Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Técnicas de Investigación Social Código 660G01020
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Romaní de Gabriel, María
Correo electrónico
maria.romani@udc.es
Profesorado
Romaní de Gabriel, María
Correo electrónico
maria.romani@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral desta materia é a capacitación dos e das estudiantes para a realización de investigacións sociais empíricas dentro da área de coñecemento das Relacións Laborais e os Recursos Humanos. Dado o carácter eminentemente práctico da materia, para a que innegablemente tamén se require unha formación teórica de base en torno á metodoloxía e ás técnicas de investigación empregadas nas Ciencias Sociais, esta materia pretende, asemade, orientar aos e ás estudiantes na realización da memoria fin de Grao da titulación en Relacións Laborais e Recursos Humanos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A18 Interpretar datos e indicadores socioeconómicos.
A25 Aplicar as distintas técnicas de avaliación e auditoría sociolaboral.
A26 Aplicar técnicas cuantitativas e cualitativas de investigación social ao ámbito laboral.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
A35 Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais.
B1 Resolución de problemas.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade de organización e planificación.
B4 Capacidade de xestión da información.
B9 Traballo en equipos.
B14 Aprendizaxe autónomo.
B15 Creatividade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
interpretar datos e indicadores socioeconómicos A18
Aplicar as distintas técnicas de avaliación e auditoría sociolaboral. A25
Aplicar técnicas cuantitativas e cualitativas de investigación social ao ámbito laboral. A26
Aplicar os coñecementos á práctica. A31
Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais. A35
Resolución de problemas. B1
Capacidade de análise e síntese. B2
Capacidade de organización e planificación. B3
Capacidade de xestión da información. B4
Traballo en equipos. B9
Aprendizaxe autónomo. B14
Creatividade. B15
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida C3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. A INVESTIGACIÓN SOCIAL: DEFINICIÓN E CONCEPTOS.
- A metodoloxía científica.
- Fins da investigación social.
- Aspectos fundamentais.
TEMA 2. PRINCIPAIS TÉCNICAS DE INVESTIGACIÓN SOCIAL. - Pluralidade metodológica.
- Técnicas cuantitativas: a enquisa o panel e o censo
- Técnicas cualitativas:a observación participante, a entrevista, a metodoloxía biográfica, analese de documentos de vida, os grupos de discusión e a observación de documentos personais.
TEMA 3. FONTES DE INFORMACIÓN PARA O ESTUDO DAS RELACIONS LABORAIS

- Concepto.
- Tipos de fuentes e como selecionalas.
- Cómo buscar documentación científica.
TEMA 4. O PROCESO DE INVESTIGACIÓN: PLANIFICACIÓN DESEÑO E ELABORACIÓN DUN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN.
- Aspectos esenciais: etapas.
- Tipos de presentacións.
- Estrutura dos informes.
- Uso de referencias.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A25 A31 A35 B1 B3 B4 B15 C3 C8 28 28 56
Proba obxectiva B9 C1 2 60 62
Sesión maxistral A18 A26 B2 B14 C6 28 0 28
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lecturas críticas, comentarios, discusións, exposicións e exercicios prácticos que os alumnos deben realizar NA CLASE e subir a moodle, seguindo as instrucións do profesor.


Proba obxectiva Exame oral ou escrito, con preguntas, exercicios prácticos ou comentario de texto.

Sesión maxistral Presentación oral complementada co uso de medios audiovisuais ea introdución de algunhas preguntas para os alumnos, a fin de transmitir o coñecemento e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Descrición
Farase para as lecturas, orientando a cada alumno sobre o traballo que ten que facer, como facelo e fontes de información a utilizar.
Estableceranse horarios de tutorías para dúbidas ou consultas sobre a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B9 C1 Exame oral ou escrito, con preguntas, exercicios prácticos ou comentario de texto.

50
Lecturas A25 A31 A35 B1 B3 B4 B15 C3 C8 Lecturas críticas, comentarios, discusións, exposicións e exercicios prácticos que os alumnos deben realizar NA CLASE e subir a moodle no espazo habilitado, seguindo as instrucións do profesor.
Si non se asistiu a clase o día no que se realice a práctica correspondente, NON se poderá entregar a práctica non realizada, a non ser que se xustifique convenientemente (a través do mail maria.romani@udc.es) e tendo en conta que a súa cualificación será algo menor que si se entrega na clase, posto que o profesor non pode controlar o tempo nin os recursos que o alumno utiliza fora do aula. En todo caso, non poderán pasar máis de 24 hs entre a data da práctica feita en clase e a entrega. Doutra banda, hai que ter en conta que haberá algunhas prácticas, que pola súa metodoloxía non se poderán realizar fora do aula (por exemplo grupos de discusión, debates, presentacións, preguntas do profesor ete.)

50
 
Observacións avaliación

















O alumno DEBERÁ OPTAR
POR UNHA DAS FORMAS DE AVALIACIÓN que se describen a continuación E
COMUNICARLLO AO PROFESOR a través do mail: maria.romani@udc  nos 15 primeiros
días do inicio das clases e non poderá cambiar a opción a non ser que sexa de
forma xustificada e co consentimento expreso do profesor. No caso de que o
alumno non comunique ao profesor no prazo establecido a modalidade de
avaliación elixida, se evaluará segundo a SEGUNDA FORMA DE AVALIACIÓN, é dicir,
realizará só a proba obxectiva sobre o 100% da materia.

PRIMEIRA FORMA DE AVALIACIÓN (avaliación
continua)
:

-      Realizar como mínimo o 25% da parte correspondente
a LECTURAS (50%) e presentarse á PROBA OBXECTIVA (50%). 

-       Neste caso sumásense as cualificacións
obtidas nas dúas metodoloxías , TANTO NA OPORTUNIDADE DE XUÑO COMO EN
XULLO. 

-       Si a suma das dúas metodoloxías non
alcanzase o aprobado na oportunidade de xuño, manterase a cualificación
obtida na parte correspondente a "LECTURAS" e sumarase á
cualificación obtida na PROBA OBXECTIVA da oportunidade de Xullo.

-       É dicir, o alumno que opte por este
sistema de avaliación (avaliación
continua) 
 NON poderá
presentarse só á PROBA OBXECTIVA sobre o 100% nin en xuño nin en
xullo. A cualificación final obtida en caso de non presentarse á PROBA
OBXETIVA será a correspondente a LECTURAS tanto na oportunidade de xaneiro como
de xullo.

SEGUNDA FORMA DE
AVALIACIÓN: 
Realizar só a PROBA OBXECTIVA (100%)
tanto na oportunidade de Xuño como na de Xullo. NOTA IMPORTANTE: aqueles alumnos que debido a situacións particulares non poidan acollerse a ningún destes sistemas de avaliación, DEBERÁN POÑERSE EN CONTACTO CO PROFESOR ( a través do mail maria.romani@udc.es) NOS 15 PRIMEIROS DÍAS DO INICIO DA DOCENCIA da asignatura para tratar de adaptar o sistema de avaliación












Materias que se recomenda ter cursado previamente
Socioloxía do Traballo/660G01017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Estatística Descritiva/660G01018

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías