditas tarefas combinaránse igualmente metodoloxías diversas como o estudo de casos , análise de fontes documentais etc. pero excluíndo calquera modalidade que requira presencialidade e empregándose para todas elas a plataforma moodle.

- Proba obxectiva: manterase a proba obxectiva e a súa porcentaxe de valoración no conxunto da asignatura mais realizarase empregando a plataforma Moodle. - tanto para o cuestionario test como para o supuesto práctico no seu caso.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: empregarase ademáis do correo electrónico diario a requerimento do alumno segundo ás súas necesidades, a plataforma habilitada a tal efecto polo centro no horario habitual de tutorías da asignatura.

4. Modificacións na avaliación

Non se contemplan cambios no sistema de avaliación, toda vez que o modelo deseñado pode manterse nestas circunstancias coa única salvedade do medio empregado para a realización das probas que se sustituirá polo uso da plataforma moodle tanto para a parte teórica como para a parte práctica. En consecuencia:

- Para a cualificación da materia atenderase a todas as prácticas e traballos realizados durante o cuatrimestre ( entregados por Moodle dentro do plazo establecido) , así como á proba obxectiva ou traballo final ( a realizar la fecha que se indique ) que servirá como revisión de conceptos teóricos.

- A proba obxectiva consistirá nun cuestionario con aproximadamente 20 preguntas, que tamén debe ser entregado a través da plataforma Moodle, no tempo permitido para este propósito.

-) A nota final obterase do seguinte xeito:

A media do conxunto de prácticas ou traballos (excepto a práctica final) representará o 60% da puntuación total.

A práctica final representará o 40% restante da nota.

- Os alumnos que tendo dispensa manifestaran a opción pola proba final única, ( e non pola evaluación continua ) deberán realizar a práctica final do mesmo xeito que o resto de alumnos e a maiores una tarefa consistente nun caso práctico que se subirá á plataforma Moodle, correspondendo a ésta o 60% da nota total e o 40% á práctica final (test)
- A nota ou nota total comunicaráselle a cada estudante indicando asi mesmo, a data e os medios virtuais a empregar para a revisión e reclamacións.

- os alumnos que non superasen o curso nesta primeira oportunidade, deberán realizar a proba prevista para a segunda oportunidade na data fixada no calendario do centro, que consistirá en realizar e entregar no plazo que se indique, unha tarefa de cuestionario.a través de moodle. A proba representará o 40% da puntuación total, o 60% restante consistirá realización dunha tarefa que se subirá tamén á plataforma moodle para a su entrega na data especificada. Os alumnos que durante a evaluación continua (ou os de dispensa) que superaran a parte práctica, conservarán a súa puntuación neste apartado, quedando dispensados da realización da parte práctica. Do mesmo xeito, os que tiveran superada a parte teórica conservarán a nota, realizando únicamente a parte práctica.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Se recomiendan preferentemente ,

- Mercader Urgina, J.R., De la Puebla Pinilla,A. Gomez Abelleira, F.J. (). Lecciones de Derecho del Trabajo. Ed. Tirant Lo Blanch/ Disponible en biblioteca on line ERLAC y udc ( Biblioteca virtual Tirant)
- García Perrote-Escartin, I. (). Manual de Dererecho del trabajo. Ed. Tirant Lo Blanch/ Disponible en biblioteca virtual ERLAC y de la UDC ( Biblioteca virtual Tirant)
- García Ortega , J.y VVAA - Derecho del Trabajo 7ª Edición 2019 Ed. Tirant Lo Blanch/ Disponible en biblioteca virtual ERLAC y de la UDC ( Biblioteca virtual Tirant)


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Marco normativo regulador das relacións laborais.
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A14 Seleccionar e xestionar información e documentación laboral.
A16 Asesorar e/ou xestionar en materia de emprego e contratación laboral.
A20 Realizar funcións de representación e negociación en diferentes ámbitos das relacións laborais.
A27 Asesoramento a organizacións sindicais e empresariais, e aos seus afiliados.
A30 Representación técnica no ámbito administrativo e procesual e defensa ante os tribunais.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
A33 Comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais no ámbito nacional e internacional.
A35 Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais.
B1 Resolución de problemas.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B5 Toma de decisións.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Razoamento crítico.
B9 Traballo en equipos.
B12 Motivación para a calidade.
B14 Aprendizaxe autónomo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Marco normativo regulador das relacións laborais. A1
Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas. A13
Seleccionar e xestionar información e documentación laboral. A14
Asesorar e/ou xestionar en materia de emprego e contratación laboral. A16
Realizar funcións de representación e negociación en diferentes ámbitos das relacións laborais. A20
Asesoramento a organizacións sindicais e empresariais, e aos seus afiliados. A27
Representación técnica no ámbito administrativo e procesual e defensa ante os tribunais. A30
Aplicar os coñecementos á práctica. A31
Comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais no ámbito nacional e internacional. A33
Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais. A35
Resolución de problemas. B1
Capacidade de análise e síntese. B2
Toma de decisións. B5
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. B6
Razoamento crítico. B8
Traballo en equipos. B9
Motivación para a calidade. B12
Aprendizaxe autónomo. B14
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7

Contidos
Temas Subtemas


I. O NACEMENTO DA RELACIÓN INDIVIDUAL DE TRABALLO.
TEMA 1: O CONTRATO DE TRABALLO.

TEMA 2: A CELEBRACIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO.

TEMA 3: FUNCIÓN E ANOMALÍAS DO CONTRATO.

TEMA 4: MODALIDADES DO CONTRATO DE TRABALLO.


II. CONTIDO DA RELACIÓN DE TRABALLO.

TEMA 5: I. A PRESTACIÓN DE SERVIZOS (I): DETERMINACIÓN OBXECTIVA E ESPACIAL.

TEMA 6: A PRESTACIÓN DE SERVIZOS (II): O TEMPO DE TRABALLO.

TEMA 7: DEBERES DO TRABALLADOR NA PRESTACIÓN DE SERVIZOS.

TEMA 8: OS PODERES DO EMPRESARIO.

TEMA 9: O SALARIO.

TEMA 10: A PROTECCIÓN DO TRABALLADOR.


III. VICISITUDES DA RELACIÓN DE TRABALLO.

TEMA 11: A MODIFICACIÓN SUBXECTIVA.

TEMA 12: MODIFICACIÓNS OBXECTIVAS.

TEMA 13: VICISITUDES TEMPORAIS.


IV. EXTINCIÓN DA RELACIÓN DE TRABALLO.

TEMA 14: EXTINCIÓN DA RELACIÓN DE TRABALLO (I): CONCEPTO E CAUSAS.

TEMA 15: EXTINCIÓN DA RELACIÓN DE TRABALLO (II): ESPECIAL REFERENCIA AO DESPEDIMENTO.


V. RELACIÓNS ESPECIAIS.


TEMA 16: AS RELACIÓNS LABORAIS DE CARÁCTER ESPECIAL.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A13 A14 A16 A20 A27 A30 A33 B1 B2 B6 B8 B12 C3 C4 20 50 70
Portafolios do alumno A1 A13 A14 A16 A27 A31 A35 B1 B2 B5 B8 B9 B12 B14 C1 C3 C4 C6 C7 20 50 70
Proba obxectiva A1 A13 A16 A20 A27 A30 A31 B1 B2 B5 B8 C1 C6 2 7 9
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Portafolios do alumno A os efectos de esta materia o portafolios do alumno designa o conxunto de traballos, prácticas e tarefas de calquera índole realizadas e entregadas polo alumno durante o cuatrimestre conforme a os criterios sinalados polo profesor. Nas devanditas tarefas combinaránse metodoloxías diversas como o estudo de casos , análise de fontes documentais, discusión dirixida, presentacións orais ou saídas de campo.

Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Proba obxectiva
Portafolios do alumno
Descrición
Trátase de facilitar ao alumno a través de atención personalizada, información sobre calquera cuestiön que se formule no desenvolvemento da materia, tales como, métodos, habilidades, propostas, análise que podería levar a cabo na comprensión e aprendizaxe da materia etc.

Esta actividade poderá desenvolverse de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados a titorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou do campus virtual).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A13 A16 A20 A27 A30 A31 B1 B2 B5 B8 C1 C6 A proba obxectiva que deberá facer o alumno para avaliar o seu nivel de aprendizaxe poderá realizarse de diversas formas, podendo se así se considera necesario, combinarse distintos tipos de preguntas: preguntas de test, preguntas de resposta múltiple de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Tamén de consideralo oportuno poderá construíirse cun só tipo dalgunha das formas anteditas.
40
Portafolios do alumno A1 A13 A14 A16 A27 A31 A35 B1 B2 B5 B8 B9 B12 B14 C1 C3 C4 C6 C7 O portafolios ou carpeta- para os efectos desta materia- inclúe todos os documentos ou arquivos que deban ser entregados polo alumno para a súa puntuación como "traballos" ou "prácticas" xa consistan en traballos de investigación, análise de casos, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, etc. 60
 
Observacións avaliación

CRITERIOS ESPECÍFICOS DA AVALIACIÓN

 

1º) A puntuación total da asignatura comprende dúas partes :
a proba obxectiva final que representa o 40% da nota , e o conxunto de
prácticas realizadas durante o curso ,que comprenderá o 60% restante.

A entrega das prácticas para a súa valoración polo profesor
só poderá realizarse na plataforma Moodle e dentro do plazo indicado en cada
caso polo profesor. Asimesmo lémbrase ós alumnos que a asistencia ás clases é
obrigatoria de modo que só poderán valorarse ás prácticas dos alumnos que
asistan ás clases o, en su caso, conten coa correspondente dispensa  . Para iso é preciso comunicalo con
antelación e aportar o correspondente xustificante da causa que impida a
asistencia ás clases. ( A dispensa no eximirá da entrega das prácticas dentro
do prazo asignado).

 

 

2º) Como alternativa para aqueles estudantes que non poidan
realizar o seguimento da materia  por
evalución continua, por ter recoñecida a dispensa de docencia, poderán optar
por examinarse nunha  proba obxectiva
durante os períodos de avaliación establecidos oficialmente para a primerira
oportunidade. Tal proba incluirá unha parte teórica ( 40% da nota ) e unha
parte prácica ( caso práctico ou suposto similar - 60% da nota ). De non
susperar a materia na devantida proba  o
alumno aparecerá como suspenso na convocatoria ordinaria e só poderá ser
reexaminado na segunda oportunidade (normalmente xullo) conforme ó expresado no
apartado seguinte.

 

A estos efectos, todos os alumnos deben explicar ao profesor
por correo electrónico se solicitaron a dispensa e se foi concedida e debe
indicar se a súa avaliación será AVALIACIÓN CONTINUA ou PROBA OBXECTIVA FINAL .

 

O ALUMNADO NON PODE EVALUARSE POR AVALIACIÓN CONTINUA E
SIMULTANEMENTE   POR PROBA OBXECTIVA
FINAL (DISPENSA)

 

Se non se indica expresamente o sistema de avaliación nun
plazo prudencial, entenderase que o alumnado opta por avaliación continua.

 

3º) A convocatoria de Xullo ( segunda oportunidade)  consistirá na realización dunha proba
obxectiva que incluirá unha parte teórica (representa o 40% da nota ) e unha
parte práctica ( caso práctico, ou supuesto similar que representa o 60% restante)
. Nota: os alumnos que superaran a parte práctica ou a teórica ( proba obxectiva)
durante eo cuatrimestre poderan presentarse só a recuperar a parte non
superada.


Fontes de información
Bibliografía básica Albiol Montesinos, I. y otros (). Compendio de Derecho del Trabajo . Ed. Tirant Lo Blanch.
Martín Valverde, A. y otros (). Derecho del Trabajo. Ed. Tecnos
Mercader Urgina, J.R., De la Puebla Pinilla,A. Gomez Abelleira, F.J. (). Lecciones de Derecho del Trabajo. Ed. Tirant Lo Blanch/ Disponible en biblioteca on line ERLAC
Vida Soria, J. y otros (). Manual de Derecho del Trabajo. Ed. Tirant Lo Blanch.

Bibliografía complementaria Palomeque López,M. y Alvarez de la Rosa, M. (). Derecho del Trabajo. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces
Alonso Olea, M. y Casas Baamonde, M.E. (). Derecho del Trabajo. Ed. Civitas
Camps Ruiz, L.M., y Ramírez Martínez, J.M., Coord. (). Derecho del Trabajo. Ed. Tirant Lo Blanch
García Perrote-Escartin, I. (). Manual de Dererecho del trabajo. Ed. Tirant Lo Blanch/ Disponible en biblioteca virtual ERLAC

Débese dispoñer, para o seu manexo durante o curso, da lexislación laboral ( Estatuto dos Traballadores e demais disposicións complementarias) debidamente actualizada.

Igualmente poderanse consultar outro tipo de Fontes de información: artigos de fondo,estudos concretos sobre unha materia, investigacións respecto a distintos temas, así como internet. 

Toda a bibliografía e lexislación recomendada, debe de ser a última edición publicada.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución ao Dereito/660G01001
Teoría das Relacións Laborais/660G01010
Dereito do Traballo I/660G01011
Dereito Sindical I/660G01013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Dereito Sindical II/660G01014

Materias que continúan o temario
Dereito Procesual Laboral/660G01032

Observacións

Esta materia empregará como elemento fundamental da docencia a plataforma Moodle de modo que será responsabilidade do alumno a súa debida utilización para os distintos usos para os que poida ser requirida así como a súa consulta coa debida periodicidade.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías